tag:blogger.com,1999:blog-129416482008-07-11T20:29:27.768+02:00facéndome o suecoKiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comBlogger315125tag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-21605594968390480862008-07-11T20:09:00.002+02:002008-07-11T20:29:27.819+02:00Estamos en crise? Rotundamente, nonAgora, non. Sempre estivemos en crise. Eu levo en crise desde sabe o carallo cando. Levo en crise dende que nacín, que nunca recordo unha saída cos meus pais máis aló do Corte Inglés de Madrid. Levo en crise dende cando estudiaba, que non podía meterme tripis, pastillas e cannabis. Mantiven a crise cando cazaba algunha chorbita, coa que pactaba, antes do primeiro polvo, que iamos a medias cada vez que saiamos de restaurante, perdón, de Mc Donalds. A crise foi repugnante na miña primeira gran viaxe, cando estudiaba na Laboral, no Burgo, e fomos a Mallorca nun puto autobús, sen durmir, ata Valencia, onde pillamos un barco (que tortura...) e eu e os meus amigos tivemos que sobar (eu non o logrei, para variar) en butacas mentras os pijos (non me olvido dos vosos caretos, que o saibades) estirábanse en camarotes. E vivo en crise hoxe, mirando a mediados de mes como van os meus amigos de Caixa Galicia, aos que agradezo, iso si, que me presten un piso no que vivo, do tipo HM (Hipoteca Mediante), sen poder ir de veraneo, que horrible expresión, quince días ao último nardo.
Iso, amigos, é a crise.
Pero porque agora falan de crise?
Eu nunca deixei de tomar mortadela. Quéixanse os que a teñen que probar agora?
Os bares están baleiros?
Segue habendo enchufados?
E fillos de papá? Moitos? Mogollón deles?
E os restaurantes?
Non é España campioa de Europa?
As axencias de viaxes pecharon?
As festas gastronómicas botaron freno?
Cantos coches de grande cilindrada vedes pola rúa?
E pisos de flipar?
É o que hai...Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-37896812552151440982008-07-05T13:48:00.003+02:002008-07-05T13:51:01.249+02:00Comezaron as vacaciónsTodo segue igual na praia de Santa Cristina, como cando ía cos meus pais e deitábame mirando ao reloxo para que pasaran as condeadas dúas horas e poderme bañar.
Todo segue igual, digo...
...unha ducia de vellos roubando berberecho
...unha nai que leva ao cativo ao mar para botar unha cagada
Igualiño.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-19281058889667210932008-04-11T22:54:00.002+02:002008-04-11T23:10:51.981+02:00E eso é bó ou é malo para o Exército?
-Señora Chacón, me gustaría darle el empleo. Sólo una cosa: ¿usted tiene pensado quedarse embarazada en los próximos meses?
O recorte foi tomado da edición de El Mundo de Internet. Que pensará Agatha Ruiz de la Prada? Será un exemplo de xornalismo liberal, seguro, pero a min prodúceme noxo este sexismo de tres pesetas. Suxire o rotativo de Pedro J que o feito de estar embarazada inflúe no rendemento? Ou quizáis pretende tranquilizarnos ao afirmar que, posto que está preñada, é moi posible que Carme Chacón non sexa unha maricona (de merda) roxa?
Aínda hai empresas, moitas, que preguntan á entrevistada se pensa ter fillos daquí a pouco. Laissez faire, viva o liberalismo.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-29557169880456130542008-04-11T08:57:00.002+02:002008-04-11T08:59:54.721+02:00O prezo dos mortos-Viches? En Iraq morreron xa máis de 600.000 persoas. E catro mil americanos!
-Que barbaridade... Catro mil americanos!Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-40542538664409956472008-04-01T23:27:00.003+02:002008-04-01T23:51:57.073+02:00Cinco minutos para ti
Os suecos tomaron hoxe unha pausa de cinco minutos de tranquilidade e descanso (Foto: DN)
Había tempo que non paseaba polas pensións de mamá Pavor. Si, amigos, hoxe regresei ao dentista. Por suposto non se debía a unha limpeza e/ou coidado oral que tanto recomendan 9 de cada 10 dentistas (o que queda ten que ser un puto cachondo...), eso déixollo aos masocas, senón por dor, pura e simplemente. Éme inconcebible que alguén poida espertarse un día con tamaño amor de dentes que as encías tiren bucólicas cara unha clínica de piños. Hainos, que nesta vida ten que haber de todo, pero dende logo non é o meu caso.
