tag:blogger.com,1999:blog-69982892926241503162009-07-20T00:41:55.613+02:00Isto non é un cabaré!A vida é o único que cómpre tomar en serio... ou nonSun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.comBlogger465125tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-61509940059648729872009-07-15T10:00:00.017+02:002009-07-18T12:46:24.200+02:00As cicatrices do itinerario (IV) Sen luz que me guiase

Nazaré era un recordo de hai vinte anos, un casamento, un trintón bigotudo que nos convidara porque era amigo dun amigo e para aí enguedellouse a cousa. Como nunca (antes deste) escribín diarios (nin nada), o pasado foise convertendo en imaxes soltas, case desperfiladas, pero ao pasar por unha rúa chea de tabernas, vin a barra do bar pequeniño, os azulexos, e non tiven dúbidas, dentro de min resoaron as voces coa frase máis pronunciada ao longo daquela tarde:

—Mais uma imperial!

E fóra na porta, estaba o cata, vinte anos máis vello, pero no fondo idéntico, inconfundible. Non, non lle falei. Pasei de longo, case sen facer barullo, levantando os pés do chan, coma un espectro, cos meus vinte anos enriba tamén, irrecoñecible. E para esquecer a miña estupidez, fun procurando un sitio de xeito para xantar. E atinei... fóra o viño. Nin sei por que volvín pedir bacallau, manías, pero é que debe de ser unha das comidas que máis me gusta de toda a vida, preparado de calquera maneira. O bar, como toda a vila, estaba inzado de estranxeiros, con indíxenas polo medio (por iso o elixín), e o dono, un tipo simpático, barallaba en inglés coa clientela, xa fosen holandeses ou franceses, así que debeu sentir alivio de poder falar comigo em português, que se falo o xusto, case nin se me nota o acento norteñísimo. Cando os franceses lle pediron café, ouvín dos seus labios unha frase terrible en inglés castrapeiro:

—The machine is broken!

Sorrín, que, total, había sitios de sobra para tomar café, non ía ter que abrirlle a ninguén as tripas, esperaba. Quando acabei, achegouse e preguntou:

—Um cafezinho?
—Mas não disse que a machine estava broken? —estrañeime.
—Pois, está, mas eu arranjo um para si.

E aló o foi, a outro bar seguramente, para regresar logo cun cafezinho para min.

Xa noite escura montei na moto, de volta ao cámping. Notaba algo raro, pero pensei que fora o viño-miña-nai, que non acababa de ver a cousa clara, ata que se fixo evidente a negrura ao empezar a escasear os farois urbanos. Fundíranse as curtas. Parei na primeira gasolineira que encontrei e tiñan de todo —lambonadas, xornais, bebidas...— e de nada que resultase útil para un vehículo de motor, canto menos lámpadas. Así que ás apalpadelas e sen incidentes (nin coa GNR nin con algún que me embestise) dei chegado ao destino, sen luz que me guiase, por un día máis, viva.

P.S.: Xa sei que hai que levar lámpadas de recambio, pero a última acabou rota na maleta e desde aquela pensei, inxenua, que chegado o caso, non ían faltar gasolineiras para mercar unha... Sempre se aprende algo polo mundo adiante.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com10tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-40108820617535945642009-07-14T10:53:00.021+02:002009-07-14T19:51:05.454+02:00O príncipe desencantado (III) De peixe con patacas e princesasDurante o traxecto desde o aeroporto de Luton ata a capital, entretívose en estudar polo miúdo (e aínda lle sobrou tempo) un mapa da illa e como sempre soñara co sur, un sur calquera, ao ler (se ben mal) Reading, pensou que lle ía coma funil en boca de xerro un choio de xornada parcial nunha biblioteca. De maneira que sen parar a dar sequera unha volta por Soho, transbordou (de ilusión tamén) a unha barcucha de remos que o levou río abaixo ata a vila acatedralizada. Postos os pés na terra, a lei do funil viróuselle en contra e acabou por se empregar cun contrato precario pero á mantido nun quiosco de fish&chips, que ao cabo de seis meses lle proporcionara máis libras no peso ca no peto.

Descontan as crónicas das reais andanzas que unha noite de venres, contemplando no espello o pelo a pingar da graxa dos vapores oleosos da cociña e a barrigada que lle rebordaba por riba do cinto do pantalón, acusou, por primeira vez na vida, conciencia do paso do tempo. “Vou ter que arranxar unha muller que me manteña”, pensou polo baixo mentres de alto anunciaba imbuído de divina graza:

—Vai sendo hora de encontrar unha princesa que conveña á miña condición para perpetuar a dinastía!

Ao día seguinte de mañá cedo, mentres almorzaba o seu cafeciño con leite e torradas (dúas), única comida en que conservaba hábitos continentais e zafaba do peixe con patacas, examinou ávido a sección de contactos do Reading Evening Post Weekend publicado na véspera á procura do apartado “Príncipe busca Princesa (e viceversa)" ata que deu co que lle encheu o ollo:

"Princesa verdadeira con certificado médico de lesión producida por garavanzo no tecido muscular da rexión lumboilíaca esquerda busca príncipe agarimoso e simpático con reino en perspectiva para fundaren familia e comeren perdices nun ambiente de felicidade e harmonía. Son rubia natural, de peitos xenerosos e largas ancas. Dote garantido (máis información a través de correspondencia privada, se calla). Reserva absoluta."

