Sempre quixen coñecer como era a filosofía Ikea. Eu, parvo de min, pensaba que o Ikea era un centro de bricoloxe ó bestia, con mil e unha chilindradas para poder pasar o tempo con isto da contrucción de puzzles con forma de moble.
Pero non. Ikea é unhafilosofía representada en forma de mobles para o fogar. O concepto vai cos tempos. Hoxe en día, os pisos son infinitamente máis pequenos e máis caros (non descubro nada novo), e Ikea logra crear modelos de mobles para espacios pequenos e a precios baratos ¿A cambio de qué? Pois de que o cliente traballe ensamblando as pezas. Isto provoca que o usuario final esté doblemente contento, xa que por unha parte aforra os cartos e pola outra sinte a satisfacción de facer algoa coas suas propias mans.
Unha nota da cadea, xusto antes da caixa de pagar, explícao todo: si o levas no teu coche, aforrarás cartos e tempo. Só lle faltaba dicir: "non me molestes moito que xa verás que ben nos levamos"
Sin título
Todavía no hay comentarios. -