Alí estaba eu, sentado na sala de espera, con ese silencio de tanatorio onde todos nos dicimos coa mirada: "non somos ninguén", "pena de dentífrico cando era cativo", "como unha cousa tan pequena pode facer tantísimo dano, Señor"... Nese momento, a vida pasa coma unha peli. Ves unha luz ao final. Sae dunha habitación. É a lámpada que vixila dende arriba ese sillón de segunda man recén chegado de Guantánamo onde te sentarás con postura fetal nuns segundos pero que unha vez alí serán séculos.
Mentras agardaba, digo, pensei que o peor que lle pode pasar a un cagado coma min sería chegar á clínica e que, ao entrar, catro fulanos con bata branca se animansen cun "coño, por fin un cliente".
Pero cando todo esto sucedía, en Estocolmo, esa marabillosa cidade galega do Norte, alguén (autodenomínanse "Colectivo Antiestrés") decidiu convocar ás xentes a cinco minutos de "tranquilidade e descanso". Anna Engström e Henrik Norström, como vedes na imaxe, os respectaron na Grande Estación Central sueca. Benditos sexades.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-33973004620240533612008-03-30T21:02:00.002+02:002008-03-30T21:29:31.306+02:00DrogaedictosDefender a igualdade cun ollo ao tempo que co outro se debulla un listín entre apelidos arios e xitanos paréceme, cando menos, esquizofrénico. Por non dicir que me parece abraiante que haxa alguén disposto a debuxar a estrela de David sobre a porta dun veciño por ter a firme convicción de que é un delicuente ou, nin sequera eso pero, por non se sabe que intución, inspira trazos a opositor ao talego. Todo esto vén a conto da leria esta de Novo Mesoiro, onde algúns veciños incurren nun dobre erro: a) pensar que os xitanos de Penamoa (Peñamuela, que diría sir Vázquez) non merecen a integración, e b) o que é máis grave: pensar que un veciño, polo feito de ser paio ten menos posibilidades de trapichear con papelinas.
Algún día, estou seguro, a xente volverá sair á rúa, como facía Carmen Avendaño, para dar leccións de dignidade e asfixiar ás ratas que habitaban pazos e circulaban en carros de gran cilindrada. O resto é camuflar o lixo con parches de dudosa ética.
Non me quero imaxinar que pasará se o día de mañá os xitanos son maioría e deciden que a raza aria, a nosa, debe penar polos delictos cometidos. Chéirame que, daquela, non quedariamos nin un.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-34959734849903161822008-03-25T13:30:00.003+01:002008-03-25T13:32:26.244+01:00Que alguén mo explique
Premede para ampliar
Acabo de recibir esta convocatoria de prensa. Teño algunha dúbida da hora en concreto...Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-18777163899722677282008-03-21T21:09:00.002+01:002008-03-21T21:11:36.390+01:00Conversa real-Avoa, quen é esa señora que aparece na foto?
-Pois é miña nai, a túa bisavoa.
-E por que tes a súa foto?
-Porque me gusta.
-(...) Xa... Pero gústache como muller ou como persoa?Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-62534406910411497782008-03-21T19:42:00.001+01:002008-03-21T19:45:57.642+01:00Sen palabras
En Perillo. Hoxe.
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-75850411403964297202008-03-20T20:27:00.004+01:002008-03-20T20:48:22.682+01:00Os Chikilikuatres do NorteAí vos van os representantes escondenabos a Eurovisión. Algo decepcionante en relación con outras edicións, vós diredes.
<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/MINqZpRHB8c&hl=en"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/MINqZpRHB8c&hl=en" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>
Que manía a dos suecos de enviar as cancións en inglés. Para eso me matei en estudiar sueco? En fin... Suecia busca os outros Abba ou a outra Carola, pero non dá chegado. Esta Charlotte Perrelli e o seu tema "Hero" parécenme un tostón.
<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/dLbWak32QEI&hl=en"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/dLbWak32QEI&hl=en" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>
Noruega envía a unha cantante melódica: a actriz Maria Haukaas. A canción titúlase Hold On Be Strong.
