CoutoMixto

My blogs

About me

Location Bruxelas, Galicia
Introduction O obxectivo da Asociación Couto Mixto de Bruxelas é a difusión na capital de Europa da realidade cultural galega en toda a súa riqueza e variedade, sen exclusión de calquera manifestación que se produza en Galicia. A pluralidade de opcións ideolóxicas caracteriza a este novo colectivo emigrante en Bruxelas apostando pola identidade galega con toda a riqueza e diversidade dos seus matices. Existia a necesidade de crear un asociacionismo galego en Bruxelas máis dinámico e comprometido co presente e co futuro que fomentase a realidade galega aos amigos de Galicia sen exclusións nin apriorismos, particularmente aos portugueses. Escolleuse o nome “Couto Mixto”, lugar de liberdade e autonomía entre dous estados, o español e o portugués, dende a Idade Media ata ben avanzado o século XIX. Preténdese que a asociación sexa un lugar de encontro. A Asociación está legalmente constituída como Asociación sen ánimo de lucro, o que en Bélxica se denomina como ASBL (Association sans but lucrative).Para o seu funcionamento carece de calquera tipo de axuda institucional en Bélxica e conta como recursos económicos principais as cantidades que xeran as cotas dos seus asociados.