tag:blogger.com,1999:blog-7744946.post-1176250327244306762007-04-11T01:41:00.000+02:002007-04-11T02:12:07.256+02:00FodeMemeMusical1- Proba cun chisco de ternura. Otis Redding, seductor definitivo da música soul, ponnos en marcha con esta xoia que vai medrando en intensidade ata un final apoteósico. Bótalle unha ollada tamén a esta versión en directo, cos Mods toleando todos aos pes do Home.

2- Ves o meu amor por ti medrando? Junior Walker e os seus All-Stars xa non se andaban con ostias, pero este tributo dos Dirtbombs é o que captura a esencia do soul guarrón, suoroso e sensual, e xa de paso a amplifica, distorsiona e actualiza.

3- Adentrándose nos terreos da pornografía sónica, as Headcoatees puxéronlle música a unhas das palabras máis fermosas que pode escoitar un rapaz: córrete na miña boca.

4- Unha salvaxe atrocidade para poñer ben alta: a que para min é a versión definitiva do "1970" dos Stooges, da man dos Damned. Sinte o meu amor toda a noite, ata que estoupe.

5- Coa súa indescriptible elegancia, o I Got It Bad (And That Ain't Good) de Nina Simone devólvenos á ternura da que saímos. Volvemos comezar?Snob Neuroticohttp://www.blogger.com/profile/15868363107962258484noreply@blogger.com