tag:blogger.com,1999:blog-88235852009-04-15T00:54:39.418+02:00BNG-OUTESBENVIDOS AO BNG DE OUTES.
A TÚA OPINIÓN CONTA, QUEREMOS COÑECELA
bng-outes@hotmail.comBNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.comBlogger29125tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1157497861852873672006-09-06T01:09:00.000+02:002006-09-06T01:11:01.863+02:00NOVA WEB DO BNG DE OUTESEstrenamos nova web no BNG de Outes. Está aínda en período de probas, podes picar aquí para acceder.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1153504992383547672006-07-21T20:00:00.000+02:002006-08-24T16:49:36.483+02:00OFICINA DE ATENCIÓN AOS AFECTADOS POLA CONSTRUCCIÓN DA VARIANTEO BNG de Outes pedirá ao concello que abra unha oficina temporal para informar e
asesorar aos viciños de Outes afectados pola construcción da denominada
"Variante de Outes", que atravesa, entre outros, os lugares de Ribas de Mar,
Rates, Lagoa e Bendimón.

Esta é a moción presentada polo BNG o pasado 17 de Xullo.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Nestes momentos a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no marco do proxecto de construcción dunha variante na C-550 ao seu paso por Outes atópase redactando o proxecto definitivo que deberá sair a exposición pública en próximas datas. Este proxecto conleva a ocupación de numerosas propiedades nos lugares de Ribas de Mar, Rates, Lagoa, Bendimón e outros lugares do municipio. Este feito fai necesario que os cidadáns afectados polas ocupacións conten coa máxima información posíbel e o asesoramento pertinente, de cara a que a afectación e os danos ocasionados nas súas propiedades sexan os menores posíbeis.

Por esa razón o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Outes proponlle ó Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte:

ACORDO:

Que o Concello de Outes cree unha oficina temporal, cos medios técnicos e humanos necesarios, de cara a atender as necesidades de información e asesoramento dos cidadáns afectados pola afectación dos terreos.

En Outes a 17 de Xullo de 2006

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1151878401023746222006-07-03T00:02:00.000+02:002006-07-03T00:13:21.073+02:00PLENO DO 28 DE XUÑO (MOCIÓN)O PP votou en contra dunha moción do BNG que solicitaba a revisión dos gastos en organos de goberno no orzamento de 2006. A moción atendía a un compromiso expresado polo alcalde nun pleno anterior que ao votar en contra, incumple a súa propia palabra. Por outra banda, o grupo municipal do PP, segue a "poñerse as botas" á conta dos cartos de todos. Recordamos que os concelleiros que forman parte da Comisión de Goberno reciben 90 € por sesión (cando as dietas no resto das comisións ascenden a 60 €) ; ademais o grupo municipal do PP, a maiores dos salarios do alcalde e teniente de alcalde, recibe 2.400 € mensuais.

MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Na sesión plenaria do pasado 29 de Novembro, o ser Alcalde comprometeuse –tal e como consta na acta aprobada do devandito pleno- a revisar os gastos do capítulo de organos de goberno se existía algún concello cunha porcentaxe menor de gasto nesa partida (sobre o orzamento total). Consultados os orzamentos previstos de diversos concellos da comarca o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Outes puido comprobar que:
a) No concello de Carnota, o gasto en de organos de goberno representa un 1,31% do orzamento total.
b) No concello de Lousame o gasto en de organos de goberno representa un 2,66% do orzamento total.
c) No concello de Outes o gasto en organos de goberno ascende a 3,34% do orzamento total.

Polas razóns indicadas e atendendo ao compromiso asumido polo Sr. Alcalde, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Outes proponlle ó Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte:

ACORDO:

- Que se procede á modificación inmediata do crédito previsto para atender ao gasto en organos de goberno nos orzamentos de 2006 do concello de Outes.
- Que entre as partidas onde se leven a cabo reduccións se inclúa a destinada a dietas por Comisións de Governo (polo que os representantes en ditas comisións reciben 90 €, cando a participación no resto das comisións ascende a 60 €).

