Publica contido á túa maneira sobre as cousas que te apaixonan
Poñémoscho fácil: crea un blog atractivo e orixinal.
Crear un blogEscolle o deseño perfecto
Crea un blog atractivo e acorde co teu estilo. Dispós dun amplo abano de modelos para escoller, todos eles fáciles de utilizar, con deseños flexibles e centos de imaxes de fondo. Ou, se o prefires, podes deseñar algo totalmente novo.
Consigue un dominio
Elixe o aloxamento ideal para o teu blog. Utiliza un dominio de blogspot.com ou compra un personalizado cun par de clics.
Gaña diñeiro
Sácalle un rendemento ao teu esforzo. Google AdSense pode mostrar automaticamente anuncios relevantes e orientados aos lectores do teu blog. Deste xeito, poderás obter ingresos por publicar contido sobre o que te apaixona.
Coñece o teu público
Descubre que publicacións teñen éxito coas estatísticas incluídas en Blogger. Verás de onde procede o teu público e que lle interesa. Tamén tes a opción de conectar o blog directamente con Google Analytics para ver máis detalles.
Conserva os teus recordos
Non perdas de vista os momentos importantes. Blogger permíteche gardar con total seguranza milleiros de publicacións, fotos e outras cousas con Google.
Únete a millóns de blogueiras e blogueiros
Dá igual cal sexa o teu obxectivo: compartir o que sabes, dar as últimas noticias, expresar as túas ideas e opinións… En Blogger sempre estarás en boa compaña. Rexístrate para descubrir por que millóns de persoas escollen este lugar para publicar contido sobre os seus intereses.
Crear un blog