tag:blogger.com,1999:blog-78542312008-07-01T20:52:03.697+02:00ElianinhaElianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comBlogger416125tag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-8021254720998018002008-07-01T19:42:00.002+02:002008-07-01T19:46:36.801+02:00Día da música21 de xuño de 2008, 20h. aproximadamente. Uns cantos mozos e mozas merodean polo Multiusos do Sar (Compos), á espera de que abran as portas para o concerto do Día da Música. Unhas mozas, prexuizosamente seguidoras de Quique González, comentan o cartel:

- ¿Y estos de Som do Galpom, quiénes son?
- Hacen hip hop, pero en gallego.
- Ay, mira, qué simpáticos. ¿Y los Fanny e Alexander qué tocan? Es que me suenan.
- Es un rollo muy íntimo, en plan electrónico y tal.
- Pero, ¿de dónde son?
- Creo que son de aquí, de Santiago.
- Yo creo que no. A mí me suena que son peruanos o así. Fanny y Alexander...Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-48464912351560968142008-06-13T16:50:00.002+02:002008-06-13T16:57:44.478+02:00Moving to the CastiAndo a preparar a mudanza. De aquí a 15 días durmirei alá no polo barrio do Castiñeiriño. Alí teño 80 metros cadrados para compartir co Rei da silva, que a partires de agora terá que cambiar de nome, algo tipo "rei da zona hipercor" (agora chámanlle así). Temos un estupendo balcón que nos permitirá saudar como se fosemos os condes de Lemos no seu torreón e arengar as masas para... por exemplo, apostatar da Unión Europea.

Xa contarei.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-44988100295453754902008-06-10T17:55:00.000+02:002008-06-10T17:56:02.255+02:00- Ola, Eliana.
- Ola, Dios. (en soños non hai por que ser normativo) E ti por aquí?
- Nada, veño a concederche un desexo.
- Ai, si? Así, pola cara?
- Si, veño a que me pidas un concerto.
- Un concerto... de quen eu queira?
- Si, pero veña, vidiña, que teño máis que facer.
- Ok... pois quero... Que che parece un con Iván Ferreiro e Deluxe xuntos?
- Vai, e de agasallo van Fanny+Alexander, Quique González e Som do Galpóm.
- Que ghuai!!! Xa podían vir os Homens tamén, non?
- Non abuses, anda...Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-40693302349789874852008-05-28T18:12:00.001+02:002008-05-28T18:17:25.851+02:00A quen correspondaCres que a palabra ‘prócer’ que adoita utilizarse cos altos cargos, deputados e demais políticos ten sentido a día de hoxe?

Tes a sensación de que o nivel da política galega e estatal está baixo mínimos?

Paréceche que os ‘hommes politiques’ son cada vez máis mediocres?

Non debería eliminarse do dicionario como acepción, ou polo menos indicar que é un arcaísmo?Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-34312049555205713082008-05-20T20:59:00.003+02:002008-05-20T21:16:16.218+02:00Hai... case un mes que non paso por aquí. Pasar, paso, rapidiño, sen tempo para parar e escribir. Neste tempo, cambiaron moitas cousas. Cambiei de coche, de traballo, de casa aínda non, pero cambiaron cousas na miña cabeza, merquei unhas catiuscas e convidáronme a unha lubina, tiven un crédito, e canceleino, recuperei vida social e enfadouse un amigo pola miña redundante/repugnantiña habilidade humorística, pasei polo kiosco das almas perdidas, utilizo a diario un Mac, fun ao Jofre e vin fotos da filla dunha vella, moi vella amiga, outra deixou Oregón para ir a Bonn parando en Compostela para darnos uns bicos. Tamén me lle repuxen a unha señora maleducada, tendo a miña primeira discusión real cunha descoñecida. Falta me fixo noutrora o carácter que gañei no último ano. Lástima.

Pasaron cousas. Outras teñen que pasar aínda. Teño que cortar o pelo, por exemplo. Tamén quería buscar unhas deportivas bonitas, a ver se vén o verán. Tócame lavar o coche. E tamén quero ir ver Estigma antes de que marche de Compostela (se non 0 fixo xa). E ir ver tamén O Clube da Calceta.

