Hai uns días, un dos moitos amigos que teño na distancia e que cos que manteño contacto cotián a través da Rede, escribiume un correo no que me dicía que esta leira non era só de millo, senón que había outros moitos produtos que cultivar. É dicir, que había máis problemas có do idioma e que debería poñerme xa con outra letanía.
E como ó meu amigo non lle falta razón, hoxe vou falar pedras, que palabras son.
Poñamos por caso, querido lector, que están dentro da catedral de Santiago, un grupo de persoas con poder de decisión representando ó Cabido, a Patrimonio, ó Xacobeo, ó Colexio de Arquitectos, ós amigos do Camiño, ós do Románico, ós do Grelo de Ouro e á Orde da Vieira, debatendo sobre a necesidade de darlle unha “voltiña” ó conxunto, pois, ademais do Pórtico da Gloria e do Botafumeiro, son outras moitas as reformas estéticas e estruturais que está pedindo a berros o edificio.
Entón, con esa facilidade que temos os galegos de “ir facendo”, para “por se acaso” e tendo en conta que “pr’agora vale ben”, con máis xenreiras ca consensos e sen orde nin concerto, os do Cabido decidisen mudar o baldaquino do apóstolo por un mamotreto pétreo de Carrara; os arquitectos deseñasen unha bóveda de rosa-Porriño para soster mellor o cruceiro; os de Patrimonio trocasen a Porta Santa por unha con célula fotoeléctrica que rexistre un por un a tódolos peregrinos do Ano Santo; os do Xacobeo instalasen dous órganos “Casio Dolby Sound Round” para que se escoite en Monte Pío, e o resto de asociacións sufragasen un novo pavimento con alfombra de Damasco que lle fixera cóxegas nos pés ós máis devotos...
Substitúa agora ó Cabido pola Consellería; a Patrimonio, os Arquitectos e o Xacobeo polos tres partidos políticos; ós do Grelo pola “Mesa” e ós da Vieira polos “Bilingües” e dígame se todos estes bárbaros licenciados non están facendo exactamente o mesmo cun idioma que o único que precisa –coma a catedral o silencio- é que o falemos. E, sobre todo, que o ¡falemos BEN!.
Estes días falouse abondo da torre de Hércules e da ilusión colectiva que xerou -naquela cidade tan intimamente ligada á miña memoria máis difusa- a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.
Non é, polo tanto, a miña intención volver pisar sobre campo pisado e profetizar a tempo pasado o moito ou pouco que vai supoñer para a cidade herculina esta decisión da Unesco. Nin sequera pretendo desenvolver unha derivación teórica comparada sobre as posibilidades que algún elemento ou conxunto de elementos patrimoniais da provincia de Ourense puideran seren susceptibles de mereceren unha declaración semellante.
Coñezo de primeira man algunha iniciativa que tampouco lle resulta allea á opinión pública ourensá informada, como é a do conxunto eremítico-natural da Ribeira Sacra. Pero iso será fariña doutro costal e tempo haberá de sumarse á proposta se os amigos do Grupo Francisco de Moure consideran que lle pode tocar de novo a hora.
O único que quero é aproveitar a conxuntura para destacar unha evidencia que a miúdo pode pasar desapercibida, malia que milleiros de turistas a utilicen como referencia cando deciden rexistrar graficamente o seu paso polo vello faro romano.
Unha evidencia que moitos ourensáns coñecen, pero que non está de máis revitalizar agora que a foco centrou o seu resplandor nel mesmo, como é o feito de que, coa declaración da Torre como Patrimonio Universal, tamén un escultor ourensán pase a ser incorporado por méritos propios á universalidade artística da man dunha obra que hai preto de dúas décadas instalou, sen molestar, no conxunto monumental da Torre.
Permítame, querido lector, que aproveite a ocasión para felicitar, con tal motivo, a Xosé Cid por ese impoñente Breogán que saúda ó visitante cando se achega á Torre e que nos enche de orgullo a tódolos ourensáns que sabemos que a súa humildade persoal é inversamente proporcional á súa inmensidade artística.
A política cultural galega viviu nantronte unha xornada en Traslaba e Compostela, que a nivel persoal me produciu unha profunda desazón e me amosou novamente a perigosa congostra pola que devala extraviada, camiño dun precipicio que, se non lle poñemos remedio de contado, acabará por ter consecuencias para alén de nós.
Como secretario da Fundación Curros Enríquez estaba convidado ós dous e decidín non ir a ningures consciente de que ambos ían decorrer antagónicos, pero co mesmo guión, contasen ou non comigo.
Onte, os medios de comunicación ratificaron o que eu intuíra e agradecín non ter ido, pois así non formei parte activa desa pretendida polarización que os dous actos evidenciaron e coa que a clase política semella querer fender en dous este anaco de terra, contaxiándonos co mildeu da hipocresía que eles levan tempo inoculando e que lles provoca unha grave distorsión da realidade social sobre a que gobernan ou pretenden volver gobernar algún día.
Por unha banda tiven oportunidade de ler o discurso que a carón da memoria de Castelao pronunciou o presidente da Xunta e, se ben a partitura semella estar escrita con corrección, por máis que o intento non dou escoitado a música. É dicir, non dou visto na súa acción de goberno os feitos que se derivan dese “galeguismo cordial” que predica por aquí e por acolá coma unha oración ou, mellor dito, coma unha ladaíña.
Pola outra beira, lin algúns fragmentos do discurso de Beiras en Trasalba e tamén houbo palabras que me mancaron no oído, non tanto por serodias ou extemporáneas, canto pola dose de espiñas que levaban adheridas.
Sinto moito se alguén se sinte ferido tamén coas miñas, pero repito de novo que tanto unhas coma outras supuran demasiada hipocresía. Porque tanta hipocresía hai –non o dubiden- en predicar galeguismo e receitar decretos “catelanistas”, coma en proclamarse profeta do país e logo pretender que entremos todos polo mesiánico ollo da agulla de “Galiza”.
Era pola festa do Cristal, é dicir, polo mes de setembro, hai uns cantos anos xa. Foi con motivo de asistirmos en Salamanca a unhas xornadas sobre fundacións de escritores, no fermoso casal que garda a memoria de Unamuno, a carón mesmo da famosa fachada da ra, da Universidade castelá.
