tag:blogger.com,1999:blog-136889712008-08-20T23:13:58.681+02:00Rei de CopasVelosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comBlogger194125tag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-19304593854989499042008-08-19T09:11:00.001+02:002008-08-19T09:13:19.169+02:00Remataron as vacaciónsE aquí estamos outra vez, dispostos a dar conversa. Saúdos a todos.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-61814122401108565052008-07-09T10:01:00.002+02:002008-07-09T10:10:52.551+02:00Principian as vacaciónsPaseino moi ben. Viñeron moitos amigos, algúns dende ben lonxe (graciñas especiais a João, a Yoli, aos portoavieiros, a Aniña Acuña, a Lourdes de Redondela, ao vello compañeiro Roberto...). As palabras de Belén López e de Brétemas foron moi agarimosas e emocionantes. Contei tamén coa compaña de dous ilustrísimos blogueiros, os amigos Folerpa e Paideleo. En fin, foi un gran día. Podería (talvez debería) falar da novela, do asunto da identidade e do asedio ao que se ve sometido o protagonista, pero a verdade é que o corpo só me pide palabras de gratitude.
Déixovos por un mesiño e pico. O venres empezo as vacacións e marcho cara a Silvaoscura. Saúde para todos.
Por certo, quen queira escoitar algún textiño de "Os nomes do traidor" que escoite esta semana o Diario Cultural da Radio Galega.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-55363741905028183502008-06-30T12:16:00.002+02:002008-06-30T12:18:54.517+02:00PresentaciónA novela titúlase "Os nomes do traidor". Presentarémola na Feira de Libro de Vigo o venres, 4 de xullo, ás 20:30 horas. Acompañaranme Belén López e Manuel Bragado.
Estades todos convidados.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-35429266422317215012008-06-17T11:40:00.001+02:002008-06-17T11:41:51.540+02:00Xa era hora de poñer fotos neste blog

Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-40650018588788847952008-06-11T18:27:00.003+02:002008-06-11T18:30:49.449+02:00Tres anosEste domingo, 15 de xuño, fanse tres anos dende que botou a andar este Rei de Copas. Aproveito a efemérede para agradecer a compaña e para convidar a unhas cañas a quen lle cadre pasar por Zamora. Por un lado quedo ben e por outro, como é previsible que non sexan moitos os que poidan, non lle causo estragos de máis ao meu orzamento.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-15437762490897331622008-06-03T19:39:00.001+02:002008-06-03T19:41:44.926+02:00Sonsonetos para pasar o tempo (6)Xa remata a primeira xuventude.
Fagamos balance dos corenta anos,
seguramente demasiado oufanos,
máis cheos de desdén que de virtude.

Talvez sexa hora de que todo mude,
de non escapar máis dos desenganos.
Haxa vida, aínda que veñan danos.
Arrisquemos, e que Deus nos axude.

Borrémo-lo rostro das amadas
que nunca chegamos a bicar.
Esquezamos por fin as alboradas

de amor intenso pero singular.
Rexeitemos dunha vez as parvadas
desta mísera existencia exemplar.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-2623682261829660282008-05-21T16:01:00.000+02:002008-05-21T16:02:07.835+02:00Sonsonetos para pasar o tempo (5)Os poetas camiñan pola rúa
atentos á chegada do destino.
Eu non teño ese espírito felino;
de aí que a miña pluma nunca intúa

os acubillos da inspiración núa,
o soneto xusto ou case divino
-moito mellor se sae alexandrino-,
que diga amor sen menciona-la lúa.

