Fran Alonso

My blogs

About me

Gender MALE
Location Galicia, Spain
Introduction (Vigo, 1963). Escritor, editor e xornalista galego.
Interests Eu son un tipo normal. Non, de verdade, dígovolo en serio. Eu son un tipo normal. Digo isto porque moita xente pensa que os escritores somos tipos raros, xente doutro mundo. Haberá quen sexan tipos raros, non digo que non. Ben, pois eu son un tipo normal.
Favorite Movies Ningunha novela, ningún libro de ensaio, ningunha teoría política, e ningunha reflexión da esquerda revolucionaria influíu en min e na miña personalidade máis do que o fixo, durante a miña infancia, a presencia, na pantalla da televisión, da rebelde, indómita, feminista, ostentosa e provocadora Pipi Calzaslongas. Xa non podemos negar o feito de que a proporción das películas, imaxes, fotografías, páxinas web, anuncios publicitarios ou programas de televisión que vemos os escritores ao longo da nosa formación intelectual é moito maior que a dos libros que lemos. Hoxe vivimos inmersos na cultura da imaxe e iso, para ben ou para mal, configúranos e determínanos. Este é o noso tempo. [Fran Alonso, A Nosa Terra]
Favorite Books Os libros dótannos de capacidade crítica, permitíndonos interpretar o noso tempo; capacitándonos para o diálogo e o intercambio e, sobre todo, proporcionándonos instrumentos para valorar as cousas con xuízo propio. A frase «os libros fannos libres» non é un tópico senón unha verdade aínda revolucionaria. [Fran Alonso, La Voz de Galicia]