tag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1114009982995614782005-04-20T08:09:00.000-07:002005-04-21T01:35:25.373-07:00A MIRADA DE ANA

Si finalmente collo unhas pequenas vacacións a comenzos de Maio, seguramente me acerque ata Lisboa. Alí espero ver a Ana.

Ana ten unha pequena eiva física. Non ve dun ollo. Aparentemente non se lle nota nada e si ela non o dí ninguén se daría conta.

Un día en Zaragoza, ó pouco de coñecernos, e cando xa avanzaba a noite díxome: "Se a partires de agora ves algo raro no meu ollar non te asustes". Explicoume logo que nacera xa así, sen vista no ollo esquerdo, e que nun principio aquel ollo non obedecía á sua mirada e que por veces se quedaba estático mentras ela apuntaba cara un lado ou outro có dereito.

O parecer lograra educar bastante aquel ollar disperso e díscolo dende cativa e case sempre acataba á dirección que marcaba a mirada boa. Só cando bebía, fumaba ou estaba moi relaxada se obcecaba e ocorría que aquel defecto se manifestaba para os demáis.

Dende aquela con frecuencia vin o ollo extraviado de Ana. Eu dicialle: "Ana, mira ben ". Pero ela só sorría sabedora xa de que para mín pouco importaba a dirección do seu ollar esquerdo.

Este é o defecto de Ana. Das súas moitas virtudes traerei conta si finalmente vou ata Lisboa.bigornanoreply@blogger.com