tag:blogger.com,1999:blog-171010912009-07-05T12:03:28.322-07:00fragmentos da galaxiaideas, pensamentos, intuicións, poemas, reflexións, ao mellor nin iso, ou, tal vez, fragmentos de todo iso, anacos do que coñezo: as letras libres, os textos, os libros: unha bitácora para navegar por min, unha bitácora para tomar nota do que acontece na inmensa galaxia gutenbergjuan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comBlogger603125tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-25402334029529470242009-07-05T11:14:00.000-07:002009-07-05T12:03:28.333-07:00Doktor FaustA natural tendencia humana ao absoluto -tan cara, literariamente, a Borges- atopa unha manifestación insuperable nas placas metálicas que a NASA instala nas naves de exploración estelar por se acaso se dá a continxencia de que as atope algún ente de vida intelixente. A representación icónica dun ser humano masculino e outro feminino, unha man aberta, algúns caracteres alfanuméricos constitúen a mensaxe desa sofisticada e hipertecnolóxica botella galáctica, que resumen a nosa condición biolóxica.
Imaxinen que, no canto dunha placa de información sintética, os sabios da axencia espacial, persuadidos do enorme nivel intelectual dos extraterrestres receptores, decidisen que ían aloxar dentro da nave un libro, como mensaxe testemuñal e máis complexa da vida humana, das súas preguntas e buscas esenciais, das súas máis importantes dúbidas, grandezas e insuficiencias. Ocórrenseme algúns magníficos candidatos: Hamlet, Robinson Crusoe ou Ensaio sobre a cegueira poderían, desde logo, representarnos con todo merecemento. Pero, por riba de todos os que, cando menos a min, se me puideran ocorrer, estaría, sen dúbida, Fausto de Goethe.
Nunha conversa do poeta en 1830 co seu amigo e logo albacea literario, Johann Peter Eckermann, o autor afirma: Fausto é un tema inconmensurable e vans serán os esforzos do enxeño para o penetrar de todo. Fausto é un monumento á condición humana. Goethe dirixiu todo o seu estro -un sólido estro reforzado por unha cultura ilimitada- á contradición eterna e universal do home: a morte, como finalización da vida, dualidade que é a nai de todas: o ben e o mal, a busca obsesiva do coñecemento, os estragos do tempo. O poeta desenvolve unha saga definitiva na que implicou a filosofía, a teoloxía, a historia, a mitoloxía, a cultura clásica, e aínda, a maxia e a alquimia. Fausto non é lectura doada; é máis, é un texto difícil, árido e moitas veces incompleto se non se conta cunha edición convenientemente anotada, pero, en todo caso, apaixonante e sublime. Subxectivamente, Fausto representa un universo literario dunha riqueza que, simplemente, acomplexa. Nunca sucumbiu vostede á sedución de preguntarse en que época da historia lle gustaría ter vivido? Todas teñen o seu atractivo, supoño, pero a Ilustración ten moito de Arcadia do saber, unha época na que, como colosos, se erguían espíritos que portaban fachos sempre acesos e que aínda despois de tanto tempo nos alumean cunha luz que cega.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-86075551114708680982009-07-01T07:18:00.000-07:002009-07-01T10:57:24.011-07:00Heroe /vs/ metrosexualNunca disimulei a miña admiración fervorosa pola obra de Tolkien no seu conxunto, e moi especialmente pola triloxía d'O Señor dos aneis, obra da que, co meu fillo maior -a quen, supoño, de xeito case xenético transmitín o gusto- profeso sermos eruditos. Da primeira parte, sempre gustei dun xeito especial do treito, dos máis épicos de toda a saga, en que o fillo maior do senescal de Gondor, Boromir, falece asaeteado polos temibles uruk-hai, metade homes, metade orcos, en Amon Hen, defendendo ata a morte os medianos curmáns de Frodo. Na peli de Jackson (pasará, sen dúbida algunha, aos postos cimeiros da historia do cine), xa no estertor final, Boromir (inmenso Sean Bean) -ata aquel momento orgulloso e suspicaz con Trancos, o futuro rei Aragorn-, colle o brazo deste e, cun fío de voz, lle confesa:
-Siempre creí en ti... mi señor... mi capitán -e, coa voz, quebrada, nun esforzo final-... mi rey.
Nunca -creo lembrar- unha escena emocionoume tanto no cine: confeso, sen absurdos pudores, que os ollos se me encheron de bágoas conmovido pola nobreza e sentido profundamente épico da escena. Hoxe non hai unha épica, e os heroes son de vitola ben distinta.
A tal respecto, a anciá nai dunha miña amiga consolaba a solteiría desta esta asegurándolle, con ese dativo ético o de interés tan enxebre:
-Mira, hija mía, déjate, que estás muy bien soltera. Hoy los hombres te están muy estropeados.
Dende logo, a distancia que separa o heroe medieval dun cantar de xesta ou edda nórdico e un varón metrosexual do século XXI é un auténtico abismo, e fai boa a opinión da señora suprascrita. Con motivo de certo libro, referíame eu hai un tempo á guerra como práctica na que alicerzaba a estrutura da sociedade ata as primeiras luces do Renacemento, cando menos. Tamén nun magnífico libro, que atopo no sancta sanctorum bibliográfico do avó, atopo un capítulo especificamente dedicado ás características do heroe. Este libro, de eufónico e suxestivo título, é Ideales de la Edad Media. Vida de los héroes, por el Dr. Valdemar Vedel, profesor de la Universidad de Copenhague. Con 8 láminas. Traducido del alemán por Manuel Sánchez Sarto, Licenciado en Derecho y Filosofía y Letras, Editorial Labor, S. A., Barcelona-Buenos Aires, 1925.
É magoa que as dimensións desexables dun post non me permitan copiar todo o capítulo dedicado ao heroe, que logo se me acusa (con moita razón) de prolixo. Non resisto, porén, reproducir algún treito, co que, se non se me entende mal, querería reivindicar un certo senso de virilidade (ou é que non se reivindica a feminidade?):

Todo en el aspecto del héroe revela virilidad y recuerda la vida guerrera. Manos ásperas, llenas de cicatrices, manchadas de sangre sientan mejor a un hombre que aquellas que son delicadas y blancas, porque fueron siempre enguantadas. El color de la tez no debe ser pálido y suave sino de un rojo violento. La anchura de las cejas, así como la distancia entre los ojos, se tiene muy en cuenta, especialmente por las mujeres. Gran importancia concédese también al cabello. Su abundancia es siempre un signo patente de fortaleza y el cabello largo que cae hasta los hombros es el símbolo del hombre libre en oposición al esclavo, esquilado como un perro. En el hombre el vigor físico se hace objeto del mayor aprecio. En su forma primitiva, el héroe es el hombre salvaje, forzudo. Las leyendas y fábulas de todos los países divinizan esta cualidad que le permite salir triunfante de toda clase de pruebas y lo hace incansable perseguidor de mujeres, burlándose de sus enemigos por no dejar a estas satisfechas. El héroe irlandés Cuchulain mataba, de niño, toros salvajes y, de joven , seducía a todas las mujeres del Ulster, hasta que, finalmente, los maridos, para procurarse la paz doméstica, decidieron reunirse y buscarle una esposa.

Magnífica, e moi flemática, solución, por Xúpiter.
Juventus mundi! Iso eran homes e non o de agora: en efecto, te estamos muy estropeados.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-17847918005538850842009-06-28T10:36:00.000-07:002009-06-28T11:42:50.036-07:00Ex toto cordeVeño de recibir, supoño que como todos os contribuíntes -algúns, mesmo, asiduos destas páxinas-, o libro homenaxe a Marcos Valcárcel: Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos. O primeiro que teño de dicir é que este non é libro en agraz e que me gustaría que non existise. Un libro homenaxe a Marcos -inevitable como o outono tras o verán- debería tributárselle cando fose un ancián sabio e venerable, non agora. Agora Marcos é sabio e venerable -debeu nacer sabio e venerable- pero non é un ancián. É un home na flor da vida a quen os amigos tributan un agasallo prematuro en forma de libro -que outra forma podería ter?- transidos todos eles do desexo de que tal libro, e a circunstancia que o motiva, non existise. Nada hai que engadir. Quen coñece a fin de todos os camiños?
