Jorge Cubela

My blogs

About me

Gender MALE
Location Cotobade, Pontevedra, Spain
Introduction Son do ano 89, data histórica pola caída do Muro de Berlín, que supuxo a disolución do Telón de Aceiro. Tamén, ano dun dos dobletes do R.Madrid en Liga e Copa. Nacín e vivo nun Concello do Rural, Cotobade, polo que sinto un grande amor. Estudei no colexio público de Tenorio e na Xunqueira II. Despois, no Instituto Xunqueira II e agora curso estudos de Dereito en Santiago de Compostela. Gústame visitar todo tipo de eventos culturais e históricos; saír cos meus amigos e estar coa miña familia; ler; e participar da boa gastronomía galega. Politicamente, considérome centrista, liberal e galeguista.
Interests -Foi Delegado de Clase durante a ESO e Bacharelato e Representante estudantil do Consello Escolar do IES Xunqueira II durante o curso 2004/2005. -Hoxendía é Vicepresidente da Asociación Cultural e Recreativa Turoqua, con sede en Pontevedra. -Representante de alumnos de Dereito na Xunta de Facultade e no Claustro Universitario da USC dende o 1º curso de Carreira, ano 2007. Datos como representante de alumnos: -Alumno máis votado da Universidade de Santiago nas Eleccións a Claustro da USC no seu primeiro ano de carreira, no curso 2007/2008, con Alumnos Independentes de Dereito (AID). -Alumno máis votado nas Eleccións á Xunta de Facultade en Dereito, no curso 2008/2009, con Alumnos Independentes de Dereito (AID). -Alumno máis votado nas Eleccións á Xunta de Facultade en Dereito no presente curso 2009/2010, baixo Foro Alumnos de Dereito. Na actualidade, Jorge Cubela compatibiliza a súa andaina no asociacionismo cultural e tamén no movemento estudantil universitario como representante na Xunta de Facultade de Dereito e no Claustro da USC, sendo Presidente Fundador de FAD, que goza da confianza maioritaria dos alumnos de Dereito, cos seus estudos de Dereito e cursos de formación, e promovendo debates universitarios como a Vixencia e a Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia. Así como a participación no seu Blog persoal e tamén como colaborador do portal http://cubademocraciayvida.org
Favorite Movies La lista de Schindler.
Favorite Books Novela Histórica Española. Libros sobre Ideoloxías Económicas. Libros sobre Galicia e o Galeguismo.