tag:blogger.com,1999:blog-10084596.post-1108421296887208732005-02-14T14:48:00.000-08:002005-02-14T14:48:00.000-08:00Dende a miña postura ocasional de sociólogo amateu...Dende a miña postura ocasional de sociólogo amateur, creo que o tuning é o movemento cultural máis definitorio do que levamos da primeira década do século XXI. Seguramente será o que lembremos desta década cando a vexamos dende a distancia. O tuning define mellor que ningún outro fenómeno a sociedade na que vivimos: o seu individualismo, maquinismo, o orgullo, o afán comparativo, a dependencia, a futilidade. A velocidade é o de menos, a maioría dos tuneros non pisan o acelerador por medio a foder un alerón. E os tuneros non son todos, nin sequera a maioría, xente de aldea. Iso é como pensar que só nas montañas escoitan a Camela. Os seus protagonistas son persoas con ingresos aceptables pero que non teñen ningún proxecto a medio prazo no que investir os cartos: viven cos pais, así que non pagan un piso, nin están aforrando para casar, nin teñen pensado montar unha empresa, nin ningunha outra forma mellor de gastar os cartos. Entón métenos no coche, en desfiguralo ata facelo absoluta e grotescamente persoal. A min paréceme unha forma de tirar o diñeiro, pero poida que non o sexa en maior medida que outras moitas. O que si teño claro é que o tuning está íntimamente relacionado coa non-emancipación, coa nosa educación, coa forma que temos de relacionarnos cos outros… cos tempos que vivimos. <br />Este entroido non chegamos a materializar unha idea de disfraz que tiña a súa gracia. Un grupo de amigas e amigos tiñamos pensado tunear os nosos coches a base de cartón e algo de inxenio e pasealos polo centro da vila con música pachín-pachín, para logo baixar dos coches e vestidos de tunos-tuneros, cantar clavelitos e triste se queda fonseca. Ó final non foi. Lástima, había ser unha bonita homenaxe a estes dous paradigmas da sociedade de hoxe e de sempre.Tremorhttp://www.blogger.com/profile/13801898244832760789noreply@blogger.com