Chegamos un día antes do inicio, coa noite alta, e como aínda non tiñamos habitación no lugar do encontro, que era na Residencia de Fonseca, paramos no primeiro hotel que atopamos ó entrarmos na cidade, o Helmántico, se a memoria non me falla, que aínda debe seguir aberto enfronte do campo de fútbol do equipo da capital.
Pedimos habitación e o mozo que estaba na recepción díxonos que tiña que mirar, pois a aquelas horas non era fácil.
Entón dixémoslle que con que houbera unha solucionabamos o problema, pois, total, por unha noite non iamos ter moito tempo para protestar.
O mozo esculcou ben na pantalla e ó final concedeunos unha dobre que cubriu dabondo as nosas necesidades ocasionais.
Subimos a equipaxe e logo de nos refrescar un pouco, baixamos de novo co obxectivo de procurarmos un lugar onde metermos algo no bandullo denantes de retirármonos a descansar.
Paramos novamente onda o conserxe e preguntámoslle onde poderiamos tomar algo.
A súa resposta -máis galega ca castelá- sorprendeunos encorchetada entre interrogantes: “¿Qué quieren? ¿Algo de ambiente?”, preguntounos o rapaz, algo tímido fronte a unha situación que el intuía e que nós sabiamos que non era tal.
“O que queremos é cear” contestámoslle, nun correcto castelán.
Evidentemente o mozo tomounos polo que non eramos, aínda que nós –algo zorros- deixámonos levar sen preocuparnos o que puidera pensar o rapaz.
Estes días non está de viaxe, senón nunha habitación do hospital Xeral de Vigo recuperándose dunha operación cirúrxica, e eu escríbolle esta columna para dicirlle o que sabe xa: Que somos un exército os que o estamos a agardar.
Dubido que poida aportar algo á historia do galeguismo. Non son tan pretencioso como para abrigar tal esperanza. En todo caso, vou reproducir parte dunha conversa que acabo de manter -a través dun “chat”- cun amigo que é lector crítico dos meus artigos e que simpatiza co PNG-PG (o de Rodríguez Peña):
- Antonio, vouche levantar o arresto polo artigo de hoxe, vaste redimindo…
- Esta vez fun ó mércores…
- Estivo moi ben e sabes que cando non me gustan, insúltote. Pero este estivo moi ben, aínda que un pouco curto.
- ¿Curto, por qué?
- Tiñas que teorizar máis.
- Pero o espazo é o que é.
- Xa, xa o sei. Pero podías ter feito varias partes do tema, que é apaixonante. A dereita galeguista… Sabes que me interesa moitísimo.
- Xa sei, xa sei. Pero as columnas por capítulos aínda non foron introducidas nos manuais do xornalismo.
- Pero, podías afondar igual.
- Ó afondar chégase ó PNG-PG (Díxeno con intención).
- Ok. De p. m.
- Pero estades presos do sarillo da UPG.
- Somos reféns mutuos.
- Pois tedes que soltar o lastre e veredes como crece o partido.
- Non che sei. Sonche maos tempos para o galeguismo.
- Non creo que sexan tanto. O que son é malos para o "nazonalismo"
- Si, pode ser. Excepto para o nazonalismo español, quererás dicir.
- O “nazonalismo” español é aznarisimo
- E zapaterismo…
- Por certo. ¿Cantos militantes terá o PNG? É que se cadra teorizo sobre isto nalgún artigo.
- De carné uns 200, creo. Simpatizantes, un millón e medio.
- ¿Como? ¡1.500.000!
- Si. O noventa por cento do país é do PNG. Sábelo de sobra. Ata ti simpatizas. Ti, que dalgunha maneira es alma do país. Polo menos do país no que me movo.
- Voulle ter que dar unha relectura ó seu ideario. Gracias, son verbas que me engaiolan…
Foron certamente emotivos os dous actos organizados durante a pasada semana no Liceo e no Teatro Principal en torno á figura do benquerido Marcos Valcárcel.
Topeime neles cun bo fato de amigos comúns de toda caste e condición, o cal ten sido destacado -como un dos moitos valores que atesoura Marcos- polos mantedores dos distintos actos que ó longo dos últimos meses o teñen tido como protagonista non desexado, polo que non vou incidir eu agora nesta cuestión.
Pero quixen traer a colación esta circunstancia porque no acto do Teatro Principal, onde, como digo, se deron cita amigos e coñecidos de toda caste e condición política, así como un amplo feixe de representantes políticos das tres formacións, aconteceu algo sobre o que me gustaría reflexionar no espazo que lle resta a esta columna.
Nun intre do seu emotivo discurso, pediulle Marcos ós representantes da “dereita galega” -así se expresou el- que volveran sobre Otero Pedrayo, que o leran e comprobaran ata qué punto había na súa obra e na de outros moitos membros da xeracións Nós, un facho permanentemente aceso que lles axudaría a ver mellor o camiño da xestión futura desta terra.
Foi valente Marcos, cando pousou sobre as conciencias dos moitos representantes do Partido Popular que se deran cita alí -empezando polo seu presidente provincial- unha mensaxe tan obvia, pero ó mesmo tempo tan nidia, tan profunda e de tanto calado político.
E digo que foi valente, non por considerar que as súas palabras puideran ter contestación, senón porque ó ser o homenaxeado corrían o risco de ser tomadas como impertinentes. Pero non.
No tempo que levo asistindo a actos sociais e culturais na cidade de Ourense, xamais escoitara unhas palabras tan pertinentes coma as que Marcos esoutro día pronunciou, pois a miúdo a dereita galega ten obviado estes referentes, deixándose levar nalgúns aspectos por un discurso unitarista co que antropoloxicamente a sociedade galega nunca comungou.
Estimado conselleiro:
Non hai moito escribinlle unha carta aberta ó teu presidente, na que lle expuña as razóns polas que eu consideraba que a liberdade lingüística é incompatible coa responsabilidade histórica que un gobernante galego –cando voluntariamente decide adquirir o compromiso de gobernar- debe ter co idioma que ó longo dos séculos foron forxando, e non a capricho -coma o ferreiro- xeracións tras xeracións.
