tag:blogger.com,1999:blog-107708592008-07-08T16:51:56.279+02:00casatlanticamariademallounoreply@blogger.comBlogger268125tag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-35346171288133733482008-07-03T08:24:00.005+02:002008-07-03T09:45:11.433+02:00encantos do correo postal

ela érguese tan cedo que o sol apeniñas quenta e, aínda en pixama ou con esa camisiña fresca coa que se envolve en verán, vai ata á cociña facer zume de seis laranxas. toma dúas pastillas, unha cápsula vermella que bebe con auga e unha píldora escura que sabe a caramelo. mentres bebe o zume escribe nas follas coloreadas dun pequeno caderno que deixa cada noite sobre a mesa da cociña. e en tanto el dorme, ela fai pequenos paquetes nos que garda as notas que escribe e outros regalos. dous ou tres paquetes cada mañá, non máis. o que levan dentro ela agarda que sexa do agrado de quen os recibe.

cando el se ergue o día alédase e os dous almorzan leite e galletas que se esmigallan.

alá polas doce, ela camiña ata os correos. alí pesan as caixiñas naquelas básculas nas que lle din vale tanto o seu desexo de sorprender ao seu amigo residente na alemaña ou son tanto en selos por alegrar a mañá da súa antiga compañeira de piso, hoxe veciña de cáceres.

e son catro pesos que ela paga felizmente, pensando que o presente viaxará en mans de empregados de correos curiosos que sopesarán o paquetiño imaxinando cal será a súa carga -sen chegar a abrilo, evidentemente, porque son eficientes e entrenados en cuidados os funcionarios dos correos- pero coa dúbida nos ollos, e de man en man, irán levando o presente ata o nome exacto que figura na etiqueta.

e supón ela, pero isto xa só é pura imaxinación na que se entretén de camiño á casa, que cando cheguen os empregados á porta do destinatario en cuestión lle entregarán en man o pequeno envoltorio. e nese instante alongarán a partida e agardarán, de maneira non moi discreta pero cun sorriso cómplice, a que o recibinte abra o papel de estraza e desenvolva o pequeno regalo que ela preparou na mesa da súa cociña e que aínda leva na traseira unha frangulliñas de galletas de almorzo. de modo que o presente, coma as galletas, tamén sabe a esa casa na que se erguen tan cedo, cando o sol apeniñas quenta.

pd: en xusto pago polos seus envíos, ela recibiu hoxe dous tebeos que agardaba dende había tempo. o funcionario que llos entregou petara en tres ocasións distintas á súa porta e ningún dos tres días dou con ela. cando por fin ela abriu e puido ser entregado o pedido, o funcionario agardou uns minutiños á porta e preguntoulle polo paquete timidamente. ela, sabedora da emoción que encerra o breve momento de descubrir o contido de algo que vén de lonxe, estirouno cara ao home e díxolle sorrinte por que non o abre vostede?

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-17831764152066163732008-07-01T09:11:00.006+02:002008-07-01T10:02:13.700+02:00maldiciónsquero denunciar á selección española por apoloxía do vandalismo e doutros delitos contra a saúde pública.

e si, aínda me dura o cabreo porque aínda dura o tema coma se fose o único que pasa no mundo e teño que aturalo todo o santo día.

no vistes el partido?!
non señora, na miña casa só prendemos a tele cando botan algo que nos interesa.

e ademais son unha reaccionaria porque son desas ás que lle gusta durmir e a iso non contribuíron os tarados que estiveron ata as dúas da mañá de antonte berrando na rúa e pitando baixo a miña fiestra.

(se eu celebrase así a entrega dos -poñamos por caso- premios nobel había de durmir en comisaria máis que seguro)

só me alegra saber que a eles aínda lle dura a resaca.

que caia coma unha lousa sobre as súas cabezas de chorlito.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-69743927092209676302008-06-23T22:54:00.004+02:002008-06-27T08:16:29.149+02:00plan (terceira e última parte)

e non o ía abandonar, claro, porque eran amigos de sempre e criáranse porta con porta. así que entrou detrás del na óptica e seguiuno en todo canto fixo. ramón, sinceramente, non agardaba que a el se lle fora a dar tan ben aquelo. claro que tiñan feito prácticas na casa e iso, e que o levaba ben ensaiado. pero en directo medrábase que dába xenio velo. que ben lle saíra... pecha a reixa agora mesmo e sen levantar sospeitas! e arribas as mans! e todos ao chan aí que isto é un secuestro! e mesmo algún cala cabrón! deixa de choromicar! que lle quedou moi convincente mentres o seu compadre pechaba a axudantes e ao propio óptico no baño do establecemento. e, xa que estaban, colleron o pouco que había na caixa, non por facer mal, ollo, que aquelo era unha cousa de xustiza poética polo das gafas da nena do roi e non outra cousa, senón máis ben por lle dar credibilidade ao asunto. non vaian pensar estes que o noso é unha carallada, que lle dicía o roi, e colle o da caixa e sae de aquí tranquilamente, que ninguén se decate do que pasa.

pero para saír tranquilamente, había que erguer a reixa automática, e aquelo era un inconvinte co que ningún dos dous homes da media na cabeza contara ata ese momento.

tamén recorda perfectamente don alfonso que deron as oito e media no reloxo do concello cando aínda faltaban tres minutos para a hora segundo o seu citizen de precisa maquinaria. e que foi naquel momento cando os dous homes da funda que fumaban no soto da obra se ergueron e comezaron a prepararse porque o coche do encargado acababa de pasar pola rúa e xa non había tempo que perder, había que facelo de calquera maneira. e don alfonso, xa moi integrado na acción, viu como os dous homes sacaban a funda e vestían cadanseu traxe negro, de corte moderno pero moi elegantes, con camisas cor crema que, ao gusto de don alfonso realzaban as súas perchas. e unha vez vestidos os dous homes e bastante apurados, maldicindo de novo a figura dos seus compadres ausentes, agocháronse detrás duns bidóns que alí había, coa intención de sorprender ao encargado. e a partir dese momento, comezaron a falar entre eles moi baixo, de modo que pouco foi o que puido entender don alfonso, malia que se esforzou por poñer a orella.