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1151880470929878922006-07-03T00:00:00.000+02:002006-07-03T00:48:42.200+02:00ERRO NA RESEÑA RECOLLIDA EN LA VOZ DE GALICIAA reseña recollida por La Voz de Galicia referente ao pleno do pasado 29 de Xuño ten un erro ao indicar que o BNG se opuxo ás propostas de concesión do San Cosmeiro de Ouro realizadas por PP e PSOE. O BNG abstívose en ámbalas dúas propostas ao considerar que o procedemento de concesión non é democrático. De feito, no propio pleno aprobouse o regulamento polo que a partires de agora o San Cosmeiro de Ouro será outorgado por unha comisión creado ao efecto e formada por tódolos grupos políticos. Curiosamente o regulamento aprobouse despois de aprobarse a proposta do grupo de goberno de concesión do San Cosmeiro.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com10tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1151864076838590962006-07-02T19:53:00.000+02:002006-07-10T20:11:34.590+02:00PLENO DO 28 DE XUÑO (ROGOS)

No pleno do pasado 28 de Xuño o BNG presentou os seguintes rogos:

ROGO 1: Pista deportiva de Ribas de Mar:
A pista deportiva localizada en Ribas de Mar presenta un lamentábel estado de abandono que constitúe ademáis un potencial perigo para os seus usuarios. Entre os problemas que amosa están os seguintes:
- As porterías non están fixadas ao chan, e non teñen redes.
- A xunta de dilatación é excesicamente ancha.
- Non evacúa convenientemente a auga da choiva.
Rógase que, no prazo de tempo máis curto posíbel, se procede ao adecentamento destas instalacións.

ROGO 2: Contedores soterrados na Ribeira do Freixo
Nestes momentos estanse a executar as obras de mellora das instalacións portuarias e da fachada marítima da Ribeira do Freixo. Polo que puido coñecer o G.M. do BNG de Outes entre as actuacións prevese a colocación dunha área para contedores de residuos.
Rógase que, no lugar dos tradicionais contedores ao ar libre, se instalen contedores soterrados pois consitúen unha mellor solución de cara a incrementar a calidade de vida de cidadáns e usuarios.

ROGO 3. Reparación dos viais do lugar de Siavo (Freixo) (FOTO)
Debido ás obras de saneamento o estado de varios viais da zona de Siavo é lamentábel, situación que levan sufrindo os veciños dende fai varios meses.
Rógase que, no prazo de tempo máis curto posíbel, se proceda ao adecentamento deses viais.

ROGO 4. Retirada vehículo na Capela de San Paio (San Lourezo):
Na parroquia de San Lourenzo, á beira da Capela de San Paio, atópase dende fai varios meses un coche abandonado.
Rógase que se inician os trámites necesarios, por parte do concello, para que dito coche sexa retirado do lugar onde se atopa.

ROGO 5. Adecentamento área antiga escola unitaria de Tarás:
A antiga escola de Tarás conta cunha pequena pista de deportes anexa que agora mesmo está inservíbel e que, dada a súa situación, podería adecentarse como mirador e como área de recreo realizando un pequeno investimento. Do mesmo xeito, cumpriría adecentar as propias instalación da escola que, como podemos comprobar nos distintos procesos eleitorais, amosan un estado de abandono.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1147432665295172412006-05-12T13:09:00.000+02:002006-05-12T13:17:45.306+02:00Reunión co Director Xeral de MontesO representante da Asociación de Veciños de San Ourente de Entíns, Xoán Domingo Caamaño e o voceiro do Grupo Municipal do BNG de Outes, Manuel González, mantiveron hoxe unha reunión co Director Xeral de Montes da Xunta de Galicia, Alberte Souto, na que se tratou a situación na que se atopa o proceso de calificación como monte en man común, do monte de “Gende” sito na parroquia de San Ourente no concello de Outes.

A calificación como monte en man común, que xa fora concedida polo xurado provincial de montes no ano 2002, foi anulada polo anterior governo (Consellería de Medio Ambiente) a un mes das eleicións (maio de 2005) atendendo a un recurso presentado por José Manual Mayán, deputado autonómico do Partido Popular na anterior lexislatura e orixinario de San Ourente de Entíns. Posteriormente a asociación de viciños presentou alegacións á decisión tomada pola consellería que están pendentes de contestación.

O director xeral comprometeuse a revisar o expediente e a dar contestación o máis axiña posíbel as alegación presentadas pola asociación de viciños.

