tag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1113447222363411052005-04-16T03:13:00.000+02:002005-04-16T03:12:06.066+02:00InconstrucciónHai verbas que se pegan a nosa lingua como esas parviñas moscas adheridas á tira de cola que poñían antes nas tascas. Xa está a quedar algo murcho o termo, pero levamos unha época farturenta de deconstrucción. Creo que non houbo cousa, idea o concepto que non fora sometido ao alquímico proceso da deconstrucción. Eu que nunca fun moito de filosofías ( iso llo deixo ao Juanjo), sempre imaxinei a deconstrucción como a matanza pero sen berros. Unha operación limpa e precisa no corpo suoroso das ideas. Preciso pois o símil: A deconstrucción é como a matanza do porco seguindo as instruccións da Xunta.
Pode ser que a deconstruida deconstrucción sexa substituida no falar cotián por outra palabra. Se se me permite, eu voto porque sexa a inconstrucción. A inconstrucción trata simplemente do que non se fixo, asi que si esta verba triunfa no hit parade do léxico, a todos nos será moi doado atopar o momento de usala. Estamos feitos en parte do que deixamos de facer.
Por exemplo, Stalin, ese terno e sorrinte avó, que lamentablemente para os rusos non era moi dado a inconstruir as súas cadeas siberianas, imaxinou unha Moscova digna do capitán sky que deixou, claro, inconstruida. LeCorbusier tamén ten a súa casa dominó inconstruida, e iso que era unha solución habitacional do mais xeitosa. Tódolos arquitectos, pintores e creativos teñen o seu alpendre cheo de inconstruccións que podería listar aqui ate o infinito, pero iso son inconstruccións privadas, que se suman ó cento de abandonos e preguizas que todos levamos nas costas, colgados coma un paraugas da chaqueta dun vello.
As inconstruccións comúns son as que nos acompañan como espectros, non coma lastres. As que afectan a unha cidade, a un pobo enteiro, a unha cultura. Eses xiros dos acontecementos que impediron a realización dun pasado distinto. As ilusións truncadas. As inconstruccións que parecen de fume son as lendarias e as sentimentais. Por exemplo, o Vigo que nunca foi. Aí temos unha inconstrucción que funciona como unha lenda urbana nas conversas da intelligentsia e mesmo da pailántsia. Unha cidade que rivalizaría co da Stalin, co Nova Iorque do flatiron, coas metrópoles atlánticas. Unha cidade inconstruida que vive como recordatorio no medio das rúas da cidade real. Un arrepentimento. Un foi que non foi.

Teño un proxecto gardado na carpeta das inconstruccións que consistiría en traer as cidades incostruidas a visitar as cidades feitas. Hai edificios que foron destruidos porque eran o comezo da cidade inconstruida e cando se abandonou o proxecto, foron borrados do mapa como si da proba dun delito se tratara. Hai maquetas dos proxectos inconstruidos. Hai maquetas destruidas de cidades inconstruidas. Hai debuxos e planos. O meu proxecto consistiría en usar uns potentes proxectores para superpoñer as imaxes do que non foi sobre a faciana do que é. Unha forma de engadir á realidade unha capa de futuribles resesos. Unha viaxe no tempo ( non sei se o pasado ou o futuro). O meu proxecto está deseñado só para poder ser visto de noite, cando as pantallas de proxección das fachadas se prestan a estes xogos. E podería ser un bo momento, unha noite calquera, na que un peatón vai ver as pantasmas da súa cidade, na que sae por fin as rúas a santa compaña do urbanismo.

Hai unha regla non escrita no eido da creación: Si un proxecto inconstruido se fai público nun foro que non propiciará a súa construcción, a súa posta en común funciona coma a súa acta de defunción. Poderá resucitar nas mans doutro, pero é difícil que quen o comparte reuna xa nunca as forzas para realizalo físicamente. O seu enunciado sustitue a súa presenza. Asi que, se non hai algún xestor cultural, mecenas ou demente adiñerado a ler esto, sabede que esto que vindes de ler é unha pedra nova no grande galpón da inconstrucción.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.com