Permíteme agora que te elixa a ti como destinatario. E permíteme, de paso, que te tutee, aínda que non nos coñezamos. Asento isto na caste de ourensanía que ámbolos dous portamos (a túa do Ribeiro de Avia, como di a cantiga, e a miña de onde o mundo se chama Celanova, como dixo o poeta), así como o feito de que es o máis novo dos dous.
Decidín escribir esta misiva logo de ter visto nos medios de comunicación cómo ó longo da semana te reuniches cos responsables de dúas asociacións que por arte de “biribirloque” (ou se cadra porque andades dando paus de cego na borralla, crendo que así ides apagar o incendio que vos alampou) elevastes ó rango de interlocutores institucionais de dous idiomas que non son deles, senón de NÓS, dos que os falamos a cotío, utilizando –nós si, non vós- o que nos pete e nos dea a gana segundo cómo e con quén exerzamos o nobre e saudable oficio da comunicación.
Escríboche, pois, para solicitarche formalmente unha reunión no nome da Asociación de Veciños de Amoroce (parroquia na que resido) porque temos o mesmo dereito cá “Mesa” ou ca “Galicia bilingüe” para debater contigo sobre as medidas desprotectoras que tendes tomado respecto dun idioma que forxou na nosa microtoponimia –coma o ferreiro- palabras tan propias como Campelo, Cortiña, Sampil, Cachiquimbra, Rial, Barreiros ou Casal, que é onde se asenta o Camposanto que garda a memoria dos meus avós e dos avós dos meus avós.
Eles foron os que crearon estas palabras e vós non tendes ningún dereito a borralas da miña memoria por moito que gañedes ducias e ducias de eleccións.
Tal como escribín o pasado sábado, asistín á presentación da curtametraxe que Rubén Riós realizou sobre a historia da promotora dos “Xoves de Comadres” de Verín e que o mozo de Riós exhumou para darlle forma audiovisual nun pequeno telefilm no que a problemática do idioma non pasa, nin moito menos, desapercibida.
Aborda, o traballo de Rubén, o ambiente “antigalego” que se respiraba nun fogar pequeno burgués do Verín dos anos 40 e de cómo a rapariga –que quería ser artista-, axudada pola criada da casa, aprendía a cantar nunha lingua que a súa nai odiaba.
Non tiven oportunidade de falar con Rubén sobre estes pormenores, pero estou seguro de que mal pensaba el, cando maquinou o proxecto, que o asunto da lingua –ou da convivencia das linguas- ía estar tan fervente cando lle tocara a presentación.
E tan presente está que ata el mesmo tivo que facer exhortación a favor do enfriamento dun conflicto que non ten outro horizonte có precipicio cara o que inexorablemente camiñamos.
Pois ben, aínda sen saber que a curta ía abordar a cuestión, unha vez máis tiven a oportunidade de comprobar ata qué punto un gran número de galegos se enfrontan a esta problemática envolvidos nunha hipocresía que certamente dá noxo.
Velaí a estampa:
Eran tres ou catro mozas cuxas caras me resultaban coñecidas porque adoitan saíren en distintas series da TVG e que se concentraban nun recanto da sala de espera en amena conversación.
Arroupado polo anonimato da moitedume, achegueime a elas para saber en qué lingua estaban falando e, evidentemente, comprobei que se expresaban nun castelán propio de Lavapiés.
Entón fixen abstracción e imaxineinas asinando un posible manifesto dos artistas “a prol da lingua” que seguramente nalgún intre alguén sacará a colación.
¿Preguntouse algunha vez, querido lector, cántos dos que adoitan saír na televisión reivindicando seren o “Cid Campeador” do idioma, lle falan galego ós seus fillos? Eu direillo: “¡Nin dios!”.
Houbo un tempo no que dediquei parte da miña actividade xornalística a entrevistar a ourensáns que tiñan por tras unha longa andaina vital.
Foi unha etapa moi productiva a nivel persoal, na que aprendín cousas que non están nos libros porque cada tarde que ocupaba con calquera deles exercendo o doce e proveitoso oficio de escoitar era coma se pasara un mes enteiro nunha biblioteca virtual.
Nomes coma os de Antonio Tovar, Castor Velo, Xaime Quessada, Pura Vázquez, Francisco Ogando, Elixio Rodríguez, monseñor Araújo Iglesias e un ilustre feixe máis, ensináronme que cada vida é un manancial que estiña o mesmo día que as campás repenican a ladaíña final.
Logo, teño dedicado outra fase a comprobar xusto o contrario, entrevistando a mozos e mozas ourensáns que na súa axenda só teñen follas por cumprimentar e para os que a palabra nantronte non existe no diccionario, contando, sen embargo, cun presente profesional que lles garante poder falar nalgures dun pasado simplemente espectacular.
Deste cadro forma parte primordial un mozo de Riós que un día abandonou os estudos regrados, con gran desgusto familiar, porque quería ser actor ou, a poder ser, algo máis.
Chámase Rubén e coñecino un día de verán na praza Maior de Celanova. O pouco tempo convidoume a achegarme ó seu ambiente familiar e incluso a coñecer á súa avoa. Foi con motivo dunha entrevista que concertamos o mesmo día que lle deu lectura ó pregón das festas patronais do concello ó que lle pediu emprestado o topónimo para utilizalo como nome artístico e portalo con orgullo nos créditos principais do audiovisual galego.
Hoxe será protagonista no auditorio da cidade, onde os ourensáns poderemos visionar a segunda curta que produce a súa factoría intelectual.
Hoxe será protagonista, unha vez máis, e eu espero saúdalo de novo, seguro de volver atopar a aquel mozo ateigado de ilusión, coraxe e gañas infinitas de trunfar, que me abriu o seu fogar de Riós coma quen lle abre a casa a un irmán.
Leo que o Parlamento de Galicia foi nantronte un galiñeiro de pretenciosos caponciños de pelexa, onde os kikirikís duns e doutros soaron con repenique de blasfemia contra o modelo común de convivencia.
Leo que para debater sobre a política lingüística arreboláronse verbas ateigadas de explosivos e armadas con navallas afiadas, como “batasunización” ou “carnicería”, “brutal ataque” ou “monstuosa mentira”.