<object height="355" width="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/M1nzvDYycUw&hl=en"><param name="wmode" value="transparent"><embed src="http://www.youtube.com/v/M1nzvDYycUw&hl=en" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" height="355" width="425"></embed></object>
Finlandia fai o que sabe e lle dá bo resultado: o hard rock. Se os Lordi gañaron no seu día, por que non Teräsbetoni (pronúnciase terasbetoníiiii e significa "cemento armado")? Este é o seu tema: Missä miehet ratsastaa ("por onde galopan os homes"). Agradécese que cando menos utilicen o finés...Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-83934226347728861342008-03-20T08:41:00.005+01:002008-03-21T19:42:35.705+01:00De barnmorskas, comadronas e musNon vou dar a chapa sobre historias filosóficas e mitos de cavernas, pero hoxe deume por pensar se será certo eso de que as palabras están agochadas dalgún xeito, por aí pola alma, e só necesitamos o obxecto para que estas xurdan coma unha aparición. A p a r i c i o n.
Agora que andamos a voltas co Día do Pai, confésovos que vivo na dislexia. Non sei dicir "comadrona". Penso nunha e sáeme "barnmorska", en sueco. Esto, que en principio parece un bó sinal de pedantería (algo que non descarto), ten a súa orixe nun novo estado vital. En Galicia non fun pai. E funo ser en Suecia. Pero as comadronas estaban aí, na cabeza, permanentemente. Só necesitaba velas e facelas cercanas. Unha "comadrona" non o foi nunca. Pero si unha "barnmorska". Pasouvos a vós algo parecido? Non acontece só co sueco, of course. Pasa co noso idioma. Cousas que sempre pensamos que se chamaban tal e logo o mundo di que non. Recordo esa etapa gloriosa de aprendizaxe do mus (máis gloriosa foi a que veu logo, con vitoria tras vitoria, co meu amigo Boga). Por entonces, deume por transmitir os meus coñecementos á panda. Xuntei aos meus amigos e ofrecínlle unhas clases. Levábamos semanas de prácticas e, un día, sumouse ao grupo outro colega de fatigas. Todo iba ben ata que os aprendices soltaron o envite maior: "Orégano!" O compañeiro que acababa de chegar alucinaba. "Orégano? Que é iso?".
Aínda é hoxe o día que se me ven á cabeza o ourego antes de botar contra as cordas aos rivais do mus cando o resto do mundo di, claro, "órdago"...Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-87317294300081352712008-03-19T09:24:00.003+01:002008-03-19T09:28:35.384+01:00Prometo regresarBen, a verdade é que non sei como desculparme. Case vou estar calado e tirar para adiante. Hai xa tempo que non ando por aquí. Son dos que penso que para darlle á tecla ou serve para contar algo (co significado concreto que ten o de "contar algo", transmitir algo) ou se non paga a pena estar calado. De todos modos, prometo regresar xa. Dou ás grazas a todos os que me escribistes preguntando os motivos do meu silencio (que non é tal) e espero non defraudar. Seguiremos informando.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-86266071918914742552007-09-27T19:37:00.001+02:002007-09-27T19:37:01.031+02:00O dereito de mandar ao xornalista ao carallo
<object height='350' width='425'><param value='http://youtube.com/v/MpB1Ydko4NU' name='movie'/><embed height='350' width='425' type='application/x-shockwave-flash' src='http://youtube.com/v/MpB1Ydko4NU'/></object>
Xa escoitei dicir a algún colega que o entrevistado debe de acatar as ordes do entrevistador e suxeitarse ás normas deste. E cando o entrevistador decide parar, faino e punto.
Paréceme correcto. Da mesma forma que me parece correcto mandar ao carallo ao entrevistador cando este decide darlle relevancia a unha información que o entrevistado considera que non é tal.
Vistes a entrevista de Santana Lopes, o ex do PSD portugués?
A chegada dun adestrador ao seu país de nacemento non deixa de ser salsarrosa.
Xeito educado de mandar ao carallo ao xornalista. Un método luso de facerse o sueco...
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-33962713863345205072007-09-26T20:37:00.000+02:002007-09-27T11:13:07.913+02:00O día no que Madeleine deixou de selo
Nestes tempos xa vale todo. Os mesmos xornalistas que hoxe mesmo xuraban o enorme parecido entre Madeleine e a nena fotografada por unha turista española son os que agora miran para outro lado e agardan que sexan outros os que rectifiquen.