O segundo que teño que dicir é que concordo especialmente co parecer dos editores cando, na presentación, destacan que Marcos non é da tribo dos que recorren permanentemente á mantra estéril das perifrasis modais de obriga (hai que, había que, tiñan que), tribo abundantísima por estes pagos e especialmente representativa no circuíto da cultura patria. Marcos non badúa nin se pon para a foto: Marcos traballa, leva facéndoo toda a vida, e, como toda persoa de talla, ignora que é a vaidade.
O libro en canto obxecto e produto editorial merece todos os meus parabéns. Se acaso, un, que é moi amigo do minimalismo e a discreción, botaría en falta terlle concedido menos protagonismo ao libro en si. Quero dicir que o abigarramento tipográfico e a implícita proclama de obsesiva innovación editorial e de deseño de que o libro fai gala amingua, ao meu modo de ver, o protagonismo dos textos en canto contidos. En fin, son críticas menores dun cascarrabias.
Verbo das contribucións e os seus autores supoño que podemos falar dun livre témoin. Estamos diante dun volume que reúne -o meu excluído, claro- todos os nomes que en 2009 representan algo na cultura de Galicia. Vendo, no conxunto, a miña humilde achega, percibo, con todo, unha sensación particular, e naturalmente subxectiva, de alleamento. Pero este é outro cantar. O afecto fai parte, ao cabo, das cousas nobres, esas que nos elevan por riba das diferenzas.
Parabéns sinceros para todos os que fixeron posible este fermosísimo testemuño de amizade.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-69376256966368949442009-06-26T07:52:00.000-07:002009-06-26T08:42:54.668-07:00Momentos de gloriaA peaxe que é inevitable pagarmos pola globalización da aldea na que habitamos e a estandarización das nosas vidas e rutinas cotiás é o anonimato. A ninguén lle gusta ser por completo anónimo. Hai, mesmo, a quen o anonimato lle resulta insoportable. Aí teñen a Andrés Pajares que é capaz das cousas máis raras por seguir alimentando o cuxé. Porque todo o mundo, xa máis nutrido, xa máis escuálido, ten o seu ego, e busca os seus momentos de gloria. Esta busca pode revestir as máis peregrinas formas. Pulsaba eu o outro día, con asombro, a ansiedade, carraxe e mesmo angustia da oínte dun programa vespertino de Radio Voz -que comanda unha muller coa voz fría e aséptica das dominatrices sm e das tradutoras simultáneas- ao que a xente chama pedindo cancións para llas adicar aos amigos e parentes. Esta oínte sentíase atroz e desproporcionadamente ofendida pois a súa petición, segundo ela, non fora atendida no día e hora acordados. Oír o seu nome pola radio constituía, sen dúbida, o seu momento de gloria e alguén -o malfado, o destino, ese fillo de puta- o impediu.
Disque de toda reunión o noventa por cento é lixo. As reunións das comunidades de veciños e as de P.O.D. de establecementos docentes son un laboratorio onde se pode con toda fidelidade experimentar ese aserto. Tamén son territorios onde moitos buscan o seu momento de gloria, que, polas razóns que sexa, teñen vedado doutro xeito. Falan e badúan, aburren e resultan repunantes emitindo opinións absurdas, afirmando obviedades coa expresión triunfal de quen cre estar emitindo un principio universal, encantados de coñecerse e, sobre todo, de oírse. Momentos de gloria.
Eu, unha mañá escura de inverno, indo en coche de cara ao traballo, e como queira que aquela escuridade me trouxo á cabeza a agonía de Goethe, preguntei á miña acompañante se coñecía as famosas palabras que o gran literato alemán pronunciou no póstrer hálito. Para compensar a rudeza dos primeiros compases dunha nova xornada laboral, buscaba eu tamén o meu momento de gloria, esa impagable sensación de sabérmonos capaces de estremecer alguén premendo na tecla da máis sublime sensibilidade. A miña acompañante, entre bocexos, dixo:
-Siento dejar este mundo sin probar pipas Facundo.
É xusto aí cando un pensa que, por veces, a vida é un fardo gris que ninguén quere.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-43426623562664739342009-06-23T10:16:00.000-07:002009-06-24T05:02:57.167-07:00...a sardiña molla o panXa glosei noutra ocasión a nobre e antiquísima arte dos graffiti. Nunha pintada antolóxica con que alguén tivo a ben gravar as paredes da Facultade de Psicoloxía compostelá explicítase unha consigna sospeitosamente paradoxal coa materia que se profesa ensinar en tal establecemento: Pensar non doe! Moi en troques, creo eu que pensar si doe, ou, cando menos produce, o uso abusivo das facultades intelectivas, un cansazo mental que, como o corpo con gripe, pide á nosa maltreita psique repouso, afastamento, consomés suaviños e tisanas psicolóxicas. Como xa reflectía o post anterior, unha extraordinaria actividade intelectual, derivada de esixencias profesionais excepcionais, teñen postrado as miñas, de seu exiguas, capacidades ao punto de convertelas nun mal engendro, en el que apenas hay aliento vital ni un átomo de inteligencia, tal e como crónicas e mamotretos debuxan a figura daquel malfadado monarca Carlos II, o rey pasmao da sabia voz popular, que tan ben retratou Torrente.
Acumulo, nestes días, unha gran débeda de pensamento e imaxinación con estas páxinas, que non sei se serei quen de abonar. De por parte, non perdo a esperanza.
Pero deixémonos de lerias e gocemos do fiandón neste serán de solsticio que pouco e pouco camiña cara á noite. Lumes e fumes, trangallada, viño a varrer, cachelas ou lumeiros, maxia e atávica excitación, sardiñas e chourizos criollos. Meu pai, en paz estea, con enorme ledicia facía as tardiñas de tal día coma hoxe a auga de San Xoán; nunha jofaina mesturaba herbas e flores de olor, para nos lavarmos na mañá do 24. Dicía el que era por purificarnos. Sería.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-40123602766515414412009-06-19T00:21:00.000-07:002009-06-19T00:34:41.781-07:00Out for workPrezado blog:

Ultimamente téñoche un chisco abandonado por andar nos tráfagos que nos impoñen os moitos compromisos. Xa sabes o que dicía aquel picarón de Voltaire (e vasme perdoar la pédanterie de falarche en gabacho, que eu sei que ti es un blog moi aberto e internacional e non precisas de enquisas lingüísticas): à force de s'occuper des choses urgentes, on oublie les choses essentielles. Ti, querido blog, como os bos amigos e as amantes tórridas, para min es esencial, nunca urxente.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-7575110701400356842009-06-14T12:22:00.000-07:002009-06-15T06:58:36.119-07:00Unha ficciónAs connivencias de música e pensamento poden ser extraordinariamente suxestivas. Non sei se produtivas tamén (teño para min que si), pero, dende logo, suxestivas. Mentres escoito Timewind, do estratosférico e wagneriano líder de Tangerine Dream Klaus Schulze -obra que é para min máis un totem ca un mero vinilo-, lembro algo que un amigo me dixo hai uns días. Viu -ao mellor vostede tamén- un documental no que se formulaba a ficción -de corte francamente saramaguiana- de que unha hecatombe liquidaba a humanidade sobre a face do planeta. Así de simple. Dun día para o outro.
A fantasmagoría melódica de Schulze acáelle que nin anel ao dedo á idea, poética por desprovista de todo consolo, dun planeta baldeiro. As cidades, as fábricas, os zoolóxicos, os parques, os vales e montañas, as urbanizacións e aldeas, os barrios, os bancos das alamedas, as estradas e rúas, as universidades e escolas, os paseos e avenidas... Ruínas, unha inifinita soidade e ilimitada devastación.
