tag:blogger.com,1999:blog-113767742009-06-25T18:51:55.848+02:00Fanny + AlexanderBlog do grupo indie galego Fanny + AlexanderA Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.comBlogger33125tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-2598437837228137972009-06-19T08:36:00.004+02:002009-06-19T08:50:41.825+02:00Reportaxe en El Pais

O INDIE PASA A REVALIDA
Celebrados membros da promoción pop de mediados de década enfróntanse ao reto do segundo elepé
Di o tópico que o segundo disco é o máis complicado dunha banda de pop. No primeiro contan cun prazo de gravación que abranxe a vida enteira, argumenta o lugar común, pero para a continuación, apenas un ano. A esta proba enfróntanse arestora algúns dos máis celebrados membros da heteroxénea promoción indie agromada a mediados de década.

"Rexeito a teoría do segundo disco", apón Noel Feáns, o Alexander de Fanny+Alexander e impulsor da plataforma A Regueifa: "Hai moitos grupos que van de menos a máis e no segundo, se cadra, rebentas, porque tes máis medios". E exemplifica co folk pop dos suecos Herman Düne. Feáns, canda Efi Arias, vén de poñer en circulación Alfaias, unha decena de achegas do seu "pop poliédrico". "Hai quen, en Alfaias, apreza unha síntese entre os primeiros epés e o elepé debut [Finais dos 70, comezos dos 80]", explica, "eu vexo unha evolución".

Para o seu segundo longa duración, Fanny+Alexander recuncan en botar man de textos de escritores. Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro, Mario Regueira, Diego Ameixeiras ou Igor Lugrís arrandean nun, autodefínese Feáns, "pop de exploración". "Caracterizámonos por un afán de non ter estilo propio; neste disco as homenaxes resultan infinitas", argúe, "e iso leva canda si un risco: ninguén sabe onde encaixarte". Até o extremo de que, na tenda dixital iTunes, Fanny+Alexander aparecen na categoría de World music.

Os matices electrónicos campan nunhas cancións que devalan cara ao acústico. "No outono presentarémolo case unplugged", avanza. Será uns meses antes de que penduren na Rede un pacote de versións -Joy Division, entre outros- e autoversións. "Volverémoslle a vida acústica a cancións de xorne máis electrónico" (...)

Podedes ler a reportaxe completa -con Alex De Ataque Escampe, Oscar de Noise Project e o xa mítico Sr. Anido falando de cadanseus novos discos- aqui.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com1tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-27819185037488882492009-06-04T18:32:00.004+02:002009-06-04T18:41:10.708+02:00Critica de Alfaias hoxe en La Voz

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/06/04/0003_7761749.htm

Un fito na historia do pop galego

Fanny e Alexander confírmanse como os referentes da nova xeración de músicos do país cun terceiro disco no que se apoian en letras de diversos poetas
Angel Varela. REDACCION
Como o novo disco de Fanny e Alexander é tan bo, imos comezar polo único que ten de malo. A gravación é mellorable. Sobre todo o que atinxe ao tratamento das voces -fundamentais no plantexamento sonoro do dúo-, e, en xeral, na mestura final. Son os pequenos inconvenientes dos traballos «made in feito na casa» tan de moda agora, pero que non substitúen as vantaxes dun bo estudio e dun bo técnico.
Pero cando o oínte salva ese pequeno defecto, as virtudes son tantas que converten o disco nun dos mellores da historia da música galega. Para comezar, está o talento que Noel Feáns e Efi Arias teñen para compoñer algunhas das mellores melodías que se escoitaron a este lado de Pedrafita. Outro dos seus toques mestres aparece na súa decisión de aproveitar o gran caudal poético que produce Galicia. Neste álbum pódense escoitar poemas de escritores como Xiana Arias, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño ou Diego Ameixeiras, entre outros. Como se fosen uns Fuxan os Ventos do século XXI, Fanny e Alexander elixen acertadamente o material a musicar, e, despois, conseguen enlazar con mestría as verbas deses literatos con melodías que mostran a dose xusta de épica, melancolía e ritmo.
Non esaxeramos se dicimos que este disco resistiría un duelo estético con traballos da realeza pop do país como Golpes Bajos. A facilidade técnica que actualmente permite que se editen discos a centos é un dos inimigos de traballos como o de Fanny e Alexander. É moi difícil distinguir a palla do gran. Hai vinte anos, Arias e Feáns xa terían un contrato cunha discográfica, que lles permitiría facturar álbumes perfectos tecnicamente falando, e os seus traballos terían unha promoción adecuada. Mentres eses tempos non volven, os melómanos deben afinar o seu olfacto para descubrir discos que, coma este, importan.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com1tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-68917697990404897052009-05-22T10:50:00.003+02:002009-05-22T19:21:07.168+02:00En Radio 3 e na Radio Galega

Anda estes dias soando o novo disco no programa Siglo XXI de Radio 3 e onte estivemos no Aberto por Reformas da Radio Galega, todo un pracer que ecoen as Alfaias pola ondas hertzianas. A verdade é que, que dous idolos da nosa postadolescencia coma Tomas Fernando Flores e Xurxo Souto, lle presten atención á túa música é ben gratificante. Podedes escoitar a entrevista no Aberto por reformas neste link.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-79565485211658897612009-05-20T18:40:00.004+02:002009-05-20T18:47:10.865+02:00Mais entrevistas