E tamén ir ao Festival de Cans, con algúns dos meus bos amigos e amigas da facultade. Xuntármonos, ir de furanchos, e bailar ao son dos Veraneantes, cabezas de cartel da programación do festival deste ano. Desta vez non vou traballar. Desta vou troulear. Non terei que estar, coma da anterior, ata as 5 e pico da mañá escribindo crónicas, e quedando ás 10 con algún director de cine do que nin me deu tempo a transcribir a entrevista. Desta quedarei ata as 5 da mañá trouleando, ou bailando, que tampouco está mal. Aínda que algo de mono non che digo que non... igual... xa me está a traballar a cabeza. Por aquí, tes máis info.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-44233883080036768792008-04-23T10:53:00.001+02:002008-04-23T10:54:29.849+02:00Onomatopea
Clack

Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-91981687399702527972008-03-25T12:41:00.005+01:002008-03-25T13:00:59.536+01:00Chega Teatrofilia!!!

Un ano máis, chega Teatrofilia. Van cinco! A inauguración, que será este venres 28 ás 21.15h., vai á nosa conta, así que se aínda non te sometiches a unha boa sesión de "Metus Extremus", esta é unha boa ocasión. Por certo, se te animas, sé puntual, porque da última vez tivemos serios problemas de aforo.
Un ano raro, porque nos faltan Sara e María, ás que botamos moitíííííísimo de menos, e que estamos desexando que cheguen para poñelas a traballar (faltaría máis).

A máquina está quentando... menudo mes nos queda por diante!Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-79490897150272965872008-03-18T11:59:00.002+01:002008-03-18T12:07:26.301+01:00Pechado por vacaciónsHabía mogollón de tempo que non tiña vacacións, así que esta Semana Santa hai que aproveitala.

De aquí ao domingo, pechamos por ferias, que imos de paseo ao País Vasco, a gozar dunha oferta de internet. O malo é que ten toda a pinta de chover.
E xa alí, podería subir ata Francia, pero aínda teño algún problemiña pendente coa xustiza gala, así que imos deixalo para máis adiante...Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-22711300190579138222008-03-13T12:34:00.001+01:002008-03-13T12:37:08.502+01:00<object width="425" height="355"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/i8rsYPjN2u8&hl=en"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/i8rsYPjN2u8&hl=en" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed></object>

Esta noite, na Sala Nasa, ás 20,30h, Realidades Avanzadas.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-64840381720245900812008-03-06T19:14:00.004+01:002008-03-06T19:44:27.022+01:00AlternativaVeñen de pedirme o voto na casa. De anunciarme que hai mitin. Sáeme a campaña polas orellas. Todo o mundo fala de política. Non entendo os debates. Cando se di que gana e cando se di que perde, nunca estou de acordo. Non comprendo as súas razóns.

Gústanme máis as cartas de amor. Mañá vou participar, xunto cun compañeiro do grupo de teatro, na lectura das cartas de amor que gañaron o concurso que organizou o concello (do lado). Hainas moi bonitas, e cursis, como ten que ser, pero hainas cañeiras, sorprendentes, de amores insólitos... Está guai.

Tamén comezou onte Zona Alternativa, na Sala Nasa, así que pasarei esta noite para descubrir El Canto de la Cabra. Non pensedes que estea facendo publi, eh... Pero é unha oportunidade única para ver as compañías que levan anos currando na creación contemporánea, con traballos que son moi complicados de crear aquí (para haber un teatro alternativo tería que haber un comercial normalizado) e que aquí non coñecemos (pouco coñecemos as de aquí...).

Cartas de amor. Teatro alternativo. Eleccións. Cada día abúrreme máis esta política-ficción. Menos mal que esta vez temos canción, para que sexa menos coñazo.

<object height="373" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/LJi3E3XwGfg&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6&border=1"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/LJi3E3XwGfg&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6&border=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="373" width="425"></embed></object>

<object height="373" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/QE7szlaAsU8&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6&border=1"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/QE7szlaAsU8&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6&border=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="373" width="425"></embed></object>Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-56881988387827549222008-02-29T11:36:00.003+01:002008-02-29T11:48:35.781+01:00Nun 29 de febreiro
Esta é a miña última incorporación, trátase dun bonsái Serissa Phoetida, que aínda que parece pequeno xa ten 9 anos.