Polo visto, tense calculado cantos meses durarían funcionando soas as centrais eléctricas ata o fallo total, que induciría sinerxias ignotas; canto tempo transcorriría ata que as estradas e autoestradas fosen devoradas polo mato. As ratas, que de costume son consideradas especie invencible pola súa impresionante capacidade de adaptación á adversidade, perecerían en brevísimo prazo, a punto tal dependen do lixo e os desperdicios humanos. Só os cans de fociño máis afiado (loxicamente mellor adaptados á caza, a súa actividade xerminal) sobrevivirían; en todo tipo de instalacións humanas abandonadas (fábricas, edificios) crearíanse novos ecosistemas con formas ata o momento descoñecidas de simbioses entre especies animais e vexetais.
Ollo pola fiestra. Mentres o inquietante monotono de Schulze, entre ventos e furias, vai rematando, o val da Amaía amósase vizoso, esplendente, fermosísimo neste solpor estival. Vaise atenuando a luz e nacen fías de brétema. As calvas do verdor de bosques e fragas están cheas de casiñas nas que habitan as penas e glorias, as miserias e as grandezas, as risas e os choros dos homes. Hai momentos de infinita levedade -falsa, perigosa- en que un sinte unha especie de amor global, de universal sentimento de afecto pola nosa propia condición.
El non será unha maldición pensar?

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com6tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-51362217492130048962009-06-11T09:45:00.000-07:002009-06-11T09:55:32.646-07:00Gnothi seautonNon é moi aplicable a este blog aquilo de quen moito fala, moito erra, pois, non se tratan nel de costume magnitudes obxectivas senón aspectos variados da vida e os libros nos que normalmente andan trufadas opinións, puntos de vista e visións subxectivas do seu autor. Quero dicir que, fronte a un dato, dunha opinión, pode dicirse que é discutible, pouco atinada ou oportuna, pero non que é errada ou falsa, o que si se pode dicir do dato. A un blog si pode aplicarse unha variante do proverbio: quen moito fala, moito arrisca. E eu, que falo moito e meto o nariz alí onde non me chaman, sufro por veces os riscos, danos, sensabores e aínda disgustos que derivan do malentendemento e do trasacordo. Porque sucede que os textos son, para o seu autor, coma os fillos para os pais: un quixera que fosen como a el lle gustaría pero logo adquiren un a xeito de autonomía e vida propia e, onde menos se agarda, salen por peteneras e son interpretados do xeito exactamente contrario a como se desexaba. En fin, como dicimos en edición cando metemos a pata e algo sae mal: se non traballase, non tería cometido o fallo. As cousas malas (e, por ventura, as boas tamén) pasan, precisamente, cando se traballa e se fan cousas.
Tras un deses trasacordos aos que me refiro, un visitante desta casa, alentado, non me cabe dúbida, polo máis encomiable espírito de construtiva crítica, diríxeme en privado algunhas suxestións para a mellora deste local, sobre as que, por resultarme algunha delas sorprendente, quixera reflexionar brevemente. Suxíreme,en concreto, 1. Facer textos moito máis breves, 2. Ser menos anecdótico. 3. Evitar ser o gracioso da reunión e 4. Evitar querer agradar a todos.
Sobre o primeiro apuntamento, que podo dicir? Hai posts máis breves e outros máis longos. Se, por sistema, aceptara ser breve, estaría aceptando implicitamente que aos posts longos lles sobra a maior parte, e, modestamente, non o creo. Falo do que teño que falar nas dimensións que entendo xustas e procuro en liñas xerais fiar o discurso para que se siga con certa amenidade. Imaxinan vostedes que un novelista se propoña ser sistematicamente breve? Haberá novelas que lle saian de 150 páxinas e outras de 300. Pois a min pásame o mesmo.
As recomendacións segunda, terceira e cuarta atinxen directamente á natureza deste blog e á chispeante, inimitable e desparramada personalidade do seu autor. Dicir, na miña defensa, que en ningún momento quero ser o gracioso da reunión nin agradar a todos, pode soar a desculpa inútil. Está en todo o seu dereito o meu crítico a pensalo, claro. Pero, xa que sae o tema, déixenme dicir (e coincido nisto con el) que sendo, na miña opinión, moi boa parte dos blogs insoportablemente sesudos, soporíferos ou monotemáticos, anecdóticos, e por tanto baldeiros, ou abertamente verborreicos, eu intento dende estas páxinas ser todo o contrario (chist! dixen o intento): frivolón cando me peta, irónico, anecdótico (tomando a anécdota, sempre, como ilustración dunha idea ou argumento), sesudo en ocasións, adicto a certos temas (pero non vicioso deles), misceláneo, iconoclasta (dentro do respecto), pero -en contra ese espirito pasteleiro que o meu amigo me atribúe- crítico, mesmo acerbamente crítico, e defensor de posicións arriscadas cando a miña conciencia mo dita en moitos temas.
A fin e ao cabo, como calquera produto do intelecto, un blog é en boa medida o reflexo da alma do seu creador. E, coma esta, o reflexo pode ser brillante ou pálido, transparente ou opaco, estival ou de inverno, verde ou gris...

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-41938262220209055722009-06-09T10:35:00.000-07:002009-06-10T00:55:18.755-07:00Pampín ou que facer coa relixiónHai declaracións que un escoita ao chou e permanecen para sempre. A un meu amigo, en certa ocasión, sentinlle dicir que a el non lle preocupa a relixión da xente, senón o que a xente fai con ela. Eu, nun momento dado da miña existencia, non souben que facer coa miña relixión e, coma quen abandonda ―non sen certa mágoa e dor de corazón― un obxecto que, malia inservible, leva acompañándonos moito tempo, deixeime de batifundios místicos e colguei os exiguos hábitos cristiáns que ata entón vestira. Supoño que entrei en relixión, coma tanta xente, pola vía nacional-catolica da misa de doce, as clases do instituto impartidas polo cura, a catequese e a primeira comuñón. Lembro, de cativo, algo así coma arrautos de beatitude cando saía do confesionario coa alma limpa despois de envorcar ante o crego o lixo da conciencia. Como pecador confeso, era un dun nominalismo atroz: á pregunta regulamentaria do sacerdote, qué pecaditos tienes, eu largaba un inventario literal de venablos: digo coño, carajo, mamón, merdento, gilipollas, vete a la mierda, vete a rascar el culo, vai á merda…
Logo, na tontolescencia, viñeron, por vía dun cura rojo ―hoxe grande amigo― as misas de xuventude: moito Kumbayá, señor, Kumbayá; Venceremos nós e De que color es la piel de Dios, perante a crítica feroz da boa sociedade da vila que vía en nós un perigoso grupo de levantiscos. Aínda a lombos daquel prodixioso exercicio de mixtificación hortera que foi Jesuschrist Superstar e a melodía monocorde de My Sweet Lord de George Harrison (en paz estea), subiume a temperatura extática e andaba todo o día cun Novo Testamento de tapas verdes que me costara dez pesetas no peto traseiro do jean, botando man del a cada tanto para atopar conforto na áspera singradura da vida. Pura filfa. A vida aos dezasete anos era para min calquera cousa menos unha áspera singradura.
Con todo, antes do abandono definitivo, houbo un repunte. En sexto de bacharelato, o primeiro día de clase de relixión entrou un home novo, moi novo, de voz afrautada, delgadiño e pouca cousa el, de pelo curto, gafas de pasta e o traxe gris de paisano característico dos sacerdotes progres. Falaba galego, un galego fermoso e sonoro, repousado e ben construído. E non falou do pobo de Israel, nin do mes da flores nin dos exercicios espirituais, nin do horrible pecado que é o vicio solitario: falou da urdime (sempre lembrarei esa palabra na súa boca) que é o home, do complexísimo conxunto de factores, circunstancias, relacións e situacións que conforman a humana existencia. E falou dun libro que eu lembraba ter na casa, da biblioteca do vello galeguista que era meu pai, Mito e realidade da terra nai. E mencionou a Sartre, Heidegger e Camus e non rebatiu falar de Marx cando alguén o provocou. Aquel home, de trato suave, que sabía escoitar, que incitaba de xeito impercetiblemente irresistible ao diálogo e a serea reflexión, chamábase Xosé Manuel Rodríguez Pampín, Pampín para os amigos. Comigo estivo a piques de conseguilo, de levarme á súa banda do Tíber, pero ao cabo púidome o lado escuro da forza. Ou talvez troquei, como tantos, un repertorio ideolóxico (o cristianismo) por outro (o comunismo). Fun moi amigo de Pampín e, ao que partín para a facultade, propinoume unha aperta chea de agarimo e sincera lealdade.