Por dicir, miña amada, que te quero,
peitearei guedellas, porei lentes,
violarei sinalefas con esmero,

repetirei as rimas máis frecuentes,
e todo en nome deste amor sincero
que sinto, miña amada, e ti non sentes.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-46901090452955172512008-05-13T13:19:00.002+02:002008-05-13T13:23:03.834+02:00PesimistasDi o gran Iñaki Gabilondo que os pesimistas tamén se trabucan. Pola conta que me ten, espero que teña razón.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-91349761204043037122008-05-07T13:21:00.003+02:002008-05-07T13:23:03.953+02:00Sonsonetos para pasar o tempo (4)Hai arte na extravagante escultura
que preside o municipal xardín?
Hai arte no poeta galopín
que nos brinda a demorada lectura

da súa obra completa e nos tortura
con dicción suave e metáfora ruín?
Hai arte no patético pingüín
que come canapés con tenra usura?

É posible que a arte medre no niño
da carriza ou na mirada do boi,
ou probablemente no doce viño

que agroma do inabarcable bocoi.
Eu direi con firmeza e a modiño:
Artista, artista era Mostovoi!

Dedicado aos que sofren na fraternidade celtistaVelosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-54452455252828621372008-04-30T11:56:00.002+02:002008-04-30T12:06:48.408+02:00Na beira do Douro (13)Todos os que fixestes algunha vez a viaxe en tren Vigo/Coruña-Madrid pasastes polo viaduto Martín Gil, sobre o encoro de Ricobayo, moi pretiño de Zamora. Pode que algún lembre as impresionantes rochas puntiagudas da paisaxe. No seu tempo, foi unha obra de primeiro nivel, tanto que aínda hoxe se recordan os apelidos dun dos enxeñeiros que a deseñaron (o outro pasou ao esquecemento, unha inxustiza máis). A mediados dos sesenta, nun estraño accidente, un tren saíuse da vía en pleno paso do viaduto e caeu ao baleiro. Din que aínda hoxe, cando as augas do encoro van moi baixas por culpa da seca, se ven os restos dos vagóns accidentados. Tamén contan que un chatarreiro zamorano fixo un gran negocio rescatando todo o que puido do desastre. O home, que tiña aspecto de indixente e vivía en condicións miserables, era dono dun inmenso capital, quizabes para confirmar aquilo de que Deus dá pan a quen non ten dentes.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-61565492957476083062008-04-24T11:37:00.002+02:002008-04-24T11:45:27.848+02:00Na beira do Douro (12)Pasei o día de San Xurxo paseando por Zamora. Á tardiña, incomodamente sentado nun banco de pedra, á beira da igrexa de María Auxiliadora, aínda vin algúns dos que volvían, co pano violeta ao pescozo, da festa de Villalar de los Comuneros.
Seguindo co meu costume de ler os carteis das paredes, batín cun curioso anuncio: para este sábado estará nun ximnasio local Carlos Asensio, subcampión do mundo de culturismo, que fará unha exhibición pública de musculatura.
Por outra banda, na Sala Polivalente na que fago deporte un par de veces por semana, atopo un folio esquecido. Segundo pon, é a letra de "Lela", de Dulce Pontes. Instintivamente, pido un bolígrafo e engado o nome do verdadeiro autor da cántiga: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Despois deixo de novo o papel no seu sitio, por se o dono volve para o recuperar.
E remato por hoxe recomendando un bar: o Ambigú, onde tomo café todos os días. Non só serven unhas tapas fabulosas, senón que Nuria, a camareira, é unha persoa dunha amabilidade perfecta, no seu punto xusto de cordialidade.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-5555480831114761622008-04-16T12:01:00.000+02:002008-04-16T12:02:28.440+02:00Sonsonetos para pasar o tempo (3)Dos amores que nunca confesei
perduran tristísimas avenidas,
sen torpes bicos nin lentas feridas
nin lumes nos que xa non arderei.

Lémbrovos, amadas, téñovos lei,
e xamais vos vin nas noites espidas
nin logrei praza nas vosas vidas
de noivo, de amante, de único rei.