Estou moi contenta, porque en primavera xa me toca podalo e despuntarlle os brotes. Teño que ir mercar fío de cobre para darlle unha forma ben bonita.

Por iso ben sen formar, recto, porque quen mo regalou sabe que a min gústame darlle a forma que quero. Teño que buscar o libro, para lembrar como se facía e a ver se me sae ben. Tamén teño que peitearlle as raíces, e darlle mimos. Para que un bonsái vaia arriba, ten que haber un vínculo especial entre un e a árbore.

Chega un 29 de febreiro, e non é casualidade: é o risco que ten namorar en ano bisiesto.

Teño que poñerlle un nome, se tes unha proposta, adiante!Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-86389821449747527222008-02-25T20:51:00.003+01:002008-02-25T20:54:43.496+01:00A SGAE, á altura dunha ONGA SGAE, o mesmiño ca unha ONG, como podes comprobar nesta entrevista:

“- Cómo se hace el reparto de ganancias de la SGAE, ¿se distribuyen los beneficios en función de las ventas de cada uno?

- Los sistemas de reparto de la SGAE están fijados por ley, o sea, nosotros no somos una sociedad mercantil somos una asociación y estamos inscritos en el registro de asociaciones, en el mismo registro que una ONG. Y como somos una entidad sin ánimo de lucro tenemos una fiscalización del Ministerio de Hacienda y nuestro reparto tiene que estar acreditado."

Vamos, o mesmiño.

Vía Mangas Verdes, cunha recua de datos de interese.

Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-55387602503582703942008-02-19T11:46:00.003+01:002008-02-19T15:26:42.239+01:00<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/fxFcAtXijo4&rel=1"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/fxFcAtXijo4&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>

Que é a tenrura?
Esta é unha das 18 historias que forman unha das mellores pelis que vin ultimamente, Paris je t'aime. Non a atopei en castelán, pero só falan o primeiro minuto en francés, a historia píllala enseguida. Ao cativo pregúntalle unha voz en off como se coñeceron seus pais, e el dille que no cárcere. Ese é o punto central da conversa, por se tes problemas coa lingua de Asterix. Despois, é mudo.

A peli é altamente recomendable, porque cada historia, ao ser tan breve é moi innovadora e arriscada, permitíndose unhas licenzas fantasiosas que son moi satisfactorias. Ademais, cada historia é de seu pai e súa nai, pero son pais moi coñecidos, como os Coen (que para min recollen o sentimento que calquera estranxeiro ten cando chega ao metro de París: nunca lle mires aos ollos a ninguén se non queres recibir un sonoro "e ti que miras!?"), ou de Isabel Coixet, etc.

Esta en concreto é de Sylvain Chomet. Espero que che guste.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-85181860589850016122008-02-18T11:29:00.001+01:002008-02-18T11:31:23.960+01:00Non esquecemos<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/b_7KcVk_4Ko&rel=1"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/b_7KcVk_4Ko&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>

Manifesto de José Luis Sampedro contra o préstamo de pago en bibliotecas lido fronte á Biblioteca Nacional de Madrid en abril de 2007.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-40014336009404632052008-02-07T17:43:00.000+01:002008-02-07T18:25:18.683+01:00Pizza YeyéO martes de Antroido, como non podía ser doutra forma, disfrazámonos na casa e estivemos toda a tarde de cociña. Pero como a min o do cocido e as filloas non se me dan ben, o cativo máis eu fixemos o que sabemos e o que nos mola: unha pizza. Pero currada, destas que fas a masa e todo, nada de bases conxeladas. Aínda así, innovamos pouco, porque o cativo non me deixa experimentar (o de botarlle berberechos, choquiños e polbo á pizza non lle molara nada).

E fixemos unha pizza temática: unha pizza yeyé, que é a que fas vestidos en plan Escobar&Conchita Velasco, con música de fondo. A idea veu porque atopamos un cd de música francesa dos 60, e andabamos todos emocionados facendo a mona.