Á marxe da dimensión do caso en si, doéronme especialmente unhas declaracións que escoitei esta mañá da autora das fotos, Clara Torres (xornalista, por certo, e facedora de méritos para amosar a súa calidade como intrépida reporteira e esclarecedora de feitos), nas que aseguraba que era claro que a nena da foto "non era de alí". É dicir, que a nena é loira e que pouco ou nada tiña que ver cos morochos de Marrocos.
Ese tipo de comentarios cheiran a desigualdade. A noxo. En Suecia, o 40% da poboación ten xa ascendencia directa ou indirecta extranacional. E a ninguén se lle ocorrería crer (moito menos dicir) que unha negra, polo feito de selo, pode levantar dúbidas sobre a súa indiscutible nacionalidade sueca. A cor da pel nunca pode ser motivo de sospeita. Unha negra sueca é tan sueca como unha loira sueca.
Polo visto, a nena da foto chámase Bouchra e naceu en Zinat, perto de Tetuán. Mira ti, xornalista Torres, que efectivamente a nena lora "era de alí"...
Do caso Madeleine non falo. Xa outros fano por min.
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-42912922687914629802007-09-25T12:36:00.001+02:002007-09-25T12:36:01.790+02:00"Teño a menstruación"
<object height='350' width='425'><param value='http://youtube.com/v/1O4paMOKf-g' name='movie'/><embed height='350' width='425' type='application/x-shockwave-flash' src='http://youtube.com/v/1O4paMOKf-g'/></object>
Foi o que dixo Eva Nazemson, no programa da TV4 sueca "Nattliv" ("Vida nocturna"), logo que botar unha monumental pota diante da cámara e en directo.
Trátase deses concursos nos que os penachos chaman e tras aforar miles de coroas suecas en teléfono, intentan acertar a palabra agochada (neste caso, ben valería POTA).
E todo esto coa naturalidade que podedes ver na imaxe.
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-30949839070072836802007-08-05T13:07:00.000+02:002007-08-05T13:22:01.689+02:00Divinos galegos
Aínda apenado pola ausencia de Bergman, leo hoxe en La Voz unha fantástica reportaxe do compi Alfonso Andrade que confirma que cando dous galegos (sexa nacido en Uppsala ou en Vilanova de Arousa) acadan a xenialidade están sempre condenados a rozarse nalgún momento da historia. Bergman era un obseso dos xenios, daqueles que rachan a norma e abren universos. Como Valle. Disque arestora os dous discuten (o verbo sueco "diskutera" non ten o mesmo carácter acalorado que nós coñecemos) nalgún lugar a historia de Mari Gaila...
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-32470334172887242242007-07-30T15:11:00.000+02:002007-07-30T15:18:18.938+02:00Adeus ao máis grande
Hoxe morreu o director Ingmar Bergman, un dos galegos nacidos en Suecia máis coñecidos internacionalmente.
A noticia
A súa vida
Nunca poderei esquecer aquel verán con Monika...
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-46766056083213863622007-07-27T23:30:00.000+02:002007-07-29T17:24:00.851+02:00Odio a AdministraciónE aos administrativos que acadaron a súa praza,
tipos miserentos, inútiles,
candidatos permanentes a fichar
Odio que facer eternas colas sexa considerado normal para os administrados,
que perder catro horas da túa vida nun puto banco dunha oficina sexa lóxico,
que por unha vella funcionaria, polo feito de selo, haxa que sentir compaixón
Odio que vivamos no cuarto mundo sen sabelo,
que entres en Facenda cun problema e saias con dous,
e que mentras, os notarios
e os xestores
vivan gracias á inutilidade, absoluta inutilidade, dos funcionarios
De quen é a culpa?
Dos administrativos?
Dos administrados?
Del cha cha cha?
Unha vez, en Suecia, un compañeiro de traballo da Facultade, sueco el, díxome: "Mentras Inglaterra ten coma heroe a Hamlet, vós tedes coma iconas a un tolo, O Quixote, e a un cabronazo, o Lazarillo. Que se pode pensar dun país así?"
Hoxe lin que unha canle de televisión levará ao cine a vida dun criminal, El Solitario, un tipo que, por certo, ten prohibida a entrada en Suecia de por vida.
Así vamos...Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-73656611230726200632007-07-26T00:07:00.000+02:002007-07-26T00:42:33.409+02:00Educación para a Cidadanía, segundo El Mundo
-Yeah, ciudadana, aprende los valores que quedarán pa los anales y los culos de la historia...
