tag:blogger.com,1999:blog-10084596.post-1108421426527045492005-02-14T14:50:00.000-08:002005-02-14T14:50:00.000-08:00(continúo o rollo anterior)
O que si teño claro é ...(continúo o rollo anterior)<br />O que si teño claro é que o tuning está íntimamente relacionado coa non-emancipación, coa nosa educación, coa forma que temos de relacionarnos cos outros… cos tempos que vivimos. <br />Este entroido non chegamos a materializar unha idea de disfraz que tiña a súa gracia. Un grupo de amigas e amigos tiñamos pensado tunear os nosos coches a base de cartón e algo de inxenio e pasealos polo centro da vila con música pachín-pachín, para logo baixar dos coches e vestidos de tunos-tuneros, cantar clavelitos e triste se queda fonseca. Ó final non foi. Lástima, había ser unha bonita homenaxe a estes dous pilares da sociedade de hoxe e de sempre.Tremorhttp://www.blogger.com/profile/13801898244832760789noreply@blogger.com