Leo, así mesmo, que a defensora dunha postura, que eu non comparto por considerala hipócrita, sufriu un atentado (porque non se lle pode chamar doutra maneira) que como tantos quedará impune, e aínda tivo que oír como lle chamaron “facha”.
Pois ben, leo todo iso e pregunto: ¿Pero qué nos pasa? ¿Estamos tolos ou a piques de tolear por esta causa?
Logo, vou a Castelao e leo isto:
“Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola predisposición psicolóxica dun pobo, que en condicións históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa un atentado á súa cultura peculiar.
Mais os pobos teñen unha forma máxica, invulnerable, e por iso as nacións asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poden converterse en parásitos da cultura dominante; pero endexamais se deixa asimilar. O problema do idioma en Galicia é, pois, un problema de dignidade e de liberdade; pero máis que nada é un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que no fan mamar por biberón. Nós queremos mamar a cultura na propia teta. Pedimos garantías legais para o desenrolo natural do noso espírito, porque queremos volver presentarnos dignamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura (sabedoría manifestada) para ofrendarllo ó acervo espiritual da Humanidade”.
Entón, ó facer a comparanza pregunto: ¿Tanta democracia para isto? E dicir, para rematarmos representados por tanta paifocada.
Non tiña lido nada ó respecto, a non ser unha nota difusa (case esquecida e á que tiven que volver para me cerciorar) onde vira algo sobre que os socialistas cataláns ían presentar unha lista “rexionalizada” na que tiñan pensado omitir tódolos nomes non cataláns, incluídos, evidentemente, os do vasco Ramón Jáuregui e da malagueña Magdalena Álvarez.
Cando lin aquela nova non lle din outro valor có testemuñal, pensando que non pasaría de ser unha estrataxema máis dun partido calquera –neste caso de “Ciudadáns”- para ter algo que denunciar sobre o seu contrincante en pleno fragor electoral.
Sen embargo, nantronte, cando acudín á miña mesa electoral e, mergullado nun mar de dúbidas, empecei a fedellar entre as papeletas para ver cál se me apegaba á man, decateime de que a do BNG estaba máis baleira cás outras e que os nomes incluídos non pasaban dunha ducia; cousa que me fixo cavilar.
Fíxome pensar, loxicamente, en cál sería a razón final -non explicada- pola que, indo coaligados con -entre outros- ERC e Aralar, non desexaban mesturar os nomes dos candidatos destoutras formacións con eles.
¿Sería simplemente para non “aturullar” ó votante non natural cun mar de nomes descoñecidos, ou tería meirande calado e pretendería “ocultar” dun xeito subliminal que a quén se lle estaba dando o pasaporte para Europa con aquela papeleta non era directamente a Ana Miranda senón a un candidato catalán?
Logo lin -como obviamente xa dera por suposto- que a cousa estaba amparada polo artigo 222 da Lei Electoral. Pero seguín pensando o mesmo. É dicir, que tanto no caso dos socialistas cataláns coma no do BNG, ERC Aralar e todos aqueles que adoiten utilizar subterfuxios electorais (por moi legais que sexan) para tratar de sacar “petróleo” de onde non o hai, ó final non lles serve absolutamente para nada porque o electorado (afortunadamente cada comicios que pasan, máis) é moito máis espelido e sagaz do que os partidos políticos -¡todos!- supoñen ou adoitan desexar.
Unha vez escribíronme un comentario no blog, que viña a dicir: “¡Piñeiro! ¿Non tes máis temas ou qué?”
O asunto que xerou o apuntamento foi porque levaba varias columnas, case continuadas, falando do idioma e da normativa –a última e esperemos que derradeira- que acababa de aprobar a Real Academia Galega.
Agora, xa non fai falta que ninguén me diga nada porque me decato perfectamente, eu só, de que empezan a ser demasiadas as veces que a cuestión da lingua ocupa as miñas cavilacións.
Sen embargo, por máis que me propoño pasar a unha posición de reflexionada pasividade -porque empezo a convencerme cada día máis de que a solución a todo este rebumbio esquizofrénico non virá máis ca pola vía da retirada da lingua do debate político-social-, ó final sempre acabo mergullado na refrega.
A razón de traelo a colación de novo, estriba hoxe na anunciada enquisa que onte pola mañá presentou o conselleiro de Educación e que seica lle van enviar a 330.000 pais e nais de alumnos de educación infantil, primaria e secundaria, para coñecer estatisticamente as preferencias lingüísticas que se respiran nos fogares deses galegos.
E de novo volvo falar da lingua porque, do mesmo xeito que todo o debate naceu viciado, xa dende os tempos da aprobación da última revisión da normativa, denominada curiosamente “de concordia” (¡carallo para a concordia!, se se me permite a expresión), agora calquera nova proposta estará igualmente viciada, estea ou non elaborada coa mellor das intencións.
Porque, mentres o conselleiro lle daba lectura ás preguntas na televisión, a min viñéronme á idea outras preguntas, con e sen resposta, que tamén lle traslado a vostede, querido lector:
¿A partir de agora a Consellería fará a consulta tódolos anos?
É de supoñer que non.
Entón, ¿qué dereito divino ampara a estes 330.000 pais para decidiren o idioma no que estudarán os fillos que aínda non naceron e cuxos pais, polo tanto, hoxe non van poder emitir ningunha opinión?
Eu non sei se reparou algunha vez en cómo fan as moscas denantes de morrer. Ó inocularen o veleno do insecticida, unha vez que caen ó chan –normalmente de costas-, empezan a aletear a unha velocidade endiañada e a xirar sobre o seu centro de gravidade cunha forza inusitada, nada propia do seu estado terminal -coma se fosen esfuracar o chan-, ata que de súpeto todo remata nun silencio sepulcral identificativo do final do percurso vital do insecto.
Pero non son só as moscas as que amosan hiperactividade denantes de expirar. Hai outras manifestacións propias da natureza, que anuncian a miúdo o seu final cuns estertores propios de aquelarre, semellantes ós que pode presentar un gato acurralado, un galo de pelexa desnortado ou mesmo un terremoto, que nunca acaba co tremor principal.
