tag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1113842246722309522005-04-18T18:24:00.000+02:002005-04-18T18:37:56.686+02:00Radio Tele Taxi move masas!<div align="justify">O poder de convocatoria do popular Justo Molinero, máximo responsable de <a href="http://www.radioteletaxi.com">Radio Tele Taxi</a>, quedou demostrado o pasado 17 de abril unha vez máis: máis de medio millón de persoas, segundo a Policía Local de Santa Coloma, déronse cita en Can Zam para asistir ó festival aniversario da emisora. 700.000 persoas segundo a Organización do Festival (500.000 persoas segundo a Policía Local), visitaron Can Zam para presenciar as actuacións de artistas da talla de Estopa, Camela, Camilo Sesto, David Civera, David Bustamante e El Canto del Loco. Máis de 150 autocares foron fletados dende as principais cidades catalanas (algúns, incluso, viaxaron dende Alacante) e as bocas do metro de Santa Coloma non pararon de cuspir xente durante todo o día. Houbo quen se achegou a Can Zam pasadas as catro da tarde, cando o festival xa tocaba ó seu remate e cando outros moitos xa marcharan. Por este ir e vir de público, a organización cifrou en máis de 700.000 as personas que pasaron polo parque.</div>mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.com