tag:blogger.com,1999:blog-101086642007-12-14T23:16:42.178+01:00Radio Nocturnamjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comBlogger32125tag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1132052090234216542005-11-15T11:42:00.000+01:002005-11-15T11:54:50.250+01:00"Programas de participación radial"
As autoras Mª Eugenia Robosch e Analía Brandolín propoñen un estudo sobre a participación radiofónica en México. Efectúan unha análise cualitativa sobre a relación existente entre o conductor dos programas de radio e a interacción co público. A súa investigación basease nos estudos culturais nos que se apoiaron para analizar dous conceptos clave: a "polisemia" das mensaxes e a "capacidade de interpretación" de las audiencias.Ademáis, caracterizan os programas de participación de audiencia de dous tipos: directo e indirecto. Para levar a cabo a súa proposta as autoras escolleron dous programas emitidos pola radio metropolitana de México: "Kelly, Lamoglia y la Familia" conducido polo Dr. Ernesto Lamoglia e a Lic. Patricia Kelly, emitido por Radio Vida 1500 de luns a venres de 9:30 a 12:00 hs; e, "El Potencial Humano"
conducido polo Lic. Leonardo Stemberg, transmitido por Radio Trece de luns a venres de 22:00 a 24:00 hs.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1130924349360454812005-11-02T10:26:00.000+01:002005-11-02T10:39:09.373+01:00Texto de Lalinde, A.M sobre a participación en radio
Ana Mª Lalinde Posada fala sobre o xénero da participación en radio informativa comercial. Co artigo" Radio informativa, ¿Es posible la participación?" publicado na revista Signo y Pensamiento a autora aborda as posibilidades do xénero no caso colimbiano, un país cunha ralidade concreta que se manifesta na cultura e na ideoloxía que construiu o discurso sobre o fenómeno da participación no medio radiofónico. Non só dende o eido profesional, senón o concepto desenvolvido no propio actor (oínte-audiencia) que lle outorga un significado concreto ó feito de participar en medios de comunicación e do que eso supón á hora de intervir dalgún xeito na propia organización social.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1129806775025879422005-10-20T13:10:00.000+02:002005-10-20T13:12:55.033+02:00A radio en transición
Benjamín Fernández Bogado fala en Sala de Prensa do panorama ó que se enfronta a radio a principios do novo século. Dos retos que debe afrontar. Afirma Bogado "Una de las características centrales de los tiempos actuales es que la radio como medio de comunicación debe intentar hacer comprender la complejidad de los cambios en la sociedad actual y al mismo tiempo encontrar formas nuevas que atraigan la atención de los oyentes".
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1129805232966850892005-10-20T12:41:00.000+02:002005-10-20T12:47:12.973+02:00"A radio como medio para a participación"
Herrera Damas, actualemente membro da facultade de Comunicación da universidade de Piura, Perú publica un artigo na revista latinoamericana de comunicación "Pulso del periodismo" no que trata o fenómeno da participación no medio radiofónico dende distintas ópticas. A autora establece distintos parámetros de avaliación do fenómeno participativo no medio: a presencia do medio na sociedade, a súa especificidade sonora, a percepción social que se tén da radio, e as características do medio.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1129634143634379802005-10-18T13:12:00.000+02:002005-10-18T13:15:43.646+02:00Estacións de radio no mundo
Omniradio crea un listado das principais estacións de radio en tódolos continentes. Describe os contidos das emisións e se teñen ou non presenza na rede. Tódalas que teñen web enlazan directamente dende a páxina á URL . ¡Olé!
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1129018995970764092005-10-11T10:14:00.000+02:002005-10-11T10:23:15.976+02:00