Permítame, querido lector, a licencia de ter traído a colación estes símiles de diferentes finais, para preguntarme se non será que todo o que está acontecendo na política nacional, autonómica e provincial, emborrallando todo por aquí e por acolá, non estará senón anunciando ó punto final dun xeito de facer política que, todo sexa dito de paso, nalgún intre terá que rematar.
Póñome agora a facer un repaso mental dos xornais dos últimos días e, máis alá das excursións presidenciais en avión militar ou do macro-caso correa - en alemán-, lembro a un conselleiro denunciado pola súa actividade profesional, a un delegado denunciado por unha presunta xestión particular de fondos públicos, a un médico-político defensor a ultranza da sanidade pública que seica é propietario dunha clínica particular, a un alcalde agobiado por sindicalistas “irmáns” e ó presidente da Deputación posto en solfa por utilizar o seu servizo de seguridade para fins de índole familiar.
Certamente, eu non sei se esta hiperactividade será coma a agonía da mosca. De non ser así, por favor, que alguén lle poña freo a tanto desvarío ou os electores acabaremos precisando dunhas sesións de psicoterapia denantes de ir votar.
Porque seica estamos en campaña electoral, vou falar hoxe dun artigo que a casualidade quixo que lera nestes días, aínda que xa leva algún tempo nun estante da miña biblioteca en forma de fotocopia dunha revista titulada “Vida gallega”, e que en decembro de 1959 publicou un monográfico sobre Portugal.
Baixo o título de “La misión histórica de Galicia es servir a la unidad espiritual de Portugal y España”, un tal José Iglesias –que declaro humildemente non saber quén é- escribía un ben documentado e intelectualmente razoado artigo, no que exhumaba diversas e moi interesantes opinións sobre a idea emerxente da unidade europea, de pensadores como Ortega y Gasset, historiadores como Sánchez Albornoz ou escritores como Camoens.
De entre todas permítome escoller dúas, por iso de contribuír a paliar ese euro-especticismo no que moramos instalados e que fai que estes días semelle que non estamos navegando por ningunha travesía electoral.
Parafraseando a Ortega, asegura o articulista que “es preciso brincar, sin descanso, de la afirmación de la pluralidad al reconocimiento de la unidad y viceversa”. E que “sólo la decisión de construir una gran nación con el grupo de los pueblos continentales volvería a entonar la pulsación de Europa” e a crear o que el cualifica como “la ultra-nación”.
Logo descende a analizar máis polo miúdo a relación entre Portugal e España; e, nun chanzo inferior, a afirmar que “Galicia, hermana espiritual y vital de Portugal y en posesión de un idioma similar, es la región española más idónea para promover y lograr la unión espiritual de Portugal y España”.
Pois ben, lido isto en plena campaña electoral, eu non sei se estará preto ou non esa “unión espiritual” entre España e Portugal que –sexa dito de paso- eu comparto. O que si sei é que nalgún intre os Estados terán que definirse para decidir que Europa nos propoñen. Se a Europa real –e social- dos pobos ou esa entelequia tecnócrata que hoxe por hoxe os europeos de a pé non logramos entender.
Dende a aldea na que vivo vexo pasar a cotío algúns avións en voo baixo, porque aínda andan na manobra de despegue ou aterraxe do aeroporto de Peinador.
A razón é sinxela. O espazo xeográfico de Celanova atópase mesmo na liña de circulación dos aeroplanos que cobren o servizo Vigo-Madrid e mesmo se vostede, querido lector, ten tido a oportunidade de realizar esta viaxe e lle ten cadrado na xaneliña axeitada, seguro que ten reparado na monumental planta de San Salvador presidindo a alongada vila, nunha perspectiva que engaiola e que provoca coñecer a monumentalidade que se agacha no seu interior.
É por iso que onte, cando lin a nova da macro-operación empresarial coa que pode ser agasallada a localidade de Trasmiras e vin as razóns de “peso” que avalan a súa candidatura, non puiden menos que exclamar “¡que pena, que non poidan andar pola zona avións!, pois xusto por tras do monte da Casa da Neve, que está na miña parroquia, hai unha inmensa chaira que chega ata Portugal e que tamén podería albergar unha obra semellante, por moi “monstrosa” que fose en dimensións.
En todo caso, pensei, vouno escribir, a ver se toca a frauta e alguén da Nasa le a miña columna. Non para furtarlle o proxecto a Trasmiras, senón para compartírmolo os dous.
Conto esta perogrullada porque, igual ca vostede e có resto de ourensáns que lemos a nova, foi moito o escepticismo (onte un amigo precisábame cun “optimismo responsable”, mellor) que xurdiu no meu interior a medida que fun lendo a información.
Ora ben, sobre todo, o que máis asombro me provocou, foron as declaracións do alcalde do Concello –que non debe levar máis alá de dous anos á fronte da corporación- atribuíndose o mérito do xerme da operación.
Certamente, a miúdo penso que moitos alcaldes -coma os ciclistas- son doutra pasta. E seguro que ha chegar o día en que algún lle xure e lle perxure ós seus veciños que é gracias a el, que cada día nace o sol.
Como calquera veciño destas terras arraianas, acollín con grande agarimo a noticia que hoxe reproducían tódolos xornais galegos e que informaba de que o Parque Natural do Xurés, xunto co Parque Nacional do Gerês, acaban de seren declarados pola Unesco “Reserva da Biosfera”.
Aínda sen meterme a analizar os beneficios que de seu vai traer emparellada esta declaración, o que si sei é que os ourensáns contamos nesta zona da raia cun tesouro ó que a miúdo non logramos verlle a súa dimensión.
Existe un triángulo que no ámbito literario ten perfectamente configurado e explendidamente retratado no libro “Arraianos”, Xosé Luis Méndez Ferrín, e que no ámbito xeográfico eu estendo a un trapecio con catro vértices poboacionais ós que xa teño feito máis dunha referencia conxunta nesta columna, como son os de Arcos de Valdevez, Montalegre, Melgaço e Celanova, que abrangue a meirande parte do territorio agora refrendado pola Unesco e que, máis alá dos miopes localismos cos que, con máis frecuencia da desexada, adoitan mirarse alcaldes e alcaldesas, debería servir para fixar dunha vez por todas unha estratexia conxunta de promoción, agora que o territorio vai experimentar por si só un pulo cuantitativo na súa difusión exterior.
