tag:blogger.com,1999:blog-10794583.post-18113524907704691642008-04-28T17:14:00.001+02:002008-04-28T17:16:47.359+02:00Crise alimentaria
Revoltas en Haití polo aumento de prezos dos produtos básicos. En Estados Unidos raciónase o arroz para evitar a súa suba.... as causas desta escalada de prezos nos alimentos está no prezo do petróleo, o desvío de cereais para a produción de agro-combustíbeis, a especulación, o incremento do consumo e parece ser que tamén inflúe o cambio climático. As consecuencias: pois como dixen ao principio, revoltas, morte e emigracións masivas nos países máis pobres do planeta.

A situación é preocupante porque ademais esta situación estase a dar nun período de recesión económica, que aínda falta por ver que consecuencias terá para todos. Pero máis preocupante é ver como os medios do sistema (Cuatro, La Ser, El Mundo, La Voz de Galicia...) falan de crise alimentaria sen o menor disimulo, e xa se sabe, cando estes falan de crise, a crise aínda é maior do que nos contan.

No Estado Español todo apunta, logo de ver como se re-organizou o Ministerio de Agricultura e Pesca (así era antes), que a política que vai a seguir este “super-ministerio” non vai ir cara a unha agricultura que produce alimentos para a xente, senón alimentos para a industria dos agro-combustibles, que se nos venden como produtos ecolóxicos, e a realidade é moi distinta, xa que está demostrado que para producir esta enerxía “ecolóxica” gástase o dobre de enerxía procedente de carburantes fósiles.
Imeneohttp://www.blogger.com/profile/17532327966514024490noreply@blogger.com