Félix Caballero Wangüemert

My blogs

About me

Gender Male
Introduction Logroño (La Rioja), 1967. Doutor en Comunicación pola Universidade de Vigo. Máster en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo. Licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo) pola Universidade de Navarra. Graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios pola Universidade de Vigo. Investigador no eido do humor gráfico galego. A súa tese de doutoramento versou sobre o debuxante ferrolán Xaquín Marín. Autor dos libros "O humor galego alén da retranca" (Morgante, 2012), "O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro" (Morgante, 2012), "O humor en cadriños II. Convesas con PInto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide" (Morgante, 2017), "Falemos de caricatura" (Xerais, 2018, con Siro), "Xaquín Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego" (Galaxia, 2018), "A retranca. Un intento de clarificación" (Galaxia, 2022). Ten publicado numerosos artigos sobre o humor e o humor gráfico en libros colectivos e revistas de comunicación. Ten un blog de creación en humor gráfico, titulado "Cosas de Fiz".