tag:blogger.com,1999:blog-2632412216185829272007-12-19T03:23:39.332-08:00Zona LauraLaurahttp://www.blogger.com/profile/14460071123472588337noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-263241221618582927.post-48167112569389840282007-12-17T08:28:00.001-08:002007-12-17T08:30:13.401-08:00Ola a todos! Máis vale tarde que nunca ou polo menos iso di o refraneiro popular. Creo que fun unha das últimas/os do mestrado en crear a súa bitácora, pero xa podo dicir que as 16.47 de hoxe, día 17 de decembro de 2007 quedou inaugurado oficialmente o meu blog. Póñome así de formal porque tendo en conta o meu carácter reservado, nunca pensei verme noutra igual. Xamais escribín un diario e sempre pensei que hai que ser un pouco exhibicionista para ter un blog, fotolog…etc. Chamádelle pudor mal entendido, timidez ou que sei eu, pero iso era o que opinaba. O tempo dirá se o meu ten cura, e se son capaz de escribir sobre min e sobre o mundo con tanta naturalidade coma calquera.<br />Benvidos.Laurahttp://www.blogger.com/profile/14460071123472588337noreply@blogger.com