Por outra banda, tamén se abordou a posibilidade de reforestar unha importante área doutro monte, neste caso de propiedade particular dos viciños de San Ourente de Entíns e que se achegaría as 160 Has de terreo. O director xeral comprometeuse neste caso a estudiar as posíbeis vías de financiamento do proxecto de reforestación. Tamén se estudiaría a posibilidade de reparcelar dito monte de cara a conseguir unha explotación óptima do mesmo.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1146226330355264612006-04-28T13:57:00.000+02:002006-04-28T14:12:11.863+02:00PLENO ORDINARIO ABRILNo pleno do 27 de Abril de 2006 o BNG de Outes presentou as seguintes iniciativas:

1. MOCIÓN

Numerosos lugares do concello de Outes contan cunha moi deficiente cobertura da sinal de televisión debido a inexistencia de infraestructura adecuada.
Por esa razón o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Outes proponlle ó Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte:

ACORDO:

- Que dende o concello se faga un breve estudio identificación daqueles lugares onde a conbertura é deficiente.
- Que se inste aos organismos e entidades pertinentes á dotar de infraestructura adecuada de cara a solucionar as eivas identificadas.

A moción foi aprobada por unanimidade.

2. ROGO:

As beiras de numerosos ríos do noso concello, entre os que se atopa o río Merlán ao seu paso polo estrada de Rates, amosan un estado de abandono o cal –se ben en grande parte do curso dos devanditos ríos non resulta un inconvinte- si que da lugar a diversas problemáticas nas zonas máis achegadas as poboacións. Por todo iso, rógase que dende o Concello se adecúen as beiras dos ríos naqueles tramos nos que transcurren máis achegados as vivendas.

3. Pregunta:

O pasado dia 22 de Marzo, saíron publicadas no DOG unhas liñas de axudas destiñadas desde a Consellaria de Innovación e Industria a impulsar o comercio, cun orzamento de máis de 7.8 millóns de euros. Estas axudas están incluídas no Plan de Renovación e Mellora do Comercio Galego que entre outras cuestións persegue o impulso dos espazos de uso comercial como fórmula para conxugar os intereses entre o comercio e o entorno no que se desenvolve a súa actividade.

Entre outras medidas aplicadas por esta consellaría, a Xunta de Galiza está a facer unha aposta clara polo pequeño e mediano comercio. Outras axudas destiñadas directamente a este sector para a renovación e mellora dos estabelecementos, así como as axudas destiñadas a potenciar o comercio no rural ou da artesanía, son unha mostra disto.

Que xestións se realizaron dende a alcaldía para beneficiarse destas actuacións destinadas á mellora do comercio local?

O goberno municipal contestou que se enviaran aos comerciantes a información sobre as devanditas axudas e que, nas liñas dirixidas aos concellos, se solicitara o amaño da rúa do Conchido onde se celebra a feira unha vez ao mes.

Dende o BNG consideramos que se debería ter aproveitado esta liña de axudas para, en coordinación cos comerciantes, desenvolver un plano de dinamización do comercio en Outes. Non podemos obviar a febleza extrema do tecido comercial do concello polo que se fai necesario poñer todos os recursos e ideas ao servizo deste sector co obxectivo de crear riqueza e emprego. Por outra banda non é suficiente con enviar unha misiva aos comerciantes informándoos das axudas senón que debería ser o propio concello, a partir da oficina de desenvolvemento local, quen apoiara e canalizara esas axudas.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1140797350036441902006-02-24T16:55:00.000+01:002006-02-24T17:09:15.730+01:00PLENO ORDINARIO DE FEBREIRONo pleno ordinario celebrado o pasado 23 de Febreiro abordáronse, entre outros temas, os seguintes:
- Aprobación dunha modificación nas condicións de pago dun dos préstamos que o concello ten vixentes. A alcaldía decidíu negociar unha moratoria de dous anos na amortización dos préstamos dos que é titular o que lles permitirá, segundo o expresado polo alcalde, atender gastro extraordinarios. O BNG expresou as súas dúbidas a cerca do carácter extraordinario deses gastos (entre eles "material para a escola obradoiro") e sinalou a coincidencia desa moratoria co período preeleitoral no que nos atopamos.
- O BNG solicitou o seguinte:
a) Que se inste aos responsábeis do centro médico a habilitar máis alternativas horarias para a recollida de receitas por parte dos usuarios.
b) Que se adecenten os camiños que van as praias de Cuterín e de Arnela, no Freixo.
c) Que se repoñan as arbores plantadas no paseo marítimo do Freixo.

Do mesmo xeito o BNG apoiou as seguintes propostas prantexadas no pleno polo PSdG-PSOE:
a) A devolución das competencias que o pleno, a iniciativa do grupo popular, delegou no alcalde.
b) A eliminación de vertedoiros incontrolados, a solución dos problemas do punto limpo e a posta en marcha dunha campaña de concienciación medioambiental, por parte do concello.