No volume XI dos Cadernos Ramón Piñeiro, que publica un interesante epistolario deste, inclúese unha carta de Pampín a Piñeiro escrita en 1975 (por ese ano debeu marchar ao Instituto da Estrada) cun título que me fixo sorrir e lembrar a enorme humanidade, simpatía e dozura de Pampín: Carta a don Ramón Piñeiro falándolle do humor e outros asuntos que nos aqueixan, tal como pode facelo un teólogo de oficio. Pola breve semblanza biográfica que o volume inclúe entérome de que faleceu moi novo, en 1997 aos 56 anos; maxia dos libros que, coma mensaxes en pomba, traénnos novas de xentes distantes. Agardo esperanzado que Pampín comparta a benaventuranza de estar en compaña do Deus no que tan honesta e afectuosamente creu.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-41809092497930328152009-06-07T11:56:00.000-07:002009-06-07T12:07:16.294-07:00PinceladaTarde de xuño. Chove e brúa o vento. O camiño é longo, longas as horas e os pasares, longa a lonxanía que nunca se aproxima. Soa a intervalos, lúgubre, a campá da parroquia convocando os vivos a velaren alguén que parte. E hai no tanxer triste do bronce, nas ondas que levan paseniño e lonxe o agoiro, algo intemporal, de terra veneranda, insondable como a pedra ríspida da igrexa, o regusto de todo o silandeiro, como a cerna dos carballos e o rumor da aldea.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-35385269358209307532009-06-06T07:07:00.000-07:002009-06-06T07:19:16.847-07:00Vini, vidi: vinci?Publicado hai uns días en Infolibro.org:
El director general de la División de Librerías del Grupo Planeta, Jesús Badenes, se mostró ayer convencido de que el libro electrónico estará ya implantado en España "dentro de veinte años" y, aunque no desplazará al de papel, sí será "mayoritario" en algunas líneas editoriales. "El libro electrónico está aquí para quedarse", afirmó Badenes en la segunda de las jornadas dedicadas al libro digital, que tuvo lugar en la Feria del Libro de Madrid y en el que la mayoría de los participantes coincidieron en reclamar "un esfuerzo coordinado" ante el reto que supone la edición digital. Por otro lado, Guillermo Altares, director del suplemento literario "Babelia" del diario "El País", calificó de "esfuerzo absurdo el tratar de impedir" que el e-book no esté presente en la Feria del Libro de Madrid.
En efecto, negarlle a butaca ao e-book na Feira do Libro de Madrid é querer poñerlle valados ao vento. Claro que chegou para quedarse. Pero o que aínda non sei é en que termos. Tal e como evolúen hoxe este xénero de innovacións, dende o nacemento comercial dos dispositivos con tecnoloxía e-paper e e-ink, Kindle, iLiad, Papyre ou Sony Reader tiveron tempo abondo para seren acollidos socialmente cunha unanimidade e entusiasmo moito meirandes do que as súas cifras de venda parecen reflectir nos países cultos. Penso que a clave está en iso tan socorrido que di o executivo de Planeta de que o e-book será maioritario en “algunas líneas editoriales”. Coño, que tío listo! Iso xa o sabemos. Os retos do futuro do libro están na especificación de cales serán esas liñas editoriais.
Deixémonos de bromas: o que sostén hoxe o gordo da industria editorial mundial é a narrativa. Por que, nesta altura, Los hombres que amaban a las mujeres, por exemplo, (extraordinaria novela á que, por certo, non son quen de lle botar o dende hai máis dun mes)­ non é un éxito en e-book cando leva millóns de exemplares impresos vendidos en todo o mundo? Fetichismo? Inercia? Tecnofobia? Tecnofilia? Non será que o libro impreso é un invento caralludo que non é necesario cambiar, e que, pola mesma razón, está chamado a convivir por séculos coas tecnoloxías da comunicación máis sofisticadas?
(Máis sobre o asunto).

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-60524426953933744692009-06-01T08:50:00.001-07:002009-06-02T09:09:30.282-07:00O cabalo, a rata e o ornitorrinco
Un amigo anónimo desta casa, un pouco cascarrabias e quejica pero boa xente e agradable, afirmou en certo debate xerado por un post meu un argumento que non quito da cabeza, pois ten un pouso de razón, que, cando menos eu, non podo rebater: os blogs son un negocio para corentóns. De momento, déixenme retroceder vintecinco anos, e logo volvemos sobre tan contundente aserto.
Os xogos característicos da adolescencia teñen todos eles unha dobre compoñente: o espertar sexual e a propia imaxe. Quen non ten xogado á cerilla e respostado á pregunta decisiva quien te gusta cando se apagaba o misto, para non chamuscar a punta do matapiollos? Outro pasatempo de larutos había, do que fun eu vítima nunha ocasión, que consistía en facer espirais cun boli ou lápis sobre un papel ininterrompidamente e durante un tempo prolongado, cos conseguintes comentarios de estrañeza, impaciencia e fastío ante tan estúpida actividade. A escuso, o/a bromista ía tomando nota de todo e logo, cando remataba a cousa, declaraba que tales comentarios eran os que acostumaba un a facer no acto sexual: joder que coñazo; esto no se acaba más; ya me estoy mareando con tanta curva; puedo parar de una puta vez?; esto que sentido tiene?, e tal. Outro chascarrillo había no que se preguntaba que animal lle gustaría ser a un; que animal lle dá noxo e que animal lle parece o máis estraño do mundo. Poñamos un cabalo, unha rata e un ornitorrinco. A cousa tiña unha correspondencia chocalleira co noso lugar no mundo e era, no fondo, unha advertencia sobre a necesidade de graduar a nosa vaidade: un cabalo ―forte, nobre, fermoso― era como un se ve a si propio; unha rata como nos ven os demais e un ornitorrinco como somos en realidade.
Xa de corentóns (mesmo de corentóns pasados como este menda), e xa que os blogs son un negocio para maduros melancólicos entre os que nomeadamente a educación da prole é labor preeminente, traio de novo a colación o noso mapa do mundo, na altura das nosas vidas na que andamos, e a sempre suxestiva cuestión de cómo nos vemos e como nos ven. Eu creo ser o mellor pai do mundo: coherente; firme pero nunca autoritario; tolerante e comprensivo pero severo cando é preciso; ecuánime, equilibrado e sensato, características todas elas que me compelen de xeito docemente inevitable a crer que meus fillos ven en min un modelo a seguir. Pero, o vaidade!, e se non fose así? No limiar a Ética para o meu fillo, conta Fernando Savater unha anécdota que moi ben pode ser ―eu así o vexo― aviso a mareantes: un neno de cinco anos di ao pai: Papi, canto gustaría de ir contigo e mamá a dar unha volta polo mar nunha barca. O pai, co corazón feito biscoito, dille: Claro, filliño, cando poidamos o faremos. E ―repón o neno― cando esteamos dentro, ben dentro do mar, tirareivos a ti e a mamá para que afoguedes. O pai, dorido: Pero fillo!! E o neno: É que os pais dades moita lata!