(A continuación indicábase un enderezo de correo electrónico que se omite por preservar a intimidade da devandita.)

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com8tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-47514775466489027252009-07-13T12:51:00.011+02:002009-07-14T14:07:53.507+02:00O príncipe desencantado (II) Entre sabas de HolandaNun ataque de morriña con saudades da chuvia que o sorprendeu baixo a ducha, decidiu regresar á decaducadente Europa. Holanda, que lle soaba a batucar de zocas e ao irrecendo dos tulipáns cultivados no cativerio plastificado da súa terra natal, pareceulle un destino improbable onde probar fortuna pero ouvira dicir que as mozas eran feitiñas... e tetudas. Resoluto e expedito a partes iguais, chamou á nai polo Skype para lle chorar un billete que ela, tras empeñar algo de quincalla no Montepío, lle mercou nunha volátil compañía aérea de prezos tan baixos como altos os desprezos.

Durante os tres anos que pasou en Amsterdam1 viaxando de balde no tranvía, a sorte del foi a fobia ao café recentemente adquirida, que o fixo desistir de meter o nariz nos coffee-shops, evitándose así unha segura e incerta adición a drogas máis ou menos brandas.

Tras a inexperiencia que lle forneceron as longas xeiras nun taller clandestino onde se fabricaban as famosas sabas do país baixo a marca —falsificada, iso si— “Tot-ziens-schatje”, o desacougo do barullo das máquinas que se lle instalara na cabeza e que nin en soños o abandonaba impulsouno a rogarlle por correo electrónico máis un billete de avión á nai, quen tivo que vender media ducia de cadeiras Luís XVI con tapicería de Beauvais. Dígase, sen que veña ao caso, que aproveitou a ida ao chambón para trocar por un anel de pedrería un relicario con pelos (da cabeza) da María Antonieta que un admirador anónimo rescatara da coitela e que o pai da nosa raíña de conto, un conde-duque vindo a menos, encontrara no rastro en Madrid e lle deixara en herdanza coa encomenda de que o conservase eternamente pero que a ela sempre lle metera un noxo espantoso. Co que lle deron polas cadeiras apenas lle chegou para axenciar unha viaxe a Londres, cun vale-desconto para o tren do aeroporto ao centro urbano. Algo é algo, rosmou o láparo, como a pulga ao galgo, sen nin dar as grazas.

1. Hai quen porfía en que isto non sucedeu en Amsterdam, senón en Den Haag, pero sinceramente, se non sucedeu, que máis ten onde foi ou non foi?

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com4tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-11815661517512470412009-07-12T14:34:00.010+02:002009-07-13T08:40:10.531+02:00O príncipe desencantado (un conto do revés)

Desaconteceu unha vez nun futuro moi, moi próximo. Deuse o insuceso no que era para ser un reino á beira do abismo debruzado. No palacio, de toda a vida, tiveran fartura de perdices, pero ultimamente el-Rei desconfiaba que llas andaban a meter de granxa*, polo mesmo que esa mesma mañá lle enfiaran ovas de lumpo por caviar (aínda tiña a lingua negra do colorante). A crise económica non desantinxía clases nin ignoraba desconsideracións. De seguirmos así, matinou a súa maxestade del, aínda ía ter que pór o señorito do príncipe herdeiro a buscar emprego, noutro país, claro, que nunca se viu un reino con dous soberanos e servidor (unha maneira de falar) non estaba para abdicar e acabar os días nunha residencia**. Estábache bo o conto!***

—Vou parlamentar coa raíña —empoleirouse galudo.

E seu dito seu feito, convocouna a unha audiencia extraordinaria.

—O lacazán pasa dos trinta e cómenos polas pernas. Onde se viu? Que emigre e vaia á vidiña del, que é sen tempo —ordenou sen agardar peros.

A raíña nai acatou as razóns do estado crítico e ceibou unha lágrima real.

E alá o foi, de coroa ladeada principesco e altisonante no choquelear da Samsonite a rastro polo empedrado das beirarrúas de Alcochete, á procura de novas oportunidades, cun billete de ida para Seattle-Tacoma e unha carta de recomendación para un enchufe na Starbucks que lle arranxara o áulico cociñeiro, porque o director xeral era galego de Muros e seu parente por parte dunha tía avoa do pai. Fontes fideindignas afirman que daquel ano que pasou tirando cafés para os empregados da Microsoft lle quedaron dúas manías: a primeira, obvia, ao café; a segunda, evidente, ao traballo. Certo é que outras non máis fiables desmenten que esta última non a trouxese xa da casa.

Continuará... (ou non)

*granxa = aviário
**residencia (de anciáns) = lar de idosos
***Estábache bo o conto = Ora essa!

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com6tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-16962480264649356522009-07-11T11:01:00.007+02:002009-07-13T08:31:41.334+02:00Onde estaba na tarde do 23 de febreiro de 1981?

Do día de autos pouco lembro. Sei que fora de Sant Cugat del Vallès, onde vivía, ata Barcelona a visitar uns amigos. O Carles abriume a porta co rostro ensombrecido e volveu ao pé da radio, que emitía música clásica, coma quen asiste a un velorio. Amélia, a moza, por alí andaba, que era un non ter paraxe, cadaquén a escorrentar a angustia ao seu xeito. Antes de que se fixese demasiado tarde, collín o tren de volta á casa e chamei a meus pais desde unha cabina (talvez ninguén o crea, pero houbo un tempo en que a xente podía vivir desconectada sen que afundise o mundo) para dicirlles que estaba viva, miña nai máis aliviada pero aínda angustiadísima por un meu irmán que facía a mili en San Xavier, aló para o Levante murciano.
Ao día seguinte fun á Universidade. Naturalmente non había clases, e o persoal andaba às voltas, respirando fondo.