Este domingo sairon publicadas dúas entrevistas nas que falamos -non só- do novo disco, unha de Marcos S. Pérez no especial das Letras Galegas de Vieiros e outra de Marga Tojo no suplemento de lecer do Galicia Hoxe. Son bastante extensas pero os que teñades curiosidade e/ou paciencia dabondo pode lelas enteiras aqui e aqui.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-17556236571625039402009-05-15T07:38:00.003+02:002009-05-15T07:56:37.032+02:00Ali estaremos

Porque nengun de nós queremos ser dentro de cincuenta anos o Antonio Udina do que fala Artefacto Burbur. Convivencia lingüística, por suposto que si. Pero de nengunha maneira podemos consentir que ninguén instaure o apartheid e o segregacionismo nas escolas nen, por acción ou omisión, provoque a extinción definitiva do galego, o ben máis prezado da nosa cultura.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-24970478314474968182009-05-13T08:09:00.002+02:002009-05-13T08:30:09.362+02:00Alfaias en CD (e mp3)

Xa temos no noso poder a edición comercial en CD do novo disco, editado por A Regueifa Discos e distribuido por Lonxa Cultural. Os e as fetichistas do formato físico xa o podedes mercar online en A Regueifa Tenda ou ben a partir da semana que ven en tendas de discos e sitios tipo Fnac ou El Corte Inglés. Tamén está xa disponíbel en tendas online de mp3 coma Itunes, algo que está pensado máis ben para chegar aos ouvintes estranxeiros que non dean atopado o CD ou o netlabel onde xa sabedes que se pode descargar gratuitamente.

E mil grazas a tod@s @s blogueir@s que escoitaron e falaron -moi ben, menos mal!- do novo disco (Apocalipse do porco, No vento de Cavanardá, Desacougo, Lonxa da meta...) que hoxe en día a opinión dun blogger -por obxectiva e desinteresada- conta moito máis que a de calquera medio tradicional orientado por intereses comerciais.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com2tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-78618245592203087612009-05-06T12:01:00.004+02:002009-05-06T12:07:04.664+02:00Reportaxe en Praza das LetrasE tamén saiu unha reportaxe de Ana Salgado en Praza das Letras, prestando especial atención ao lado máis literario do novo disco:

http://www.prazadasletras.org/actualidade/novas/nova/661/versos-e-doas

Terceiro disco
Versos e doas

O grupo compostelán Fanny + Alexander volta cun disco, “Alfaias”, que xunta nas letras unha ducia de escritores novos para compor outro mapa das últimas xeracións poéticas.

Acaban Fanny + Alexander de editar o seu terceiro traballo. Son once os temas que compoñen Alfaias, unha antoloxía posíbel que ten, neste caso, meirande cohesión ca o seu anterior Finais dos 70, comezos dos 80, que acollera textos desde Carvalho Calero a Elvira Riveiro. Partiron desta volta do labor de autores achegados xeracionalmente aos dous músicos que compoñen o dúo: Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán.

<object data="/flvplayer.swf" type="application/x-shockwave-flash" width="320" height="20"><param value="#FFFFFF" name="bgcolor"><param value="file=http://www.prazadasletras.org/media/Novas/01_-_Fanny___Alexander_-_Setecentos.mp3 " name="flashvars"></object>

Unha escolma “relativamente representativa” das últimas xeracións poéticas, segundo Mario Regueira, autor do texto que abre este disco, “Setecentos”. Noel Feáns fala de “subxectividade” na escolla e tamén deste intento de cohesión, ao tratarse de “escritores nacidos nos 70 e 80” e engade tamén a procura dun “ton moderno na temática” así como a vontade de “afastarse do rexistro panfletario, de incluír letras comprometidas e políticas que non sexan evidentes”. Anota tamén o contorno como un elemento definitivo por seren os autores “xente que ten conexión entre eles” ao tempo que escritores e escritoras que el e a súa compañeira no grupo, Efi Arias, foron coñecendo ao longo do tempo. Di así que houbo, ademais dunha cohesión xeracional, “algo case biográfico”.

É esta proximidade a que contribúe ao feito de que “algunhas letras, en concreto as de Xiana Arias, Mario Regueira e Estíbaliz Espinosa, fosen creadas como cancións”. Regueira alude a un traballo “parcialmente distinto” do seu labor poético, “na procura dun determinado ritmo, dunha medida dos versos e dun retrouso”. Aínda que, segundo conta, foi acompañando o proceso a medida que o disco collía forma, “por colocar un punto de crítica” di ter botado de menos "a posibilidade de revisar o texto logo da primeira versión da canción”.

<object data="/flvplayer.swf" type="application/x-shockwave-flash" width="320" height="20"><param value="#FFFFFF" name="bgcolor"><param value="file=http://www.prazadasletras.org/media/Novas/05_-_Fanny___Alexander_-_Na_febre_dos_incendios.mp3 " name="flashvars"></object>

“Alguén como Pilar Pallares pode dicir que a canción está ben pero é probábel que a música lle resulte máis estraña”, comenta Feáns a propósito da proximidade estética e musical entre os compoñentes do grupo e os autores dos textos dos que partiron. No relativo ao traballo de adaptación, o encargado da guitarra eléctrica de Fanny + Alexander cóntanos que “aos autores failles tanta ilusión que nos dan carta branca” e que “o habitual é que os textos de partida precisen bastante traballo de axustes métricos e rítmicos” aínda que domine a idea de “ manter sempre o espírito dos poemas”. Coloca así como exemplo o “Artefacto Burbur” de Igor Lugrís, no que tiveron que “coller os versos e reordenalos”.