-Oh, sí, el saber no ocupa lugar... y debe de ser lo único
Vaia por diante a miña máis firme oposición á retirada das materias de Relixión da escola (para unha que se aprobaba fácil...) pero teño que admitir que a cada paso entendo lóxica a crispación (por certo, vedes pola rúa a xente crispada, quitando, claro, un multado de zona ora?) referida a esa maléfica Educación para a Cidadanía, onde ao pequeno Manolín se lle obriga a sexualizarse con Pedrito, cando non sodomizalo, e ás mulleres se lles coloca nun papel máis aló do Scotex.
Hai unha canle que botan por R que lle chaman Veo TV e que está participado polo xornal El Mundo, empeñado en abrir os ollos (perdón polo chiste fácil) sobre os prexuízos de tan arrepiante materia. A min, que me importa un carallo o temido temario do tema en cuestión, que xa me chegou con aprender merdalladas maiores na escola, opto por pinchar, todos os días, esta canle, o Veo TV, a eso das 23:30, cando os cativos, of course, aínda están de pé, para poder disfrutar de Latin Lover, unha serie repleta de cidadáns educados. En pelotas, si, pero educados. Tranquis, non hai que esperar nin tres minutos para disfrutar de guións así:
Teorías da conspiración á marxe, gústame a liña de El Mundo, si, señor. Veo, veo.  Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-25415315109386605812007-06-27T13:59:00.000+02:002007-06-27T16:44:51.763+02:00Martiño: en Suecia teríalo máis fácilLevaba tempo sen darlle á tecla internáutica. Non creades que non é por gañas, senón por ese medo a disiparme dos meus obxectivos blogueiros (xa sabedes, o sueco é unha variante dialectal do galego...). Pero como levo escoitado tanto o tema ese de que o Martiño Rivas decidiu facerse Martín por obra e gracia das teleseries decido atizarlle á liña.
Imos ver. Cada quen é libre de chamarse como queira. Xan das Bolas, por exemplo, non debeu pasalo tan mal nos títulos de crédito cando ninguén o obrigou a pasarse por Juan ou John. Sen embargo, dicir Martiño seica custa moito pronuncialo. "La caña de España bañada con saña mientras aliño ñoquis". Hai ese eñe! Co ben que queda como reclamo no logo do Instituto Cervantes. Máis eso de Martiño. "Hola, galleguiño". Eso si, eso é doado, claro. Pero Martiño...
E pensar que un sueco que se chame Martin pode vivir na felicidade porque nunca recibirá ordes para mudar o seu nome... Tamén é certo que ningún sueco se deixaría convencer para variar o seu nome. Quero dicir que se un sueco nace Martin será Martin en Suecia, en Corea e mesmo en Madrid. Sonvos así. Xente rara estes suecos... Pero Galicia?
Mágoa que o presentador do telediario saiba pronunciar fantásticamente Joan ou Aitziber pero que non logre arraincar cun Lacseiro.
Mágoa que Martiño co ben que soa (mar-ti-ño) non soe ben na tele.
Mágoa que a miña filla, Xiana, teña que pensar en chamarse Jiana para ser decente.
Mágoa que Jiana decida facelo.
Mágoa que haxa que ser sueco para dicir Martiño.
Mágoa, unha vez máis, que un galego dea a nota.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-74355956929038938312007-05-29T12:45:00.000+02:002007-05-29T13:07:00.328+02:00Os suecos, uns ilexítimosRecoñezo que ando algo sorprendido por todas esas historias sobre a lexitimidade, coma se cada un de nós tivese que probar o ADN ante unha mesa electoral. Nas eleccións, todo se basea na lexitimidade. O cal, vale, é lexítimo. Os pactos, se goberna a lista menos votada, disque son ilexítimos. Aí chega a demagoxia. Da mesma forma que é lexítimo que goberne a lista máis votada que non acada a maioría absoluta, tamén o é, creo, que gobernen os partidos que representan á maioría dos electores. É dicir, que se o 80 por cento optou por 4 grupos políticos e non por 1, por que raios en democracia non poden chegar a un acordo estable de goberno?
