tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1152022506098025232006-07-04T16:15:00.000+02:002006-07-04T16:15:00.000+02:00Estimado Tarás, Cando nos referimos a que non é de...Estimado Tarás,

Cando nos referimos a que non é democrático é porque un galardón, que se da en nome de todos os cidadáns de Outes, como é o San Cosmeiro de Ouro, debería decidirse nunha comisión onde participaran non só todos os grupos políticos que representan aos cidadáns do concello, senón tamén os representantes da sociedade civil.

Lémbroche que en 5 ocasións o PP aproveitou ese proceder para propoñer e outorgarllo a políticos en activo do PP:
- Manuel Fraga
- Romay Beccaria
- José Cuíña
- Torres Colomer
- Carlos Negreira

E para mostra que o correcto sería que se creara unha comisión é que, como dicimos aí arriba, no mesmo pleno se aprobou un regulamento para a concesión deste tipo de galardóns. É dicir, antes non existía regulamento algún e os grupos da oposición por non saber nin sabíamos cando había que propoñer candidatos.

A democracia non só consiste en gañar votacións, é tamén un exercicio de transparencia e participación social continua.

Un saúdo.BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com