Verbo do único texto narrativo incluído no disco, ese “Tardes de domingo” trazado a partir da novela de Diego Ameixeiras que en 2006 recibira o Premio Xerais, Tres segundos de memoria, trataron, dinos Feáns, de “experimentar cun capítulo que nos gustaba moito” coa vontade de incluír tamén “ese rexistro do perdedor co que calquera pode sentirse identificado”. Cóntanos que descubriron así a vertente poética dun narrador en que isto non se fai evidente fronte a, por exemplo, “o poema de Alberte Momán, que é máis narrativo”.

Cando preguntamos pola novidade, polo que máis salientarían dun traballo musical que se leva facendo aquí desde Voces Ceibes, ou pola conexión indisolúbel entre poesía e oralidade desde a súa orixe, menciona Regueira “o ilusionante dun proxecto que non queda no folc e que bota man da poesía contemporánea nunha tradición que está na música popular”. E recorre á idea, que fai partir da denominada xeración dos 90 de “entender a poesía como algo menos solemne e elevado”. Entre tanto dános Noel Feáns unhas das claves máis suxestivas e pertinentes para entender a traxectoria do grupo ao apuntar a unha memoria poética a través das xeracións. Fala “dunha certa continuidade temática” que cifra, por caso, no carácter feminista de “Píntamas de escuro” a partir dun poema de Lara Dopazo e na súa ligazón, “neste caso desde unha ollada máis emotiva” con “María Silenzo” sobre un texto de Carvalho Calero e “Danzarei pra ti”, adaptación dun poema de Elvira Riveiro, ambas as dúas incluídas no seu disco anterior. Compón así un mapa de conexións textuais por veces paradoxalmente ocultado baixo o máis evidente dun determinado estilo musical.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-59127435497602589792009-05-06T11:39:00.004+02:002009-05-06T11:59:20.703+02:00Entrevista en Galicia HoxeHoxe saiu en Galicia Hoxe unha reportaxe de Montse Dopico sobre o novo disco:

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=423740&idEdicion=1240

Alfaias do pop galego
Fanny + Alexander editan un disco ao que, fieis á busca do intercambio entre música e poesía, dotan dun ton saudoso sen renunciar á experimentación

M. DOPICO . SANTIAGO

As mans. Mira as súas mans./Es quen de coñecer a historia de cada unha desas mulleres/ pola terra acumulada nas súas engurras,/ polas pequenas veas hinchadas que lles corren polo pulso,/ polas unllas que creban antes de medrar/," Son os versos cos que comeza Píntamas de escuro, un dos once temas do novo disco de Fanny + Alexander, Alfaias, que, editado, como os anteriores, baixo licenza Creative Commons, pódese escoitar xa a través da Regueifa. Esta semana está previsto que comece a chegar ás tendas, ademais, o formato físico, en CD, deste traballo, no que colaboraron Carlos Valcárcel, de Projecto Mourente, Martin Wu de The Homens, Alex Charlón de Ataque Escampe e Esteban Fraile, Banin, de Los Planetas. "Queriamos chamarlle o alfaiate, porque é como somos nós: facemos prendas novas con remendos de moitos... Para simplificar, puxémoslle Alfaias...", explica, nunha entrevista, Noel Feáns, voz principal deste grupo, cuxa outra metade é Efi Arias.

Píntamas de escuro é o resultado dunha adaptación dun poema de Lara Dopazo. Do mesmo xeito, as letras dos outros dez temas xurdiron de textos de creadores e creadoras da actual escena literariado do país: Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixerias, Xiana Arias, Igor Lugrís, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán. Fanny + Alexander amplían, así, o vieiro iniciado xa no seu primeiro disco -Lusco e Fusco, 2006- de procurar un espazo de intercambio entre a música e a poesía,seguindo o camiño andado xa nos anos 70 por Voces Ceibes, os Tamara, Amancio Prada... pero coa "vocación de levar ao pop galego aos sons do século XXI", como eles mesmos din. "O primeiro disco era moi experimental, tiña cousas máis difíciles de dixerir", cre Feáns.

Desde aquela, o grupo non deixou tratar de "romper preconceptos", probando cos distintos matices do pop... "Xa desde o anterior disco" - Finais dos 70"s, comezos dos 80"s (2007)-, "foise formando unha "base social". É xente que segue a música galega en xeral, e sobre todo as últimas voces, grupos coma nós, da pequena escena indie galega, que facemos música que lle pode gustar a calquera. Nós facemos un pop tranquilo, -unhas veces máis e outras menos-. Neste disco hai un ton saudoso, tristón... E non deixamos de experimentar: hai guitarras, gaitas, electrónica, unha zanfona, orquestación clásica... Son moitos estilos diferentes, pero non é misturar a ver que sae: todo está pensado e maquinado, segundo un concepto... A idea é ir enchendo ocos, estilos aínda non cubertos na música galega...", comentou Feáns.