Finalmente, co gallo do 25 aniversario do Golpe de Esado do 23-F, o BNG dou pé á aprobación dunha moción de urxencia onde se condenaba o golpe e onde se sinala o compromiso democrático das tres forzas políticas. Ningunha instancia, nin civil, nin militar nin relixiosa pode suplantar a vontade do pobo.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1134147252975829892005-12-09T17:52:00.000+01:002005-12-09T17:54:12.986+01:00POSICIONAMENTO DO BNG DE OUTES EN RELACIÓN Á “VARIANTE DE OUTES”En relación ao proxecto de mellora da C-550 que no municipio de Outes conlevaría a construcción dunha variante de 4.700 metros con viaducto sobre a ría entre Ribas de Mar e Rates, o BNG de Outes solicitará que se proceda á paralización cautelar dos trámites nos que se atopa o devandito proxecto até que:

a) non sexa definido, presentado e na medida do posíbel consensuado por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, un plano integral de mellora das infraestructura viarias para a comarca de Muros-Noia. Non podemos esquecer que calquera tipo de infraestructura debe responder a prantexamentos globais que traten de vertebrar o territorio e que sexan respectuosos co medio ambiente. A pertinencia deste proxecto queda, ademáis, en entredito cando outros proxectos da comarca están sendo reprantexados.

b) non se fagan públicos os informes elaborados polas distintas consellerías en relación a este proxecto e en particular os relacionados co impacto sobre as actividades marisqueiras e pesqueiras e sobre o medioambiente. Non podemos esquecer que esta actuación afecta a espazos incluídos na Rede Natura 2000, que contan cunha especial significación e protección pola súa singularidade ecolóxica. Do mesmo xeito, é clara a importancia das actividades marisqueiras no tecido económico do noso concello e dos demáis concellos da ría de Muros-Noia.

En Outes, a 4 de Decembro de 2005

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com18tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1132330532634411932005-11-18T17:14:00.000+01:002005-12-01T11:16:10.746+01:00DECLARACIÓN DO BNG AO RESPECTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM) DE OUTESNestes momentos atópase en fase de elaboración o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Outes de tal xeito que existe xa un documento inicial que, unha vez enviado á Xunta de Galicia, é pertinente que sexa revisado de cara a continuar os trámites para a aprobación inicial no pleno. En relación a isto o BNG manifesta o seguinte:

- O BNG de Outes considera esencial contar cun PXOM acaído á realidade do noso concello no tempo máis curto posíbel e nese sentido priorizaremos a colaboración e o consenso en todo momento para acadar este obxectivo. O BNG agarda e traballará para que tódalas administracións que directa ou indirectamente están vinculadas á aprobación do PXOM, actúen coa maior dilixencia posíbel.

- O BNG entende que o proceso de aprobación do PXOM debe estar aberto ao conxunto da cidadanía que é para quen, en definitiva, está dirixido. Neste sentido, unha vez que este documento sexa aprobado inicialmente en pleno, o BNG apostará por facer chegar toda a información aos cidadáns de cara a que presenten alegacións e defendan os seus lexítimos intereses no marco do ben común.

- O BNG cre que até o momento o grupo de governo non actou coa suficiente transparencia nesta cuestión e, como mostra, non se convoca convenientemente á Comisión Especial para a Elaboración do PXOM, como sería pertinente.

En Outes, a 17 de Novembro de 2005

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1130453622079217422005-10-28T00:31:00.000+02:002005-11-10T16:37:32.706+01:00PLENO DO 27 DE OUTUBRO DE 2005O pleno ordinario do pasado 27 de Outubro foi outro exemplo do que non debe ser o debate democrático nos tempos que vivimos. A actitude brusca e maleducada do alcalde e a incapacidade amosada para reconducir os termos do debate impedíu un desenvolvemento razonábel do pleno.

