tag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1119980230003359292005-06-28T19:32:00.000+02:002005-06-28T19:54:50.266+02:00Au revoir monsieur Fraga<div align="justify"><a href="http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&amp;id=43891">Vieiros</a> resalta hoxe cómo o amencer cheo de esperanza que agroma na Galiza despois destas eleccións coincide co sesenta e nove (cantidade moi erótica) aniversario do Estatuto do ano 36. Na mesma liña, e segundo escoitei pola radio, o próximo 18 de xullo constituirase o novo parlamento galego. Non deixa de ter graza que sexa no mesmo día do alzamento fascista que botou terra -e metralla- sobre o Estatuto de Castelao e Bóveda, cando se reflicta que o derradeiro franquista activo políticamente, se vai embora.<br />Disfrutemos do momento, pois merecido está, pero iso sí, sen permitir que ninguén coma o espazo de ninguén, que se a forza só do nacionalismo non chegou, a forza só dos socialistas, tampouco.</div>O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.com