Temas sociais, non panfletarios
O nexo entre as cancións de Alfaias, -que abordan temas moi diferentes, desde a lingua ata a soidade cotiá dun domingo- é "subxectivo", segundo Feáns. "Son persoas coas que te une a amizade, espazos comúns... Con Valcárcel, Wu e Charlón temos en común ese espazo do pop en galego. É como un movemento que queriamos visibilizar", engadiu. Alfaias inclúe temas máis e menos bailables, sen renunciar á contundencia. "Sempre é un reto encaixar a letra coa música. Os poetas déixannos carta branca... A idea é facer temas reivindicativos, sociais, pero non evidentes, panfletarios... Buscamos un ton moderno, por iso optamos por poetas da nosa xeración...", conta. Unha música "libre", "por amor á arte", non atada polo comercial e feita con apoio nas novas tecnoloxías. "Hai un florecemento da música en galego, en todos os estilos, que non ten parada. Aínda que diminúa o apoio público do que tanto se falou. Agora temos internet...", pensa.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-67028270016272692552009-05-04T12:12:00.003+02:002009-05-04T12:24:03.914+02:00Estreando disco e videoclip<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/Ft9W7T0eAsw&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=es&feature=player_embedded&fs=1"><param name="allowFullScreen" value="true"><embed src="http://www.youtube.com/v/Ft9W7T0eAsw&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=es&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>

Hoxe saiu por fin Alfaias, o novo disco. A edición en mp3 xa se pode descargar de balde no netlabel A Regueifa e a edición comercial en CD -para os poucos fetichistas do palpable que aínda quedan- irá chegando ás tendas ao longo das vindeiras semanas ainda que tamén o venderemos directamente a traves de A Regueifa Tenda a partir de mañán mesmo. Xunto co disco estreamos videoclip, o de enriba, do tema Espida de Credo, un dos temas máis bailables do disco con letra por certo de Emma Couceiro.

Aqui vai o texto promocional do disco, coa lista completa de colaboracións, que non son poucas. Mil grazas a tod@s:

FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)
Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com2tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-18424531219068068982009-05-01T12:21:00.004+02:002009-05-01T12:37:45.930+02:00Mellor obra experimental
Erguémonos este primeiro de maio coa nova de que onte á noite déronlle o premio Mestre Mateo á mellor obra experimental a NEMO, unha obra da que xa temos falado aqui e da que somos autores da banda sonora da metade das pezas que a compoñen. Unha ledicia para nada agardada e pola que cumpre felicitar aos codirectores, Ariadna Camiño e Miguel Mariño, e a nós pola parte que nos toca, pouca pero algo é. Podedes ver algunhas da pezas en youtube: aqui, aqui e aqui.

<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/a2I9zPx6zaM&hl=es&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/a2I9zPx6zaM&hl=es&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>

E si, este luns sae oficialmente o novo disco.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-17537933054348915582009-03-25T13:28:00.004+01:002009-03-25T13:45:21.380+01:00Capa (Release Candidate 1)

Andamos cos últimos detalles do disco antes de mandalo a fábrica e, como era de esperar, a escolla do deseño gráfico está a ser un mar de dúbidas. Nestas cousas adoita ser mellor delegar en terceiros e darlles carta branca pero, coma sempre, teimamos en facer todo nós por aquelo da coherencia do Do It Yourself. Despois de desbotar moitas ideas esta que vedes é a que ten todas as papeletas de ser a capa do disco. A foto -xenial- foi sacada en 1972 no Campus de Rhodes en Menphis e o seu autor compártea actualmente baixo licenza Creative Commons asi que perfecto. Parece ser que o disco que estaba a escoitar o rapaz era o primeiro album de Yes, editado un par de anos antes.

Por certo que se todo sae segundo o previsto a finais de abril estará xa disponible o disco, tanto na súa edición física coma en mp3.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com3tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-36956195768040804282009-03-10T11:43:00.001+01:002009-03-10T11:46:28.657+01:00Moi ben situados no mapa do indie estatal

Onte apareceu no xornal PUBLICO unha moi interesante reportaxe de Jesus Marcos sobre a evolución da escena indie estatal e cal foi a nosa sopresa ao vernos na sección de pop electrónico da gráfica que a ilustraba. Máis alá do orgullo de sair en medios estatais tendo en conta que non cantamos en castelán ou ingles, apenas damos concertos e vivimos á marxe da industria regalando a nosa música, o certo é que o gráfico dá para moito.

