tag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-85089157120405763082008-01-14T13:03:00.000+01:002008-01-14T13:13:19.337+01:00Síndrome postvacacional e retorno a XornalIsto do síndrome postvacacional non é unha andrómena posmoderna. Dou fe de que existe. Entre outras secuelas, afectoume seriamente a miña regularidade como colaborador en Xornal.Com. Certa abulia de execución asáltame de maneira invariábel ao retorno dunhas ferias minimamente longas. Tamén pode ser síntoma doutra cousa: o columnismo queima moitísimo e ás veces un ten necesidade de desligar un chisco e tomar unha nova perspectiva (non sei se isto non é pura faramalla verbal para agachar certo acceso de preguiza).
Non vos dou máis a turra. Reato o meu labor en Xornal e como non podía ser doutro xeito, hoxe o Goberno disolve as Cortes Xerais do Estado, cun artigo de ton eleitoral. Non é só unha peza política, é unha reflexión tamén sobre a inutilidade de querer interrumpir o curso da historia, sobre a inutilidade de querer eternizar o presente. Os reaccionarios éche o que teñen.
Velaí vai o artigo, sob o título de "Fukuyama Again".
Agora Fukuyama, o profeta da fin da historia, reencárnase en José Blanco e o seu anuncio un chisco mesiánico de que desta volta se vai fechar de vez o mapa autonómico. Que teima teñen os partidos españois en poñerlle portas ao mar. Desta vez vai, trompetea o secretario de Organización do PSOE como slogan eleitoral que os exexetas demoscópicos agoiran será exitoso na España profunda, para conter as hordas desacomplexadamente españolistas do PP. O PSOE aceita xogar no campo do PP, co cal deixa ver en parte a súa febleza e en parte, retroactivamente, a hipocresía coa que se empregaba cando en tempos de maior bonanza debullaba as bondades da España plural que non dá chegado.<o:p></o:p>
Mais nun Estado plurinacional non é posíbel que desde o bipartidismo (no que cristaliza o pensamento da nación hexemónica nese Estado) se decrete a conclusión dun proceso cuxa xénese non controla, pois que non depende da vontade de nengunha elite estatal, senón do devezo de emancipación dos pobos. Ninguén pode pór límites ás liberdades alleas. Ninguén pode desde fóra arrogarse a faculdade de decidir canto autogoberno vai querer unha nación sen Estado. Por definición vai querer o máximo poder posíbel (toda sociedade diferente tende á emancipación, como todo individuo consciente da súa individualidade). En todo caso, tratarase de que se convenie, de que se compartille, de que se pacte o degrao dese poder. Ese pacto será por definición inestábel, permanemente aberto, como tamén o é a vida, que nunca está predeterminada, que é sempre unha opera aperta.
Fukuyama é un reaccionario de cuidado. O seu pensamento xa foi desmentido pola historia. Quen teña dúbidas, que lle bote unha ollada á recente evolución de América Latina. Blanco tamén se equivoca. Aquí non se vai fechar nada. Porque a democracia é imparábel e vaise acabar abrindo paso.<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.com