antón
que
e como o imos facer, sen medias, nin armas, nin nada?
eu que sei, jose, en principio imos seguir co plan, a ver se chegan estes dous.
pero...e se non veñen?
pois se non veñen xa inventaremos algo
pois...éche este o momento de inventalo, antón
cala...e concéntrate. ti velo?
vino antes entrar no banco

e así pasaron varios minutos, farfullando algo entre eles dun bidón a outro, e don alfonso esforzándose por escoitar.

con esforzo semellante, o titular da óptica -don alejandro martínez prieto- afanábase por percibir a conversa dos dous homes encarapuchados ao outro lado da porta do baño. querían saír de alí sen chamar a atención, pero só el tiña a chave que accionaba o mecanismo da reixa. de calquera maneira, para aquela altura, xa algúns viandantes madrugadores se deberan agolpar detrás da portas de cristal do negocio, pensaba. e acertaba, só que non só iso, senón que mesmo chegara unha patrulla da policía local e non era tan fácil pasar desaspercibido. a isto hai que a alerxia de ramón, agravada agora pola tensión que imprimía a presenza da policía local do outro lado da reixa, cebárase nel polo que a media de nylon non facía outra cousa que afogalo. de modo que houbo que sacar ao óptico do baño para saír de alí, xa sen dignidade ningunha acompañados dunha parella de gardas vestidos de azul e a ramón en ambulancia camiño do xeral.

antón
queeeee
e ti non cres que a familia se preocupará?
home...eles entenderano, ou!
xa....pero antón
queeee...
ti fixeches a reserva no restaurante?
si, home, si.
e quen quedou de chamar á stripper?
ramón. ramón dixo que chamaba unha ex-moza que viña facéndonos un prezo

nese punto, si que don alfonso estaba xa desconcertado co asunto

antón
queeee, jose, queeee
e como cres que tomará a moza o do secuestro?
ela está preparada para todo, home...non ves que casan o sábado?
xa...
pois claro, home

e nese mesmo momento foi cando a policía se presentou na obra, preguntando por don josé lema martínez e don antonio sobral leis, e aos dous homes de traxe non lles quedou outra que saír de detrás dos bidóns e coas mans en alto. e como ben anota don alfonso, que o viu todo, repetían unha e outra vez que o seu era só unha despedida de solteiro, aínda que, en efecto coñecían a roi pérez seoane e a ramón soares eulogio, tamén convidados á festa para a que pensaban simular o secuestro do novio, como viran facer hai pouco a uns tipos da coruña.

o que non entendían era porque estaban eles detidos e o asunto aquel da óptica. porque o seu, volvían repertirlle ao señor comisario, era só un cachondeo, unha broma e nin as armas eran de verdade -que foran mercadas no chino do lado da casa de ramón- nin eles coñecían aquel alejandro, nin sabían nada de xustiza e moito menos de poesía! e tivo que ser o encargado da obra, un tipo serio que empezaba coa súa empresa nisto da construción, o que adiantou a fianza liberando aos secuestradores e aos cómplices daquel asunto. e de paso, rescatou o plano eléctrico da obra que ramón levaba na bolsa, despois de moito porfiar e porfiar a policía, que cría que aquelo non era outra cousa que anotacións sobre os sensores antisísmicos da caixa daquela importante sucursal bancaria que había ao lado do seu choio. a mesma que, e isto foi pura casualidade, foi atracada poucos días despois por unha banda de franceses que entrou no edificio facéndose pasar por técnicos electricistas.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-5639026913296522672008-06-19T12:54:00.018+02:002008-06-24T10:58:01.177+02:00plan (segunda parte)

un anaco máis adiante, cando xa os folgos obrigaban a ramón a suplicar por reducir a marcha, detivéronse nun semáforo que estaba vermello e axudaron a unha muller a baixar polas escaleiras do mercado o carro do rapaz. e a muller agradeceullo con cadensúa mazá que acababa mercar e que lévenas, lévenas, que están moi boas. e ela recorda telos visto marchar roendo na mazá. foron indo, con igual apuro, cara a grande avenida que atravesa o centro.

mentres tanto, e non lonxe de alí, tres homes en funda azul, comezaban a poñer placa no ático dun edificio en construción veciño á sede bancaria máis importante da cidade. metros abaixo, no soto da obra, trafegaban outros dous que, de cando en vez, miraban os seus reloxos, maldicían os motores dunha afamada casa americana de coches e a fachenda dun tal roi, ao que o meteran no asunto polo que o meteran, segundo dicía un deles. aínda así, ao outro parecíalle este un razoamento pouco convincente, pois aquel era unha idea caralluda, un plan perfecto e aqueles dous imbéciles íano botar todo a perder! e todo isto víao e escoitábao sen descoidar detalle, don alfonso rodríguez de santos, hoxe xubilado acollido á beneficencia do albergue das carmelitas, home ocioso e asíduo espectador de obras da construción, si, pero en tempos un dos máis coñecidos dandis da cidade, como a le lle gustaba recordar.

pois sabes o que che digo, que como non cheguen imos sen eles, aseveraba o máis pequeno dos homes da funda porque, segundo el, os de arriba non ían botar a mañá coa placa aquela, o encargado estaría para chegar e había que lle dar vida ao asunto que ían dar as oito e media e non andaban ben de tempo.

e, malia que estaba disposto e xa se erguera con ánimo de actuar, o outro atallouno e tendéndolle un cigarro díxolle que agardase, porque nin sequera tiñan o atuendo adecuado, así mesmo dixera, como recorda don alfonso, e que aquel non era un choio de facer en funda. e preguntoulle se tiña o coche aparcado no sitio que conviñeran, ao que o dos apuros respondeu que si. e observaron o tráfico da cidade que era pouco porque, como ben apuntou don alfonso, xa moitos comezaran as vacacións estivais.

soaban as oito e media cando ramón e roi chegaban á rodonda da fonte onde as gaivotas se bañan os días de calor. alí roi detívose ante a cristaleira da óptica franquiciada que ocupaba boa parte de mazá.