Por exemplo, que esteamos na hipotenusa dun triángulo imaxinario entre Fermin Muguruza, Fran Nixon (La Costa Brava, Australian Bonde...) e Nacho Vegas non pode ser coincidencia e resulta ben descriptivo do noso acervo musical. E, por suposto, que se cambiamos a Nacho Vegas por Family nunha das esquinas do triángulo non deixa de ter tamén moito sentido para nós. Resulta tamén curioso, por certeiro, o lonxe que estamos dos outros representantes galegos, tanto dos veteranos -Deluxe e Ivan Ferreiro- coma das promesas -Triángulo de Amor Bizarro-. Con TAB temos máis afinidade pero con respeito aos outros dous, coma ben demostra o gráfico, sentímonos bastante máis cómodos á veira da xenialidade anticomercial de Joe Crepúsculo e Manos de Topo que co mainstream patrocinado.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com1tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-43168596066735822742009-02-26T18:11:00.005+01:002009-02-26T18:15:07.657+01:00Para ser un bon cantante tes que desafinar

Canta razón destila ese verso de Nacho Vegas. Temos o Soidemersol e o Panorama entre os grandes discos do indie estatal dos 90's e tras escoitar Viaje por paises pequeños, o primeiro single de La Buena Vida tras a recente marcha de Irantzu Valencia, xa a estamos botando de menos. Pobre muller, tras máis dunha década tendo que escoitar críticas á súa (falla de) voz agora resulta que a que poñía o ingrediente máxico á receita era ela coa súa voz tímida, triste e desafinada.

Nós, que coxeamos sen vergoña da mesma pata, defendemos a morte o de facer das limitacións virtude e non podemos sentir máis que simpatía pola boa de Irantzu. E agradecemento. Porque, se imaxinamos xoias coma Tormenta en la mañana de la vida cantadas pola típica cantante cun chorro de voz, o encanto saudoso e amateur de La Buena Vida de seguro que cruzaría a liña invisíbel que de sempre os separou de cousas coma Amaral ou La Oreja de Van Gogh.

Por certo que no novo disco vai n ir temas nos que non vai a haber nen rastro de electrónica -aparente- e en concreto hai un, Na febre dos incendios, que ten moito que ver na produción cos La Buena Vida máis orquestrados, os de Panorama e Soidemersol, con cordas e demais parafernalias. Esta é a letra, un poema escrito a propósito para nós -mil grazas- por Xiana Arias:

NA FEBRE DOS INCENDIOS
Os días sempre rematan. O novo outono non vén só.
Non hai horas de sono Na febre que deseñan os incendios.
Estamos nas vértebras E en cómo estas se cosen.
Din que non hai bestas na noite que deseñan os incendios.

Do río que todo arrastra Din que é violento
E ninguén di violentas As marxes que o comprimen.

Non foi fácil ir ás festas,
Á volta pasabamos días
e noites enteiras atadas
ás patas da cama, (soñando lume)

Precisamos do veleno Para sermos escorpións.
Aparecemos sobre o fondo das batallas deseñadas polo incendio.
Estás nas vértebras Na memoria de mans e ósos
Que facer cos nosos días Deseñados na febre dos incendios?

Do río que todo arrastra Din que é violento
E ninguén di violentas As marxes que o comprimen.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-38199567670357038322009-02-13T10:50:00.003+01:002009-02-13T11:14:02.892+01:00Esta noite elas cantan para min

Que canta La Casa Azul no seu último disco, só que desta volta son eles e non elas. Nas últimas semanas rematamos de gravar as colaboracións que restaban, as de Alex Charlón de Ataque Escampe e Martin Wu de The Homens. Alex puxo voz no retrouso de Como Vigo ou Berlin, unha canción baseada nun poema de Pedro Lamas que anda na onda de xente coma Tindersticks, Sparklehorse ou Micah P. Hinson. Pola súa banda Martiño fixo o propio no retrouso de Toda esa enerxía escura, unha peza baseada nun poema de Estibaliz Espinosa que tira máis pola liña de Slowdive, The Radio Dept., My Bloody Valentine e The Jesus & Mary Chain.

Como vedes as adxudicacións non son casuais. E si, os camiños do Pop son inescrutables pero nós teimamos en percorrelos absolutamente todos como parvos, dende os do máis acústico ao máis electrónico, dende o máis canónico ao máis arriscado. Cousas da melomanía, que lle imos facer. Aqui tedes a letra que tan feliz parece facer a Martin Wu na foto:

TODA ESA ENERXIA ESCURA

Ao outro lado desta fráxil frase sei que respirarás ti.
Criatura de materia escura pensada coa miña materia gris
Saes a camiñar baixo as lentes da galaxia. Como unha princesa
de sombras chinescas nunha peli de Lotte Reiniger.

E estás aí. O universo encollerá para deixarte paso
e pensaba dicir algo querería dicir algo
pero o teu negrísimo perfil arribou antes ca min
ao final desta longa especie de verso.

Ao outro lado da palabra fin explota o teu principio.
Camiñas como unha princesa e se xiro o teu universo
neva. E neva. E neva. E neva.

Es a posibilidade de escoitarme.
Es a posibilidade que poboas.
Es a posibilidade de non saberme.
Es a silhouette dun teatro de sombras.
Estás a un paso de sentirme
concentras toda
esa enerxía escura.
Criatura futura.
Secreta forma humana.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com1tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-82254398237760728022009-02-02T07:13:00.005+01:002009-02-02T07:30:38.633+01:00Home Studio

Hai pouco un amigo fíxonos o típico cumprimento que en realidade é todo o contrario ao dicirnos "parece mentira o ben que soa a vosa música estando feita só con un ordenador". Levaba toda a boa intención do mundo -loubando os resultados profisionais que pode chegar a dar o Do It Yourself que tanto defendemos- pero o certo é que os instrumentos que usamos son "reais", aínda que algúns -como a bateria ou a guitarra e gaita MIDI- sexan electrónicos. O ordenador usamolo esencialmente para gravar, mesturar e masterizar. Como unha imaxe vale máis que mil palabras non nos puidemos resistir a botar man de grande angular e sacarlle unha foto ao noso estudo caseiro.