Mariano Cebrián Herreros fala en Telos da expansión e o futuro da radio na era dixital. Aborda as características técnicas, os modos de financiación e o futuro da comunicación multimedia. Cebrián Herreros afirma "La radio por Internet se constituye en un modelo radiofónico por encima de la infraestructura técnica particular ya que no se restringe a uno solo de los sistemas de difusión sino que puede estar en todos. Se ha utilizado Internet como mero soporte de distribución mundial de las programaciones tradicionales, pero emergen con fuerza nuevas concepciones integradas plenamente en la explotación de otros servicios basados en búsquedas, interrelaciones e interactividad"
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1128932709272722932005-10-10T10:11:00.000+02:002005-10-10T10:25:10.653+02:00Radio Mexicana
Esta revista de comunicación na rede fala da historia, situación actual e a influenza das novas tecnoloxías na radio mexicana. No tocante a Internet, na web figura un resumo do artigo publicado por Gabriel Sosa Plata, presentado no Coloquio Panamericano de Comunicación PANAM 2, na cidade de Zacatecas, México, o 12 de setembro de 2003. O coloquio organizouno a UNAM en colaboración co Instituto de Estudos Superiores de la Comunicación.
Neste artigo, o autor sinala que na era de Internet, a radio aberta tén unha función social insustituible e un futuro prometedor. Ademáis fala da necesidade da implantación das novas tecnoloxías en varios puntos do globo. En pleno século XXI , sobre todo en Africa e nalgúns países de Asia e de América Latina, teñen unha oferta moi reducida de estacións de radio e o acceso ás novas tecnoloxías ou á radio on-line aínda son un imposible.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1128680622152898502005-10-07T12:17:00.000+02:002005-10-07T12:23:57.023+02:00Historia da Radio en Minas Gerais. (Brasil)
Nair Prata fala en "Historia do Radio en Minas Gérais" da evolución das tres principais emisoras de radio en Minas Gerais (Brazil). A autora recolle neste documento, e historia das seguintes emisoras: Radio inconfidência, Radio Itatiaia e Radio Favela. O texto foi presentado ó XXVI Congreso Brasileiro de Ciencias da Comunicaçao, organizado polo INTERCOM (Sociedade Brasileira de Estudos Interdisciplinares da Comunicaçao) en setembro de 2003.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1128678378340936602005-10-07T11:31:00.000+02:002005-10-07T11:46:47.380+02:00O desenvolvemento cultural a través dos medios locais: exemplos da Radio e TV en Chile
Neste texto de Valerio Fuenzalida, baixo o título "Modelos de TV y radio y su influencia en la génesis cultural" abórdase a influenza dos medios locais no progreso e na busca da identidade cultural das rexións. Segundo o autor, o fenómeno das radios locais por unha banda pon en tela de xuízo o suposto efecto de homoxeneización que producirían os medios masivos programados de xeito centralizado, e por outra banda, constitúe unha resposta ás necesidades de expresividade cultural que os centros urbanos non sinten realizadas a través da información e o entretemento masivo. Ante a transnacionalización e o efecto globalizador meditático, a radio eríxese coma un medio que pode contribuir a preservar a identidade cultural nacional e local. Non só a través dos contidos que emite, senón tamén na precura do desenvolvemento social da comunidade.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1114080378455210282005-04-21T12:39:00.000+02:002005-04-21T12:46:18.456+02:00"Nove experiencias de comunicación masiva: as radios piratas en México D.F"

Nueve experiencias de comunicación masiva: las radios "piratas" del DF, una historia hacia la democracia de Mónica Palomina. Partindo da laboura levada a cabo por emisoras ubicadas no estado de Veracruz: Radio Cultural Campesina, en Teocelo, e Radio Huayacocotla, no municipio do mesmo nome. Este texto pretende esbozar o contexto político no que nacen novas experiencias de radios que pretendían servir á sociedade e realizar esta función cun carácter democrático. Son experiencias moi breves, pero importantes en tanto que amplían a historia dos medios de función social. Ademáis serviron para empurrar outros proxectos radiofónicos. Sobre estas experiencias non se escribiu a profundidade, prácticamente só se conta coas notas xornalísticas para reconstruir a súa historia e entender ás súas motivacions e obxectivos. Entre outros, os casos de emisoras piratas impulsoras da democratización mediática en México que aquí se describen son: Televerdad, nacida en D.F en 1994, Radio Pirata en Coyoacán (1994), Radio Vampiro en Durango (1994). Estas experiencias tiñan unha función partidista. Sen embargo, permitiron que outros sectores da sociedade (estudantes, intelectuais, organismos non gubernamentais) se expresaran a través do medio. A súa corta vida foi o que impediu que puideran realizar un traballo máis sólido, cara a sociedade. A súa experiencia e o seu exemplo, fixo reflexionar sobre todolos elementos antidemocráticos que existen na comunicación masiva en México.

mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1114002988416436782005-04-20T15:04:00.000+02:002005-04-20T15:16:28.416+02:00A participación da muller nos magazines de radio en España

