tag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-31593150234365316962008-03-26T13:58:00.003+01:002008-03-26T14:28:44.525+01:00Este país existeEste país existe. Viuse o 9-M. Ten máis determinación do que os estrategas da uniformización lle adoitan atribuír. Non nos imos uniformizar tan doadamente. Especies oportunistas como o bipartidismo cosmopolita (hai algo máis provinciano e chusco que non poder elixir máis que entre dous?) definitivamente non se aclimatan ben sobre o noso granítico chan. Galiza non se vai suicidar tan facilmente.

Este país existe e vai dar grandes surpresas no futuro. Está xa a facer historia nestas mesmas horas. Xa non é que vaia a haber voces galegas no Parlamento estatal, é que esas voces van ter moito que dicer á hora de conformar maiorías durante os próximos catro anos. Acabou esa historia de España, Catalunya e Euskadi e para de contar. Hai un novo xogador sobre o relvado. E vai chutar a gol.

Máis: en xornal.com.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.com