@s que coma nós sexades moi geeks dos maquinillos podedes botar un ollo á imaxe en Flickr, onde se pode ver a alta resolución e nos tags hai un listado de case todo o equipamento.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com1tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-39156784419302485572009-01-27T12:13:00.002+01:002009-01-27T12:54:26.485+01:00Fanny + Alexander 1 - Fangoria 0

Non temos nada en contra de Alaska e Nacho Canut -máis alá da súa responsabilidade no "invento" de Nancys Rubias- pero celebramos sinceramente entrar con Setecentos na Top List de Astredupop seis postos por riba do novo single de Fangoria. Todo un honor e motivo de orgullo amateur tendo en conta que un foi gravado na casa e o outro nun dos mellores estudos de Londres.

Iso si, como seareiros incondicionais de Nacho Vegas, próenos ver o seu excelente novo disco moi por debaixo do da señorita Rosenvinge. Fatal. Moi mal. Aínda que todo quede na casa non deixa de ser unha inxustiza.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-38787981613064933062009-01-14T07:35:00.008+01:002009-01-14T08:18:37.051+01:00Setecentos: single de adianto e videoclip<object height="320" width="420"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/h05VD_D7Vic&hl=en&fs=1"><param name="allowFullScreen" value="true"><param name="allowscriptaccess" value="always"><embed src="http://www.youtube.com/v/h05VD_D7Vic&hl=en&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" height="320" width="420"></embed></object>

A gravación do novo disco continua e como xa anunciaramos imos ir sacando xa un dos novos temas para ir abrindo boca de cara á publicación de Alfaias na primavera da man de A Regueifa Discos. A canción escollida -que xa podedes escoitar no noso Myspace e ver o videoclip en Youtube- foi Setecentos, cunha letra/poema escrita especialmente para nós -mil grazas!- por Mario Regueira. O videoclip, coma todos os nosos, realizado por nós mesmos.

Prefiro maio cos paxaros mortos, sen flores nen luz.
No bosque dos nosos brazos só cabe a fauna das alimañas,
a escuridade na que se devoran os corpos, o acobillo
que procuran os partisanos cando volven da sabotaxe.

Teño setecentas espoletas na pel,
Hai setecentos arquexos ecoando na estancia, levo setecentos anos
Teño setecentos debuxos rabuñados na bandeira da miña pel
Teño setecentas fillas da vosa raiba, levo setecentos anos
enredado nos vosos brazos.

Quero a mesma tarde onde nos dixeron que nada permanece,
repasar sílaba a sílaba cada cántico da derrota, o xabón
co que a túa nai quería lavarnos a honra para sempre,
o ecoar máxico das caixas do peito resoando ao unísono.

Porque eu só existo nas formas que tallades coas maos,
nas fendas de luz, na tensión animal dos maios apócrifos,
na colección de poutas, cairos e caldeiros de bruxa,
nas marcas que levamos e son constante amor e talismán.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com5tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-80180564029360646832008-11-18T13:13:00.006+01:002009-01-14T07:33:51.390+01:00Dialogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio

Á xa longa lista de autores que van poñer as palabras no vindeiro disco (Xiana Arias, Mario Regueira, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Igor Lugris, Tati Mancebo, Daniel Salgado, Estibaliz Espinosa e Diego Ameixeiras) súmase finalmente o ferrolán Alberte Momán co seu poema Diálogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio.

Polo que levamos gravado parece ser que vai tomar a senda experimentadora, na liña de Postpunkdeirada ou Lene, forzando a mestura de estilos e mundos. Neste caso o choque de trens vai ter lugar entre a percusión tradicional galega, o Soul e o Hip-Hop. Con eses ingredientes, nada malo pode sair de ahi, a ver como queda. E a letra, perfecta:

Diálogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio

-Unha aperta que os meus dentes dan á túa pel. Confía nas miñas palabras por que teñen un significado en todos os dicionarios; pero a carne é feble e entre as miñas mandíbulas escorrega un sangue ferroso con cheiro a margarida.

Non podo esperar a ser adulto, a que o cranio se volte branco e feble, porque o teu sangue produce manchas demasiado permanentes sobre unha superficie clara.

Hoxe e mañá a miña espada ten ocupacións fóra de casa. No podemos casar co tempo por que todas as boas oportunidades chegan tarde; se me miras comprobarás que as cousas non cambiaron en absoluto, os marcos das portas continúan cubrindo un baleiro, nesta época de liberdade nas que as fronteiras só existen para a heteroxeneidade.

Por iso que as miñas palabras conxelan todos os alentos, para mimar os soños das armas que me conducen, entre calafríos de dereitos e obrigas.

Non son nada, apenas o odio me enche, só certas palabras poden aplacar o nerviosismo provocado pola vosa calma.

E podo por que son pai, son fillo e miro por vós, docemente coas mans abertas e os ollos pechados, aceptando cegamente verbas que non procuro entender por non molestarme. Só por escoitarvos camiñar ao meu carón, e saber que uns pasos seguen a outros na traxectoria incerta da incerteza liñal.