A nada que cada un deles poña da súa parte a vontade que o proxecto merece e a nada que renuncie á pequena cuota de autonomía (que tampouco ten por qué perdela toda) que a actual estructura administrativa lles concede, o campo de traballo que se lles abrirá a todos terá un horizonte que ata o de agora ninguén explorou.
Non creo eu que sexa tan difícil entender que dúas ducias de administracións ben coordinadas fan moita máis forza ca una só.
Pois entón, non sei a qué esperan para porse a traballar de contado nun consorcio ou nunha asociación que sexa quen de colocar no mapa do turismo internacional –si, no turismo internacional- este tesouro descoñecido, tan privilexiado como a miúdo esquecido; incluso por nós.
O pasado venres, no transcurso da homenaxe que o Pen Club lle tributou a Marcos Valcárcel en Compostela e ó que tiven a sorte de asistir na compaña dun bo fato de amigos –de aquí e de acolá- de Marcos; antes de que o conselleiro de Cultura lle puxe-ra o ramo ó acto e logo dun tan coherente como pertinente dis-curso do presidente do Pen -o “irmán” Luís González Tosar-, ofreceu unha coherente intervención –a primeira que facía- o director xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
Nela, o novo responsable insti-tucional da lingua (sabedor de que sobre as conciencias dos que ocupabamos as cadeiras da Capela Real do Hostal pousaba silandeira, pero manifesta, unha profunda preocupación colectiva polo delicado momento que vive o idioma e polo risco de fragmentación social que pende sobre a súa xestión) botou man dun manifesto que o propio Marcos Valcárcel e Afonso Monxardín promoveron, hai agora tres anos, e que baixo o título de “Falamos galego. En positivo”, moitos apoiamos daquela -e seguiremos apoiando sempre- coa firme convicción de que soamente dende esa perspectiva positivis-ta e dun compromiso persoal -e neste caso transferible- con ela poderemos saír desta canella na que vivimos entalados.
Serían moitas as olladas que sobre un tema tan poliédrico, poderiamos botar, e cada unha delas estaría sostida por unha lectura diferente.
Por iso, ó fío do manifesto de Marcos –hoxe máis vixente ca nunca-, gustaríame recomendar-lle ó presidente da Xunta a súa lectura, xunto cunha reflexión comparativa que seguro que xa ten feito: ¿Por qué o Partido Popular, que en Cataluña e no País Vasco non pasa de ser unha forza de terceira fila, acada en Galicia maiorías absolutas?
Poida que haxa outras razóns. Pero, sobre todas elas, el sabe coma min que fundamentalmente é -como dicía Castelao- “por obra e gracia do idioma” ou, mellor dito, por obra e gracia da natural inmersión social coa que os seus dirixentes souberon asumir –ata o de agora- a cuestión do idioma.
Foi nunha mesa do Café Real, logo de saír dunha das tertulias que durante un tempo celebramos no Liceo, a proposta túa e como consecuencia dunha miña columna na que teorizaba sobre cal debería ser o número máis axeitado nunha conversa de sobremesa para que a palestra fose froitífera e ó mesmo tempo amena.
Non lembro ben cal fora a razón de que fixeramos aquel aparte fóra do Liceo, logo de rematada a sesión, aínda que penso que foi porque andabamos coa planificación dunha exposición sobre Curros Enríquez, cando dende a Fundación estabamos a definir cómo ía ser o decorrer do Centenario do poeta.
O que si lembro moi ben é que, a carón dunha cervexa, falamos abondo do estado emerxente de decepción colectiva no que empezabamos a movérmonos, e de cómo, había pouco tempo que abandonaras a túa militancia política, en consecuencia.
Lembro que mo dixeches cunhas palabras máis ou menos coma estas: “A verdade é que os que temos a oportunidade de expresar na prensa as nosas opinións, estamos moito mellor co pensamento libre”.
Cando o lector –e ti mesmo- teñades oportunidade de ler isto, xa terás vivido unha nova xornada de profundas contradicións, neste caso gracias ó recoñecemento do Pen Club de escritores de Galicia, onde as emocións transmitidas polo cariño dos amigos e coñecidos, terán petado contra o muro do teu peito cun acedo contrapunto marcado por esa inxusta situación na que, sen pedirche a máis mínima opinión, te ten colocado a vida.
Querido Marcos: Nos últimos tempos non temos falado, nin a través do teléfono, nin por medio do correo electrónico, nin por ningún outro medio, como noutrora faciamos de vez en cando; o cal non significa que non saiba de ti e da túa evolución, polos amigos comúns que temos, e, malia todo, que non siga abrindo cada día o xornal coa esperanza de que nese recadriño da páxina 69, volva atopar a xaneliña diaria de pensamento libre que ti sempre terás aberta.
Acabo de ler as propostas que o plenario do Consello da Cultura Galega lle remitiu nantronte ó presidente da Xunta -a petición súa- para o inmediatamente próximo Xacobeo e, como as ideas veñen a ser algo así coma os rabos das cereixas -que uns turran dos outros- suxeríronme a min outras que humildemente instalo aquí, por se soa a frauta e as le alguén a quen poidan interesarlle.
Vaia por diante que ó proxecto dunha grandiosa exposición sobre a Compostela de Gelmírez, sóalle ben a música, independentemente de cómo se consiga logo a letra, e conta con referentes achegados no tempo e na distancia, como teñen sido as “Edades del Hombre” de Castela-León, que contabilizaron visitantes por centos de milleiros.
E vaia por diante tamén, que non estaría de máis deseñar outra mostra de gran formato e itinerante de concepto, por algunhas das grandes cidades de Europa (eu propoño que sexa por aquelas onde Zara posúe tendas, pois seguro que Amancio Ortega se compromete con elas) e que amosase en esencia a riqueza cultural de Galicia enteira.
Debo colocar por diante do corolario, tamén, que a Secretaría Xeral para o Turismo debería empezar urxentemente a coordinar as oficinas de turismo que funcionan precaria e a miúdo voluntariosamente nas principais vilas turísticas de Galicia (sen esquecer os catro Padroados provinciais de Turismo), para que todas elas exerzan axeitadamente como xanelas únicas informativas, tanto para os que van coma para os que desexan moverse dende Compostela.