ramón, agarda un intre que imos parar aquí facer un recado.

pero que recado nin que carallo! céntrate ao que imos roi, que están agardando por nós!

se só é un minutiño, home, que acabamos desguida.

a ver roi, pódese saber que se che perdeu a ti agora na óptica?!

ti só prepárate, que a este tipo téñolle eu unha xurada... e mentres, abría a bolsa de deporte e revolvía dentro buscando algo.

pero que dis, oh?

isto éche unha cousa de xustiza poética, ramón!

pero a que vén agora este asunto de vendetas?! ramón non era quen de seguilo. só pensaba no feito de estar parado nunha das beirarrúas máis transitadas da cidade, atónito, vendo as feituras do seu compadre.

este cabrón, ramón, rascoume os cristais das gafas novas da filla e despois desentendeuse do asunto e botoulle a culpa á rapaza, o moi...! pero ramón non sabe que máis porfiuo o seu compañeiro porque o que fora xa o dixo tapando a cara coa media de nylon que sacara do bolso.

que nos imos meter nun lío por unha parvada, roi...

que poñas a media hostia! que a este tipo vaille acordar a allada!

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-86015032890003852012008-06-17T09:05:00.019+02:002008-06-23T22:57:33.961+02:00plan (primeira parte)
aínda faltaba para dar as oito e a cidade xa anunciaba vestidos de verán que desfilaban por diante da noutrora lustrosa vidrieira do café mar do norte. detrás da mesma, roi e o seu compadre ramón podían ver a cidade lagañosa correr cara aos autobuses urbanos e mirarase de esguello nos semáforos.

sentados á mesa número sete, os dous homes agardaban. impacientes.

entretanto, a camareira deleitábase en comentarios chismosos na cociña, o que impacientaba especialmente a ramón, que a vía recostada na fiestriña por onde deberían estar saíndo os seus almorzos. finalmente a empregada dignouse. e achegouse á mesa coa desgana propia dun choio mal pagado.

que lles poño -ao tempo roía nunha goma de mascar- aos señores? a muller nin sequera os miraba, a súa vista perdíase máis aló da graxa dos cristais e da citröen, como se puidera atravesala coa súa visión de raios x e ver o mar. de seguro que se imaxinaba alí no medio do océano, de cruceiro.

a min bótame un café de almorzo...e máis...tedes torradas? pero de pan bo, do de verdade.

roi tiña unha teima co asunto aquel das torradas. a ramón, sinceramente, isto parecíalle unha parvada soberana. e naqueles momentos, parecíalle tamén que era enredar á muller alí por enredala. e por iso, baixo da mesa, comezou a darlle patadiñas nada discretas ao seu compañeiro.

as torradas facémolas co pan co que se fixeron as torradas toda a vida, dese de bolsa. eu non lle coñezo outro pra torradas. ela, de verdade, non sentía entrega ningunha por aquel choio.

pois entón bótame unha madalena. e ti ramón? e ramón notou o zapato do outro na canela e tivo que parar cos puntapés malia que, a esta altura, xa estaba realmente nervioso e non vía o momento de se desfacer da muller aquela, que agora o inquería coa mirada. a min póñame un café só e máis nada. e díxollo con tanto apuro que a propia camareira se decatou de que estaba de máis naquela mesa.

por detrás da barra, a empregada entregábase con parsimonia aos labores do almorzo e, con moito máis celo, miraba de cando en vez para os dous homes, que agora se debruzaban sobre un papel que ramón estendera na mesa e semellaban discutir en voz baixa, cortando de vez en cando as olladas dela que volvía á manteiga e ás culleriñas disimuladamente.

mira ramón, se non te relaxas entón si que vai ir todo para o carallo! e foi nese punto de voz en alto que se ergueu o home e foi ata o teléfono, onde falou tan apurado que non chegaron a entender moito os do bar, só que o ford non lle acendera pola mañá e que que culpa tiña el e que agora ían almorzar porque xa estaba bastante cabreado polo do coche e que habían de chegar a tempo, que diso se encargaba el, pero almorzados, vive dios! e colgou o auricular cun golpe tan forte que o encargado do bar mar do norte saíu do cuartucho das contas a ver que pasaba.

e en canto o home volveu á mesa chegou tamén a camareira, xa moi intrigada malia o susto, portando unha bandexa de metal na que ben se vían abanear os pocillos mal asentados. xusto chegou no instante preciso en que o tal ramón enburullaba sen pericia ningunha o papel aquel nun bolso de deportes que deixara ao seu carón.

de modo que cando pagaron deixando unha boa propina (para que sorría anque sexa só ao marcharmos, dixéralle o das torradas) e saíron pola porta do mar do norte, xa non só a camareira senón tamén a cociñeira e o encargado que saíra de novo do cuartucho, seguían os seus pasos coa mirada, pegados á vidrieira que, dende logo - dixera o encargado- ten boa falta de lle pasar unha auga.

e encamiñáronse rúa arriba os dous homes, portando sendas bolsas na man.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-41731117192726824022008-06-12T09:13:00.020+02:002008-06-12T16:10:47.722+02:00click!
entraba san xoan ardendo e as tardes pasábaas ao fresco; preparaba a bolsiña da merenda e de súpeto antollábanselle fresas e piña e, ao peor, mandarinas, que xa non estaban no tempo, e mesmo aguacate! con tanto como o aborrecía. á sombra dunha árbore moi antiga que había no atrio dunha igrexa cercana agardaba pola caída do sol e a praia baldeira, entretanto revisaba traballos atrasados ou lía novelas de intriga e, ocasionalmente, libros de poemas.

cada pouco chama á casa. cando vas vir?

cando ía, varias xeracións de mulleres, algunhas que nin sequera coñecía, facían corro ao seu redor contaban anécdotas diversas do historial familiar co ánimo de ilustrala, calmar pequenos temores propios da circunstancia ou simplemente co de presumir acontecementos futuros baseándose en ancestros métodos de adiviñación.

a ela todo iso divertíaa moito.

volvía á cidade e cada vez as semanas se contaban en máis meses. a el tamén lle gustaba vela engordar e moitas veces sentaba a mirala cando se peiteaba despois da ducha. á tardiña saían xuntos para pasear. mentres andaban, xogaban a imaxinar a vida das xentes que regaban as macetas nos balcóns dos edificios ou a calcular os tesouros minúsculos que os viandantes perden nas profundas bocas que abrían as reixas de desaugue da rúa.

outras veces baixaban en bici ao parque. paraban preto do estanque e sentaban a merendar nos bancos que miran cara aos patos. os nenos corrían detrás das aves, ou obrigaban ás palomas a levantar o voo sembrando o estanque de plumiñas brancas. todo era ruído, berros de voces demasiado agudas e migas de pan humedecido que se pegaban nas solas dos zapatos.

atópaste ben? maréaste?

non, é só que, non sei porque, púxenme un pouco triste.