Aínda así o BNG prantexou, non sen numerosos problemas, as seguintes iniciativas:

ROGOS:
- Coidar minuciasamente as actividades constructivas na zona da ribeira do Freixo. O que en principio ía ser unha moción para a elaboración dun plano específico de coidado urbanístico da fachada marítima do Freixo foi finalmente prantexado como o un rogo posto que semella ter habido avances no PXOM. Espérase poder incluír unha normativa detallada para esta zona do concello con forte potencial urbanístico que convén coidar dacordo con criterios de sustentabilidade e estética apropiados.
- Rogo para que, canto menos nos meses de vran, se habilite un espazo de estudio na “casa da cultura” e que conte cuns horarios de apertura de canto menos 8 horas diarias.
- Rogo para que se fixen espellos nos seguintes cruces (Cruce da rúa Agro das Mozas coa Estrada Xeral, Cruce da “parada de Taxis” coa Estrada Xeral, Cruce do vial cercano ás instalacións de “Talleres Martelo” coa Estrada que vai da Serra a San Ourente).
- Rogo para a progresiva eliminación das barreiras arquitectónicas canto menos na zona urbana.

PREGUNTAS:
- Diversos días do mes de agosto e setembro de 2005 producironse cortes de auga no núcleo da Serra de Outes. Por que se produciron e que pensa facer o Concello para procurar que non se repitan no futuro? O alcalde contestou que se deberan a averías e só unha vez por razóns de reparacións. Decoñecemos se foron avisados con tempo os usuarios por este último corte que en teoría debería estar previsto.

- No pleno do pasado mes de xuño o grupo municipal do BNG prantexou unha pregunta en relación as razóns polas que os traballadores do Concello non estaban sometidos a ningún convenio colectivo. Dado que aínda non recibimos resposta algunha vémonos na obriga de prantexar de novo esta cuestión: Por que non existe no Concello de Outes un Acordo Regulador e un Convenio Colectivo que ordene as condicións laborais dos traballadores do concello?
O alcalde contestou que non existe convenio nin acordo porque non o solicitaron os traballadores. O BNG ten información que apunta o contrario. Os propios representantes dos traballadores informaron ao noso grupo municipal que solicitaron iniciar conversas e mesmo mantiveron reunións co propio alcalde para abordar o tema (que a día de hoxe está paralizado). O alcalde obviou estes "pequenos" detalles na resposta ofrecida no pleno.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1126978334483277932005-09-17T19:17:00.000+02:002005-09-17T19:32:14.490+02:00O ALCALDE VOLVE A CONCEDERLLE O GALARDÓN "SANCOSMEIRO DE OURO" A UN POLÍTICO DO PPNeste caso o galardón outorgaráselle a Carlos Negreira, antigo director de Portos de Galicia e parlamentario autonómico do PP, pois grazas a súa "sensibilidade" vanse mellorar as instalacións portuarias do Freixo.

Dende o BNG opuxémonos a esta proposta argumentando que nin as formas de determinar a concesión son as correctas (entendemos que un galardón que se outorga no nome dos cidadáns de Outes debe ser decidido polos mesmos cidadáns e non polo sr. alcalde e por tanto debe crearse unha comisión aberta para tomar a decisión) e, en segundo lugar, porque non é de recibo premiar a un político en activo por realizar a súa labor.

Faise plausíbel ademáis que o Sr. Crespo utiliza este galardón para interese político persoal e segundo a situación dentro do Partido Popular o requira. Entendemos que despois de ser "defenestrado" polo sector do birrete queira agora tender pontes co mesmo outorgándolle o sancosmeiro de ouro, ao igual que fixo no seu momento cando llo concellederon a José Cuíña.

Das cinco edicións anteriores o galardón recaeu en: Manuel Fraga, José Cuíña, Torres Colomer, Romay Becaría e no Colexio Emilio Navasqües sendo esta a única vez na que o BNG apoiou a proposta do grupo de governo.

No BNG de Outes lamentamos que segan a promoverse actitudes e comportamentos feudais e caciquiles por parte do PP e do seu alcalde, Carlos Crespo.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1124923156580384302005-08-25T00:36:00.000+02:002005-08-25T00:39:16.586+02:00SOLUCIÓNS PARA O SANEAMENTO PÚBLICOO BNG presenta no pleno do 25 de Agosto a seguinte moción sobre o saneamento público:

O mal funcionamento do servizo de saneamento está a causar graves danos medioambientais e de salubridade en diversos puntos do Concello. Un destes problemas é o que cronicamente acontece en Bendimón, onde o que parece ser un reiterado mal funcionamento da estación de bombeo deriva en verquidos ao río –xusto debaixo da ponte cercana ao lavadoiro e a escasos metros de diversas vivendas. Ditos verquidos desprenden un forte olor e, por outra banda, están a causar un gravísimo dano medioambiental na flora e fauna fluvial.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Outes proponlle ó Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes:

