tag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1109809355312237622005-03-03T01:17:00.000+01:002005-03-06T02:14:56.003+01:00Se fora eu un ghicho deses moi taxantes e categóricos, diría que so me interesa a xente dun tipo, diría moi rufo: Eu somentes aturo ós artesans. Pero non son tal.<br />De tódolos xeitos, voume decatando que teño un interese especial po-la xente que usa as mans para face-lo seu traballo. De sempre me fascinaron os músicos, os cociñeiros, os ebanistas ( carpinteiros de ribeira valenme tamén), os maquetistas, os pintores, os canteiros, os deseñadores e mai-los escultores, os arquitectos que construen, os xardineiros, os debuxantes, os impresores, os albaneis, os pescadores e , dende hoxe mesmo, <a href="http://englishcut.com/">os xastres</a>.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.com