ás veces pasaba iso. os temores subíanlle polas pernas coma feras. para calmala, el pasaba a súa man sobre o ventre dela, debuxando aquela redondez.

mira, aquela nena olla para ti. e mentres el dicía isto cun sorriso, a nena camiñaba cara eles con firme paso infantil. traía a man pechada e a vista fixa. parou diante dela.

señora, tome e estendía a man na que había un caramelo de fresa desfeito en suores e outros calores de peto. o caramelo é para o seu neno pero di miña nai que o ten que comer vostede porque aínda está aí dentro. coa punta do dedo índice facía unha leve presión na barriga dela. e non se poña triste porque non teño máis...

a pequena virouse para súa nai e deixounos alí pasmados, mentres se despedían timidamente daquela nena de enormes ollos.

en chegando á casa el púxose coa cea e ela dobrou a roupa que estaba colgada no cuarto. en acabando, preguntoulle

amoriño, sácasnos unha foto?

era a primeira que tiñan xuntos

click!

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-16737006951312735782008-06-03T10:39:00.007+02:002008-06-03T11:17:33.585+02:00nove nas librerías

señoras e señores: nove, pequeno e endemoniado libro que consumiu as paciencias da autora durante noite e noites, xa está entre nós, xa existe en papel e á maneira tradicional e en pouco tempo, días tal vez, poderá pedirllo ao seu libreiro de confianza alegando instintos poéticos e outros síntomas de insomnio.

edita a xente de fervenza a conto de avelina valladares, debuxa david rubín e escribe prólogos coma ninguén suso bahamonde. o resto xa é colleita dunha servidora.

agardamos, eu mesma tamén, a ter un tempiño e facer unha edición dixital libre para os homes e mulleres libres deste mundo virtual e do de máis aló.

para os nostálxicos da posesión física e amantes das edicións primeiras, aquí o está; un libro sobre o desacougo de habitar unha illa enquistada no lombo ferido dunha enorme balea.

esta nova, poden crelo, é motivo de sorriso grande para a autora, aínda que hai outros.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-5142839803365903612008-06-01T22:49:00.004+02:002008-06-01T22:57:27.549+02:00inspiración aldao + ladounha divertida tarde lendo en mugardos. entre as mulleres que enchen a sala atopamos a rosalía e a nosa inspiración. unhas risas.
gustounos tanto o cadro, que non puidemos resistirnos.
:)mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-50428062488295282062008-05-29T09:22:00.005+02:002008-05-29T09:48:19.456+02:00preguntas e respostas arredor de berlín
as preguntas son feitas por un grupo de blogueiros aos que une o mar, as respostas son dunha servidora. eles son Per Joan de El mar és el camí (autor deste regalazo de tradución!), O fartura da Singradura da Relinga, a besbe dos Beliscos pequenos, a amiga atlántica do blog Una mirada sobre la ría de Vigo, Marieque do Ponto de encontro, Noe de El observatorio de la Noe e o home dos homesdepedraenbarcosdepau. A todos eles muitas gracias polo interese e a lectura de compartida de berlín. foi moi divertido contestar ás preguntas de todos.

preguntas e respostas podedes velas nos seus blogs. a tradución do poema dezanove do libro aquí queda.

dinou

has de saber, nen meu,
del port ocult de la ciutat,
construït entre les boires d’abril ares
per al negoci secret del te.
i que allà hi amarra el desig
en les nits emboirades.
i que hi ha una taverna,
un lloc petit que ens coneix com l'atlántico,
on les tripulacions dels mercants fantasmes
abriguen el seu cor de licors
i relaten històries fantàstiques
de les terres dels ametllers
sàpigue-ho, perquè entre elles,
hi haurà qui recordi versos preciosos,
cartes que mai no enviaren els amants,
escrites en llengües de distància.

teñan bo día señores e señoras, non se deixen enganar polas chuvias.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-77053488435979565822008-05-28T09:29:00.007+02:002008-05-28T10:29:05.151+02:00escribir do outro lado da ríadurante este maio tan outonal, a sorte e a poesía leváronme a miúdo á vila do paralaia.
comecei indo á biblioteca, a escribir poesía cun grupo de xente do máis agradable que me ensinou máis cousas das que, con certeza, eu puiden ensinarlle a eles. pasámolo ben. falamos muito, lemos poetas do máis variado e rematamos con recital nun garito do lugar para mostrarlle ao mundo que era aquelo que facíamos cando nos pechábamos no antigo grupo escolar a maquinar entre libros.

despois tamén ía os luns ao instituto, onde, ademais de atoparme cos rapaces tamén me atopei un par de días co poeta que ten cu (e polo tanto ten medo:). alí fixen varias sesións cos alumnos que remataban sempre en poema colectivo. algún deles interpretado maxistralmente -todo hai que dicilo- polo poeta anteriormente citado.

iso si, os poemas non teñen desperdicio. os rapaces son puro surrealismo, observen:

ola, chámome leo, teño trinta anos e son drogadito anónimo

non escoito.

ao levantarme de cagar tropecei cos pantalóns.

vivo nunha tenda de campaña,

estou farto da tacañería desta casa.

estaba eu coa miña nai e co meu neto,

porque a miña muller deixárame

-que te fodan, travesti!

e a miña nai doume unha labazada que quedei teso.

por iso teño os ollos ben abertos.

