tag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-44335494106324166232008-01-10T17:15:00.000+01:002008-01-10T17:40:31.052+01:00Un novo meioAquí estamos, non sen tempo, dirán algúns, a verdade é que me resistín unha miga de máis a isto de ter un espazo proprio na rede, quizá por un preconceito excesivo -se callar por considerar, supoño que estupidamente, que levar un caderno de bitácora ten algo de narcisista-, o caso é que agora até me apetece ter un novo meio ao meu dispor para escreber ou comunicar a vontade. E iso é o que penso facer.

Somos animais sociais e non nos explicamos sen os outros, sen os demais. Somos o que somos en función do noso contraste con eles e con elas. Así que un escrebe -queira que non- para que outros e outras o lean. E a rede paréceme un meio máis ao meu dispor para que ese fío non rache.

No noso caso, somos, ademais, galegos e galegas. Un pobo ben interesante este. Que ademais atravesa un momento histórico ben interesante tamén. Un momento decisivo na súa tomada de conciencia como tal, un momento que nos convoca a todos e a todas a estarmos especialmente alertas e participativos/as.

Estamos ademais a apenas dous meses para as eleccións xerais. Dous meses para traballar duro. Para a acción, o pensamento e a esperanza.

Aquí estaremos para contalo.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.com