<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/HaQPZPPsiHM&rel=1"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/HaQPZPPsiHM&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>

(Debe ser o único videoclip dunha canción adicada a unha moto, na que a moto non se prende en momento ningún)

Nisto que pasou por alí meu avó, que é un señor que emigrou á França con 12 anos onde viviu máis de 30, e quedou pillado escoitando as cancións, e díxonos que volvera 50 anos atrás. E pregunta, "Tendes algo de Françoise Hardy?", "Pois non sei, non creo". E aí entroulle a vea farruca, e díxonos que fora a súa moza anos atrás, díxonos ata a rúa onde ela tiña o seu piso cando era estudante de artes, que era moi guapa, aínda que agora ía vella e xa non lle prestaba tanto.
E de repente, xa estaba a fase galán de meu avó esquecida, cando comezou unha canción que fixo que unha lagrimiña lle escorregase en silenzo. É bonito, así contado, pero que saibas que este ramalazo teatreiro a min venme na xenética de algún sitio, eh.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-59569474749983118322008-01-27T18:26:00.001+01:002008-01-27T18:41:58.036+01:00DelirandoPois aquí me-ando, na cama, e enferma. Teño gastroenterite (outra vez). Debe ser que como certo robot marchou para os USA e asumín o seu papel de ciborg insano.
Así que en plena época de exames e con mogollón de traballo ás costas, volvo apañar o virus maldito que me deixa feita polvo durante unha recua de días. Levo así dende o luns da semana pasada.
Intentei curarme pola vía tradicional, rollo sanote de herbas, infusións e así, pero cando me dei de conta de que me pasaba o día pedindo "dame veneno que quiero morir, dame veneeeno", pois optei por cambiar e recurrir á miña doutora de confianza. "Tes sensación de estar embarazada?", "pois igual si, aínda que...", e deume un xarabe que me quita as náuseas, aínda que con efectos secundarios: somnolencia. Durmo polas paredes. Durmo. Durmín toda a mañá, e boa parte da tarde de hoxe. Durmo pola noite. Durmo esperta. Constantemente.
Outra doutora da miña confianza, é o que teñen as amizades de mamá que son médicos, alarmouse, coma min, ao ver que outra vez estaba con gastroenterite, e deume un novo diagnóstico: gastroenterite cuadrimestral. Porque a anterior foi en setembro, e a outra fora en maio. Curiosamente, o ano ten doce meses, perfectamente divisible por 4, así que igual que o curso universitario, terei gastroenterite por cuadrimestre, aínda que non terei as vacacións, claro. Xaneiro, maio e setembro, en época de exames ou case. Que diría House deste cadro?

O caso é que despois dunha semana sen poder comer unha verdura, unha froita, tortilla... ben, sen poder comer case de nada, estou delirando. Esta tarde, durante a miña primeira sesta, soñei que estaba nun restaurante, e comía chourizos asados con augardente, e peixe, chipiróns, patacas, pemento... e lía a carta unha e outra vez. Despois tamén tiña que facer de figurante en Mar Adentro, aínda que creo que iso era máis ben unha asociación entre o meu desexo de morrer pola dor de tripa e a temática da peli. Por certo, que utilizaban unha escaleira feita con 21.500 bolsas de plástico, por non sei qué da acústica. Trucos de dirección mental.

Vamos, en resumo, que estou delirando. Moito deliro.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-22896399176920896302008-01-18T18:40:00.000+01:002008-01-18T19:06:30.237+01:00ti que farías- Ti se te quedaras embarazada, que farías?
- Eu abortaría. Sen dubidalo un instante
- Mira, se algún día chegas a abortar, non mo digas, porque nunca máis podería ser amiga túa.

Anos despois desta conversa, ela non é a miña amiga, e non porque abortara ou non, senón por outras cuestións que tampouco veñen ao conto. Recordoume este asunto os bonitos comentarios da xente que di amar a vida e que fala de asasinos, con relación ao artigo que publica en Vieiros Encarna Otero.

E houbo alguén que fala da liberdade dunha vida que comeza, e que fala de egoísmos, e que fala de moito porque o que ten o falar é que non ten cancelas.

Pero tamén hai moita xente que esquece que as que renunciaron á súa liberdade, á súa independencia, ás que etiquetaban de "nai solteira", a que deixaba de estudar, a que renunciaba ao seu traballo, foi durante moitos moitos anos a mesma. A que tiña o privilexio de ser nai. Pero tamén a que apandou dende sempre coas consecuencias. Porque tampouco oín nunca dicir "ese é fillo dun que abandonou á unha muller porque non quería asumir as consecuencias de botar un polvo e era un fillo de can medica". Por exemplo.