comprei un action man

claro, como andaban de oferta,

valía 50 céntimos.

comendo peixe

parecía que a vida me sorría.

mexamos na cama

replicando polo baixo

mamá só entende de cremas para a celulite.

quería converterse nun home.

flipante, que non? feito con retallos de vinte relatos. o mérito é dos rapaces, que escollen e ordean os versos, a puntuación do leo e miña.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-49207800561271536842008-05-25T16:55:00.004+02:002008-05-25T17:17:26.799+02:00aldao lado na rede e outras propagandas
nestes meses, entre outras cousas, mariademallou dedicouse a xirar por garitos e outras feiras coa súa compañeira de aventuras poéticas e outros devaneos artísticos lucía aldao. de aí conservamos experiencias únicas como a do teatro campoalegre de porto -unha recomendación, ir ver á xente da  caija geral de despojos que recitan da hostia-, a da poesía salvaxe de ferrol -en ferrol sempre atopamos un público tan entregado que dá gusto- ou a máis recente do carballiño, terra de poetas alimentados dunha incríble carne ao caldeiro.
e todo isto para dicirvos que cumpro promesa feita hai tempo ao deixarvos aquí unha pequena mostra da velada nas noites efervescentes de ferrol do pasado 2007.
lamento non ter mostras do arriba citado, aínda que para saber da poesía salvaxe podedes consultar o miraxes do 3/5/2008 -onde me convertiron en mónica lado na primeira parte do programa- e veredes uns segundos de recitado da carta da nosa cea desa noite e, sobre todo, outros poetas máis interesantes ca nós entre os que se atopa nada máis e nada menos que o xenial carlos oroza.

e así as cousas. o vindeiro sábado andaremos ámbalas dúas pola vila de mugardos cos versos a voltas.

<object height="350" width="425"> <param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/GKsQC8KSp84"> <embed src="http://www.youtube.com/v/GKsQC8KSp84" type="application/x-shockwave-flash" height="350" width="425"></embed> </object>mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-17475149566592037662008-05-23T12:29:00.004+02:002008-05-23T13:07:37.273+02:00toc, toc

si, tamén eu me fartei de bater sempre contra os cálidos exercicios de morriña nos que me abandonei hai cinco meses. digo eu que como cura de memoria xa foi tempo dabondo e que esta cidade do sur que me trouxo compañeiro e traballo e plans de casa nova e outras cousas que medran pouco a pouco ben merece que me entregre de novo ás virtudes da rede.

e sobre todo merece os agradecementos a quen volveu despois da morriña nestes meses de silencio. a todos os que seguíchedes petando nesta porta na que ninguén abría, saúdos agarimosos.

se non fora por vós, calquera se animaba a escribir despois de tanto tempo.

(a foto está tomada deste flirck)

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-76318240007053896802007-12-17T10:28:00.000+01:002007-12-17T11:58:39.139+01:00cálidos exercicios de morriña

era unha cidade do norte e iso, xa saben, imprimíalle certo carácter literario e facíaa atractiva en si mesma. por estas datas as tardes caían en noite con premura pasmosa, abundantes en humedades e paraugas descuartizados nas intersecións das rúas que batían contra o océano. e aínda cando as choivas eran poucas, a cidade afanábase en simular os momentos previos aos temporais e suspendíase o día na incerteza do mal tempo. e iso constituía unha das súas maiores virtudes, convertíaa nunha boa cidade para escribir dende un cuarto sen moita luz natural, quente como habitación de panadeiro ou dende un café do centro, tranquilo e con certa tendencia ao jazz en voz baixa.

eu marchara e deixara aquel lugar dun día para outro, sen despedidas nin anuncios, nin máis líricas que tres caixas de cartón nas que cabía un ano de trastos e roupa de inverno. escollera destino máis ao sur para dedicarme ao mesmo que me dedicaba no norte, basicamente vivir e chegar a final de mes. levaba varios meses ausente e pola cabeza poucas veces me pasaba aquela rúa desdabrigada na que me collían as choivas do inverno á volta do super, nin as voltas que daba para aparcar na cidade alta, nin a pequena librería na que me ofrecían café e conversa, nin a praza daquela españa que fora da leña na que agardaba pola miña comadre cando era de saír. a penas pensaba nos tellados sementados de gaivotas nin nas tardes nas que o sol se deitaba por detrás da torre xusto antes desta cenderse. nunca me detivera a estrañar as rúas estreitas nas que derrubaban edificios antigos para regocixo dos axentes inmobiliarios nin aquelas dedicadas ao tránsito dos paseantes que apegan o naris nas cristaleiras dos negocios caros.

a dicir verdade, nunca me detivera a botar de menos aquela cidade suspendida sobre o océano.

o sentimentalismo chegou despois. unha poeta de voz suave chamou para convidar a unha parolada na que eu comentaba a miña experiencia dixital. por primeira vez en anos, movida por non sei que fibra interior en certa medida sensible ao paso do tempo e ás súas consecuencias, saín da casa moito antes do necesario e cheguei demasiado pronto á nosa cita. aparcaquei onde sabía que atoparía sitio e fixen tempo paseando polo recordo daquela cidade que tempo atrás me acollera no seu ventre. chamei algúns amigos para facer da visita un claro exercicio de morriña. viñeron escoitarme, malia que xa sabían todo canto eu lles podía contar, e despois ofreceronme café nese bar tranquilo de inclinación ao jazz que comentei uns párrafos atrás. aí chegou o que, supoño eu, se buscaba con todo isto.

a memoria é moi puta. escolle de maneira nada aleatoria aquilo que habemos de remoer toda a vida e saca do medio o que non lle interesa para nada andar a remexer. pero un día un olor, ou un sonido ou calquera outra cousa que os sentidos non son quen de trasmitir ao cerebro, pégache na cabeza coma un ladrillo e caes na conta do cravado que tes en ti iso no que nunca pensas. foi naquel bar -igual foi cousa do jazz- onde comecei a estrañar as amizades que quedaran na cidade da que marchara sen arrepentemento nin previo aviso. quen brindaba comigo era unha delas.

