Club de lectura Alobre

My blogs

Blogs I follow

About me

Introduction Un Club de Lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Que imos facer no noso Club de lectura?  Seleccionamos lecturas interesantes  Lemos os libros de forma individual na nosa casa  Reunímonos periódicamente ( cada quince días máis ou menos) para comentar a parte lida cos outros compañeiros  Debatimos sobre os aspectos do libro que máis nos interesen.  Participamos en actividades diversas e relacionámonos con outros compañeiros que teñen os mesmos intereses ca nos. No Club de lectura:  Non hai que facer ningún traballo  Se non puidemos ler a parte que tiñamos que ler non pasa nada e participamos igual na reunión. Aínda estás a tempo de anotarte no noso club!