Quédame, amigas, o sutil fracaso
do meu silencio e do voso perdón.
Sexa o voso mel para esoutros homes

cos que eu brindarei con tremente vaso;
hei de levar sempre no corazón
palabras que rimen cos vosos nomes.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-81462805502590610392008-04-08T11:49:00.001+02:002008-04-08T11:53:21.417+02:00CoincidenciaCorrixo as probas dunha novela que vai saír pronto. É un texto que escribín o ano pasado. Nun dos últimos capítulos, entra en acción unha banda semiterrorista que causa o pánico alá onde vai. Non sabía moi ben como se podían chamar. Ao final, atopeilles unha denominación que me pareceu sonora e contundente: Os Chiquichiquis. Agora, as circunstancias da actualidade e do festival de Eurovisión vanme obrigar a procurar un novo nome.
Por certo, xa vos avisarei cando se publique a novela.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-85303108736876100762008-03-27T10:16:00.002+01:002008-03-27T11:58:46.210+01:00Frase brillante que pronunciou o meu avó hai uns díasAo non morrer antes, hai que chegar a vellos.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-79304320641316501422008-03-13T08:51:00.003+01:002008-03-13T08:57:57.216+01:00Na beira do Douro (12)Todos os días, cando vou cara ao traballo, ás oito menos cuarto da mañá, crúzome cun home que camiña con paso lixeiro. Vai sempre a asubiar, sen que pareza afectarlle o frío nin a hora. Non sei como se chama este home e é posible que nunca chegue a falar con el, pero hoxe vou aproveitar este espazo para manifestarlle o meu agradecemento. O seu asubío é un fermoso xeito de principiar o día.
Marcho de vacacións unha semana e pico. Pasádeo ben, tende coidadiño nas estradas e procurade caer nas tentacións. Ata máis falar.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-73199853135250242182008-03-05T08:41:00.003+01:002008-03-05T09:54:37.832+01:00SuicidasEnchemos os nosos montes de especies non autóctonas; ás veces queimámolos e facemos fotos do lume. Acementamos as nosas rías para que os barcos entren con comodidade e os veciños da outra beira estean máis próximos. Construímos centos de casas e edificios no medio da paisaxe, sen reparar no estragado. Esquecemos a nosa cultura, as nosas cancións, a nosa gastronomía, a nosa lingua, non porque nos molesten ou porque teñamos algo contra elas, senón por adaptarnos á modernidade e non quedar de pailáns e/ou independentistas. Suicidámonos, en fin, con absoluta confianza no futuro: mentres pousamos o cano da pistola nas tempas, sorrímoslle á cámara.

Esta fin de semana vin o Centro Comercial da Laxe. Entendedes a miña frustración?Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-35752371719204049472008-02-27T11:56:00.000+01:002008-02-27T11:57:28.907+01:00Sonsonetos para pasar o tempo (2)Comparece ante min o folio en branco,
esa lagoa negra na que afundo
cada vez que o terco e redondo mundo
me presenta implacable un novo atranco.

Sigo amarrado ó ridículo banco
no que descansa o poeta infecundo,
agardando o verso grande, profundo,
o mesmo que o Ceo negou ó Manco

de Lepanto. Oh, Deus poderoso e métrico!
Onde atoparei o doce elixir
do símil lento e do verbo simétrico?