falamos de cousas sen importancia, traballos e demais logros e preocupacións vitais. botamos un anaquiño. tomei dúas cervexas das que permiten conducir despois sen xogarse o cárcere. a tarde completouse con dúas novas incorporacións á nosa mesa da morriña. preguntei polas novidades e foi así como cheguei a saber do sonoro maxín e outras festas que a vida preparaba. marchei con abrazos antes do día acabar e dixen ata logo á camareira porque, nese punto da tarde, ata por ela sentía tamén certo apego. preguntoume. díxenlle que xa non vivía alí. agora, expliqueille, vivo nunha cidade á que nunca chegan os temporais e as horas de sol parecen máis.

de volta ao coche buscábame no reflexo das cristaleiras dos negocios pechados. non era pracer por exercitar a melancolía, nin a tristura nin nada diso. era só para comprobar que os cristais aínda devolvían o meu reflexo naquel lugar no que estivera e xa non estaba. unha reconciliación, ou algo polo estilo.

metinme no coche e arranquei sen a máis mínima traza de dúbida. antes de coller a autoestrada dinlle unha volta á cidade seguindo unha das avenidas máis longas. pero cansei en seguida. tal vez xa recordara todo canto había que recordar daquel lugar. despedinme da torre e marchei.

de volta á casa as luces do coche eran camiños insignificantes na escuridade do universo.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-54326872188488982612007-12-04T15:51:00.000+01:002007-12-07T21:23:52.088+01:00domingos e festivos

as visitas, que son poucas, traen sempre que veñen noticias de lugares que por forza resultan descoñecidos para quen non abandona esta casa e os seus camiños. adoitan vir en festivo ou fin de semana, nunca en cotío, porque os días de cotío sonche para traballar e a xente anda apurada. cando veñen o xantar é de domingo, abundante coma en festa. é moito nervio porque cociñar sempre para un faiche perder mañas entre as potas. e hai que darlle algo bo, que saiba. se eu vira para ler cociñaba polos libros. pero non vexo. así que cociño pola cabeza, de memoria. e se o tempo está bo e a humidade non fai quebrar as mans, preparo un flan que se sirve con caramelo e que lle sabe a todo o mundo porque é unha cousa boa, con ovos da casa. e despois aínda hai que poñer a mesa, que é pequena pero... e pranchar manteis, e escorrentar a humidade do salón porque alí nunca se entra. só cando vindes vós. leva toda a mañá arranxar todo iso. e tamén hai que facer café e sacar os pocillos que viñeron na maleta dalgún familiar que cruzou o mar. e lavalos todos, porque nunca se usan, eu nunca os uso. todo ese traballo para un día, ou unhas horas. que facemos? ás veces pasamos a tarde enteira e miramos o pequeno xardín que hai pé da cabeceira, ou falamos mentres tomamos o café ou vemos a televisión. a televisión fai moita compaña. outras veces marchan pronto porque levan apuro. despedímonos á porta, ao lado do xardín onde aparcan o coche. eu vou ata o coche a dicirlles chau. e queda a televisión prendida con toda esa xente falando na casa...

a televisión fai moita compaña. é como ter xente na casa.

a foto é juandelux
mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-48947685331482413302007-10-31T19:47:00.000+01:002007-10-31T20:02:58.274+01:00movidas viguesas ( propaganda pura e dura)
aquí estamos de novo co noso. o que facemos supoño que xa o saberesdes, pero por se acaso a alguén lle quedan dúbidas, lemos poesía, repartimos licor café, soltamos unhas parrafadas, cantámoslle uns temas e , previo sorteo dun lote de libros rescatado da caixa da basura dunha biblioteca público, recollemos e marchamos.
estades convidados. os libros a sortear prometen. avanzamos títulos para facer fame: es la biblia realmente la palabra de dios?, el niño y la música, curso de correspondencia comercial... entre outras glorias.
;)mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-66806977413338047602007-10-26T11:55:00.000+02:002007-10-26T12:29:25.967+02:00días alddao

estimada compañeira de fatigas:

non sabes canto me alegra a túa unión con diegodelgado. cada mañá deste outono que non acaba de chegar ao sur, premo o play e perdo o control. porque é un temazo, iso que che fai arrepiar as carnes e se che crava no esternón. ata entristecer presta se ti cantas e diego fai a música. ian curtis restorceríase de pracer ao escuitarvos.

así que seredes finalistas, pero para min xa gañachedes o ceo con este pedazo de versión.

vouna poñer outra vez antes de rematar esta carta, que é só para agardecer que tiverades chegado a este mundo e topado comigo polo camiño.

bicos descontrolados alddaomariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-78892567718354275192007-10-07T16:49:00.000+02:002007-10-07T19:17:08.209+02:00adiantando novembro<object codebase="http://go.divx.com/plugin/DivXBrowserPlugin.cab" classid="clsid:67DABFBF-D0AB-41fa-9C46-CC0F21721616" height="320" width="240"><param name="autoplay" value="false"><param name="src" value="http://video.stage6.com/1713547/.divx"><param name="custommode" value="Stage6"><param name="showpostplaybackad" value="false"><embed type="video/divx" src="http://video.stage6.com/1713547/.divx" pluginspage="http://go.divx.com/plugin/download/" showpostplaybackad="false" custommode="Stage6" autoplay="false" height="312" width="416"></embed></object>

a golpe de outono que non parece tal, mig seoane e unha servidora pecháronse na casa para darlle forma ao primeiro obxecto de nove - ese premio avelina valladares que só deus sabe cando sairá en papel-. a intención é facer do libro un artefacto para o voso disfrute, evento que prepararemos durante o mes homónimo, pero... non adiantemos acontecementos. polo de agora só podemos convidar a percebes.
mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-31935028387482723872007-09-11T08:50:00.001+02:002007-09-11T09:37:20.282+02:00almorzo
madrugar porque o espertador reclama días que comecen cedo e co sol aínda medio agochado. erguerse só para facer zume de laranxa fresquiño e escoitar correr a auga da ducha . cortar pan e torralo levemente para que a manteiga se deixe ir sobre el con suavidade. abrir a marmelada de mamá e botar coa culleriña anaquiños de amora sobre catro torradas. mentres tanto, facer café e mirar as dúas cuncas virar no microondas uns minutos. estirar o azucre que queda no bote. achegarse á ducha. xogar a botarse auga coa boca. rir muito. almorzar e facer plan triviais. imaxinar os días nos que non teñamos que madrugar. abrazarse entre o quente deste pixama e o calor fresco da pel recén duchada. baixar á rúa e agradecer o sol que medra no ceo. bicarse.

a verdade, durmir media hora máis ou media hora menos non ten tanta importancia cando o almorzo é bo.

