Facía tempo que tiña unha dúbida que resolvín onte. Non entendía a clave do éxito de fenómenos culturais de claro corte andaluz nacidos no corazón de Cataluña. Falo dos Estopa, Peret, e toda esta xente que canta, escribe e fala en andaluz e se sinte catalán.
Onte estiven cuns bos amigos no Baix Llobregat (Sant Vicençs del Horts, Molíns de Rei, Torrellas, Rubí ..... ) Alí puiden comprender in situ o arraigo dos cidadás coa súa cultura natal, fundamentalmente a andaluza. Os mozos e mozas de segunda e terceira xeración falan andaluz, co acento andaluz e de temas que para nada teñen que ver cos estereotipos cataláns.
Sen embargo, eles síntense cataláns e é máis: profesan o catalanismo. De feito, as súas grandes actuacións son comprar piso e comprar terreos en Cataluña para disfrutar do tempo libre. ¿De onde sacan os cartos? Pois de dous sitios: a) Venden as herdanzas que tiñan os seus pais/avós noutras comunidades e b) traballan moito e xeneran un patrimonio realmente importante.
É curioso pois, ver como se consolida unha nación multicultural nacida en boa medida da inmigración e que pouco a pouco e xeración en xeración se vai adaptando ós distintos movementos sociais.
Supoño que algo parecido pasará dentro duns anos coa inmigración africana e latinoamericana. E se non que llo digan a meu amigo Nacho que xa ten unha sobriña china que en poucos meses falará galego, a pesares de ter os ollos pequenos e pel amarela.
Sin título
Todavía no hay comentarios. -