E dito todo isto, tamén me atrevo a propoñer, finalmente, que a Secretaría Xeral debería definir valentemente e sen criterios políticos, unha rede formada por unha ducia –non máis- de “pequenas Compostelas” repartidas por toda a xeografía galega, que son aquelas vilas que contan cun patrimonio cultural fillo de Gelmirez e da Berenguela e que axudarían a repartir a riqueza que o Xacobeo ten pousado, ata o de agora, fundamentalmente no vello campo das estrelas.
A contestación afirmativa a un correo dun amigo, que me convidaba a compartir a súa rede do “facebook”, levoume a un devalar pola web que non valorara cando asentín, pero do que non me arrepinto, pois así souben de primeira man qué era iso das redes sociais, das que tanto oíra falar nos últimos tempos e ás que me resistía acceder por non dedicarlle máis tempo do que lle dedico xa.
Por non sei qué sarillos informáticos, entre os moitos amigos, coñecidos e non coñecidos que a rede me debeu procurar (porque eu non teño conciencia de ter remitido correo ningún) e que accederon a compartiren comigo a amizade virtual que ofrece o “facebook”, atopábase un tal Anxo Lorenzo, ó que non teño o gusto –nin o desgusto- de coñecer e que, un ou dous días despois, sería nomeado director xeral de Política Lingüística.
E non teño o gusto de coñecelo, aínda que, logo das polarizadas -e conxénitas- reaccións provocadas polo seu nomeamento -tanto pola banda de Laíño como pola de Lestrove-, si que teño interese por coincidir con el; non en van, ó ser instalado no centro da diana, tanto polos que desexan que o galego acabe esnafrado nun rochedo de Fisterra como por aqueloutros que devecen por ver o castelán nos queimadores de Sogama, todo nos debe levar a encadralo no perfil do camiño do medio, que é por onde –ó meu ver- sempre deberíamos camiñar.
Pois ben, co fin de contrapuntear as enrabechadas reaccións dos dous colectivos que o crucificaron antes de predicar e que, dito sexa de paso, non son máis ca dúas asociacións parroquiais, voulle facer dúas preguntas:
¿Por moi apocalípticas que sexan as mensaxes bilingüistas, de verdade é quen de imaxinar unha Galicia na que non escoitemos falar nin papa de castelán?
E por outra banda… ¿Alguén cre que unha lingua que resistiu un decreto de “doma e castración”, catros séculos de desprestixio social e 40 anos de franquismo, vai ser fundida por unha tal Gloria Lago e catro máis?
Pois, xa está…
Permítame, querido lector, que hoxe substitúa as miñas palabras por outras que puiden ler nun correo electrónico, celebrando (nunca mellor dito) a consecución da nacionalidade española.
Non o fago con ningunha avesa intención, senón co fin de amosar, unha vez máis, o estado de permanente contradición no que vivimos; con residentes asubiando os símbolos que representan a nosa común convivencia e emigrantes comunicándolle ó mundo a súa nacionalización.
O autor ten nome e apelidos, pero, para isto non precisa identificación:
“Estimados amigos:
Es con gran alegría que deseo compartir con todos ustedes, que el pasado viernes 24 de abril, al abrir el correo electrónico me encontré con la novedad de que el Consulado de España en Uruguay me había enviado un correo que decía “Nos es grato comunicarle que le ha sido concedida la nacionalidad española. A partir de hoy puede usted tramitar su pasaporte”.
Les diré que al principio no lo podía creer, a pesar de que la había solicitado el primer día habilitado, que fue el 7 de enero, y suponía que no faltaba mucho para que me concedieran el esperado pasaporte, que me será entregado pasado mañana, 15 de mayo.
Realmente estoy muy satisfecho de poder compartir esta noticia con mi esposa y mis hijos (…) También es inevitable que estos días me vengan a la memoria mis abuelos paternos, Antonio y Elena, que emigraron en búsqueda de bienestar y progreso, en 1922. Y mi padre, Luis Alberto, hoy más que nunca, con amor, ternura, gratitud y emoción…, por todo lo que nos legaron -además de su sangre, trabajo, rectitud y enseñanzas- a todos quienes les hemos sucedido, pues, seguramente, estando en “conocimiento celestial”, de que su nieto ya es un nuevo español y gallego de su municipio, Celanova, y de su provincia, Orense, lo estarán disfrutando y gozando desde el cielo.”
Xa ve... Qué mal repartido está o mundo, querido lector.
Mentres escribo, teño diante miña o manifesto publicado nantronte pola Real Academia a xeito de reflexión na véspera das Letras Galegas.
Téñoo diante miña -logo de telo lido coa concentración precisa-, cousa que me leva a colocar por diante do resto das miñas palabras unha afirmación tallante: Concordo, de principio a fin, coa reflexión que fan os académicos, con algún dos cales manteño relación de afecto e amizade.
Ora ben, dito isto, debo facer tamén unha segunda precisión, como é que non concordei (e sigo sen concordar aínda, porque penso que é a orixe dunha boa parte do problema) coa última reforma promovida pola Academia, xa que logo sempre a interpretei coma unha concesión pseudo-política que uns académicos non militantes fixeron respecto doutros que si militan ou son próximos á formación inductora desa reforma normativa.
Vaia por diante, así mesmo, que estes comentarios son conscientemente realizados dende a perspectiva de alguén que só é lingüista no exercicio práctico da lingua, que, con ser pouco –dirán algúns-, eu considero que é moito, pois como ben di a Real Academia, falamos de “unha lingua para todos” e, polo tanto, non só da incumbencia dos académicos ou das institucións, senón, sobre todo, dos falantes.
Expresados os necesarios considerandos, o pronunciamento da Real Academia Galega lévame a unha reflexión terceira, que xa teño expresado en máis dunha ocasión e que non me permite entender cómo non foi incluída -aínda que só fose nun parágrafo- no conxunto do manifesto.
Velaí: Debátese abondo sobre a prevalencia dun idioma sobre o outro nos distintos foros sociais que nos estructuran. E cando se debate sobre isto, eu pregunto: ¿Pero, de qué galego falan? ¿Dese que diariamente esnafran sen piedade -e sen que a Real Academia os amoneste- medios audiovisuais e políticos, ou desoutro, harmónico, que herdamos dos nosos pais e que, cando lle poñamos fin ó debate non será máis ca unha reliquia ou, no peor dos casos, simplemente fume?