Agora despois de tantos anos, mergullo na reconstrución da época que fai Javier Cercas diseccionando un instante, o instante representando por unha imaxe conxelada durante o secuestro do Congreso dos Deputados:

...los guardias civiles disparando sobre el hemiciclo, el general Gutiérrez Mellado de pie junto a él, la mesa del Congreso despoblada, los taquígrafos y los ujieres tumbados en el suelo, los parlamentarios tumbados en el suelo y Suárez recostado contra el cuero azul de su escaño de presidente mientras las balas zumbam a su alrededor, solo, estatuario y espectral en un desierto de escaños vacíos.

Cercas ofrece unha posible reconstrución das circunstancias que conduciron ao golpe e ao seu desenlace. Ao longo das páxinas vai descompondo a figura do ex-presidente Adolfo Suárez e dos outros dous personaxes claves do momento, Santiago Carrillo e o xeneral Gutiérrez Mellado, e a trama do golpe frustrado, á procura dunha resposta de carácter moito máis íntimo e que tingue de tenrura o epílogo do libro.

Tras percorrer admirada esa miña propia historia minúscula e ignorante, non me cabe dúbida: de agora en diante, se me preguntan onde estaba eu na tarde do 23 de febreiro de 1981, hei responder concisa: Nas minchas.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com10tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-39413214185300182702009-07-11T09:58:00.013+02:002009-07-11T20:40:12.623+02:00Parvo o ladrón!

Esta imaxe xa ten uns anos, pero agora, nun cambio de móbil, rescateina. Aínda recordo a perplexidade con que enfrontei a lectura do cartel, un día de paseo pola Veiga de Tollo. Quen era Pepita para que o roubo dos "naragos" supuxese tal aldraxe? Había caer o peso da ira xusticeira de Pepita sobre o ladrón? Ou simplemente era Pepita a meniña dos ollos de quen os plantara con agarimo para cando ela fose grande, como parte do enxoval? E nesas remoía no absurdo —a imaxinación xa creándolle unha meleniña curta e loura á Pepita, coa súa perrera, as bochechiñas coloradas, un vestidiño de cadros azuis e brancos, as perniñas torpes rematadas nun calcetín branco co seu zapatiño de charol, como se fose domingo de Ramos, talmente—, cando caín do cabalo coma o san Paulo (no meu caso foi máis ben da burra, entre équidos distínguense as especies) e revelóuseme a verdade: ao final era unha maldición, era un "Fódete, mangante, que nin o que roubas sabes e pasaches traballo para nada...! Que vas de listo e nin distingues unha laranxeira —perdón, digo un narago— de alporque ou enxertada dunha brava? Querías laranxas —digo naragas? Vas é comer carabuñas até esganares!"

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com4tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-19217266365138271842009-07-10T08:25:00.005+02:002009-07-10T08:30:02.956+02:00Semanada

O bo de trabalhar sete días á semana é que unha non bota a semana enteira ansiosa de que pase a semana para que chegue a fin de semana.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com10tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-71220759547037821452009-07-09T09:43:00.017+02:002009-07-09T19:33:23.732+02:00As cicatrices do itinerario (III) A tenda monopraza

Crucei a ponte, xa as obras rematadas, co seu carril-bici pintado e protexido por un valado metálico (Aló! Alguén con mando polas Carrouchas me ouve?!), en dirección a Costa Nova, onde, claro, tiven por forza que parar a disolver a amargura que me forrara a boca e o estómago en Aveiro. Tomei un café como é debido, a Pedras de rigor, e examinei a posible ruta no mapa, sen incidentes, non fose a invasión de cativos que asaltou a terraza xusto no momento (sexto sentido?) en que entrei para pagar, que case nin me deixan recuperar o casco da cadeira onde o pousara. Habían de andar polos catro ou cinco anos (nunca sei calcular idades, pero aínda estaban en comida), e eran dúas clases, con cadansúa gorriña de distinta cor identificativa. A imaxe colorida gravóuseme na memoria vidreiriña, e os sorrisos, os barulliños pequenos cantando, pero non me atrevín a deixar constancia física retratada... A ver o que dura.

Devagar funme sacudindo polas estradas brancas da Mata das Dunas de Vagos e a das de Mira, até Tocha, en que o camiño se estreitaba e as engurras formadas no asfalto que algún xenio decidira estender alí se acentuaban de tal maneira, que o convertían nunha tortura para as cervicais. Optei, entón, por abandonar a aventura (?!) e regresar á civilización, en mala hora, pola IC1, onde a densidade de camións e automovilistas suicidas íame decimando as probabilidades de supervivencia, así que en canto puiden fuxín para a deserta A17.