ACORDOS:

1. Que dende o concello se busque unha solución definitiva, no prazo máis breve posíbel, a este problema de funcionamento do servizo de saneamento en Bendimón.
2. Que, no prazo máis curto posíbel, se dispoña dun informe técnico exhaustivo sobre o funcionamento de toda a rede de saneamento do concello co obxectivo de identificar e solucionar eventuais problemas.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1123872762942422752005-08-12T20:51:00.000+02:002005-08-12T20:52:42.950+02:00RENOVACIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNGDespois de 15 anos realizando unha extraordinaria laboura como portavoz municipal do BNG no Concello de Outes, Francisco Quintela anunciou a súa renuncia a acta de concelleiro que se fará efectiva no pleno do vindeiro 25 de Agosto.

A renuncia de Francisco Quintela implicará a toma de posesión como concelleira de Mariña Villaverde, que concurrira no posto número 3 nas listas municipais e que leva varios anos colaborando activamente no BNG.

Dende a Asamblea Local do BNG de Outes queremos agradecer o enorme traballo desenvolvido por Paco Quintela nestes anos e que foi decisivo para a implantación do nacionalismo galego no noso concello.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1120566005332513072005-07-05T14:15:00.000+02:002005-07-05T14:20:05.340+02:00UN PAÍS NOVOO cambio producíuse e o BNG terá un papel esencial no novo governo. Toca governar para a xente e toca facer país dende o governo.

Seguiremos tamén a traballar polo cambio político en Outes. Queremos un Outes Novo.

Grazas a todos polo voso apoio. Tentaremos non defraudar.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1116883557105695642005-05-23T23:16:00.000+02:002005-05-23T23:38:14.976+02:00CAMBIO GALEGONunca tan perto o tivemos. A sociedade pide cambio e isto xa é imparábel. O espírito do "Nunca Máis"" chegou para espantar aos espantallos.

Permitídenos a soberbia pro nós temos o mellor proxecto e o mellor candidato. Outros, os que falan de moverse para seguir máis ou menos igual, só teñen o aval da Moncloa. Máis nada.

Desta Vai!

Hai que botalos!!!

Adiante co cambio galego!!

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1112966464459694082005-04-08T15:21:00.000+02:002005-04-08T15:21:04.460+02:00INFORMACIÓN SOBRE A VARIANTE DE OUTES NO PARLAMENTO DE GALIZABNG-OUTES

En relación co proxecto anunciado pola Xunta de Galiza de construción dunha ponte no termo municipal de Outes , os deputados no Parlamento de Galiza: Tereixa Novo Arrojo e Xosé Henrique Rodríguez Peña, do BNG, presentaron recentemente, unhas cuestións , a instancia da Asemblea Local do BNG en Outes, e dirixidas á Mesa do Parlamento, polas que se pretende obter INFORMACIÓN sobre o citado proxecto, xa que a día de hoxe existen numerosas e importantes incertidumes sobre a situación do mesmo, en especial no que se refire á planificación temporal técnica e económica do proxecto. Así, o BNG solicita que se dean as oportunas explicacións sobre o proxecto, porque dereito básico da cidadanía é a información clara e precisa sobre calquera actuación das administracións públicas, criterio fundamental que debe necesariamente presidir a actividade pública, evitando, mediante a publicidade necesaria, a opacidade e o escurantismo , polo que se insta a que se solucione esta situación de “desinformación” canto antes, nas cuestións que se reproducen literalmente :

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Novo Arrojo e Xosé Hernrique Rodríguez Peña, deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, apresentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á mellora da estrada c-550 no tramo Muros-Noia.

Nos orzamentos da Comunidade Autónoma do ano 2005, aparecen dúas partidas orzamentarias no capítulo de investimentos reais da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, baixo o epígrafe “Mellora trazado e capacidade da C-550 Cee-Tui, TR. Muros-Noia, SUBTR: Límite Muros-Outes. Unha, a 06.03.413V.6003 por valor de 264.671 Eur. E outra, a 06.03.413V.6001 por valor de 2:735.329 Eur.; ambalas dúas se complementan cunha previsión de gasto para os orzamentos do 2006 de 176.448 Eur. E 2.224.043 Eur. Respectivamente.

Toda vez que non se especifica nada máis, e a día de hoxe nas comarcas afectadas non se ten coñecemento de ter iniciado ningunha mellora no tramo citado, é polo que apresentamos a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.