Algúns dos estudos que se presentan en Razón y palabra dan importancia á relación entre o xénero e os medios de comunicación. Neste bloque de contidos atopamos o artigo La Articulación del Discurso femenino en la Radio de Pilar López Díezun extracto de Tesis Doutoral realizada en 1992 para a Universidade Complutense de Madrid na que se efectuou unha análise de contido en tres magazines españois das principais emisoras nacionais: RNE, SER e Onda Cero. Os programas escollidos foron, por orde "Cambia la cara", "Protagonistas", e "Hoy por hoy". Nesta investigación interesou analizar tres aspectos dende a perspectiva do xénero; de quen se fala nos magazines das mañás da radio española; en segundo lugar, a quen se chama para participar, e en terceiro lugar quen chaman ós espazos para falar á audiencia, é dicir, a participación da audiencia. O que se analiza son extractos de emisións nos programas onde se establece unha conversa entre o conductor e o oínte. Describe o trato, a linguaxe empregada, o tempo que fala cada un, o tono da charla, a temática...baseándose nos traballos sobre a linguaxe realizados por teóricos como Lakoff, Turner, Pearson e Todd-Mancillas.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1113842246722309522005-04-18T18:24:00.000+02:002005-04-18T18:37:56.686+02:00Radio Tele Taxi move masas!
O poder de convocatoria do popular Justo Molinero, máximo responsable de Radio Tele Taxi, quedou demostrado o pasado 17 de abril unha vez máis: máis de medio millón de persoas, segundo a Policía Local de Santa Coloma, déronse cita en Can Zam para asistir ó festival aniversario da emisora. 700.000 persoas segundo a Organización do Festival (500.000 persoas segundo a Policía Local), visitaron Can Zam para presenciar as actuacións de artistas da talla de Estopa, Camela, Camilo Sesto, David Civera, David Bustamante e El Canto del Loco. Máis de 150 autocares foron fletados dende as principais cidades catalanas (algúns, incluso, viaxaron dende Alacante) e as bocas do metro de Santa Coloma non pararon de cuspir xente durante todo o día. Houbo quen se achegou a Can Zam pasadas as catro da tarde, cando o festival xa tocaba ó seu remate e cando outros moitos xa marcharan. Por este ir e vir de público, a organización cifrou en máis de 700.000 as personas que pasaron polo parque.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1113841337747175502005-04-18T18:13:00.000+02:002005-04-18T18:23:13.883+02:00Investigacións en radio (México-1996)
O estudo da recepción e mailos efectos dos medios na sociedade e a cultura é un tema moi recurrente nas investigacións en comunicación. Non só no campo da televisión, tamén no da radio. Neste senso, Héctor Gómez Vargas publica un artigo no ano 1996 baixo o título "Transformaciones culturales en México y gestación de públicos locales: propuestas para investigar biografías radiofónicas" no que fala de estudos culturais apoiándose en teóricos teóricos como García Canclini, Reguillo e Galindo. Tamén menciona óos estudos de recepción que defenden distintos teóricos como Wolf, Fuentes, Mattelart, entre outros. Gómez Vargas intenta dar resposta no seu estudo ó influxo que aporta un medio coas características da radio ó desenvolvemento histórico-cultural e cotián dunha sociedade e viceversa. Fala da radio nos seguintes termos: "A radio conecta e relaciona o que acontece, ou non acontece, entre o foráneo e o local. Falamos dos inicios e o desenvolvemento dun novo xeito de socialización e de acceder e apropiarse das representacións da vida e do mundo: ademáis de escola, libro de texto gratuito, biblioteca ambulante, a radio será unha sociedad alternativa".
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1109978917011853922005-03-05T00:21:00.000+01:002005-03-05T00:28:37.013+01:00"Arriba gomaespuma!!"
Cando les noticias deste tipo, non deixas de crer na laboura social que poden chegar a facer os medios de comunicación e nas repercusións, traducidas en mans solidarias, que pode ter un programa de radio cunha filosofía peculiar. Con ledicia puiden ler este venres no xornal "El mundo" que o programa "Gomaespuma" que actualmente se emite nas mañás de Onda Cero, vai viaxar a Sri Lanka para entregar en persoa os 71.000 euros que recadou entre os oíntes para axudar ás víctimas do tsunami. Os fondos recadados irán destinados á escolarización de nenos que o perderon prácticamente todo tralo maremoto. Ademáis, garantirase a compra de alimentos e a roupa dos nenos a 200 familias ó longo de tres anos.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1108555900384934012005-02-16T13:07:00.000+01:002005-02-16T13:11:40.386+01:00A radio como servicio público. Un diagnósticoNeste artigo, publicado en xullo de 1998 na revista La Latina(La Laguna-Tenerife), o autor, Irvin Berlín Villafana, director de Radio Universidade, Televisión, apunta un breve diagnóstico sobre os medios de servizo público atendendo a evolución da radio nos casos de Europa e América Latina.mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1108137132758495022005-02-11T16:46:00.000+01:002005-02-11T16:52:12.760+01:00Radio Teocelo. Radios comunitarias e servicio á sociedade
Premio Nacional de Periodismo a Radio Teocelo (México). A categoría na que resultou ganadora, Comunicación e Servicio á Sociedade, demostra a natureza de servizo público que prestan as emisoras comunitarias no país latinoamericano. É tamén unha mostra do traballo que poden realizar estos medios cando teñen a oportunidade de desenvolver proxectos tendentes a cubrir as necesidades informativas da poboación ás que chegan, así como apoiar os esforzos de desenvolvemento social local e empurrar o exercicio responsable da liberdade de expresión, propiciar o debate e a construcción de consensos públicos a través da práctica do dereito á información.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1108136681846890832005-02-11T16:37:00.000+01:002005-02-11T16:44:41.846+01:00"Cuéntame" un programa solidario nas noites de Canal Sur