E así, a noite avisando de que ía chegar antes ou despois, dei cos meus osiños en Nazaré, logo de vinte anos, pronta para estrear a miña superminitenda. Mentres os ingleses da caravana de ao lado se espentellaban ante a perplexidade con que tentaba descifrar as instrucións de montaxe, eu matinaba na vinganza cruel. Por sorte, aínda tiña un par de neuronas activas que resolveron o enigma. Contemplando a miña fortaleza chantada no medio do piñeiral, disposta xa a descender para conquistar a vila (ou polo menos a tirar unhas fotos e cear), lembrei a insistencia con que antes da partida me animara o meu ben intencionado Tronkimazín a mercar unha tenda de dous:

—Que nunca se sabe, muller. Lévaa de dous por se acaso, que non sexa pola diferenza no prezo.
—Mira, neno —retruquei—, se estivese de darse un por se acaso, até o ventimperio me vale, e se non se dá, xa viches que cousa máis triste andar pola vida a sentir a dimensión baleira da soidade? Déixame estar coa individual, que aforro medio quilo.

Aí foi cando o meu maxín resentido decidiu animarlles a mañá seguinte aos ingleses retranqueiros rachándolles as catro rodas da caravana.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com4tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-39755494441389266042009-07-08T08:24:00.012+02:002009-07-08T13:56:29.913+02:00Não há café

Nem acreditei, de primeiras, quando me agredindo com o sorriso tímido de costume, ele disse —seus olhinhos verdes a destacar na pele morena do rosto de menino lindo, lindo, que não quer crescer, todavia o corpo e o tempo mandaram, a gente obedece a passagem dos dias sem remédio reflectida em barbas e avultadas evidências:

—Não há café.

Eu, como digo, julguei-o brincadeira dele, menino grande, a confiança mínima assentada de tantos cafés servidos, agora basta um aceno, palavras pronunciadas nos lábios mudos e no entendimento, que já nem são precisos os com-licenças tantos nem os muitos obrigados, os sons substituídos por olhares e sorrisos, as consumições servidas na esplanada devem ser pagas no momento, he, não é connosco.

—Não há café?! —inquiri incrédula, as sobrancelhas tão arqueadas, que a testa sumiu.
—Não, não há —sempre o sorriso, agora já menos tímido, desculpando-se—. Houve uma avaria, tenho o bar em obras. Fiquei sem água.

O silêncio podia-se cortar a catanada. Nem as moscas se ouviam —com certeza nessas horas também não tem muita mosca a chatear a vida. Era ciente de que o resto dos fregueses nos observava, solidárias vítimas da afronta, aos pés o Lucho, o cãozito que vem cada dia a me cumprimentar, ávido de cheiros nos baixos das minhas calças. As conversas, se alguma havia, suspenderam-se e os pardais encresparam as penas, como cheios de frio, todo o calor em mim concentrado, subindo-me à cabeça, e eu: tranquila, tranquila, rapariga, calma. E assim, com toda a calma, levei a mão à mochila, tirei a faca de matar porcos e de pulso firme, sereníssimo, espetei-lha no pescoço (na jugular disque disseram depois que lhe atinara), que não houve maneira humana de eliminar a mancha de sangue que me estragou a camisola preferida, brutal o esguicho que largou.

—Então não há café? —sussurrei, a indignação contida—. Por hoje passe, mas outra dessas não te aguento.

P.S.: Não, não se assustem. Isto não aconteceu assim. Na verdade, resolvi pedir uma Pedras e sentei resignada, mas enquanto tentava ler, nem por um instante deixei de pensar no café que não estava a beber, imaginando esta cena toda, tintim por tintim. Então pensavam que a gente anda por aí com uma faca de matar porcos na mochila? Era boa! Isso sim, hoje levo-a e que arrisque a dizer com esse sorriso bonito e os olhinhos verdes, o morenaço giro, que não há café...

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com24tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-90183584368616599322009-07-07T22:40:00.008+02:002009-07-07T23:25:39.624+02:00Tras o solsticio de verán (á atardecida)

—Uf, como se notan os días...
—Como os días?*
—Digo as noites, que van crecendo.
—Ah, xa, as noites, claro. Aínda a semana pasada destas horas andaba eu a segar a herba.
—De aquí a nada, estamos en agosto, cos neboeiros...
—E logo xa está aí o Nadal...
—O que eu digo: primeiro de agosto, primeiro de inverno.
—Uf...

* Repárese en que esta pregunta se formula, non porque o interlocutor non entenda nin saiba de sobra o que vén despois, senón para dar pé a unha conversa que se repite desde tempos inmemoriais, aos quince días do solsticio de verán.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com4tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-36839636573345991242009-07-07T09:30:00.009+02:002009-07-07T11:15:21.327+02:00É ele! É o Azul!

Tómenme nota deste rostro porque vai ser a sensación da estrea cinematográfica de maior alcance internacional dos tempos vindeiros. Talvez vez desta non lle desen o papel protagonista, pero non me tarda. Á terceira toma —e sen ensaio previo— xa sabía de cor o que tiña que facer, cousa que non se pode dicir dos humanos participantes. Agora só falta aprenderlle a asinar autógrafos. Ai, xa estou ouvindo os latidos histéricos ao seu paso:

—Oh, my gosh! It's him! Isn't he cuuuuute?

P.S.: Pronto, de aquí a nada opéraseme para mudar de cor.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com8tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-28002531933461932432009-07-06T08:40:00.013+02:002009-07-06T12:25:24.328+02:00As cicatrices do itinerario (II) A lingua escaldada

Case douscentos quilómetros de ceo toldado despois desvieime da autoestrada para me achegar ao mar, bordeando a ría de Aveiro, un rito que sempre me provoca comechón nos dedos dos pés (é máis fino dicir cóxegas no peito, pero é que hoxe xa dixen iso noutro lado e a propósito de letras maiúsculas), para saír de encontro tamén ao sol. Desta —tomo noto mental—, teño que me lembrar de parar cando entre de novo na A17 en Estarreja para fotografar a superpoboación de niños de cegoña nos indicadores: como para non aprender a voar á primeira! Imaxino os desafíos dos pitos estendendo as ás para o bauticeiro aéreo:

—O que caia ao asfalto é... prrroch-prch!