Falarei do cénit e do nadir
ou ceibarei xa o meu lamento tétrico?
Teño realmente algo que dicir?Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-58415661389258382042008-02-19T16:12:00.002+01:002008-02-19T16:31:31.037+01:00Na beira do Douro (11)Por sorte ou por desgraza, os anos que levo en Zamora non fixeron de min un "semanasantero", curioso adxectivo que empregan por estas terras para se referiren a aqueles que viven con absoluta paixón as celebracións públicas da Coresma e da Semana Santa. Para min, as páxinas do xornal local "La Opinión" seguen a ser, despois de oito anos, un rosario de rarezas. Velaquí algúns exemplos: Na confraría do Espírito Santo debaten durante meses se é conveniente ou non admitir a mulleres. Ao final, por escaso número de votos, gaña o non. Os de Luz y Vida rifan polo itinerario que debe seguir a súa procesión, excesivamente longo para algúns membros da irmandade. Os fregueses de Nuestra Madre non se poñen de acordo co número de pasos que convén sacar á rúa; a uns abóndalles unha imaxe e outros prefiren un vistoso acompañamento. As Damas de la Soledad rifan polo vestiario: o dilema preséntase entre abrigo ou capa, e mesmo hai algunhas que propoñen a anarquía. Por outra banda, as radios zamoranas tamén falan destes asuntos. Onte, na laicísima Ser local, ilustrounos coa súa sabedoría o señor Juan Manuel Bragado (prego a Brétemas que nos aclare o posible parentesco), director dunha sociedade denominada "La Tertulia del Cofrade".
A min, como imaxino que a algúns de vós, todo isto sóame moi respectable, pero tamén algo extraterrestre, non pouco anacrónico e se cadra ata ridículo, pero pode que a miña opinión proceda de que sigo sen captar o espírito "semanasantero". En fin, amigos, esta é Zamora. Naveguemos agora polo blogomillo, a ver que se conta de certa viaxe que fixeron uns artistas de non sei qué país a unha illa do Caribe.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-9551634523487573182008-02-11T08:37:00.000+01:002008-02-11T14:15:56.760+01:00ParvosXa fan balbordo dabondo os de Galicia Bilingüe como para que aínda por riba veñan catro parvos a darlles máis publicidade e a convertelos en vítimas (xusto o que eles queren). A estas alturas, xa debería estar moi claro que hai que ser respectuoso coas ideas dos outros, aínda que non coincidan coas nosas.
Por outra banda, aproveito para lanzar unha pregunta: alguén sabe de onde sacan tanto diñeiro os señores Pousada e Lago para o finanzamento das súas actividades?Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-69967358673689424032008-02-04T16:48:00.000+01:002008-02-05T10:09:22.192+01:00Cousas que souben o sábadoHoubo voda en Penosiños, algo bastante infrecuente. Casou a Consuelo de Calvos, prima remota miña, cun rapaz boliviano ao que non coñezo. Segundo nos contou o tío Senén, as autoridades de Bolivia non permitiron que a familia do noivo viñese ao casamento. Paréceme unha mostra máis da irracionalidade que emana das fronteiras. Xa non me fiaba moito de Evo Morales, pero agora vouno incluír na miña particular listaxe da crueldade universal.
Por certo, seica a miña prima Susana retratou os contraentes xunguidos pola canga. Un acerto, sen dúbida. É máis, dos meus poucos coñecementos de etimoloxía, lembro que a palabra "cónxuxe" viña precisamente de cum iugum, así que a metáfora non só é fermosa senón tamén incuestionable.
Parabéns aos que casaron. Que teñan unha vida longa e feliz, sen fronteiras nin gobernos que lles enturbien as datas sinaladas.
Ah, e xa sabedes que sigo na loita.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-54412803754777463002008-01-29T09:16:00.000+01:002008-01-29T09:34:44.008+01:00Miña beizónLeva moita razón o amigo Porto do Mendo cando reivindica a expresión "miña beizón" como xeito de agradecemento. Non teño nada contra o tradicional "graciñas", podo empregar de cando en vez o fermoso lusismo "obrigado" (sobre todo se falo cunha amiga miña natural de Resende, a traballadorísima Maria João) e non renuncio ao normativo "grazas". Porén, ningunha destas fórmulas leva de seu a afectividade agradecida ou o agradecemento afectivo do "miña beizón" que aínda empregan os vellos de Silvaoscura e arredores. Bendicir a aquel ao que estamos agradecidos é unha maneira doce e moi lírica de poñer de manifesto que o que dicimos é verdadeiro e non unha pura expresión social.