;)mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-42050368975027666172007-09-05T15:01:00.000+02:002007-09-05T15:32:55.894+02:00mallando noutra eira
ando mallando na eira de volta e dálle e malle vai malle vén... non dou feito outra cousa.

aínda é un esforzo de carallo ganalo pan... non se crean.mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-21096415628356084412007-08-30T11:52:00.001+02:002007-08-30T11:59:45.301+02:00así foi, mon
foi que marchastes dese xeito que marchan os silenciosos e sen previo aviso que se presentou o teu sorriso grande a baterme na memoria. non podía o teu recordo vir doutra maneira. chegou exactamente igual a ti, con esa habilidade enorme para alegrar as tardes de ansia nas que tramabamos ser máis felices algún día, co peito aberto en abrazo e as ilusións todas prendidas da túa mirada limpa. presentouse o recordo de ti cargando días nos que porfiabamos por cambiar as cousas que nos tocaran e afundiran, e aínda nos máis duros, a túa imaxe era sempre luminosa. era sempre un claro entre o espeso da vida, unha alegría de encontrarse contigo, un pracer de compartir, de conversar e camiñar ao teu lado.
eres tan grande mon, que por moito que a terra che leve sempre quedarás en nós.
mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-29454353191645746412007-08-13T13:14:00.000+02:002007-08-13T13:41:05.348+02:00retornarpoñamos que tomei unhas vacacións virtuais que ían ser uns días e foron un mes. que outras labores me entretiveron e así pasou medio verán e eu fóra desta casa deixándoa ao voso coidado. agora volvo e muitas gracias por me lle dar de comer aos pitos e virme muxir as vacas. sinto coma se retornara da américa coa maleta de cartón amarrada cun cordel. non, non fixen fortuna, pero trouxen un poema

ao chegar ao poema e no primeiro verso, a casa
verás a casa deitada na tarde,
solaina de portas abertas, e con tal luxuria
que na seguinte liña
desexarás ser a brisa que agora entra
e a dous centímetros exactos de caricia
percorre as súas estancias e colma as cortinas.
pero ti,
chamada por unha das palabras escritas máis abaixo,
cruzarás a eira ata o xardín e alí
baixo unha sombra que as follas tezan
sentarás a escribir un poema
no que ti mesma observas o terreo e o edificio e alguén
que chega

é alguén anterior a ti
un home de cabelos grises que garda a casa
pero que no poema é aínda neno e de ollos vivos
que baixo sombra idéntica
e nesta mesma tarde que detén este verso,

senta no espazo exacto, idéntico
ao que ti ocupas,
e no seu caderno escribe
que ti estás aquí
no final do poema

pero que non es a única.mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-81057390347543797512007-07-13T07:48:00.000+02:002007-07-13T08:36:51.039+02:00desvelos
ábrenseme os ollos as seis e media da mañá. na cama, dou un par de xiros infructuosos, tan só serven para que as sabas se enrolen apretándome os cadrís, e decido erguerme para algo de máis proveito. tomo o último vaso de leite que se lle pode sacar ao cartón. con colacao. non hai café. atopo unha madalena milenaria no fondo do moble. faltan tres horas para que abra o supermercado. almorzo. fumo un pitillo. despois recollo a mesa e valoro a posibilidade de volver á cama. os paxaros xa cantan á beira do río.
en vez de ir á cama vou ao google. busco itinerario a piloño, vila de cruces. recorro o camiño co dedo índice sobre a pantalla. asegúrome de entendelo. fago por recordar algún dato útil sobre a localización do lugar das outras viaxes que fixen ata alí. imposible. teño a sensación de que fun teletransportada. deixo iso e fago a maleta. meto dentro un regalo para celsiño. abro a porta do patio e saio para ver o espectáculo de erguerse o día sobre a terra dos arañóns. déitome no sofá. imposible durmir. escoito a auga da piscina burbullar.

fumo outro pitillo. ábreseme a boca. esta é a miña, volvo para a cama, penso. pero alí o sol xa recorta a mañá sobre o cuarto e apunta directamente aos meus ollos. érgome e pecho as cortinas. volvome deitar. poño a cabeza debaixo da almofada. aínda así, escoito o ventilador do ordenador dende o cuarto do lado. dóeme pero érgome e vouno apagar. windows aínda instala un par de actualizacións, péchase cando xa a man se estiraba para coller outro pitillo que non hai.

por fin volvo á cama. pecho os ollos e concéntrome nalgo que estaba soñando antes do desvelo inicial ou algo que me gustaría soñar. empezo a coller o sono e déixome ir. hai unha casa cun xardín soleado polo que paseamos, un home de barba branca agárdanos debaixo dunha figueira. ao seu lado un gato adormece panza arriba. cantan os paxariños coma nas películas. cando nos estamos achegando a el o gato érguese e comeza a ladrar coma o can da veciña de abaixo. o home parece que nos quere falar, pero o gato non para de ladrar e non escoito nada máis que o ladrar do gato enchéndoo todo. o tipo saca un teléfono móbil. esténdeo cara min. dime: colle é para ti. o teléfono aínda non soa nin nada pero eu cólloo igualmente e achégoo á orella. cando o fago comeza a pitar. un son estridente e malhumorado. non sei como se para. esperto. apago con torpeza a alarma do móbil. maldigo. vou á cociña coma un zombi e poño auga a quentar. chegas pouco despois e espreguízaste feliz. preguntas que tal durmín. non hai café. acabouse o leite. e as madalenas.
abrazámonos. saimos ao patio nese abrazo.

