tag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-5065736299613771152008-04-23T11:57:00.004+02:002008-04-23T12:13:32.283+02:00O bic de Richard Ford
Lin Sportswriter en 1989. Daquela eu tiña 23 anos e, si, traballaba como xornalista deportivo, na redacción de La Voz de Galicia. Cheguei ao xornalismo deportivo sen nengunha vocación, de rebote, levado polas ondas dos acontecimentos, sen ter manifestado a menor inclinación polo relato das actividades físicas doutras persoas. Como Frank Bascombe, a criatura literaria de Richard Ford. Sentín fascinación por ambos, personaxe e autor. Toda fascinación ten algo de alienación. Nen eu tiña nada a ver co Bascombe literario nen eu tiña nada a ver co Ford literato (nen por talento, alá vai a miña autoestima!!, nen por obvias barreiras xeracionais, el daquela, hai vinte anos, era o cuarentón que comezo a ser eu agora).

Bascombe retornou en Independence Day (1996) e vólveo facer agora en The lay of the land. Nesta última, continúa a ser un tipo un chisco abúlico, pero conserva a suficiente dignidade como para indignarse ante o roubo das eleccións de 2000 no seu país, o pucheirazo bananeiro que puxo a Bush Fillo no Salón Oval. En fin, Frank polo demais vélle as orellas ao lobo en forma de cancro de próstata. Desde a primeira novela, plena crise dos cuarenta, a finitude da vida é un dos temas  bascombianos por excelencia. Ford proponnos que vivamos non con apatía -aínda que o pareza-, senón con distanciamento. E agora que eu xa tampouco son xornalista deportivo paréceme a mellor das receitas.

Falei no anterior post das 30 liñas de Greene. Ford ten o seu proprio estilo. Escribe, cando escribe, que tampouco é moi prolífico, ben máis de 30 liñas/días. Submete aos músculos da súa man destra a unha tortura chinesa: escribe entre oito e 12 horas -depende do perto que estea a conclusión do libro- e cun bolígrafo bic, perdoen a publicidade.

Non vexo nesa atitude titánica, nesa gloriosa disciplina proletaria (quen a pillara), nen un só átoma de apatía.

Continúo en Xornal.Com.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.com