E todos coñecían ao ricacho da aldea, ultracatólico e defensor da familia, en contra de todo o que prescribise a Santa Madre Iglesia, que se a nena quedaba preñada, ía pasar unha semaniña en Londres e non pasaba nada. E ninguén dicía nada.

Entón é cando te cagas en dios, porque non queda outra saída, cando ves a hipocresía de xente que ven dicirche que estás atentando contra a súa liberdade. Señor, señora, se vostede por principios non quere abortar, non o faga, que ninguén lle obriga. Eu por principios, non fago moitas cousas que están permitidas e legalizadas: podería meterme no exército, pero vai contra os meus principios. Podería beber gintonics, pero non me saben. Ou podería pegar un pelotazo urbanístico. Pero tampouco me vai.

Non fago aquí apoloxía do aborto, do sexo inseguro, nin caralladas dese tipo. Estamos falando dunha cousa moi seria, e de algo que cambia a vida ao cen por cen. Pero que lla cambiou, cambia e cambiará principalmente á muller, que é por natureza, quen leva o peso da m/p-aternidade. Cada fin de semana, moitas mozas se someten a unha bomba hormonal como é a pílula do día despois, por exemplo. Non vou negar que me preocupe a tremenda desinformación sexual que existe, as aberracións que teño escoitado de rapazas da miña idade, como que practicando sexo en determinadas posturas evitabas quedarte preñada.

Pero é preciso que haxa opcións, como a pílula do día despois. E que haxa liberdade para que ti, de acordo cos teus principios e a túa ética, poidas decidir se queres ou non abortar. Porque a dona do meu corpo non é ninguén máis ca min. Doutro xeito, a clandestinidade e o marco de ilegalidade non favorecerá outra cousa máis que os abortos en condicións de risco e inseguridade. O resto, é hipocresía.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-40396321702306866272008-01-03T12:08:00.001+01:002008-01-03T18:42:18.646+01:00Búscase
- Bola con rugosidades na súa parte superior, que se desliza polas zonas do corpo a masaxear, tales como ombreiros, pernas, cintura, pescozo, lombo, pés e mans.
- Emite vibracións que producen un efecto relaxante da musculatura.
- Ideal para eliminar as tensións do traballo ou as ocasionadas por unha mesma postura.
- Esta bola de masaxe é só para uso de masaxe, non para tratamento médico.
- Dispón de cable USB no mesmo dispositivo e interruptor de apagado / encendido.
- Aliméntase desde porto USB consumindo 150 mA, non precisa pilas
- Velocidade de vibración: 3600 rpm.
- Forza: 4.0 - 5.5 v (150ma)
- Lonxitude do cable: 180 cm
- Peso: 147 gr.
- Dimensións: 85 x 43 mm

Sei que está en certa redacción. Se o seu secuestrador/a le este blogue, por favor, que faga a súa oferta e trataremos de chegar a un acordo. Bótoo en falta. O quececuncas USB e o aspirador do teclado USB tamén preguntan por el.

Este é o meu propósito de aninovo: recuperar o masaxeador.

Feliz aninovo a todos e todas!

Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-68141747340676583392007-12-26T10:17:00.000+01:002007-12-26T20:03:45.554+01:00IntrospecciónDedicamos pouco tempo a buscar en nós mesmos. A atoparnos. A fedellar no máis íntimo até descubrir o que realmente levamos dentro.

Por iso me chamou tanto a atención ela. Era unha muller normal nun coche normal un martes normal. E por uns segundos ocasionou un pequeno colapso circulatoro nunha rúa minoritaria da cidade de santiaghiñomevaia. Esa muller que deixou quedar o vehículo no medio da rúa porque nese mesmo intre atopouse en si mesma.

Poucas veces profundizamos tanto en nós mesmos, con tanto interese como cando estamos atrapados dentro dun coche. Non hai prospección con tal afán no ser humano. Só hai algo que chega a ser minimamente semellante: cando buscamos tesouros nas praias durantes as tardes de domingo cálidas e infantís.

E o pracer é máximo cando un atopa o que buscaba, igual que aquelas moedas de 500 pesetas que constituían o triunfo entre as areas.