Emocióname a entrada na vila, a praza do mercado, así nun día de semana sen guiris apenas. Estacionar a moto onde a poida vixiar sen ter que quitar a tralla toda non é complicado e vou lendo o menú, para me decidir estupidamente por un bacallau grellado con pataca cocida e repolo, que me deixou ben servida e lixeira para seguir camiño. O malo veu co café, vergoña!, que eran dos escaldan a lingua, imposibilitando percibir con ela xa nada que non sexa o amargor consecuente.

P.S.: As fotos, por certo, moran aquí e tamén, durante uns días, van estar no canto superior dereito do blogue.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com14tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-21555968704268019362009-07-05T02:00:00.006+02:002009-07-05T02:35:39.502+02:00Hoje com gelo, faça favorIa com certo receio porque se projectava nas duas salas na versão portuguesa e não gosto nada das vozes estridentes com que se dobram muitos filmes de animação, mas não foi o caso. A história também não me desiludiu, que passei hora e meia a engatar sorrisos com gargalhadas, até derreter o gelo do peito.

Depois saí da sala com duas conclusões importantes:
1) Como era bom viver num mundo em que o gelo para o malte nunca faltasse, sem necessidade de andar de madrugada à procura duma bomba de gasolina.
2) A vida dos carnívoros de conto é cruel e triste mesmo: a fome é com eles, coitados...!

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com2tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-23203244635918603732009-07-04T08:33:00.011+02:002009-07-04T17:47:37.318+02:00As cicatrices do itinerario (I) Preludio

Na véspera aínda non decidira puntos cardinais no compás. Dicían os amigos:

—Outra vez ao sul? Na, na, na, naaah...
—Entón norte: Asturias, Cantabria? Tamén non era malo —aceptei convencida.

E desconxuntaba o pescozo, coma en partido de ténis, paseando os ollos polo mapa ibérico, na envergadura dos meus brazos, curtos de días e orzamento, examinando estradiñas case fíos, verdes, amarelos, brancos até.
Pero, pero... ai, se non fosen os partes meteoroilóxicos.

—O que é é que... —revirou un o labio.
—O que é é que o que? —cacarexei.
—Que polo norte dan chuvias, disque. E se vas de moto e tenda...
—Xa, de tenda e moto como que non. Pero sen tenda nin moto como que tampouco —rexeitei desconvencida.

E así, logo de mañá cedo, consultados por última e definitiva vez debuxos de nubes e soles na nete, cargada a moto cos imprescindibles e agasallados os cans, de corazón palpitante e mirada limpa (para as vistas), nun dous por tres, gañei unha hora... para o que dese.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-48728953203060672842009-07-03T11:10:00.006+02:002009-07-03T13:33:29.630+02:00Aniversario

Surfeirando na nete, decateime de que nunha fin de semana coma esta, aló polos meus quince anos, pisei nas Carrouchas por primeira vez. Non sei se me alegre, se non. Vou matinar niso.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com13tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-4913771792152809982009-07-01T14:09:00.021+02:002009-07-04T17:42:13.848+02:00O escrevedor sonambulista

Ao Jonas e ao seu Desassossego, sempre

Este textinho é apenas parte dum comentário escrito em blogue alheio, mas como desconfio que o tal vá desaparecer um dia destes nem que me rebente em súplicas, não me atrevo a fazer a ligação muito mais que pertinente. Afinal mais triste do que a ausência de ligações é o clic que não conduz a nenhures, como via morta, como muro insalvável a esconder as maravilhas que trás ele se desenvolvem... Era aquilo a propósito da dificuldade (qual quê?!) da escrita, dos silêncios que também são texto, das estórias que acodem ao bestunto sem licença enquanto a gente dorme, e como era bom (ou mau) ter uma secretária ao lado de gravadora pronta (e aí citava-se algum autor con-sagrado), no possível, de ideias próprias poucas.

(É curioso, nestes dias passados —e quando não?— de cavalgar estradinhas e cabeça desocupada, andei eu muito a matutar nisso, nos silêncios que (d)escrevem, e tanto, quanto não se quer dizer, nas palavras que fogem enquanto as mãos se entretêm nos pormenores insossos da vida e nos sonhos que só se lembram —isto para chatear— durante um segundo depois de acordarmos.)

Também pudera julgar que nem todo Saramago é tão Saramago, mas duvidar afinal porquê? Acaso Sun Iou Miou (salvando as distâncias incomensuráveis) escreve sempre como deve e o que lhe é devido? Acaso não fala alto quando devera falar calando? E acaso não se silencia quando devera escrever tanto?

Isto, eu bem sei, faz pouco sentido ou nada, quando não se tem (ou se deixa fugir) a oportunidade de ler as palavras magníficas de quem sabe escrever como escreveria o demo se existisse, anjo desherdado dos céus africanos, com conhecimento de séculos. Mas é assim sempre: a Sun Iou Miou tem o seu toque shakespeariano nos muitos acasos remoendo.