É raro que a experiencia de Suecia, a provincia galega do norte, non saise no debate. O rollete intelectual pasa moitas veces por aludir á tradición democrática nórdica. Pois fálovos desa:
En Suecia, ata o ano pasado, gobernaba dende había dez con certa tranquilidade (con pactos eso si) o socialdemócrata Göran Persson. E resulta, que nas últimas eleccións, o seu partido volveu lograr o maior número de escanos no Parlamento, cunha diferencia abismal de 33 asentos sobre a segunda lista, a dos moderados conservadores. Pois mirade por onde que Persson non goberna. Por que? Pois porque o bloque das dereitas acadaron un acordo entre os moderados, os centristas, os liberais e os cristianodemócratas. E por eso, goberna Reinfeldt. E alguén protesta? Pois non. Todo o mundo considérao coma algo absolutamente lexítimo. E a Persson non lle quedou outra que marchar.
Socialdemokraterna (socialdemócratas), 130 deputados
Moderata samlingspartiet (moderados), 97
Centerpartiet (centristas), 29
Folkpartiet liberalerna (liberais), 28
Kristdemokraterna (cristianodemócratas), 24
Vänsterpartiet (esquerda), 22
Miljöpartiet de gröna (verdes), 19
Lexitimidade? A lexitimidade vén dada pola legalidade. Aquí, na Galicia do sur, temos a puta manía de andar dándolle voltas á legalidade para facela ilexítima ao gusto do consumidor. O día que nos demos conta de que a democracia non é o plato de último menú do día, teremos dado un bó paso adiante. Mentras, unha ronda de lexitimidade para todos. Que ademáis é legal.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-27551577943792275342007-05-15T11:34:00.000+02:002007-05-15T11:42:07.799+02:00Literatura galega, en Gävle
A biblio de Gävle
Por suposto, aqueles galegos que habiten na provincia colonizada do norte poden descubrir a literatura galega grazas aos libros que foran doados o ano pasado pola Consellería e o Concello de Carnota, entre outros, ademáis de libros que regalei eu mesmo (así de culturetas son). Así que nada, a por eles.
Ah, e non está mal, xa que andamos en días de Letras, lembrar esas xornadas gloriosas da Semana das Letras que celebrou Gävle o ano pasado por estas mesas datas. Pichade aquí e aquí.
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-85554907372079750402007-05-12T14:41:00.001+02:002007-05-12T14:41:18.986+02:00Heja Sverige!!
<object height='350' width='425'><param value='http://youtube.com/v/ki0CczCqDw4' name='movie'></param><embed height='350' width='425' type='application/x-shockwave-flash' src='http://youtube.com/v/ki0CczCqDw4'></embed></object>
Forza The Ark! Os representantes da provincia galega do Norte, hoxe en Eurovisión.
Mágoa que non utilicen o dialecto sueco do galego e tiren polo inglés. Cousas da diglosia...
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-84071144079953763002007-05-04T09:36:00.000+02:002007-05-04T20:19:40.910+02:00Un marido para Victoria
Mikael Persbrandt e Hugh Grant
Anda Suecia revolta porque a princesa herdeira cumpre 30 anos a aínda non está casada. E diredes vós, onde está o problema, tendo en conta que a que está como un trolebús é a irmá, Madeleine? Pois eu tampouco sei, a verdade. O caso é que hai un programa na TV7 sueca, que depende do xornal sensacionalista Aftonbladet, que está á busca dun home para Victoria.”En man åt Victoria”, titúlase.
Entre os candidatos que votan os espectadores, destacan Hugh Grant e Mikael Persbrandt, un excelente actor da Galicia do norte, coñecido por darlle ao drinking duramente.
Propóñovos que vos sumedes á busca de marido. Que galego das catro provincias do sur posúe todos os condicionantes para ser o futuro rei de Suecia? Non importa se están casados ou non, o necesario agora é asegurar a unión imperial coa provincia galega do norte. Aí van tres nomes:
a) Roberto Vilar (Os Tonechos)
b) Carlos Marcos (Partido Galeguista)
c) Suso de Toro (Suso de Toro)
A decisión, na vosa man.Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-12941648.post-87178990688393032112007-04-23T09:49:00.000+02:002007-04-23T09:57:17.716+02:00De xogadores que veñen de fóraAcabo de ler no Svenska Dagbladet que os adestradores da Superettan (unha especie de Segunda sueca) non están de acordo coa chegada de xogadores de outros países. Disque é malo para o fútbol sueco. Vale, agora que digan onde colocamos a Ibrahimovic, que, vale, é sueco, pero ten un apelido sospeitoso. Para o fútbol da Superettan.
Arriba tedes un mapa que indica de onde veñen os xogadores de marras.
Kiko Novoahttp://www.blogger.com/profile/02541323322292644382noreply@blogger.com