Por iso aquela muller quedou bloqueada no medio da rúa, co mirar perdido e o coche parado. Porque cando un se dá de conta de que esa introspección foi frutífera, non é tan sinxelo reaccionar: que ía facer ela con aquel moco pegado na man?Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-79387987155540316982007-12-15T13:03:00.000+01:002007-12-15T18:56:35.794+01:00Como Elia Kazan
Eliana sabe emprender miles de cousas sen enredarse ou dispersarse. O seu carácter é lixeiro e independente. Ten un gran sentido da abnegación, está moi marcada pola súa infancia, polo que lle gusta a ensoñación e o misterio.

Non lle fagas grandes declaracións de amor, porque se escapará baixo o pretexto de calquera cita urxente.

Hoxe hai 23 anos que cargo con este nome, que segundo unha tarxetiña que me regalaron o ano pasado, inflúe dese xeito na miña forma de ser.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-27934118509612698402007-12-06T19:32:00.000+01:002007-12-07T13:31:51.079+01:00UltranoitesCando a primeira Ultranoite veu a luz, eu tiña oito anos. Un champiñonciño, vamos. Nin idea tiña do que era. Con 8 anos, pouco teatro hai máis que o que fas na escola, principalmente, beléns vivintes, que acaen moi ben nesta época. Quen me ía dicir que descubriría unha década -prodixiosa- despois que o teatro non sempre era clásico.

A primeira vez, como en todo, andas un pouco desorientada ante un montón de estímulos que chegan dende o escenario a unha velocidade vertixinosa. Pero é como quen che tira un pano dos ollos. Estasme dicindo que isto é..., teatro? Unha ocasión para experimentar, para innovar, para arriscar, para triunfar, e para cagala tamén, claro. Pero sobre todo, unha mediciña de aire fresco ben potente pa romper prexuízos e barreiras mentais.

Creo que na experiencia vital, deberíamos ver polo menos, unha. Como revulsivo. Como corrosivo. Ou ti que pensas?

<object width="425" height="373"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/0FnEvuU9bu0&rel=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6&border=1"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/0FnEvuU9bu0&rel=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6&border=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="373"></embed></object>Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-23623461727307891742007-11-26T21:02:00.000+01:002007-12-03T15:36:15.166+01:00De compromisosA semana pasada alguén me preguntou qué quería ser de maior, a qué tiña pensado dedicarme. Entón caeu sobre el a furia dos deuses. Porque non hai cousa que de máis mala ostia me poña ultimamente que que me pregunten a que aspiro nesta vida. "E logo o do Xornalismo...?".

Así que non me preguntes por favor, de qué quero vivir de aquí a... fin de ano. Porque non o sei nin eu. Polo momento, estou feliz, que non é pouco.

Do que non se me pode acusar é de estar parada. Estou choiando nun sitio, sen deixar de choiar noutro, e ao mesmo tempo estou indo ás clases sen deixar o teatro. Onte, unha compañeira de teatro díxome que eu era desas persoas que se tiña dúas horas libres se agobiaba.

Se no te moves, caducas, dicía un anuncio, e para min é así. Comezo unha semana de vertixe, un mes máis ben, sobre todo pola cantidade de funcións que temos por diante. Despois de actuar onte no impresionante Auditorio de Vilalba, chegamos a unha das datas máis agardadas polo noso grupo de teatro. O día 8 (este sábado) ás 21 horas representaremos Metus na Aula de Cultura da Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde) en Compostela, dentro do Festival Agustín Magán. Quen nos falta? Pois Sara e María, que andan polo estranxeiro, ás que botaremos moito de menos, e Alfonso, que tamén andará traballando.

E non me valen excusas de "é que o sábado estou liado" ou "é que ía marchar de ponte", nin nada diso. O 8, ás 21 horas, na Fundación Caixa Galicia (entrada de balde), tes unha cita.

Se non podes vir aínda tes as seguintes datas para redimirte:
- 7 de decembro, 21 h., Brión
- 9 de decembro, 18 h. (creo), Antas de Ulla
- 22 de decembro, 21 h., Rois
- 23 de decembro, 20 h., Mugardos
- 13 de xaneiro, Boqueixón
- 2 de marzo, FerrolElianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-45920006318593520822007-11-20T10:30:00.000+01:002007-11-20T11:10:44.142+01:00Cans e gatosEste é o meu cativo. Chámase David e ten 13 anos. Gústalle Pokemon, Dragon Ball e todas as series xaponesas que a min me horrorizan.