O programa de Canal Sur Radio "CUÉNTAME" é unha clara aposta polo diálogo e a comunicación entre os andaluces. Un espacio para compartir unha historia, para contar unha experiencia.
Neste espazo radiofónico atopan cabida as relacións afectivas, de parella, amistade, amor e desamor, incomprensión, malos tratos, inmigración, inserción laboral, desemprego, necesidade de afecto, ou simplemente un minuto para poder comunicar. O obxectivo deste programa é poñer en contacto aos oíntes con tódolos colectivos que apoian a solidaridade, a axuda e a asistencia social.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1107563682606154352005-02-05T01:27:00.000+01:002005-02-05T01:34:42.606+01:00UNESCO. Textos básico de Comunicación. 1989-1995
Nos textos das resolucións da Conferencia Xeral da UNESCO Trátanse, entre outros, os seguintes apartados, falando dos medios de comunicación e o seu cometido de Servizo Público:

Función e cometido do servizo público de radio e televisión (Resolución 4.6 aprobada pola Conferencia Xeral na súa 27.ª reunión, novembro de 1993)

Apoio ás actividades culturais e educativas do servizo público de radio e televisión, ós profesionais dos medios de comunicación e ós xornalistas para reducir a violencia nos medios de comunicación (Resolución 4.5 aprobada pola Conferencia Xeral na súa 28.ª reunión, novembro de 1995)

mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1106683007650334962005-01-25T20:50:00.000+01:002005-01-25T21:19:17.826+01:00"Algo para recordar" unha historia da radio no cine dos noventaAlgo para recordar. Un filme dos noventa no que Tom Hanks encarna a figura dun PAI viúvo ó que seu fillo tenta buscar parella escribiendo unha carta a un programa de radio. No intre no que o home esta contando a súa historia de soidade en antena, Ryan, que escoita por casualidade o programa de radio, c´hama á emisora contando que está a piques de casar e que non se siente namorada desa parella.A partires dese momento, ela fará o posible para dar con esa voz anónima que quere conocer.
O cine foi un medio que empregou como recurso argumental nas súas historias os programas de participación en radio. A típica historia de “chico busca chica”, que nos serve para ejemplificar, anque dun xeito un pouco máis bucólico que o real, a confianza que os receptores poden ter nunha voz, nun espazo radiofónico, para contar a súa historia, agardando, na meirande parte das ocasións unha repercusión (efecto, resposta) nas súas vidas.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1106680598809339612005-01-25T20:13:00.000+01:002005-01-25T20:17:16.926+01:00Dous documentos sobre a participación dos oíntes na radio