Nesta amalgama de corpos; mírame se podes achegarte até a miña perna que cubre as túas costas. Vexo polas túas bágoas que tes a capacidade de entenderme e de aceptar; son os xogos que saben ir en contra da paridade para axustarse á orde das cousas xustas.

-Nun pequeno campo as mimosas avanzan subterraneamente, como os pensamentos que nós diriximos coa mirada. Nunca as pálpebras mentiron desta forma. Nun sorriso inocente pérdense todas as palabras.

A liña de metro divídenos agora, so que hainos que van dentro, outros fóra agardan, e entre a multitude non consigo espiarte. Tento non desistir para manter as distancias.

Confío en ti, pero máis nas túas implacables torturas consideradas como equidade e xustiza. Hainos que deben sufrir cos cortes dunha espada que pesa como o mundo, hai outros condenados a cargar co mundo nunha espada e mimar con ela todas as almas.

A caverna do tren aluméase e vexo como reprimes o desexo de saltar cara min. A miña oportunidade de perderme entre as opresións duns muros pretos de formigón armado. O sopor que me provocan pésame menos que as túas caricias.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com1tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-34469491636890623892008-11-09T16:41:00.005+01:002009-01-14T07:34:14.451+01:00Artefacto Burbur

Onte fixéronnos unha visita no noso estudo caseiro Carlos e Alex, voz e guitarra de Projecto Mourente. En teoría viñan só gravar unhas guitarras para algúns dos temas que irán nun EP que editarán antes de Nadal pero xa aproveitamos para poñer a Carlos diante do micro e gravar esa colaboración de voz para o vindeiro disco.

O tema é Artefacto Burbur, con letra baseada nun poema do mesmo nome de Igor Lugrís. Unha canción sobre Antonio Udina -o último falante de Dálmata- que trata o tema da extinción das línguas "minoritarias", algo que aos galegos tristemente nos toca de ben preto. Para compensar, quixemos darlle un ton moi optimista no musical e a incoporación da espilida voz de Carlos Valcárcel no retrouso axudou sen dúbida. Este é o poema en cuestión:

António Udina está morto

e tamén está morto Elvis

din os Living Colour

Elvis era branco

din

e por iso gravaba muitos discos

Se fora negro non poderia

non poderia nen rañar a guitarra

António Udina non era negro

pero dende logo non falaba unha língua de brancos

Tal vez esté entre nós o noso António Udina particular

El cando era pequeno non imaxinaba que ia ser António Udina

e centos de miles de estudantes saberian del

e saberian de memória a data da sua morte

El non o sabia

E Elvis tamén non

Pero Elvis era branco

E António Udina non falaba unha língua de brancos

Ademais falaba vegliota

Elvis facia rock porque vendia

António Udina falaba vegliota pero el non o sabia

porque xa en 1898 non quedaba ninguén que falara raguseo

Chamaba-se António Udina pero tamén lle chamaban Burbur

A Elvis chamaban-lle El-Rei

The King en inglés que parece mais importante

pero Elvis era branco

e por iso podia ser El-Rei

António Udina só podia ser Burbur

Entre nós nunca haberá un Elvis

a non ser que se faga branco e fale coa língua dos brancos

Pero todos somos António Udina

e nos chaman Burbur

Elvis era branco e por iso gravou muitos discos

António Udina non era negro

pero a sua língua non era de brancos

ainda que todos falamos dálmata algunha vez na nosa vida

Igor Lugrís

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com2tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-19467825562279641392008-11-05T17:51:00.002+01:002008-11-05T18:02:45.048+01:00No programa Libro Aberto da TVG<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/1Eu8yt98mHE&hl=en&fs=1"><param name="allowFullScreen" value="true"><param name="allowscriptaccess" value="always"><embed src="http://www.youtube.com/v/1Eu8yt98mHE&hl=en&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>

E seguimos con aparicións televisivas, desta volta saimos -só ao 50%- xunto con NARF e Dios ke te Crew nunha pequena reportaxe de Olalla Vaamonde sobre a relación entre a poesía e a música na escena galega no programa da TVG Libro Aberto.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-42605039560553302022008-11-04T11:18:00.003+01:002009-05-01T12:35:13.050+02:00NEMO - Elena Corredoira con BSO de Fanny+Alexander<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/131euSVtTKk&hl=en&fs=1"><param name="allowFullScreen" value="true"><param name="allowscriptaccess" value="always"><embed src="http://www.youtube.com/v/131euSVtTKk&hl=en&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>

Xa está en youtube outra das pezas de NEMO, emitida no programa da TVG Onda Curta. Cada unha das dez pezas de vídeo que forman a curtametraxe mostran como dez pintores galegos crean as súas obras. Nós fomos os responsables da banda sonora de cinco desas dez pezas e unha delas -a do cadro que pinta Elena Corredoira- é a que podedes ver neste video.