De grande quere coñecer ao auténtico chino Cudeiro, que cada fin de semana ve nun dos seus programas favoritos, Humor Amarillo.

Come as mesmas galletas ca eu tomaba de pequena, e só nos gustan as tortas de chocolate.

Encántalle quedar durmido escoitándome ler algo, aínda que sexan apuntes para un exame. Sempre ten os pés quentes. Agradece que teña cds de Skape e de Herdeiros da Crus.

Sabe gardar segredos como moi pouca xente. Berra comigo cada vez que marcho de troula. Quere que teña unha casa cerquiña da súa, para irme ver todos os días.

É fan de Harry Potter. Gústalle o teatro e os espaguetis. E sempre anda descalzo cando está en Almaça. Somos incapaces de estar calados. Ás veces confésame que me quere moito e que está moi orgulloso de min.

Unha das súas actividades preferidas é ir cear croca e ir aos bazares chinos. Non lle gusta Anatomía de Grey, facer deberes nin poñer a mesa.

Un día descubrín que comezara un blog, pero teno abandonado.

Ten as mans grandes, e gústalle cando cociño eu, salvo cando se me dá por innovar e fago pizza de polvo e chocos, por exemplo. A Nocilla é para el unha forma de vida.

O outro día, en clase de teatro, tivemos que buscar un momento onde sentísemos moita tenrura, xa que estamos traballando as emocións. Eu recordei o primeiro día que el chegou á casa. Era un 15 de agosto, e había unha luz especial. El era pequerrechiño como un garavanzo, e tiña ese olor dos bebés que é tan especial e tan bonito. Eu deiteime ao seu lado, e estiven mirando para el horas e horas, sobresaltada por cada ruidiño que facía, cada respiración. Era o neno máis bonito do mundo.

Pero agora está triste. Onte descubriu que era alérxico a basicamente o mundo que o rodea, como algunha outra. Chamoume e díxome: "Eli, son alérxico aos gatos e os cans". Os animais son a súa paixón, onde radica a nosa maior diferencia. Isidoro é o noso gato, o gato máis gordo do mundo. "Dixo mamá que quedamos con Isi, pero que non o podo tocar. E para que quero eu un gato se non o podo acariñar?". O michiño tamén o vai sentir.

Este é o meu cativo.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-1669969253792809972007-11-18T13:07:00.000+01:002007-11-18T16:32:00.032+01:00Redacted, unha verdade incómodaRedacted é a última peli de Brian de Palma, do meu xénero preferido, o cine bélico, e presentada baixo un formato de falso documental. Mediante un diario gravado por un dos soldados, o espectador entra no centro dunha división do exército américano en Iraq que está baseada noutra real que acometeu o asasinato e violación dunha nena de 14 anos, Abeer Qassim Hamza, e toda a súa familia en Mahmoudiyah.
<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/WmMEnBJvZWs&rel=1"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/WmMEnBJvZWs&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>
Non contribúe nada novo. Non expón datos reveladores, de feito o único dato é que nos últimos meses, o exército americano asasinou 2.000 civís en puntos de control, os famosos checking points, dos cales só 60 eran insurxentes. Non conta nada que non saibas.
<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/xzY6ZO5Ov_E&rel=1"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/xzY6ZO5Ov_E&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>

Pero é unha película necesaria. Porque te sentes incómoda na túa butaca. Porque presencias unha violación, coa vítima fitando nos teus ollos, coa que De Palma te converte conscientemente en cómplice. Porque sentes ira. Porque alguén xunta todo o que ti xa coñeces (ou supós) en hora e media con imaxes potentes, sobre todo de cara ao final, xa que o seu comezo é moito máis floxo, para que non o esquezas. E porque humaniza aos cidadáns iraquíes ante os nosos ollos, insensibilizados ante o parte diario de vítimas "colaterais".

Non é un documental sobre a censura na guerra de Iraq, xa que o centro da acción, a violación, está ao final da cinta. Non aparecen máis imaxes reais que as do final, baixo un suxerente título de "danos colaterais", entre as que hai algunha falsa.

