Cuspedepita

My blogs

Blogs I follow

About me

Gender FEMALE
Location A Fonsagrada, Lugo
Introduction C de corazón e de coraxe. Poño o corazón en todo o que fago e creo que teño coraxe para a vida. U de Ulises, son un Ulises sempre na procura da miña Ítaca soñada e perdida. S de soidade e de solidariedade. P de poesía. E de eiva. Son defectuosa, eivada, minusválida, discapacitada para tantas cousas...e teño vocación de selo. Vivo a discapacidade día a día. D da dor que me acompaña coma se fose a cor dos meus ollos. E de eternidade, cando amo é para sempre ( o amor na maior extensión da palabra, non só o amor de parella) P de pasmona, que son moi inocente. I de inocente, como xa dixen, e de ilusión ( de ilusa tamén) T de tesouro. Teño algúns: a miña familia, os meus amigos, e @s meus/miñas compañeir@s de traballo.Tamén T de traballo. A de agarimo e de amizade. Non teño moitísemos amigos, pero os que teño son o mellor do mundo.