Velaquí, pois, a proposta que facemos Porto do Mendo e mais eu, por se algún membro da Real Academia Galega visita este blog e considera oportuno tomar nota.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-36916763823879721742008-01-22T12:29:00.000+01:002008-01-22T12:51:26.545+01:00Na beira do Douro (10)Se alguén quere saber as razóns polas que Pili, a de Mombuey, se enfadou con algunhas das que consideraba as súas mellores amigas, cómpre principiar por dicir, ben alto, que a tal Pilar é unha das rapazas máis traballadoras, educadas e faladeiriñas que pasaron por esta Escola de Maxisterio na que traballo.
En segundo lugar, é preciso aclarar que un tío carnal seu é xefe dunha cuadrilla de albaneis que desenvolve o seu labor na preciosa bisbarra de Sanabria. Entre os clientes para os que traballaron, sinalaremos a Sergio Dalma, coñecido cantante que mercou casa hai algúns anos en Rosinos de la Requejada.
Engadiremos, no terceiro punto, que a avoa de Pili e nai do albanel finou recentemente. Ao seu funeral, asistiu, entre xente menos famosa, o devandito Dalma, que quixo así acompañar na dor a quen contribuíra tan dilixentemente á restauración do seu fogar sanabrés.
E remataremos dicindo que algunhas das que se dicían amigas da neta da defunta aproveitaron a ocasión para pedir autógrafos e facer fotografías nos arredores do tanatorio, razón pola que Pili puxo en dúbida a súa amizade e manifestou publicamente a súa ira.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-59554727621079992242008-01-14T09:03:00.000+01:002008-01-14T09:17:21.195+01:00Ángel GonzálezLembro un grupo de rapaces de COU, a finais dos oitenta, que escoitaban na cafetería do I. B. San Tomé de Freixeiro as palabras engaiolantes do mestre Gonzalo Navaza. Falaba de poetas, de versos para nós descoñecidos. De súpeto, apoderouse da conversa un novo nome: Ángel González. Non sabiamos quen era; en todo caso, un deses autores de final de libro de texto, esas leccións ás que nunca dá tempo a chegar.
Uns días despois, un daqueles rapaces mercou na Bertrand do Príncipe unha alfaia chamada "Palabra sobre palabra", esa biblia.
Finou Ángel González, pero está vivo. Os seus versos serán esperanza cada vez que a luz da realidade nos manque nos ollos.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-62026060120758494602008-01-08T13:29:00.001+01:002008-01-08T13:52:43.523+01:00Na beira do Douro (9)Venres pola tarde. Diante dunha tenda de xoguetes, falo con Víctor, un neno de cinco anos, fillo duns coñecidos. Neste tempo de orixinalidade, pregúntolle cal é o Rei Mago que máis lle gusta.
-Melchor e Gaspar.
-E Baltasar non che gusta?
-Non, porque é negro, como Hamilton.
Sen comentarios.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-13688971.post-2897919261595346512008-01-02T10:15:00.000+01:002008-01-02T10:27:20.170+01:00Na beira do Douro (8)Volvín e non funciona a calefacción. É curioso o pouco que se precisa para estragar a vidiña á que estamos afeitos. En fin, o caso é que aquí estou, un ano máis, entre o frío e a néboa, cos clásicos saúdos aos compañeiros e o xúbilo de que este ano caeu un belisquiño de lotería (non vaiades pensar que moito, no meu caso foron cincocentos euros).
Das vacacións, cóntovos que foron breves e intensas. Tomei cafés con algúns amigos e coincidín na bancada de Balaídos cun vello coñecido, o mítico Manolo Pipas, todo un persoeiro das rúas viguesas. Manolo, ao que non vin moi afeccionado ao fútbol, estaba xa preparado para viaxar a Chiapas. Agardamos con moito interese as súas crónicas.
Esta tarde dedicareime á vida social en Zamora. Aínda que é posible que, antes das apertas e as felicitacións, teña que mercar un calefactor.
Por certo, no 2008, seguiremos falando da lingua.Velosohttp://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.com