P.S.: Por enquanto, ao que parece, lá está, indo e vindo. Aproveitem a espreitar, que merece o clic.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com8tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-13861096233872568872009-06-29T23:58:00.029+02:002009-07-01T15:29:13.099+02:00Auga lava tristura

A lágrima é água e só a água lava tristeza.
Lágrima liga bem é nos que guardam esperança.
Mia Couto, Estórias Abensonhadas

Em Lixboa sobre lo mar
barcas novas mandei lavrar
João Zorro

Ao Oscar Mourave, polas lágrimas

A prehistoria
A Desesperanza do Val dos Ríos non se chamaba así de nacenza. O nome de verdade, o que lle puxeran vertendo sobre a cabeciña chorona as augas chocas da pía bautismal daquela aldea en que as mulleres parían de pascuas a flores, era nome de meniña, pero xa ninguén llo lembraba. Estoutro polo que era coñecida puxérallo un forasteiro, barbudo el e falangueiro de namorar a cada pouco, deses que un día pasan e nunca máis se soubo, deixando apenas de rastro algún fillo bravo e un ai que é un suspiro a saír do peito cando lle acorda na lembranza á moza (nin tan moza xa hoxe, que se diga) que lle callou na noite do tal día compartir con el calor, ternuras e as garatuxas que só en momentos destes se entenden e consenten, por ridículas. Pois, dicía que aquel que un día veu de fóra para non quedar, cando a viu, no tempo en que as idades dela eran escasas, cun vestidiño curto que ensinaba as cicatrices dos xeonllos e o pelo recollido en trenzas medias desenguedelladas xa porque era contra a tardiña dunha xeira longa —debera ser polo sanxoán—, mirándolle aos ollos, musitou aflixido:

—Mágoa, tanta desesperanza nese rostro que se ha de converter nun val de ríos.

Dicir dixérao baixiño, case para el, que nin a Desesperanza o ouviu, atenta como estaba ao paso dun exército de formigas en retirada. Pero nas aldeas, todo se sabe, e sábese todo porque en calquera parte, aínda non parecendo, sempre hai ollos e ouvidos á espreita, a falta doutras maldades. E así, logo logo, primeiro este de aquí, despois o de máis aló, fóronlle borrando o nome e espetándolle o alcume, iso que ás veces, para abreviar, chamábanlle Deses, que se non, con tanto miramento, no inverno antes terminaba o día sen que fose entregado o recado, menos devolta a razón.

A Desesperanza choraba por todo e por nada, pero sempre de dor de dentro, de feridas sen sangue e penas, unhas longas coma camiño sen regreso, outras coma grans de area miúda de tan cativas. Así, se caía ao chan, ría e nun regato ou na fonte encanada da praza lavaba a esfoladura, que deseguida estiñaba para non amolar máis do necesario. Pero choraba os sete chorares se coma quen di vía un paxuriño morto que caera do niño, un carballo torado, un vello sen aconchego, aterecido, fanado de xa só comer papas... e así por aí para diante.

Os ollos que tanto lle choraban á Desesperanza do Val dos Ríos eran verdes, coma a carne do kiwi froita, cando está entre doce e aceda, que fai da boca manancial; non xa de pachucho, que ten unha cor que non se recoñece e sabor de remedio da botica, amargoso. Pero iso ela non o sabía, porque nin na aldea se vira nunca un kiwi (nin froita nin ave), nin tiña espellos na casa, e nas augas do regato fervello, o único que se lle reflectía dos ollos eran as lágrimas a correr como para ningures.

A Desesperanza foi medrando, desconseguindo amores, debullando fracasos, mirrando, mirrando, en formas que só no imprescindible natural feminino apuntaban a súa condición de nai que nunca había de ser. Do resto, era seca coma un pau seco, ou peor, coma un garabullo, seco, de case nada que era. Non fóra polos ollos, ninguén reparaba nela, e iso nos días en que non os gastaba toldados xa de mañá cedo.

A historia
Foi que un día a Desesperanza, próxima xa do destempo, esperanzou. Brinca brincando chegou un forasteiro á aldea que nunca antes por alí pasara, barallocas e labiríntico en frases esdrúxulas e vocábulos amplificados que non se comprendían. Contornándoa, fóiselle arrima-arrimando, agarimando, mentres a Desesperanza se esbagullaba toda de ledicias coma candeas prendidas, tremelucentes. O que aconteceu, xa se imaxina, digo eu que non fai falla describir o amañecer en solitario da Desesperanza, a palla no alpendre mallada, coa forma cavada do corpo do forasteiro feito fume, un cheiriño aínda del nas mans dela apalpando ausências na alba. Desesperanza tirou do peto o pano das lágrimas e levouno á cara polo costume. Nada. Estrañada estrañou a consabida humidade que non aparecía. Armada nun santotomé da incredulidade estendeu os dedos, rozou nos pómulos, bateu en seco. Nada. Como non había espellos non se viu os ollos coma encoros sosegados. Nunca tanto doera a pena como naquela alborada e nos días enxoitos que seguiron, infinitos, da Desesperanza.

Unha noite o carteiro bateu na porta da Desesperanza, dúas veces, tantas coma cartas traía nas mans: unha de palabras, outra de músicas, ambas de harmonías suaves a desprender calor que quece sen abrasar, morniña coma pel de criatura.