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com8tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-9238999712192580692009-05-30T01:12:00.000-07:002009-05-30T12:32:39.929-07:00Mazarelos e Siruela Entre estas calores saharianas, unha curiosidade compostelá: sabía vostede que a porta de Mazarelos é a única que queda en pé da antiga muralla que arrodeaba a ‘améndoa’ santiaguesa? Sabía vostede que por alí, subindo do Castrón Douro e o Patio das Madres mercedarias entraba na cidade, polo camiño de Ourense, o viño do Ribeiro? Sabía vostede que o pequeno bar-restaurante que colinda intramuros coa Porta se chama Viño precisamente por esa razón? Quen, da vella garda filolóxica de Mazarelos, non lembra a Victoriano Novio Manteiga, orondo, sabio e repousado propietario do establecemento nos anos oitenta; a súa muller Dorinda, pequena, espelida, cordial, e a muchacha Julia, delgada, miope, en permanente movemento? Alí, na paradigmática terraza do Viño, un estival mediodía de hai ben anos, vin eu un tipo sentarse nunha mesa e pedir -cousa rara que, naquela altura, na vida vira- un kas limón con cervexa. Era un tipo da miña idade, máis ou menos, co pelo prematuramente níveo, que lía El País mentres bebía da clara. Recoñecín a Jacobo Fitzjames Stuart y Martínez de Irujo, conde de Siruela e Grande de España, a quen por aquel entón xa precedían as brétemas un pouco míticas da súa exquisita editorial Siruela.
O fillo dun amigo meu, cando de pequeniño lle preguntaban qué quería ser de maior, respostaba invariablemente convencido: rico. Sabendo o que sei hoxe, se mo tiveran preguntado a mín diría: Jacobo Ftizjames Stuart y Martínez de Irujo, conde de Siruela e Grande de España, e non tanto pola artillaría heráldica canto pola teima editorial.
O excelente suplemento "Culturas" de La Voz de Galicia de hoxe sábado publica, na última, unha interesante entrevista con Jacobo Siruela. Jacobo Siruela representa para todo editor vocacional e amante dos libros o modelo ideal: un editor rico, de entrada despreocupado de repunantes servidumes financeiras (no edito para ganar dinero, pero tampoco para perderlo); de base fondamente culta e sensible cara ao mundo cultural e intelectual (claro, mentres na miña época hippie eu fumaba petas, poñía cul nos ollos e escoitaba a Camel cunha pandilla de farsantes coma min, Jacobo pasaba las tardes con Paul Bowles o invitaba a Jorge Luis Borges a dar una conferencia o hablaba con Cioran), e que entende a actividade editorial dende un radical amor ao libro: Para mí editar es una felicidad. Sobre todo lo hago por el placer hacia el libro.
Cando lin, na entrevista, que Siruela é vampirólogo, sorrín, pensando que, co amor aos libros, a afección vampírica debe ser o único que teño en común co editor artistócrata. Lembrei (e había moito tempo que non o lembraba) que, devoto como eu son de toda especie de truculencia, o primeiro libro que merquei de Siruela foi unha siniestra biografía dun siniestro personaxe: a monstruosa condesa sáfico-sádico-antropófaga Erszébet Báthory, de nación maxiar, ao cabo condenada por bruxa, asasina e herexe contumaz. Ademais do fascinio anexo a historia tan demente e escura, do libro evoco con nidieza o recoñecemento dun labor editorial esmerado ata nos últimos e máis banais detalles. Aquí, pensei naquel momento, hai escola e oficio, cerna e madeira de editor. O tipo de cousas que o van facendo a un.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-69098384381618954402009-05-27T05:44:00.000-07:002009-05-27T07:42:36.919-07:00Jabi, o cerdalíO marco natural: terras da Barcala nicrariense. O prota: un cruzamento entre porca e xabarín. A este xénero de bicho chámanlle popularmente cerdalí (fantástico acrónimo de cerdo e jabalí; o equivalente galego podía ser porcarín, de porco e xabarín). Este cerdalí en cuestión chámase Jabi (enxebrísima mestura apocopada e gheísta de Gabriel, advocación natalicia do porcarín). Aliméntano cun biberón ad hoc feito cunha litrona de cocacola á que lle enchufaron unha tetina. O cerdalí é albino. E os seus donos quereno coma ser fora un cristiano.
Miña terra galega (póñalle a música de Sweet home Alabama, porfa). Tres glosas:
a) se Deus non ri non é home de humor.
b) non pode existir outro país así.
c) e Babe protaginozou unha peli? Sería porque é americano... Jabi si que tiña méritos para ser unha estrela do celuloide.
(Fonte e foto: El Correo Gallego).

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-20824956661082612982009-05-26T08:33:00.001-07:002009-05-30T01:30:43.234-07:00600
Chama a atención ata que punto nos tempos que corren chegou a sacralizarse todo o que é novo. No contexto dun hipercapitalismo que ten disparado a sociedade a niveis de inmoral opulencia, o estímulo ao consumo recorre, de maneira obsesiva, ás calidades do que é novo, como paradigma do que é bo, prestixia e paga a pena adquirir, fronte ao usado, coñecido, pouco orixinal, como signo inequívoco de patética obsolescencia. Esta tendencia non é só unha estratexia comercial pois enchoupa ata os recantos máis insospeitados. Nun memorándum profesional que redactei hai anos, lembro un argumento que empreguei en contra de certa resolución en materia de avaliación da calidade na edición das universidades españolas; dicía literalmente: a devandita resolución identifica de maneira sistemática e unilateral calidade da investigación con orixinalidade agraviando de tal xeito a dignidade, rigor e madurez intelectual de moitos traballos (traducións, adaptacións, libros divulgativos, manuais…) condenados á insignificancia.
Eu, por veces (non sempre, pero por veces) teño claras as miñas escollas: Los hombres que no amaban a las mujeres de Stieg Larsson leva vai para un mes na mesa de noite, agardando pasar da páxina 20 a onde cheguei ―todo hai que dicilo― con certo esforzo. De momento, estou gozando coma un indio cunha inxenua edición ―de encantadora pretensiosidade e doméstico luxo, saída das prensas dun sospeitoso 'Círculo de Amigos de la Historia'― de La flecha negra de Mr. Stevenson. Ai, os clásicos! Que nunca nos falten os clásicos!
P.S. Por certo, este post é o número 600 desta casa. Gana me dá de cantar aquilo de Adelante, hombre del 600, la blogosfera nacional es tuyaaa...

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-83783370517411341652009-05-24T02:34:00.000-07:002009-05-25T03:50:20.452-07:00TDT Prayer Un amigo fiel destas páxinas, el mesmo propietario dun máis ca interesante local, faime chegar o folleto publicitario de certo establecemento no que se inclúe un sintonizador de TDT de sorprendente denominación comercial: o TDT Prayer, é dicir o tedetepredicador, ou, aínda mellor, o telepredicador dixital terrestre. Ao fío das cábalas sobre as potencialidades de tan curioso aparello para a salvación das nosas almas, manifesta o meu amigo non querer ferir sentimentos nin susceptibilidades relixiosas ao publicar un comentario ao respecto no seu blog. Non vexo por que debera ser así. Ben en troques, creo que é un exercicio de elemental ecuanimidade que a bitácora dun agnóstico, como quen subscribe, recolla os últimos avances en materia de ciberrelixión. Resultando, ademais, que a publicidade do establecemento en cuestión se fai en perfecto e normativo galego (tan radicalmente enxebre que se rotatiza o l de player) xórdeme unha dúbida razoable, que é, ao mesmo tempo, unha ilusión: será que ao prender o TDT Prayer e sintonizalo como Dios manda (nunca mellor dito), o cacharro conecta directamente co padre Isorna?

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-64888599045111172052009-05-22T12:22:00.000-07:002009-05-23T04:25:01.690-07:00The captain of her heart
Dicía o extinto Antonio Vega que pola noite baixaba ao Penta a escoitar canciones que consiguen que te pueda amar. Quen non lembra cancións así?
Nos oitenta fíxenme un home e, nese transo cimarrón dos vinte aos trinta, pasáronme boa parte das cousas máis excitantes, estrañas, algunhas horribles, ridículas, heroicas, estúpidas e marabillosas do lapso que é a vida. Esta é unha pequena homenaxe á decada prodixiosa. Con ela van os meus desexos de boa finde.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-36244181328952841342009-05-22T00:07:00.000-07:002009-05-22T00:18:11.476-07:00Nihil novumNon me gusta repetirme pero cando nada cambia o vello argumento segue tendo vixencia.