Hai unhas semanas, a asistencia a un acto de graduación dun Master de xestión turística na Facultade de Ourense levoume a escribir sobre os valores da mocidade que está formando –agora máis que nunca- a nosa Universidade e de cómo –tal como dixo alí o director do Master- agora máis que nunca non precisamos ir fóra para buscar unha boa cualificación.
O pasado sábado, a vida que me toca máis de preto e que sensibiliza substancialmente as miñas vibracións, levoume á Facultade de Xornalismo de Compostela, onde celebraba acto de graduación a décimo quinta promoción que se licencia nesa facultade compostelá para a que o arquitecto portugués Siza Vieira deseñou, hai uns anos, un (nunca sei ben cómo definilo, se fermoso ou anodino) “caixón”.
Alí démonos cita case todos. Estaban os alumnos. Estaban os dous padriños da promoción (un deles, Manolo Rivas). Estaba unha nutrida selección do profesorado. Por haber, ata había algún doutor. Estaba tamén unha selecta representación do persoal non docente e ata o responsable da cafetería, onde a miúdo os alumnos aprenden máis ca na cátedra do máis estricto profesor. Estaba o presidente do Colexio de Xornalistas acompañando ó decano da Facultade e máis ó Rector. E finalmente estabamos os pais, cun babeiro na faldriqueira e un pano da man enxugándonos as emocións.
Pero non estabamos todos, por moito que a foto de José Manuel Soto tamén forme parte da orla e a súa memoria presidise un acto que axudou a dignificar a ausencia.
É por iso que, cando os seus compañeiros enchían o paraninfo de emoción lembrando a aquel mozo que hai pouco máis dun ano caeu fulminado no campo de fútbol de Espiñedo, eu sentín a obriga de escribir esta columna para que, alén do ocasional protocolo, a memoria do xornalista que el xa nunca vai poder ser manteña sempre aceso o facho da humildade en tódolos seus compañeiros cando a profesión os poña a proba, pois eles van ter ocasión de superala e a José Manuel a vida non lle pediu opinión.
Hai tan só uns días, sen saber a ciencia certa en quen ía recaer a responsabilidade do sector turístico galego para ós próximos catro anos, recomendáballe a quen naquel intre era tan só unha figura difusa, que soubese aconsellarse daqueles que levan tempo traballando (os tres últimos anos sen o máis mínimo apoio institucional) no ámbito da promoción do turismo ligada ós grandes centros de peregrinación do mundo.
Agora, o cargo xa ten imaxe, así como nome e apelidos e conta –ademais- cun currículo relacionado co sector, que era totalmente descoñecido para min, entre outras cousas porque ata o de agora os meus camiños e os dela non teñen coincidido en ningunha encrucillada.
Ten imaxe, nome e apelidos e un valor engadido ligado á xuventude, que é cando o sangue máis debe axudar a ferver as ilusións por reconducir un sector que hai moitos anos que debeu ser estratéxico e que se non o foi, foi porque tanto algún dos gobernos de Fraga Iribarne coma o fugaz goberno bipartito cometeron erros de vulto á hora de definir estratexias e de apostar decididamente por transformar esa imaxe de marca recoñecida en todo o mundo, que é Galicia, e que conta con milleiros de axentes turísticos repartidos polos catro puntos cardinais, pois é evidente que en cada galego aniña unha axencia de promoción turística da nosa terra.
Pero ademais ten un don, no que eu –non sei por qué, porque non teño datos obxectivos- quixen interpretar como unha aposta do novo presidente por Ourense.
A nova secretaria xeral de Turismo é natural desta provincia e –aínda que a recente historia da Xunta de Galicia conta con algún precedente, ó meu ver non moi afortunado para Ourense- quero entender que vai supoñer algo para poñer definitivamente en valor económico o inmenso potencial patrimonial, cultural, termal, gastronómico e natural co que conta esta fermosa provincia, co fin de que dunha vez por todas deixe de ser terra de paso (é dicir, de ningures) para converterse na verdadeira parada e fonda de Galicia.
Cóntanme que no acto de presentación do novo delegado provincial (renuncio a utilizar un superlativo que non fai máis ca magnificar un cargo máis no organigrama da Administración) ademais do propio delegado, o conselleiro do que este vai depender e o presidente da Deputación, tamén estivo presente -en lugar preeminente- o alcalde da capital.
Cando me poño a escribir, aínda non fun quen de ver a imaxe que avala a información, se ben -e polo ben desta provincia- quero mentala presidindo un pé de foto semellante ó que sostén esta mesma columna. É dicir, inaugurando un máis que necesario “tempo de convivencia”.
É certo que a estas alturas non ten sentido preguntarse (se a aritmética tivera arroxado outros resultados e o delegado fose doutra formación), se hoxe estaría na foto o presidente da Deputación. Non vou formular, pois, ningunha pregunta, aínda que si o deixarei apuntado para evidenciar que, cando menos, vanse corrixindo algunhas “disfuncións”.
Feito o paréntese, repito que a estampa invocou en min un tempo de convivencia ó que se vai ter que acostumar o novo delegado á hora de pactar proxectos tan importantes para a cidade coma o Plan Termal que lle poña fin a esa sangría económica que supón deixar marchar millóns de litros de auga quente cara ó mar sen que produzan o máis mínimo rendemento para os ourensáns.
Pero un tempo de convivencia ó que sobre todo se van ter que afacer o novo delegado e o presidente da Deputación, para que non se repita aquilo que acabou ensarillando no marasmo da esquizofrenia a todo aquel que durante os últimos catro anos se vía na obriga de relacionarse coa Xunta de Galicia e antes de petar na porta dalgunha Consellería tiña que deseñar un plan de comunicación co fin de que as xenreiras entre os dun partido (BNG) e os do outro (PSOE) non botasen por terra a operación.
Disto saben ben os alcaldes, que seguro que xa empezaron a rezar para que o fin común e a coherencia sexan as que presidan esta nova cohabitación.
ourensaliahttp://www.blogger.com/profile/02359080860912494860noreply@blogger.com