A Desesperanza do Val dos Ríos, seca, seca de pel e de ollos secos, abriunas e foi esvarando na travesía das liñas. Sen reparar case, notou coxeguiñas, coma un borbullar manso a lle debuxar fíos transparentes na cara. Lía e relía unha frase e a outra, a outra e mais a unha, unha e mil veces, imaxinaba as barcas que nelas se ían labrando, os mares que lle burdaban de dentro acolléndoas. E cando á fin pasou a man para apartar dos ollos tantas augas, o sal proéndolle e arrubiando de veas finiñas o branco, tropezáronlle os dedos nun sorriso que lle escachara entre os labios, todo anacarado.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com8tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-27236076711717991742009-06-23T09:47:00.007+02:002009-06-23T10:03:43.872+02:00(In)transit(ando)

Pronto, para as minhas férias —que estão aí (estarão? só no dia e na hora se sabe)—, preciso ar. Assim risco cana de impescar, risco mediterrâneas insubstâncias e programo muito ar, caracolando a casa sobre a mota, ora monte, ora praia e ar, muito ar (já disse), ar que não vento, pulmões, câmara retratante e epiderme.

Rumo? O que mande a vontade: ir.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com14tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-18721344826138291942009-06-21T20:50:00.014+02:002009-06-22T13:09:49.010+02:00Así sen máis

As mañás de sábado e domingo foron de espertar cedo os veciños e aínda ben que o barullo da rozadora me evitou ouvir os improperios. Ás oito en punto, dixo un, con retranca, dos poucos aos que madrugar non lle é problema senón vantaxe. Dade grazas, respondín eu, que non empezara máis cedo, pois xa moito antes o sol e os pardellos teimaban en me devolver á vertical física. Nin sequera o medo a recibir un tiro de sal (con sorte, sal!) dalgún menos comprensivo impediu que pecase gravemente contra o terceiro sen sentir remorsos. Ao cabo, sempre queda a alternativa da confesión. Así.

Despois foi deixar unha asinatura na asemblea de montes en mancomún para lles dar quórum e trocar o resumo da acta anterior etcétera por un café, uma pedras e um bolinho á sombra dunha terraza na Nova, demorando o paso á última páxina do Jornal de Letras, na confianza de que nin pracer nin encanto me ía esquivar José Luís Peixoto ao me revelar (he!) que até no camiño ao supermercado hai unha historia: é só buscarlle as voltas e atoparllas. Sen máis.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com9tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-28118637488036974602009-06-18T11:14:00.009+02:002009-06-18T15:29:43.185+02:00Calando fondo

Ás veces, penso, eu nin debía falar máis nin nada para sempre, ou se falase, falar calada, non así escribindo ao ar e á toa, como se o ar tivese ollos e a toa (entre trebóns e alustros), entendemento. Pódeme, porén, o vicio e non resisto a tentación da marabilla (vale, do pasmo) que é ver medrar coma flores nun ermo as liñas aparentemente rectas que me nacen sen permiso pola punta dos dedos, que por algo teño máis dos que me corresponden (non, non vaian á foto a contalos —non é no corpo onde os teño, que isto é un chiste só para iniciados) e deixalos á poula é pecado mortal de morte longa, lenta e lánguida. E dolorosa, sobre todo. Por iso ando aquí e acolá largando, sentindo en ocasións un arreguizo nas costas ante o que leo, mesturado de vertixe ao bordo do abismo que nin en eco devolve o grito, debilidade das pernas, soidade e saudade tantas, felicidade pequeniña dun instante (así debe ser), como cando despois de camiñar quilómetros pola beira dun regueiro sombreada, unha deixa de ouvir os barullos dos humanos e só sente a natureza (a outra, a que perdemos), a adrenalina bombeando, e os pasos vólvense cautos para non inspirar receos nas criaturas e nas augas, non a vaian devorar sen ser o tempo dela (que ela son eu, esclarezo para os menos inspirados, non me prougo usar o plural maxestático e a modestia é pouca, menos en todo caso ca o alleamento).

E por iso, só por iso (ou quizais por todo?), non deixo de entrar e saír, de enzoufar de pegadas lamacentas ou palabras algún canto que outro, e máis, algúns ca outros. Punto e seguido.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com8tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-29769064030889431622009-06-17T08:33:00.013+02:002009-06-18T08:29:48.460+02:00Oé, oé, oé...

Onte foi a gran final e varremos... o chan. Quedamos subcampións, despois dun rebumbio corpo a corpo e a rebolos en pista de verdade, escorregantemente gozosa, na que daba ata para facer xiros de 360º sen afociñar, sen saudades dese caucho pegadizo e ondulante no que xogamos —digo, nos esnaframos— acotío. Os desequilibrios (agás temporais idades que valían por vidas enteiras) foron escasos e non houbo mortos nin feridos graves (os orgullos libraron por sobrados), que xa é vitoria bastante.

P.S.: E só agora me decatei de que falta un na foto. Se cadra xa andaba a rastro, que era o seu! (E non falo de min, podendo.) Deulle un significado novo á expresión "xogo sucio", abofé, que aínda a estas horas debe de estar de mollo.

