tag:blogger.com,1999:blog-8376018.post-1157652014974394572006-09-07T18:11:00.000+02:002006-09-07T20:00:15.703+02:00E dura...Aproveitando que o luns tiña día libre e non volvía traballar ata o martes de noite improvisamos outra das nosas. E seguimos pola Costa da Morte, nesta ocasión por terras de Muxía.
De camiño paramos nas Torres do Allo (bonita exposición sobre a vida nos Pazos) e nos Batans do Mosquetin (onde unha nutria campaba as súas anchas).
Acampamos no camping Lago Mar e pasámola tarde na Praia do Lago. Menudo día de calor que fixo!

Ó cae-la tardiña achegámonos ata Touriñán. Vendo aquela paisaxe extraordinaria unha non pode dar crédito as tolas ideas do iluminado de turno. Que llo contaran o alemán que viñera na bici e merendaba alucinado na rocha a ver que lle semellaba a idea...
Ceamos en Muxía previa parada no Santuario da Virxe da Barca e voltamos para o camping.
O martes pasámolo en Razo, comemos no Cordobes un menú do día que podería alimentar a un batallón e fomos de paseíño ata Baldaio pola beira do mar (onda uns golfiños nadaban sen medo). Qué lástima desperdicia-la noite metida no hospital...
E onte quedei con M. na Postreria (que me lembra a certos locais da etapa barcelonesa e me apunto como sitio para voltar). Púxome ó día da xente do cole (primeira voda do grupo á vista) e da súa vida. E logo marchei para os Rosales para ve-la segunda parte dos Piratas do Caribe. Non estivo mal.
E agora toca pasa-la finde metida no hospital. Uf, que pereza...Iriahttp://www.blogger.com/profile/04472612225867892931noreply@blogger.com