tag:blogger.com,1999:blog-10043146.post-59710939086277620272008-03-12T06:15:00.003+01:002008-03-12T06:36:43.569+01:00La Boheme no Bergidum Non tiña eu moi claro que merecera a pena facer esta entrada e non tanto pola calidade da obra que comento como pola miña 'altura' para comentala.
O certo é que descoñezo si esta foi a primeira representación de ópera no teatro bérgidum mais o que si quedou patente é que se trata dun lugar un tanto xusto para obras deste calibre.
Temos pois unha primeira limitación; o formato da obra adaptouse e fíxose 'compacto' tanto na sección da orquesta como na escena para poder encaixalo no espazo do teatro ponferradino. Estes condicionantes non arredaron ó público que esgotou as entradas ó pouco de poñerse á venda o que fala ás clara que SI existe unha demanda deste e outro típo de eventos que precisan un auditorio con mais capacidade tanto no patio de butacas como tra-lo telón.
O asunto é que, coido, que estes atrancos de formato non foron quen de afectar ó desenrolo e calidade da representación que puidemos disfrutar. Para un absoluto descoñecedor deste xénero acostumado ás referencias das 'grandes voces' mais comerciais e con orquestacions mais completas foi unha fortuna non ter escoitado recentemente algunha das grabacions da obra destes artistas co que evitei distorsions e perxuizos de nivel e quedei só coas lembranzas das sensacions que os fragmentos que coñecía me produciran.
Ó meu parecer as fermosas arias de "Mimi" premiadas cos aplausos de todo o público estiveron a un moi bó nivel e sigo pensando así logo de escoitar o meu CD de MARIA ainda que recoñezo que ela está en outra galaxia.
<object width="425" height="350"> <param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/VnjNXYxNrUo"> </param> <embed src="http://www.youtube.com/v/VnjNXYxNrUo" type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="350"> </embed> </object>
Bueno, o que nos quedou claro é a débeda que temos de acudir a unha representación nun lugar mais axeitado (No real de Madrid ou, mellor, no pazo de ópera de A Coruña) e cunha orquestación completa.Xosé Manuel Meijomenoreply@blogger.com