Nota a navegantes: Lémbrolles a todos os que porfían en chamar a isto deporte (ou cousa) "brutal", que brutal é sentar fronte ao volante cada día; brutal é o fútbol profesional e 'aspirante a' (dentro e fóra do campo, entre xogadores e espectadores, e vai e vén brutal e obsceno de euros). Se con algo non brinco é co meu físico e a vida que contén, que bastante lle custa á S.S. conservarma. (`_^)

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com14tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-7250670086244370362009-06-14T11:55:00.014+02:002009-06-17T10:49:33.247+02:00Nos dominios do ar... cos pés na terra

Coa miña gratitude ao rapaz do Centro de Interpretação da Serra 'Arga, que me descubriu o lugar onde o ar é señor e unha se revé no seu tamaño real.

Á noite houbo estrea do documental do André Martins que retrata as mulleres que traballan nos viveiros de planta do Baixo Miño:

Mentres o persoal comentaba que se lle puido quitar máis partido ás preguntas, sen incidir con teimosía sobre o mesmo (Por que a man de obra está composta maioritariamente por mulleres? Hehehe! Proben a pagar como é debido... E non me veñan con que é un choio delicado, pretty please!), eu rabiaba polo desprezo á lingua nos títulos de crédito. Dúas palabras, dúas, había, DIRECCIÓN e PRODUCIÓN, e as dúas mal escritas!!! Xa, xa, só reparei eu. E iso é indicativo de que? Neste país todo o mundo pasa as normas ortográficas polo forro e así nos vai...

En fin, menos mal que a presenza de Uxía Senlle acompañada á guitarra por Sérgio Tannus dulcificou a santa ira miña... Uelé...

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com10tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-6651704500487805562009-06-09T08:43:00.009+02:002009-06-11T22:53:44.971+02:00PlufAndo así sen gonzos, un tanto debruzada enriba do teclado, sen forzas para levantar o queixo e meter por baixo os dedos. Míranme mal as escaleiras, o café non me sabe e o estómago púxoseme en folga de apetito. Desculpen polo temporal, pero os ventos e as augas que os teñen asolagado estes días son os elementos que me foxen das entrañas en desbandada. Namentres vaian lendo a prensa para se aclimataren. Xa virá sol que se farten.

P.S.: E logo aínda me piden fotos e que se non, non...? De que? Dun cadáver que avanza lento? Que si, esta explícollela outro día, cando recupere os azos. Condicionalmente, claro.

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com16tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-52628662207766984962009-06-07T09:21:00.012+02:002009-06-28T12:10:47.552+02:00O prometido é prometido

Fui coagida. Se não vens, disse ele, não há mais abracinhos, nem pausas para o café, nem mais conversa. Ai, disse eu, é que sou alérgica a perfumes. Escusas! Levas uma mola, escreveu o outro e eu ia lendo quando senti as carnes arrepiaram-se-me e algum cabelo. Para aí!, disse, e fui logo fechar a janela, que as correntes de ar são traidoras. Acabei cedendo às ameaças. Nem que só fosse porque havia feira do livro na Invicta e aproveitava a viagem para comprar literatura em saldos. Depois mandei-lhe uma foto antiga minha da Nicole Kidman, para ele me reconhecer, sem dúvidas.

Chegada a hora ainda demorei em me decidir. Assomava o sol... vou de mota, resolvia. Toldava-se o céu... vou ter de ir de carro, lamentava e deixava-me estar outro pouco a contemplar as nuvens, na espera de que surdisse um claro, e assim hesitante mente. Numa última tentativa saí ao quintal e caíram-me quatro gotas. Montei no carro. Ainda não trespassara os limites da Aldeia e já ia constatando que aquilo não era chuva a sério. Dei volta. Peguei na mota. Não, não me choveu todo o caminho, seus mal pensados! Só um pouquichinho no regresso, tipo a água virar tipo vapor antes de tipo tocar em terra.

E sim, ele logo me reconheceu. A fotografia não enganava. Tu és a Sun Iou Miou e se não levas também o primeiro livro, revelo a tua identidade falsa aqui diante desta multidão entregue! E arranco-te a perna. De modo que agachei as orelhas e saí de ali com dois livros que vou ter de ler (ora essa!) para emitir uma opinião críptica. Por enquanto, vão passar a ocupar um lugar de preferência na minha casa de banho, que a sua leitura, disque, está recomendada para descontrair.

P.S.: Boh! Eu com tantos receios e afinal não ia assim tão perfumado!

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com10tag:blogger.com,1999:blog-6998289292624150316.post-88345347184221351482009-06-05T10:56:00.013+02:002009-06-06T11:41:34.309+02:00Tanto sal

Misturaram-se-me no bestunto realidade e ficção. Um dia destes vou ter de aprender a cozinhar a vida.

Sun Iou Miou disse...

Do filme que vi ontem concluí que "sonhar" é sinónimo de impossível (como se não soubesse já). Alguns acreditavam em que deviam regressar o dia em que se olhavam ao espelho. Depois souberam que o regresso era impossível também.
Assim, só o presente é feito de possíveis, só as crostas são palpáveis, e por isso, escarafunchar nelas é a maneira de sentir que alguma coisa vai acontecendo.

5 de Junho de 2009 11:12

Jonas disse...

Pergunto se o tal filme não era sobre a prisão de Coalinga...

5 de Junho de 2009 12:04

Sun Iou Miou disse...

Não, era um filme sobre governos que se enfrentam, obrigando a umas pessoas a abandonarem o país e as pessoas que amavam...

5 de Junho de 2009 12:11

(Diálogo sucinto roubado de aqui.)

Sun Iou Miouhttp://www.blogger.com/profile/01685082083667157849sunioumiou@gmail.com4