A verdade é que polas características das obras que integran NEMO -ben variadas- puidemos soltarnos estilísticamente, tocando paus ben diferentes. Se na anterior de Isabel Rei mesturabamos arranxos orquestrados con electrónica, nesta apenas hai máquinas propiamente ditas, só batería, baixo e guitarras -unhas cantas, iso si- pasadas por multitude de pedais de efeitos. A ver que vos parece.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-40198018111609419682008-10-16T12:33:00.006+02:002009-01-14T07:34:44.078+01:00Sobre o novo disco

Inicialmente a nosa idea era sacar o novo disco xa este outono pero finalmente imos retrasalo até comezos de 2009, febreiro ou marzo como moi tarde. Temos xa case gravados oito temas pero queremos meter algún máis e chegar a doce polo que precisamos un chisco máis de tempo. Tamén vai a haber bastantes colaboracións (Martin Wu de The Homens, Carlos Valcárcel de Projecto Mourente, Alex Charlón de Ataque Escampe, Banin de Los Planetas...) asi que defintivamente precisamos un par de meses máis para gravalos a todos.

O que si xa se vai fechando é a lista de autores que aportan poemas seus coma letra, algúns deles escritos especificamente para ser canción de Fanny e Alexander, o que nos honra enormemente. Polo de agora están Xiana Arias, Mario Regueira, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Igor Lugris, Tati Mancebo, Daniel Salgado -que repite-, Estibaliz Espinosa e Diego Ameixeiras, que non aporta poesía senon prosa. E a cousa non remata ahi, aínda haberá algunha incoporación máis que confirmaremos máis adiante se sae ben.

Andamos tamén barallando o nome do disco, polo de agora o título provisional é "Alfaias", de ahi a foto que ilustra este post. O conceito resume ben o que facemos -ou máis ben tentamos facer-, crear nova música a base de retallos de orixe diversa, mesturando cores, estampados, texturas e calidades. Compoñendo sentimonos un pouco xastres, un poucos alfaiates, cortando e pegando anacos que pouco teñen que ver entre si pero que combinan ben unha vez cosidos. De ahi o nome do disco, "Caixa de alfaias".

Por suposto non temos a menor intención de mudar o xeito en que vimos achegándonos ao ouvinte -novas plans, idénticas estratexias, que diría Nacho Vegas- e o disco sairá de novo baixo licenza copyleft para descargar de balde dende o netlabel www.aregueifa.net. Tamén faremos unha edición física en CD para os amantes do formato físico que aínda quedan e que publicará A Regueifa Discos e distribuirá en tendas Lonxa Cultural.

Tamén andamos argallando xa o primeiro videoclip coa idea de editar un single de adianto xa no mes de novembro. Desta volta igual estaba ben deixar a timidez a un lado e dar a cara, a ver que sae.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com2tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-50180947848553014912008-10-09T17:41:00.001+02:002009-05-01T12:35:13.050+02:00Aberto por reformas e Onda Curta<object width="425" height="350"> <param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/1mFRrD7CIC4"> <embed src="http://www.youtube.com/v/1mFRrD7CIC4" type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="350"></embed> </object>

Hai dous domingos estivemos na CRTVG por partida doble, ao mediodia no programa Aberto por reformas da Radio Galega -falando polo miúdo do último disco con Vituco Neira- e xa pola noite no programa Onda Curta da TVG con unha das pezas de NEMO, curtametraxe na que participamos coma coautores da banda sonora. Se tedes curiosidade podedes ver o programa premendo aqui ou no video de youtube de enriba ou escoitar aquel Aberto por reformas premendo acolá.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-47233192849515734832008-10-07T12:37:00.006+02:002009-01-14T07:35:03.756+01:00Fanny+Alexander vs. Los Planetas

Hai uns meses decidimos pasarnos ao analóxico e vender o noso querido Korg Ms2000 para mercar un vetusto Korg Ms20 de 1976, na foto, sintetizador clásico onde os haxa. A casualidade quixo que o vendedor resultase ser nada menos que Banin, teclista de Los Planetas, e o MS20 en cuestión, un dos que usaron os granadinos en todos os discos a partir de Una semana en el motor de un autobus. Pura historia do indie estatal en estado sólido.

Pero a ledicia de que tal xoia pasase a formar parte do noso arsenal sonoro non rematou ahi xa que a relación comercial derivou nunha relación musical, colaborando Banin co seu Hammond nun dos nosos novos temas, Tardes de Domingo. Unha canción, por certo, cuxa letra é un capítulo da novela Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras. Non nos chega con musicar poesía que agora no dá tamén por musicar prosa, que lle imos facer.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com2tag:blogger.com,1999:blog-11376774.post-244250133033964492008-09-26T08:00:00.003+02:002009-05-01T12:34:35.376+02:00NEMO

Cóntannos que este domingo o programa Onda Curta da TVG emite unha das pezas de NEMO, unha orixinal obra dirixida por Miguel Mariño e Ariadna Camiño. Cada unha das dez pezas de vídeo que forman a curtametraxe mostran como dez pintores galegos crean as súas obras.
Nós fomos os responsables da banda sonora de cinco desas dez pezas e unha delas -a do cadro que pinta Isabel Rei- é a que emiten este domingo. Por certo que tamén se emite no mesmo programa Etcétera, unha curtametraxe de Pachi Baranda, director co que estamos a colaborar coa composición da B.S.O. da súa vindeira fita, Xogo de Nenos. Xa iremos contando asi que nos pasen a premontaxe.

A Regueifa Plataformaregueifeiro@gmail.com0