tag:blogger.com,1999:blog-10084596.post-1108492685104699542005-02-15T10:37:00.000-08:002005-02-15T10:38:05.106-08:00Pedrooooooo, PedrooooooooooNun lugar da Mancha... Non, non, non. Moi fácil

Volvemos comezar. Non moi lonxe daquí vivían dous irmáns. Un era productor de cine e outro director. A maioría da xente só coñecía o irmán director pero sempre traballaban xuntos e queríanse moito. Un chamábase Pedrito e outro chamábase Gus. Pois estes dous mozos fixeran xa unha veintena de películas xuntos e só gañaran unha vez o Goya. Cousa ben rara porque calquera que fixera 20 películas en España merecía alomenos o Goya honorífico e unha Medalla ó Mérito do Traballo.

O raro do conto é que mentres practicamente tódolos directores con certo nome en España tiñan tantos Goyas que non sabían que facer con eles estes dous irmáns, Pedrito máis ben, tiñan varios Oscars, Césares,Premios do Cine Europeo, Baftas... E Pedrito estaba considerado como un culmen do cine contemporáneo á altura de Kariostami ou Woody Allen e un digno sucesor de Fellini ou Bergman. Sen embargo en España non se comía un colín.

Esta esquizofrenia España vs Resto do Mundo é aplicable a tantos asuntos que enumeralos sería tontería. Pedro e Gus despois dunha análise pola miudo decatáronse que o erro estaba non na posibilidade de que o Resto do Mundo malinterpretase as súas películas e tiveran unha visión grotesca de España senón no sistema de votacións da academia española de cine (que por certo é o mesmo sistema que a americana).

Tendo en conta que os travestis e os curas maricóns que aparecen nos seus filmes son os mellores embaixadores de España no mundo este francotirador desexa impartir xustiza a balazos e nos tres próximos días publicará os tratamentos dos posibles remakes de Pedrito de varios clásicos do cine universal. Espero que con esta medida de protesta se recoñeza a un tan minusvalorado director de cine e se colme de rosas a este humilde artista desprovisto de todo agiornamento e pleno de talento.Franco o Francotiradorhttp://www.blogger.com/profile/17083054245135431677noreply@blogger.com