Mañá de primavera. Compostela amence tras un novo botellón. O de sempre. Dígolles unha cousa: algo sei de ser pai. E cando nunha famila non se exerce a autoridade que é inherente a toda organización social, a cousa vai mal. E se iso pasa nunha familia, imaxinen nun país. A cousa -e todos o sabemos- é moi simple: dous e dous son catro. Pero neste país de pandereta, onde todo se discute, onde tododiós entende de todo, onde os límites están segundo quen, onde e cando, dous e dous son... o que vostede queira.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-42808684502500621762009-05-19T08:42:00.000-07:002009-05-19T12:16:44.349-07:00De lecturas varias, do campo e da cidade
De don José Martínez Ruiz, posuidor dun seudónimo bastante cursi, Azorín, que, máis ca un escritor de nota, a min sempre me evocou un can de raza pequena ou o afectuoso mote familiar dun adulto cun retraso mental,­ teño eu un libro delicioso, tanto polo obxecto en si canto polo seu contido. Lecturas españolas chámase o tal libro. Os escritores do 98, por certo, teñen moitos libros co adxectivo español nos seus títulos ­-penso agora a vuelapluma en Andanzas y visiones españolas do digno e valente don Miguel­- pois amaban moito España, a súa casa común á que vían postrada tal unha fera, outrora poderosa e impresionante, e hogano ferida, humillada e como en funesta anunciación do seu tráxico destino. No formal, a miña edición das Lecturas españolas é un fermoso -e talvez raro- volume en oitavo, tapa dura e elegantísima tipografía sabon sobre papel de excelente tacto. Atopo a explicación de tanta calidade no pé editorial do libro: Thomas Nelson and Sons, Ltd., Editores, e, a seguir, 189, rue Saint-Jacques, Paris y en Edimburgo, Londres, Nueva York. Engade valor ao libriño -non discutirei que un chisco fetichista- o feito de que a miña edición ostente na portada o exquisito selo, de clásico busto feminino e inequívoco regusto jugendstil, da Librería-Papelería J. Buceta, Policarpo Sanz, 56, Vigo, establecemento onde acaso o avó, ou quizais Roberto Blanco Torres -que viviu e casou en Vigo-, adquiriron o volume.
O contido das Lecturas, como ben permite intuír o título, conságrase á baloira crítica de autores diversos, de diversas épocas e gustos, e de musas e intencións tamén diversas, pero transidos todos eles por ese sentimento de españolidade que tan caro, e necesario, resultaba aos autores do 98. A punto tal que, sen estridencias, se reúnen no volume universos, reais e literarios, tan distintos como os de Larra e Guevara, Baroja e Saavedra Fajardo, Gracián e Mesonero Romanos, Hartzenbusch e Galdós: Un lazo espiritual -di o autor- une todos los trabajos de este volumen. La coherencia estriba en una curiosidad por lo que constituye el ambiente español -paisajes, letras, arte, hombres, ciudades, interiores...- y en una preocupación por un porvenir de bienestar y justicia para España.
Dá o curioso volume de Azorín nova de autores tan ignotos como don José Mor de Fuentes -home de máis vitola nos dramáticos acontecementos do 2 de maio de 1808 e subseguintes que a que o seu descoñcemento contemporáneo fai supoñer-, de quen se publica en 1836 unha case subversiva autobiografía de delicioso título: Bosquejillo de la vida y escritos de D. José Mor de Fuentes, delineado por él mismo, Barcelona, Antonio Bergnes, librero. Pero -maxia dos libros e a infinitude de ideas e consolos que acubillan- atopo especial deleite na glosa azoriniana de Antonio de Guevara e o seu arquifamoso Menosprecio de corte e alabança de aldea (1539), pois, enamorado como estou da xeórxica beleza da Amaía na que habito e subxugado polo feitizo da súa paisaxe, outorgo dimensión moi íntima a palabras que, escritas vai para seis séculos, seguen expresando con diafanidade as beizóns dunha vida natural, anterior, en todo caso, á voráxine e falsía das cidades: Vida sanísima es la de la aldea: allí no aportan bubas, no se apega sarna, no saben que cosa es cáncer, nunca oyen decir perlesía, no tiene parientes la gota, no hay cofrades de riñones, ni tiene casa allí la hijada, ni a nadie se escalienta el hígado, ni a ninguno toman desmayos. La mañana en la aldea es más temprana, la tarde más perezosa, la noche más quieta, la tierra menos húmeda, el agua más limpia, el aire más libre. Multitud de molestias que existen en la corte no las hay en la aldea.
Pero, como todo pro ten o seu contra, e non era ecuanimidade o que faltaba ao glosador, contrapón Azorín ao entusiasmo virxiliano do bo eclesiástico renacentista a irónica reserva de La Bruyère, quen, no capítulo V dos seus Caractères escribe (a versión galega é miña): Diríxome cara a un vilariño e xa estou case nun outeiro dende onde o albisco. O vilariño está situado non lonxe; un regatiño lambe os seus muros para perderse logo nunhas leiras. A atmosfera é tan diáfana que podo contar as torres e campanarios da vila. Entusiásmome e exclamo: Que pracer vivir baixo un ceo tan fermoso e en lugar tan deleitoso! Aos dous días de estar nel, xa me parezo a todos os que alí viven: estou desexando marchar!
Hai cousas, como esta antiquísima diatriba entre o gusto polo frenético ritmo urbano e a pracidez rural, de curiosa inmutabilidade. Lembran aquel clásico marabilloso de Disney dos ratiños de campo e cidade? Supoño que, xa por unhas razóns, xa por outras, todos somos dalgunha clase de ratiños (ou ratiñas).

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com6tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-45930705022630852362009-05-17T06:07:00.000-07:002009-05-19T00:31:45.823-07:00Soraya& RamónSupoño que, segundo quen e por moi diferentes razóns, hoxe se falará moito de Soraya e de Ramón Piñeiro, estraña parella onde as haxa. De Soraya, á parte de que é unha real moza, que o verán pasado que ceaba eu en Vimianzo unha estraordinaria pescada, ela cantaba na verbena próxima e que onte fixo o ridi ―miña pobre― en Moscova, non podo dicir moito. De don Ramón teño ―ademais de toda a colección do vello Grial que el co-fundou e dous libros de páxinas amarelas da biblioteca paterna: La saudade, en colaboración, Galaxia MCMLIII e A Lingoaxe e as lingoas, Discurso lido o día 25 de novembro de 1967 na súa recepción pública na RAG, 1967― unha lembranza concreta: había unha conferencia de certo catedrático de Filoloxía románica na facultade nos meus primeiros anos de estudos. A aula, a máis grande da pequena facultade de Mazarelos de entón, de pupitres incómodos, apenas daba capacidade para o xentío que se xuntou. Entre o público eu recoñecín a Piñeiro. Estaba sentado nun extremo da ringleira de pupitres, só, con aquelas súas gafas de pasta grosa e cristais tan graduados que lle deformaban os ollos. Estrañoume ver, sabendo eu o que sabía da dimensión do personaxe, que ninguén parecía facerlle caso. Ao que rematou a conferencia vin que marchaba só, sen saudar a ninguén. Pode que coincidira non coñecer el aos circunstantes, pero me estraña. Deume a impresión dun home triste e reconcentrado en si mesmo. Ao mellor para entón -comezos dos oitenta- xa estaba enfermo. Creo que Piñeiro foi un home bo. Contraditorio, como toda a súa xeración e a mesma época que lle coubo vivir, pero bo, no fundamental, que é o que conta.