A Doutora Susana Herrera Damas, profesora na Falcultade de Comunicación de Piura (Perú), establece neste documento pdf , titulado "Tipoloxía da participación dos oíntes en programas de radio" unha clasificación da participación dos oíntes nos programas de radio en función dos seguintes criterios: finalidade, contido, códigos lingüísticos, realización técnica e planificación temática.
Na publicación Web pulso del periodismo, a mesma autora fala da radio como medio para a participación
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1106680117812334232005-01-25T19:57:00.000+01:002005-01-25T20:09:03.256+01:00Blog Só Rádio entra no ar
Nace Só Radio, un novo blog que fala do medio radio en Internet. Os seus creadores están a traballar darreo para converter esta páxina nun site con bós contidos sobre o medio radiofónico. Só Radio é un blog creado por bloggers da rexión de Campinas (Sao Paulo-Brasil)
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1106301321620827782005-01-21T10:54:00.000+01:002005-01-22T00:36:09.870+01:00"A misteriosa señora Francis"
Durante os anos 40 a radio experimenta importantes cambios e comeza os seus anos dourados. A programación que ata entón era básicamente musical, introduce grandes novidades: seriais, concursos, consultorios... convertíndoa en compañeira e confidente.
Neste contexto nace un dos programas máis lembrados e emblemáticos da radiodifusión en España: “O consultorio de Elena Francis”.
Dirixido principalmente á audiencia feminina, o programa atendía ás consultas das oíntes, xa foran de beleza, cociña, saúde, xardinería... Pero sen dúbida foi evolucionando co tempo ata converterse básicamente nun consultorio sentimental. Foi un gran éxito dende os seus inicios acadando un gran número de siareiros. Pronto se convertiu nun dos programas máis populares, chegando a manterse en antena durante 37 anos.
Un dos misterios que rodeaba ó consultorio, era a identidade da Señora Elena Francis, unha das personaxes radiofónicas máis queridos, sendo en realidade un ser ficticio.

mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1106298574975051122005-01-21T10:05:00.000+01:002005-01-23T05:56:18.770+01:00"Los formidables" un programa de radio con historia
¡ USTEDES SON FORMIDABLES !..." asi comezaba un programa que se emitia na década dos sesenta tódolos mércores sobre as 10.30 da noite por toda a Cadena SER dende RADIO MADRID. Alberto Oliveras conducía este espazo de participación cidadá no que as causas solidarias conformaron boa parte do seu éxito. Un dos moitos logros do programa aconteceu no ano 1961 cando se produciu o desbordamento dun rio de Sevilla e durante as tres horas que durou a emisión, acadaron recaudar algo mais de tres millóns das antigas pesetas para os damnificados. "USTEDES SON FORMIDABLES", puido realizar igualmente o soño dunha nai que viaxou a Australia co único motivo de ver ó seu fillo. A duración do programa "USTEDES SON FORMIDABLES" superou os 17 anos de permanencia en antena xa que deixou de emitirse no mes de xuño de 1977.
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1106215910739919822005-01-20T11:08:00.000+01:002005-01-20T11:14:48.710+01:00A Idea fronte á Técnica: o Valor da Persoa na Radio Dixital
Este artigo, publicado na revista dixital "Razón y Palabra", a profesora Aurora García fala da transformación da participación no medio radiofónico na era dixital.

"Entre os cambios que a revolución dixital introduciu nos nosos modos de entender a radio, pódense sinalar de xeito sintético a lo menos tres paradigmas de evolución. En primeiro termo a transformación no xeito de ofrecer os contidos, do fluxo de programas a programas en stock. O segundo paradigma é o cambio dos formatos temáticos ós servizos á carta personalizados. E o último dos paradigmas enunciados é a radio polos ollos: o audio e os datos multimedia".
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10108664.post-1106215683915661162005-01-20T10:59:00.000+01:002005-01-20T11:12:03.810+01:00"A radio en transición"
Neste artigo, o seu autor, Benjamín Fernández Bogado fai a seguinte reflexión sobre a radio na sociedade actual.

"A radio debe ser unha canle que rescate a participación do cidadán, debe ser unha provocación á intelixencia, debe sair a buscar ós seus oíntes e non agardar que eles veñan, temos que encauzar os programas e formatos a métodos que nos permitan recuperar o vinculo coa xente. Cohesión da comunidade é en verdade o único xeito de comunicación que volve real a democracia. A fragmentación a que por efectos económicos e sociais condicionou a gran parte de pobos ten que atopar na radio fórmulas de reacción que permitan entender por qué cremos cada vez menos, evadímonos, angustiamonos e descendemos na nosa calidade de respostar de xeito asociativo ós desafíos que supón o mundo actual."
mjriverohttp://www.blogger.com/profile/08573338084698548921noreply@blogger.com