1ª) ¿ A que se van adicar as partidas orzamentarias anteriormente citadas?.

2ª) ¿En que fase se atopan os proxectos, se é que existen?. ¿Foron expostos ao público nalgún dos concellos afectados?.

3ª) ¿Forma parte deste proxecto de mellora a denominada “variante de Outes”?. ¿En que consiste exactamente esta variante?.

4ª) ¿Que prazos temporais se teñen previstos?. ¿Cando se vai empezar e que prazo de finalización se preve para a variante de Outes?

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1109626881138202322005-02-28T22:40:00.000+01:002005-02-28T22:41:21.140+01:00O PP VOTOU EN CONTRA DE TODOO pleno do pasado 24 de Febreiro resultou ser unha mostra máis da intolerancia do Partido Popular e do alcalde Carlos Crespo. Así as catro mocións presentadas polo BNG foron rexeitadas pola maioría dos votos dos conservadores sen sequera considerar as ofertas de diálogo e consenso lanzadas polos concelleiros do BNG.

- EN CONTRA DE DESTINAR A ASIGNACIÓN ECONÓMICA QUE RECIBEN OS GRUPOS POLÍTICOS ÁS VICTIMAS DO TSUNAMI NO SULESTE ASIÁTICO.

- EN CONTRA DE AUMENTAR A 40 HORAS SEMANAIS O TEMPO MÁXIMO QUE SE PODERÁN UTILIZAR OS SERVIZOS DO "PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA".

- EN CONTRA DE APOIAR QUE SE INICIE UN PROCESO DE DISCUSIÓN E DEBATE PARA A REFORMA DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA GALEGO

- EN CONTRA DE QUE O CONCELLO SE COMPROMETA A DIGNIFICAR O ROL SOCIAL DA MULLER.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1106151399573782472005-01-19T17:09:00.000+01:002005-01-19T17:16:39.573+01:00O BNG PEDIRÁ QUE OS SERVIZOS DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA POIDAN UTILIZARSE CANTO MENOS 40 HORAS Á SEMANAO recentemente inaugurado "punto de atención á infancia" na Serra de Outes podería non ter utilidade algunha se se manteñen as restriccións actuais á hora de contar cos seus servizos. As normas de funcionamento de dito centro indican que só se poderan deixar aos cativos un máximo de 15 horas á semana. Esto fai que un dos colectivos que potencialmente usarían máis os servizos deste centro: as parellas traballadoras, non poidan utilizalo posto que -sendo as xornadas laborais de 40 horas, polo xeral- as 15 horas non resolven ningún problema.

Esto fai que ditas parellas teñan que buscar este tipo de servizos fóra do noso concello, incentivando así o abandono do noso concello cara outros onde hai máis posibilidades de traballo e tamén mellores servizos públicos.

Por todo isto o BNG de Outes instará ao governo municipal a que se amplíen canto menos á 40 horas á semana o tempo que cada rapaz pode permanecer neste centro.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1105568709702297632005-01-12T23:20:00.000+01:002005-01-12T23:25:09.703+01:00SOLIDARIEDADE COS AFECTADOS POLO MAREMOTO

O BNG DE OUTES CONTRIBUIRÁ ECONOMICAMENTE NA AXUDA AOS PAÍSES AFECTADOS POLO MAREMOTO E PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN AO PLENO PARA QUE DURANTE TRES MESES SE DONEN AS ASIGNACIÓNS ECONÓMICAS QUE O CONCELLO DE OUTES DESTINA AOS PARTIDOS POLÍTICOS Á AXUDA AOS DAMNIFICADOS POLA CATÁSTROFE DO “TSUNAMI”

A Asemblea Local do BNG de Outes acordou donar a asignación que recibe do Concello durante tres meses á axuda aos damnificados pola traxedia do maremoto .

Tamén se presentará unha moción ao Pleno do Concello para que se ceda a asignación do Concello aos grupos políticos durante un trimestre para a colaboración cos afectados.