Polo demais, sinto que o Día das Letras Galegas, como Eurovisión, comezan e rematan en si mesmos. Á parte da inercia e unha aburrida rutina anual, de festivo, pero finxido, entusiasmo que xa non funciona, só queda a franca incapacidade de mobilizar a ninguén, que non sexan os académicos, os radicais e militantes da lingua, os escolares de primaria e secundaria e algúns políticos, na medida en que lles conveña. E, ademais, tamén como en Eurovisión, cada vez é máis difícil atopar candidatos de éxito.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com7tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-2112554649558783462009-05-14T05:28:00.000-07:002009-05-14T10:35:34.277-07:00Quo vadis? A outra noite, e non tendo cousa de máis interese que facer, matei algo de tempo vendo o debate sobre o estado da nación. Interviña súa señoría Joan Ridao, quen, con contundente retórica e sólida arquitectura dialéctica, por certo, lle dirixiu unha filípica ao presidente Zapatero, que, en esencia, viña a concluír que sacudirse as pulgas coa crise xa non lle funcionaba ao Goberno e que o verdadeiro problema deste, e nomeadamente do seu premier, era a ausencia dun modelo de país, o que conducía a unha práctica política ad hoc, permanentemente errática, baseada no salto de mata e a improvisación e con horizontes dunha semana. Deixando de lado razóns e contrarrazóns e que nin Esquerra Republicana nin o señor Ridao son santos da miña especial devoción, o argumento fíxome reflexionar (de entrada, que un debate sobre o estado da nación sirva para facer reflexionar a un cidadán xa é algo). Barrunto se a acusación de Ridao non será un mal endémico que rematou por enchoupar todas as esferas da nosa vida pública. De por parte, nunca vin tanta desorientación, desánimo e mesmo desconfianza na errabunda universidade española. A inminencia de Bolonia, un modelo que a ninguén parece contentar (lea o prólogo, por favor) pero que, cal en leito de Procusto, todo o mundo vai ter que aceptar, por unha banda, e, por outra, os devaneos, torpezas e ocorrencias de autoridades académicas máis preocupadas pola política e a rendibilización do coñecemento en termos do máis zafio capitalismo ca polo servizo á súa institución, teñen, creo, postrado á universidade. A imaxe metafórica que me vén á cabeza é a daqueles reos de herexía a quen, na Idade Media, condenaban ao terrible suplicio de ser atados con cordas polas extermidades a catro bestas de tiro, a cada unha das cales se excitaba a turrar nunha dirección diferente. Ao final, acabaremos por esnaquizala.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-69392389751061704952009-05-12T09:21:00.000-07:002009-05-12T10:08:42.471-07:00FútbolNunca tiven unha relación estable co fútbol. De neno, como calquera neno, gustaba de xogar á pelota, claro. Pero xogaba só. Adoitaba ir a un solar que había preto da casa a arrearlle patadas a un balón de reglamento que tiña, e é de notar que nos anos a que me refiro (anos a. D., é dicir antes de Decathlon), un neno apouchaba cun balón toda a infancia. Lembro que ao principio o balón de reglamento era vermello, con pentágonos regulares limitados polas negras costuras. Logo, co uso, o vermello foise e o balón virou a un ton amarronado de pelexo pobre. Deduzo, das miñas tardes en soidade naquel descampado —e tamén da miña actitude fuxidía sempre que se organizaba algún partido na escola—, que se ía acrisolando na miña conciencia que o meu non era, nin sería nunca, o fútbol.
O fútbol nos anos do tardofranquismo deveu unha impronta social característica: a esquerda e, en xeral, a oposición ao Réxime adaptou o argumento marxista para denigralo como o opio do pobo, ou, se se quere, un opio máis co que a ditadura aborregaba o españolito. Existía, nas elites máis intelectualizadas do país, unha inferencia implícita entre fútbol, incultura, alienación e adhesión implícita ao Réxime, de xeito que —sexa porque así era en efecto, sexa porque así o percibía eu daquela— lembro eu do meu instituto que sempre a xente menos comprometida con todo, máis badanas, bibliófoba e mesmo de peores cualificacións eran invariablemente fanáticos do fútbol. Aínda estou vendo a un tan lacazán, que por non cansar apenas levantaba os pes do chan, o maior esforzo diario do cal era ir a la de Rosarito —o único quiosco da vila de entón— a polo As.
Co paso dos anos, e por ironías do destino que todo o revolve e en todo estroupelea, acabei na directiva de certa humildísima sociedade futbolística -militante, supoño, na categoría de máis abaixo- formada na súa maior parte por unha porción de farsantes que así pasabamos as tardes dos domingos, segmento temporal que é paradigma, onde os haxa, de noxo e aburrimento. Entrar nos vestiarios daquel glorioso equipo antes do match era arriscarse a saír colocado, a punto tal apestaba a porro. Para completar o cadro, menudeaban tamén os quintos estrellagalicia. Non se explica como algún dos xogadores se tiñan en pé cando saían ao campo, dos colocóns que atrapaban. Outro dos divertimentos aos que había manifesta inclinación nestas sesións vespertino-dominicais, canonizado por anos de herdanza social, era insultar o árbitro. O noso presidente era un virtuoso na materia. Podía botar na banda vinte minutos reclamando a atención do pobre colexiado ata que este, farto de tan impertinentes solicitudes, lle preguntaba que quería. Entón o presidente espetáballe:
-Pareces fillo dunha cadela brava, me cago en tu puta madre.
Unha vez que era temporada de caza e soaban os tiros por alí cerca, o presi chamou polo árbitro e lle dixo:
-Árbitro, aí che veñen!
Está por escribir a sublime epopea destes árbitros das categorías modestas e o seu emocionante amor polo balompé, pois, non existindo aliciente económico algún e, por riba, poñendo cada domingo en grave risco a súa integridade física perante un persoal de natureza humana limitada á bipedestación e a linguaxe articulada, non cabe atribuír outra orixe á súa desinteresada devoción. Na artesa das anécdotas gardo, ao respecto, algún exemplar delicioso, que debo á xenerosidade e boa memoria dos amigos. Aí van dúas pérolas cultivadas.
1. O árbitro sácalle cartón amarelo a un xogador co conseguinte cabreo e expresión de enfado e carraxe deste. Entón grita un desde as bancadas:
-Sácalle a roxa, que sabe dios o que está pensando!
2. O equipo local de certa vila suroriental tiña un seareiro especialmente violento que, domingo tras domingo, dirixía intolerables e vociferantes invectivas aos colexiados, con especiais lembranzas—como manda a tradición— á proxenitora e á orientación sexual destes. Decidido o organismo federativo competente a atallar as actuacións do energúmeno, condenou á directiva do equipo a prohibirlle a entrada ao campo por prazo de varios meses, rematado o cal, o primeiro domingo de asistencia do exaltado tifoso todo eran cábalas e mesmo apostas sobre se sería ou non capaz de conterse. O partido transcorría con total normalidade, o noso home calado como na misa, e semellaba que irían ao traste as predicións dos que aseguraba que non se podería aguantar. Pero, chegado o minuto 89, o colexiado sinalou unha falta. Niso, o fulano ponse de pe, vai para a banda e chama ao árbitro en alta voz, entre o expectante silencio de todo o campo. O árbitro mira para o tipo, e, en actitude chulesca e de superioridade, lle pregunta qué? e o outro dille:
-Feo!!

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-69402476119353670422009-05-11T01:53:00.000-07:002009-05-11T02:07:33.421-07:00Grrrrrrrrrr! Premios para os mellores blogs literarios do país. Vaian por diante a miña ledicia e os meus máis expresivos parabéns para os benqueridos amigos Marcos Valcárcel e Arturo Casas e o resto dos gañadores , a quen non teño o pracer de tratar (mmmmm?, Das orixes de marzo; Henrique-Marqués-Samy e O levantador de minas), porque un será o que sexa pero agradecido é abondo, que a vaidade é a envexa son cousas moi feas e, como as couzas, van roendo por dentro.
En fin. Non se lembraron, no concurso, deste local nin deste autor, tan inxustamente esquecido. Vá por Dios! Nin unha velada mención, nin un miserable accésit, nin un recordo! Estou como aquel poeta pobre e rojo da posguerra que atribúe a flor natural que, nos xogos de Cuenca, concederon a un tal Cantalejo ao mérito de ser funcionario del castastro.