o can da veciña, xa calado, cruza o xardín correndo e bótase á piscina.

bo día.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-23668314812836319402007-07-04T17:04:00.000+02:002007-07-04T19:36:18.632+02:00eu tamén pirata

xa saberán que os piratas hai tempo que non son eses tipos de perna de pau e ollo parcheado aos que tanto temían as cándidas fillas de gobernadores e que agora abordamos copisterías e outos lugares que dispoñen de sistemas de reproducción e copia. tamén saberán, isto supoño que o aprenderían nas películas, que os piratas somos máis libres que os gobernadores, as nosas vidas máis plenas e mesmo en ocasións, isto depende do filme, temos máis éxito entre as mozas.

sobra dicir que somos uns desalmados que cremos que a cultura debería ser libre, copiamos libros e discos, imos ver proxecións de pelis a centros sociais e non pagamos un can e admiramos o traballo desta xente.

por iso iremos á xornada de cultura libre que o cineclube de compostela preparou para o venres día 6 no seu local, nacida a raíz da recente condena por proxectar un filme.

élles así. inxusto. nós pagamos cánones absurdos que presupoñen que somos delincuentes e os verdadeiros piratas viven a conta nosa. ou como se di popularmente:

levamos a fama mentres outros levan o proveito.

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-39318886566465434592007-06-29T12:38:00.001+02:002007-06-29T13:04:42.685+02:00berlin por fanny +alexander

fanny e alexander coñeceron berlín. así naceu o audio book de preciosa música que podedes descargar da regueifa plataforma , onde está tamén a nova edición dixital con deseño reformado do gran rubín e presentación de mario regueira. con el vos deixo:

Ás veces un amante pode ter un ollo de cada cor, como algúns gatos, como David Bowie, ou como o espírito das cidades divididas. Non é estraño, nese caso, que alguén dea en chamarlle Berlín, porque ademais a sonoridade do nome pode traer arrastrado o sabor de certos doces con améndoa e podemos sentilo rebentar na boca en pequenas triscadelas de tenrura. Pouco importa que o escenario do amor sexa a capital contemporánea da nosa poesía. Un amante que ten un ollo de cada cor merece que o seu libro se chame Berlín.

Ás veces unha escritora ou escritor soña con ser arquitecta ou arquitecto, e gostaría de deseñar planos nos versos. Que alguén poida pescar unha cidade mergullada e poñela en orde lendo o seu libro, ou mesmo reconstruíla despois das catástrofes partindo do compás das páxinas ao pasarse. E apesar de que os cinemas arden, os locais fechan ou cambian de nome, e de que algún día até expropiarán as hortas, os parques, ou as prazas, hai unha cidade que non é Berlín que poderemos recoñecer co libro na mao. E descubrirlle de paso o porto oculto e os menceres onde os nomes se escriben deliciosos baixo as árbores.

Ás veces unha voz de muller segue a subvertir papeis na poesía contemporánea, e consegue acadar centralidade para cantar á fatalidade e a tenrura do amor sen complexos. E ao tempo, inventar unha cidade, un can chamado Chespir, un amante cos ollos como Bowie, e a ela mesma e ás palabras. E mesmo un outro, o mesmo, para sempre, (como no disco de Lou Reed), Berlín.

E ti que o leas

todo un regalazo que lles agradezo inmenso ;)

mariademallounoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10770859.post-25261233803383553082007-06-27T21:48:00.000+02:002007-06-28T01:38:59.746+02:00o sereno

dende que me erguín a cabeza non parou de doerme e o mundo enteiro confabulou contra tal suplicio ata ben entrada a tardiña. a mellor hora do día chegou un instante antes de a noite deitarse sobre o lombo da costa e acendérense as cociñas dos veciños en concilio de sarténs fumegantes. foron uns poucos minutos. no patio de luces o silencio era por fin unha ausencia de televisores e pratos en mans torpes que, malia a súa delicia, estaba condenada a non durar. sabíamos que no momento máis insospeitado pezas de vaixela kamikaces de calquera veciño frustrado virían estragalo todo sen mínimo miramento. pero mentres durou foi gloria.

toda a cidade se detivo neste cuarto.

detivéronse os nenos que choraban e as gaivotas dos tellados foron desterradas. cesou o tráfico e os martillos eléctricos das obras, calaron as batidoras, aspiradores, lavadoras e outros martirios domésticos. fixeron uns minutos de silencio os ascensores que chían, os zapatos de tacón mal solados, os teléfonos que timbran e ninguén atende, as motos de escape libre

daquela eu tiña unha pregunta rondandome a cabeza dorida. aínda non chegaba máis que ao rango de pregunta sinxela, nin sequera sombra de preocupación das de verdade, pero a noite anterior non pegara ollo e aquilo non había paracetamol que o atallase. por iso os mellores minutos que o día regalou antes de a noite deitarse, detiveron as miñas mans sobre o i-ching en busca de consello.

o sereno. o sereno trae ventura.
a imaxe da serenidade é un lago xunto outro lago.

aquilo valeume. un só caracter chegou como resposta. concentreime en estar naquela imaxe. ambos lagos eran paisaxe solitaria desas nas que os paxariños cantan e as flores das amendoeiras abanean as sombras da tarde que se alonga. era fermoso.

pero pouco durou. faltaban poucos minutos para as dez cando a furia se apoderou de novo do patio interior. xa caía choiva de veciñas que poñían roupas a pingar sobre as terrazas, chamaban por teléfono e non respondían, choraban os nenos e ninguén os acudía, asaltaban bancos e sonaban as alarmas, desgarrábanse as gorzas dos suicidas arrepentidos partindo a tarde, ladraban insistentemente os cans de ton agudo das mulleres dos banqueiros, e nas televisións homes moi serios e agraviados ocultaban co seu volume alto outras mesquindades maiores que pasaban no mundo.

nin lagos nin amendoieiras nin paxariños nin toda a capacidade evocadora da ilustración chinesa puideron nada contra a miseria humana.

concluín que eramos moi afortunados porque non sabíamos manexar un rifle.

o i-ching é case coma google. sempre ten respostas.

mariademallounoreply@blogger.com