O maremoto provocou unha traxedia humana conmovedora ademais de danos económicos e medioambientais de moi difícil ou imposíbel reparación. Ademais esta catástrofe afectou a países que teñen serios problemas de atraso económico polo que as consecuencias agrávanse máis debido á escasa capacidade que teñen para responder.e á falla de medios materiais. Os habitantes destes países enfróntanse aos efectos destrutivos dun fenómeno natural e a esta desgraza vénse sumar a outras “ondas” non menos perniciosas: a da pobreza a nível mundial, a das desigualdades internacionais e a do funcionamento dunha economía que condena inexorabelmente á maior parte da humanidade á miseria .Por isto, no BNG de Outes, entendemos que neste momento débese poñer de manifesto a solidariedade internacional, que os afectados precisan con urxencia, e decidimos facer esta cesión de diñeiro e ademais instaremos, mediante unha moción no vindeiro Pleno, a que esta colaboración se faga a nível institucional, é dicir, que o resto dos grupos con presenza no Concello secunden esta iniciativa.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1102865877299425492004-12-12T16:35:00.000+01:002004-12-12T16:37:57.300+01:00TÍÑAMOS ALCALDE?O BNG de Outes espera que o alcalde de Outes volva a exercer como tal unha vez que vén de ser excluído da dirección provincial do Partido Popular. Lamentamos que neste ano que remata o Sr. López Crespo se adicara a tratar de escalar postos no seu partido, cousa que finalmente non conseguíu, en vez de a gobernar e xestionar o noso concello, laboura para a que foi elixido e pola que recibe un considerábel salario.

BNG de Outes

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1101763222179567412004-11-29T22:18:00.000+01:002004-11-29T22:20:22.183+01:00Estamos construíndo un País...Xa podedes participar no deseño do novo estatuto que o noso país necesita:

www.novoestatuto.com

Saúdos.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1101398332679492372004-11-25T16:53:00.000+01:002004-11-25T16:58:52.680+01:00DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERESHoxé o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. O BNG de Outes participa desta loita e quer solidarizarse con todas as mulleres que sufren a violencia machista.

Achegámosvos este fermoso texto de Xosé Carlos Caneiro que recolle o desexo e a esperanza de moitos.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1101300497253717932004-11-24T13:43:00.001+01:002004-11-25T16:53:13.513+01:00O CENTRO DE SAÚDE DE OUTES NECESITA MÁIS MÉDICOS

No Pleno Ordinario celebrado o día 28 de outubro deste ano 2004, o concelleiro e portavoz do Grupo Municipal, Francisco M. Quintela Romero, presentou a seguinte moción para que se dote o Centro de Saúde de Outes con máis médicos:

Antonte saiu nos medios de comunicación unha reseña na que se facia mención á necesidade de máis persoal sanitario no Centro de Saúde de Outes. A situación de deterioro que se está a dar dende fai algún tempo é do dominio público. Así, son numerosas as queixas que teñen manifestado os usuarios da sanidade pública, e que se orientan, sobre todo, a problemas de desatención. A isto hai que sumarlle a denuncia pública que, sobre a situación de precariedade, teñen feito algúns delegados de persoal do SERGAS.

O problema principal estriba en que non hai persoal suficiente, de tal xeito que, os profesionais sanitarios, teñen que atender aos doentes con excesiva rapidez, cos serios problemas derivados desta situación: incremento do risco de erros na atención, diminución da calidade do servizo, longas esperas antes da atención, descontento dos doentes, etc. O persoal do centro está sometido a un ritmo que non é o recomendábel nen para os doentes, nen para eles.

A situación do servizo, ainda que é manifestamente mellorábel pero soportable, polas mañáns, acada especial gravidade polas tardes. Así, unha soa doutora vese na obriga de atender tanto aos pacientes do seu cupo como ás urxencias que chegan ao Centro de Saúde, das que algunhas son nos domicilios, o que provoca, incluso, que o Centro quede desatendido.

Polo o exposto, o Grupo Municipal do BNG, solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte:

ACORDO

Que Sr. Alcalde se dirixa ás autoridades sanitarias, nomeadamente ao Sr. Conselleiro de Sanidade e á Dirección do SERGAS, de maneira inmediata, e xestione o nomeamento dun médico máis, para o Centro de Saúde de Outes, que atenda ás urxencias que xurdan polas tardes e a enfermos de cupo, se fose necesario.

A moción quedou sobre a mesa á espera de que se reuniran os representantes do médicos coa dirección do SERGAS para tratar este problema

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1099949594066831452004-11-08T22:30:00.000+01:002004-11-08T22:33:14.066+01:00NOVAS NACIONAISO número dous do BE NE GA ao día, xa no prelo, aposta por un cambio político liderado por un presidente nacionalista.

BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com0