AVISO: ESTE PARÁGRAFO PODE RESULTAR SPOILERIZADOR. Máis enriquecedor son as fontes que utiliza De Palma para configurar este falso documental. Vai dende o diario gravado dos soldados, a Internet, fundamental neste conflito armado. Aparecen varios blogs, chamándome particularmente a atención o da muller de McCoy, chamado "Just another wife soldier", que recorda a outro real, Just another soldier, bitácora moi popular dun soldado americano destinado en Iraq con posts memorábeis como aquel no que expresaba o seu desexo de asasinar nenos iraquíes. Pero internet tamén se utiliza como recurso para ver como os insurxentes colocan unha mina e repiten "Alá" mentres asasinan a un dos militares americanos, gravado por eles mesmos e visto a través da súa páxina web. FIN SPOILER.

E ese peso especial que ten internet na peli plásmase na súa distribución, xa que na web de Redacted hai un espazo destinado a recursos para bloggers, habilitouse unha sala de discusión en Meebo e Youtube, outra das plataformas que aparecen no filme, tamén ten o seu oco.

Como curiosidade, o papel das vítimas iraquíes fíxose entre refuxiados de alí. A nena que fai de irmá da moza violada e asasinada presenciou en realidade unha incursión do exército norteamericano na súa casa, poñéndolle unha pistola na cabeza e asasinando a algúns membros da súa familia, segundo puiden ler.

Aínda se estreou o venres, pero non creo que dure moito nas carteleiras (onte á noite eramos 15 na sala), igual que outra que me perdín. Moi recomendable.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7854231.post-32454207265329179622007-11-17T16:50:00.000+01:002007-11-17T19:46:00.392+01:00Fado en clave de pranto contidoPor azares do destino, aparecín onte ás 21,30 no Auditorio de esta nuestra comunidá, rodeada de xente de moita alcurnia, entre outros. E é que a casualidade por veces tamén ten cousas boas, e despois de que Calidonia me crease moi altas expectativas, fun coñecer da man dos máis grandes -así eran presentados-, un xénero no que confeso a máis absoluta ignorancia: o fado.

Só presenciara algún en directo interpretado por María do Ceo ou Dulce Pontes. É máis, era un xénero musical que nunca me espertara curiosidade, xa que o asociaba á ditadura salazarista.

Mais os fadistas desta ocasión habían de ser bos, porque ás portas congregábase unha gran multitude entre a que había, como non, moita e moito portugués. Sentei, abrín os sentidos e deixeime levar por Camané, Mariza e Carlos do Carmo.

E foi un concerto en pranto sostido, confeso. Un espectáculo de paixóns e sentimentos que poñía por momentos a pel de galiña. E iso é moi difícil de conseguir. Sentín a luz de Portugal, sons que evocaban unha nenez, sabores, paisaxes e aromas. E romperon prexuízos do fado como lamento, como tristeza e vello. Un espectáculo cargado de modernidade, de vangarda, de sons vivos e alegres que deixaban a vez a outros máis saudosistas. A incorporación da danza, máis atinada nuns momentos ca noutros, contribuía a redefinición aperturista do fado a nivel artístico.

Unha conexión co público total dende o primeiro minuto, coqueteando co castelán, pero gavándose de poder falar en portugués. E é que acabamos todos cantando fado, baixo a ameaza de Do Carmo de non deixarnos saír en toda a noite se non cumpriamos facéndolle os coros.

Particularmente, quedei cunha reflexión de Carlos do Carmo na que tanto teño pensado eu: se tan pertiño estamos, non nos deamos as costas. Pénsoo cando cada día vexo a Sarkozy nos xornais galegos, cando sei máis da actualidade de calquera país europeo ca da lusa, cando quero saber do que alí pasa suponme un sobreesforzo que non teño que facer noutros países.

O gran momento? Un final espectacular, no que Carlos do Carmo baixou do escenario, entrando Mariza e Camané, cantando a capela, como só os grandes saben facer e logrando encher o auditorio, mentres que o público sostiña a respiración no intre máis espectacular do concerto.Elianinhahttp://www.blogger.com/profile/13123420812404489145noreply@blogger.com