Dous pensamentos laterais: a) isto do exilio interior e vivir de costas á pomada ten que rematar, senón non me vou comer un rosco no que me queda de mili; b) somos tantos e hai tanta calidade que resulta difícil elixir.

Jana me dá de mandalo todo a la porra.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com15tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-83311183471970004402009-05-06T10:06:00.000-07:002009-05-06T10:13:34.864-07:00Google e os romanosDi o sabio que ninguén coñece a fin de todos os camiños. Se xulgo o que a evolución tecnolóxica nos depara comparando o que podiamos imaxinar hai vinte anos e o que hoxe é realidade, comezo a suar frío. Lembran a Gates dicindo a comezos dos oitenta que 640 Kbytes deberan ser suficientes para calquera? En todo este proceso, como en todo proceso, houbo evolucións inesperadas, casualidades e afortunadas sinerxias. Cando eu sentín falar por vez primeira de Google -supoño que irá para dez ou doce anos- era un simple buscador máis, como yahoo, altavista ou lycos. Hoxe -tal como xa mantiven nestas páxinas en varias ocasións (unha, dúas, tres)- Google é a rede ou a rede é Google, que vén ser o mesmo, o cal non é produto dunha estratexia conscientemente dirixida a instituír un monopolio con malas artes (como, volvendo a Mr Gates, quixo facer MicroSoft co seu navegador Explorer en Windows, ata que a lei lle dixo que nones), senón consecuencia dun prestixio adquirido a base de pura eficiencia e funcionamento implecable. Nestes días fálase moito da posición de monopolio de Google co seu buscador de libros e andan certas sociedades de xestión moi alporizadas por estar, polo visto, Google conculcando dereitos de autor e propiedade intelectual. Permítanme un símil sobre a posición de monopolio de Google: se hoxe media Europa fala idiomas derivados do latín non é por unha posición de monopolio de Roma hai vinte séculos, senón porque a xente, xa daquela, non era parva. Ninguén discute o espírito expansionista da pequena comunidade nacida no Lacio e que para unha expansión tal o método de conquista esixido era, de entrada, manu militari, pois a ninguén lle gusta que o conquisten (non sendo no terreo amoroso...). Pero logo da conquista viñan cidades, acuedutos, vías, obras hidráulicas, pontes, dinamización do comercio, educación, servizos... Ao cabo, como máxima expresión de simbiose, os pobos conquistados foron adoptando a lingua dos conquistadores pois estes gañaban a aqueles polo prestixio, pola pura eficiencia, polas enormes posibilidades de vida que o seu sistema ofrecía.
Creo que seguir teimando nesta absurda suspicacia sobre o pretendido monopolio de Google non conduce a ningures e é querer poñerlle cercas ao vento. Só ve fantasmas quen cre neles.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com7tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-75950429025487873232009-05-04T07:46:00.000-07:002009-05-05T00:07:21.837-07:00Eloxio do paseoO camiñante aínda non sabe que vai ser camiñante. De momento, tras o xantar dominical, acomodado nunha hamaca do xardín, goza dun sedentarismo deleitoso e, deixándose vencer pola modorra, escoita unha melriña que está aniñando na maraña sombriza dun xazmín. O camiñante, que aínda non sabe que vai ser camiñante, mentres cae docemente en brazos de Morfeo, pensa confusamente no abade de Armenteira, nas cantigas marianas do Rei Sabio e nunha lenda galesa. Aos vinte minutos, o camiñante, que aínda non sabe que vai ser camiñante, acorda, bocexa ruidosamente, espreguízase e un calafrío percórrelle o espiñazo. Agora o camiñante empeza a pensar en ser camiñante. Non ten moita gana, pero así tamén tonifica o corpo e saca as lagañas do soniquete.
O camiñante sae por un sendeiro pedreño e ateigado de cacas de can, como un campo de minas, cara a Piñeiro. Piñeiro é un lugarexo, como tantos do país, cun nome pouco orixinal: agro, agrela, agrón, iglesia, cuíña, sorribas, vilar, vilariño, vilarelle... En Piñeiro hai un can, un pastor alemán moi vello e sabio, que dá a xente porque si, porque sabe que o que se agarda del é que dea a xente e ten a sospeita de que o día que deixe de dar a xente, os amos van pensar del que, no canto dun can, é un cáncamo que non vale para nada. O can ladra ao camiñante pero o camiñante, que ben sabe onde lle apreta o zapato, non lle fai caso e o can o miralle aos ollos, entendendo, porque é un can moi vello e sabio, que o camiñante está al cabo de la calle cala e xa non ladra máis. De Piñeiro sae unha pista que vai a Sanín, que é unha aldea bonita, de casas que deben ter centos de anos algunhas, unha aldea cun nome que xa non é tan fácil de interpretar como o de Piñeiro. En Sanín hai uns vellos muíños que lles chaman os Muíños de Sanín. Alí, nos muíños, hai tamén un antigo lavadoiro, de auga turbia, e, ao seu carón, un pradico de vizosa herba onde pasta un burro e dúas cabras. O burro e as cabras paran de comer e miran para o camiñante como quen agarda algo, non se sabe qué, se un cambio inesperado ou unha presada de pienso. Nos muíños de Sanín remata a civilización e, nun treito de varios quilómetros, non hai máis ca mato e terreo encosto. O camiñante foi unha vez por alí en bici e pareceulle unha ruta ben bonita pero pinchou unha roda e colleulle aprensión. De Sanín a pista vai para Estrar, onde se cruza a carretera general, categoría ésta de estradas que traduce moi ben o espírito do país, porque iso de general depende, en calquera caso, de onde se situe o baremo comparativo. A carretera general de marras é unha humildísima estrada local, pero, comparada cos camiños rurais asfaltados (pistas na nomenklatura), claro, é a general. Bueno, pois iso. O camiñante cruza a carretera general en Estrar e vai para Vilanova, outro lugariño de prodixiosa orixinalidade toponímica. En Vilanova hai unha vella que, dende unha casa, fala cunha señora máis nova, doutra casa. Cando o camiñante pasa, a vella e mais a outra señora calan e o camiñante di Buenas tardes, e a vella e a outra señora, unha voz por riba doutra, din buenas, e ao camiñante, sen saberse moi ben por que, sóalle a saúdo falso e cheo de desconfianza, pero ao mellor está equivocado, máis seguro. Ao pasar, e xa de costas ás mulleres, o camiñante óelle preguntar á vella: Díxocho Javiere? e queda pampo cismando no poder do e epentético na fala popular. Ao pouco, o camiñante pensa que tamén manda carallo entreter o paseo matinando no poder do e epentético na fala popular. O paseo do camiñante, despois de cruzar a vila -o cal non ten ningún interese- remata en Castrigo. Ao indicador que marca o comezo da aldea un gracioso quitoulle o r. Castrigo é un lugar de casas metidas no bosque, disimuladas polas árbores e os arbustos e atravesado por un regato cantarín, de auga fresca e limpa. En Castrigo hai unha casa cun cartel dependurado dun cancelo que pon Se bende e logo un número de teléfono móbil. O regato cantarín dá nunha fonte, cun nome qué é outro alarde de orixinalidade. Chámase Fonte de Castrigo. Pono en letras vermellas inscritas na pedra. E do outro lado 1997. Cando deixa a aldea, na última casa de Castrigo, un grupo de mulleres de todas idades -vellas, maduras, mozas e nenas- xoga ás cartas na eira da porta, ao consolo da sombra. Cheira a café de pota recén feito. Mentres o arrecendo do café e as voces das mulleres van ficando atrás, cada vez máis remotas, nese momento en que a cor da tarde é a cor do ouro, o camiñante, saiba Deus por qué, sente unha fonda melancolía e ganas de chorar. Pero, de contado, lembra un dito que seu pai, en paz estea, aplicaba sempre que a alguén lle acontecía algo malo: ao mexar xa lle pasa.

juan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.com4